Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A8 |
Illar, analizar e identificar biomoléculas. |
A10 |
Avaliar actividades metabólicas. |
A26 |
Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados. |
A29 |
Impartir coñecementos de Bioloxía. |
A30 |
Manexar adecuadamente instrumentación científica. |
A31 |
Desenvolverse con seguridade nun laboratorio. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar en colaboración. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo. |
B10 |
Exercer a crítica científica. |
B11 |
Debater en público. |
B13 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender e describir os mecanismos mediante os que os fermentos (enzimas) actúan como catalizadores biolóxicos. Deseñar, combinando a metodoloxía de prácticas e os fundamentos teóricos, sistemas de purificación e análise de enzimas. Apreciar a importancia dos sistemas de obtención de enerxía no mantemento da vida. Coñecer as principais rutas metabólicas na célula e a súa regulación. Desenrolar a súa capacidade de relacionar unhas rutas coas outras. |
A8 A10 A26 A29 A30 A31
|
B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B11 B13
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Os enzimas como catalizadores Biolóxicos.
|
Características estructurales que lles confiren vantaxes fronte a catalizadores químicos. Coenzimas e iones metálicos. Mecanismos de reacción. Anticorpos como catalizadores. Ribozimas.
|
Tema 2. Cinética das reaccións químicas. |
Reaccions monosustrato e cinética de Michaelis-Menten. Transformacions da ecuación de Michaelis. Cinética das reacciones bisustrato. Inhibidores de unión irreversible exemplos e aplicacions. Inhibición Reversible: tipos de inhibición. Cinética en presenza de inhibidores.
|
Tema 3: Regulación da actividade enzimática. |
Importancia da regulación do metabolismo. Os enzimas alostéricos. Modificación covalente. Isoenzimas. Zimógenos ou proenzimas.
|
Tema 4: Metodoloxía para a determinación de actividades enzimáticas. |
Ensaios directos e indirectos. Purificación de enzimas: actividade específica, rendemento e factor de purificación. Importancia e aplicacions actuáis da enzimoloxía.
|
Tema 5: Introducción ó metabolismo.
|
Rotas anabólicas e catabólicas. Compartimentalización. Necesidade de coordinación e interrelación entre as distintas rotas, e variabilidade entre especies. Niveis de obtención de enerxía. Metodoloxía para o estudo de rotas metabólicas. Niveis de estudo.
|
Tema 6: Transporte de metabolitos a través das membranas celulares.
|
Tipos de transporte en función do gasto enerxético. Datos estructurais de transportadores. Exemplos con metabolitos específicos
|
Tema 7: Obtención de enerxía química.
|
Reaccions de oxidación reducción na producción de enerxía. Coenzimas implicados. Xeneración de ATP: fosforilación a nivel de sustrato, fosforilación oxidativa e fosforilación fotosintética como sistemas de obtención de enerxía. Estudo polo miudo de fosforilación oxidativa e fosforilación fotosintética.
|
Tema 8: Glicólise e catabolismo de hexosas.
|
Localización das rotas. Etapas e regulación da vía. Fermentacions. Relación coa rota das pentosas fosfato.
|
Tema 9: Ciclo de Krebs.
|
Localización da rota. Conversión de piruvato en acetil-CoA. Estudo do complexo piruvato deshidrogenasa e interrelación con outras rotas. Rotas anapleróticas, importancia das lanzadeiras mitocondriales e balances.
|
Tema 10: Gluconeoxénese.
|
Definición e localización, necesidade metabólica desta rota. Gluconeoxénese a partires de: piruvato, lactato, aminoácidos e triglicéridos. Ciclo do glioxalato.
|
Tema 11: “Fase oscura” da fotosíntese. Relación coa gluconeoxénese.
|
O Ciclo de Calvin. Fotorrespiración. Regulación. A vía C4 das plantas tropicais. O metabolismo ácido das crasuláceas. Metabolismo da sacarosa e o almidón.
|
Tema 12: Metabolismo do glucóxeno.
|
O glucóxeno como polisacárido de reserva. Biosíntese e degradación de glucóxeno muscular e hepático. Regulación. O papel do fígado no mantemento da glucemia. Anomalías conxénitas do metabolismo do glucóxeno
|
Tema 13: Metabolismo de lípidos.
|
Catabolismo de lípidos: lipólise, beta-oxidación. Biosíntese de ácidos grasos, triglicéridos, lípidos de membrana e esteroides. Regulación do metabolismo de lípidos. Metabolismo de corpos cetónicos. |
Tema 14: Metabolismo de aminoácidos.
|
Dixestión e degradación intracelular de proteínas. Eliminación do nitróxeno dos aminoácidos: transaminación, desaminación. Ciclo da urea. Transporte do amoníaco ó fígado. Destino do esqueleto carbonado dos aminoácidos. Biosíntese de aminoácidos: procedencia do nitróxeno e do esqueleto carbonado. Regulación
|
Tema 15: Derivados de aminoácidos.
|
Funciones precursoras dos aminoácidos: aminas con actividade biolóxica, glutatión, porfirinas. Metabolismo de nucleótidos púricos e pirimidínicos. Regulación
|
Tema 16: Integración do metabolismo.
|
Perfís metabólicos dos órganos máis importantes. Conexions entre as rotas: glucosa-6-fosfato, piruvato e acetilCoA. Adaptacions metabólicas as situacions de estrés. Xexun, exercicio físico. |
Tema 17: Regulación hormonal do metabolismo.
