Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. |
A4 |
Obter, manexar, conservar e observar especímenes. |
A10 |
Avaliar actividades metabólicas. |
A17 |
Realizar bioensaios e diagnósticos biolóxicos. |
A18 |
Levar a cabo estudos de produción e mellora animal e vexetal. |
A19 |
Analizar e interpretar o comportamento dous seres vivos. |
A21 |
Deseñar modelos de procesos biolóxicos. |
A26 |
Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados. |
A28 |
Desenvolver e implantar sistemas de xestión relacionados coa Bioloxía. |
A29 |
Impartir coñecementos de Bioloxía. |
A30 |
Manexar adecuadamente instrumentación científica. |
A31 |
Desenvolverse con seguridade nun laboratorio. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar en colaboración. |
B6 |
Organizar e planificar o traballo. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo. |
B8 |
Sintetizar a información. |
B9 |
Formarse unha opinión propia. |
B11 |
Debater en público. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
- Adquirir coñecementos básicos para comprender o funcionamento dos animais como un todo integrado, que poden ser de aplicación no manexo de organismos en condiciones experimentais, cultivo, produción, etc., así como para valorar a incidencia de posibles cambios ambientais. |
A1 A10 A19 A21 A26 A28 A29 A30 A31
|
B1 B3 B8 B9
|
|
- Habilidades de potencial aplicación na clínica de laboratorio en cultivo intensivo e extensivo. |
A4 A10 A17 A18 A26 A28 A30 A31
|
B2 B3 B4 B6
|
|
- Capacidade de definir conceptos, abstracción e manexo de información de diferente procedencia (bibliográfica, experimental, manexos virtuais, etc.). |
A26 A29
|
B5 B6 B8 B11
|
|
- Capacidade de traballo en grupo así como deseño, elaboración e presentación de traballos. |
A29
|
B5 B6 B7 B8 B11
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
SISTEMAS MACRORREGULADORES
Sistema nervioso. Temas 1 A 3.
Xeneralidades, tipos, organización e función.
S.N. dos Vertebrados. comunicación interneuronal. Sinapses. |
Tema 1.- Funcións e características xerais do sistema nervioso: o sistema nervioso como integrador de información. Sinopse anatómica e sistemas nerviosos. Organización celular do sistema nervioso. Tipos de células nerviosas. Citofisioloxía da neurona e das células da glía.
Tema 2.- O Sistema Nervioso dos Vertebrados. 1) Sistema Nervioso Central (SNC): a médula espiñal e o encéfalo. Niveis de integración. 2) SN Periférico: Vías aferentes y vías eferentes. 3) Sistema Nervioso Autónomo (SNA): división simpática e división parasimpática. Características funcionais de cada división: Neurotransmisores e Receptores. Arco reflexo autónomo. Estimulación dos órganos polo SNA. O control dos procesos de integración: regulación do SNA polo S.N. Central.
Tema 3.- Comunicación interneuronal: as sinapses. Sinapses eléctricas. Sinapses químicas. A unión neuromuscular. Excitación e inhibición. Asociacións funcionais de neuronas. Neurotransmisores: tipos e características funcionais.
|
Fisioloxía sensorial: Temas 4 a 9.
Receptores sensoriais. concepto, tipos e características. Sensibilidade somática. Fotorrecepción. Fonorrecepción. Quimiorrecepción. |
Tema 4.- Fisioloxía sensorial. Receptores sensoriais: concepto e características. Tipos de receptores e propiedades xerais dos receptores. O potencial do receptor.
Tema 5.- Sensibilidade somática (I): sensibilidade ó tacto, presión e vibración: receptores táctiles. Termorreceptores e sensibilidade á temperatura. Sensibilidade dolorosa: Bases fisiolóxicas e receptores. Mecanismos de analxesia. Vías sensitivas do Sistema Nervioso Central: sistema columna dorsal-lemnisco medial. Sistema anterodorsal.
Tema 6.- Sensibilidade somática (II). Sensibilidade postural ou sensibilidade propioceptiva. Receptores musculares e articulares: huso muscular e órgano tendinoso de Golgi. Propiocepción en Invertebrados. Regulación da posición e o equilibrio. Estatocistos. Receptores vestibulares.