|
As hormonas como mensaxeiros químicos. Segundos mensaxeiros. Dianas metabólicas da acción hormonal. Receptores hormonais. Sistema da adenilato ciclasa. Sistema da fosfolipasa. Dimerización de receptores |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A10 B1 B3 B4 B7 B10 B11 B13 |
28 |
56 |
84 |
Solución de problemas |
A10 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B11 B13 |
8 |
16 |
24 |
Prácticas de laboratorio |
A8 A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B13 |
15 |
22.5 |
37.5 |
Proba mixta |
A8 A10 A26 B2 B3 B7 B13 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
2.5 |
0 |
2.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
|
Solución de problemas |
Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. |
Prácticas de laboratorio |
Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. |
Proba mixta |
Exame que integra preguntas tipo de probas de ensaio, preguntas tipo de probas obxetivas así como resolución de casos e problemas.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Solución de problemas |
Prácticas de laboratorio |
Proba mixta |
|
Descrición |
A atención personalizada levaráse a acabo ao longo do curso e previa solicitude do estudante.
A forma de traballo para adquirir as competencias e preparar a proba mixta, a orientación da resolución de problemas e interpretación de resultados das prácticas, así como calquera outra cuestión que xurda por parte do estudante, orientaránse mediante esta atención personalizada.
Os estudantes con dedicación a tempo parcial ou con dispensa de asistencia deberán contactar cos profesores da materia a principio de curso para establecer un calendario de actividades que permitan adquirir e avaliar de forma conveniente as competencias da materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A10 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B11 B13 |
Traballo do alumno en grupos reducidos e controis
|
20 |
Prácticas de laboratorio |
A8 A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B13 |
Participación e Exame.
|
15 |
Proba mixta |
A8 A10 A26 B2 B3 B7 B13 |
Avaliaranse os coñecementos adquiridos polos alumnos tanto nas sesions maxistraiss como en clases de problemas.
|
65 |
|
Observacións avaliación |
PRÁCTICAS: A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria para aprobar a materia. Para a súa cualificación valorarase a asistencia e traballo nas prácticas (5 puntos/15) e as competencias adquiridas mediante un exame de prácticas (10 puntos/15). A asistencia pode validarse, previa solicitude, pola que xa se completou no curso inmediatamente anterior.
GRUPOS REDUCIDOS: A asistencia e participación en grupos pequenos (resolución de problemas) son valoradas a través do traballo do estudante nos grupos, a elaboración de esquemas e controis programados.
CUALIFICACIÓN EN AVALIACIÓN CONTINUA:
Ademáis das prácticas e as actividades en grupos reducidos, programarase a lo menos un exame parcial (Enzimoloxía ) no que poderase ir liberando partes da asignatura que polo tanto, si se aproban, non será necesario repetir na proba mixta das convocatorias oficiais.
Para poder superar a materia será necesario acadar polo menos o 50% da puntuación correspondente á proba mixta. Acadado este valor engádense as puntuacións correspondentes ao resto das actividades. Por debaixo deste valor, a puntuación máxima final obtida non pode ser superior a 4. Na avaliación de xullo, as cualificacións das partes aprobadas no exame de xaneiro (Enzimoloxía / Metabolismo / Prácticas) pódense manter e presentarse só ás partes pendentes. AVALIACIÓN GLOBAL: Os estudantes que renuncien á avaliación continua deberán solicitar unha avaliación global polo menos 15 días antes da data oficial da convocatoria (xaneiro / xullo). Nesta avaliación non se toman en conta as notas das actividades senón un exame global (Teoría, Problemas e Prácticas). Os alumnos con dedicación a TEMPO PARCIAL ou EXENCIÓN DE ASISTENCIA, solicitados oficialmente na matrícula, serán avaliados nesta modalidade. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. CUALIFICACIÓN MH: Distribuirase de preferencia entre os estudantes que cumpran os requisitos na avaliación de xaneiro. Para ós/ás estudantes que soliciten a CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO, aplicarase a normativa, segundo a cal rixe a guía docente do curso en vigor.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Stryer, Berg y Tymoczko (2009). Bioquímica 6ª Edn. Reverte
Tymoczko, Berg, Stryer (2014). Bioquímica curso básico. Reverté
Feduchi, Blasco, Romero y Yáñez (2011). Bioquímica, conceptos esenciales. Panamericana
Lehninger, Nelson y Cox (2006). Principios de Bioquímica. Omega |
No moodle da asignatura incluiranse e actualizaranse ligazóns a páxinas web e outras fontes bibliográficas.
Plan de continxencia: Non se modifican por estar dispoñibles no Moodle da asignatura. |
Bibliografía complementaria
|
Melo y Cuamatzi (2004). Bioquímica de los procesos metabólicos. Reverté-UAM Xochimilco |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química/610G02001 | Bioquímica I/610G02011 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Bioquímica e Bioloxía Molecular/610G02013 | Fundamentos bioquímicos de biotecnoloxía/610G02014 |
|
Observacións |
Recórdase que para a obtención de matrícula terán preferencia as mellores notas da primeira oportunidade. Non se admitirá asistir a clase con comidas nin bebidas. Recoméndase asistir ás clases e utilizar as tutorías individuais para mellorar o éxito na asignatura. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable
e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias
(2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e
soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. |
|