Tema 7.- Fotorrecepción. Tipos básicos de fotorreceptores. Fotorrecepción e orientación á luz en Invertebrados. Ocelos. O ollo composto dos Artrópodos.
O ollo dos Vertebrados. Anatomofisioloxía da retina. Células receptoras e células nerviosas. Mecanismos de transdución da luz polos pigmentos visuais. Mecanismo óptico da visión: campos receptores e análise da información visual. Integración da información. Visión da cor.
Tema 8.- Fonorrecepción. Fonorrecepción en Invertebrados. Anatomía e función do sistema auditivo de Vertebrados. O órgano de Corti, mecanismo da excitación auditiva e procesamento da información.Aa membrana basilar e a percepción das frecuencias. Mecanismo da ecolocalización. Grupos de animais con ecolocalización. Estruturas anatómicas especiais. Perspectiva evolutiva.
A liña lateral. Características e células receptoras. Principais funcións e percepción do entorno.
Tema 9.- Quimiorrecepción. O sentido químico común. Fisioloxía do gusto. Fisioloxía do olfacto. Quimiorrecepción en animais acuáticos.
|
SN. Efectores e coordinación motora: Temas 10 a 12. Efectores. O músculo esquelético. Mecanismo da contracción. Músculso liso e cardíaco. Coordinación motora. Control motor espiñal. Control motor cortical. Control motor polo tronco encefálico, os ganglios basais e o cerebelo. Outros efectores: bioelectricidade e biolomuniscencia. |
Tema 10.- Fisioloxía do movemento (I). Efectores. A fibra muscular como base do movemento: estrutura e función do músculo. Bases físico-químicas da contracción da fibra muscular esquelética. Teoría dos filamentos deslizantes. Mecanismo da contracción. Acoplamento entre excitación e contracción. Fisioloxía do músculo liso. Músculo cardíaco.
Tema 11.- Fisioloxía do movemento (II). A motilidade. Niveis de coordinación motora. Integración da actividade motora na médula espiñal: o arco reflexo. Tipos de reflexos.
Control cortical da actividade motora: tracto ou sistema piramidal. Sistema extrapiramidal. Tronco encefálico. Ganglios basais. O cerebelo e o control motor.
Tema 12.- Outros efectores: bioelectricidade e bioluminiscencia. Órganos eléctricos e electrorrecepción: significado funcional. Mecanismos de produción de luz: órganos e estruturas luminiscentes. Bacterias simbióticas e luminiscencia intra e extracelular. Significado funcional da bioluminiscencia.
|
SISTEMAS MACRORREGULADORES.
Sistema Endocrino: Temas 13 a 22. Comunicación química. Tecidos e glándulas endocrinas. Hormonas. Funcións e regulación. Control endocrino da Reprodución. |
Tema 13.- O sistema endocrino e o seu papel na regulación da homeostasis. Mecanismos de regulación química. Mensaxeiros químicos endocrinos: as Hormonas. Tecidos e glándulas de orixe. Tipos de hormonas. Mecanismos de acción hormonal. Concepto de neurosecreción. Integración neuroendocrina.
Tema 14.- Organización xeral da hipófise. Adenohipófise: síntese, secreción e función das hormonas adenohipofisarias. A hormona do crecemento (GH). O sistema hipotálamo-hipofisario. Control hipotalámico da adenohipófise: hormonas hipotalámicas. Neurohipófise: síntese, secreción e función das hormonas neurohipofisarias. ADH e oxitocina.
Tema 15.- O lóbulo intermedio da hipófise e a fisioloxía do cambio de cor: a MSH ou hormona estimulante dos melanóforos. Glándula pineal: síntese, secreción e función da melatonina. Células pigmentarias efectoras: fisioloxía dos cambios de cor e factores reguladores. Tipos de cromatóforos.
Tema 16.- Glándula Tiroides. Hormonas da tiroides. Accións principais das hormonas tiroideas. Efectos sobre o metabolismo. Implicación na resposta termoxénica. Outros efectos das hormonas tiroideas. Regulación da secreción. As hormonas tiroideas e a metamorfose dos anfibios.
Tema 17.- Metabolismo do calcio e da formación ósea. Hormona paratiroidea (PTH), calcitonina (CA) e colecalciferol (D3). O timo.
Tema 18.- Glándulas suprarrenais.
1) Corteza suprarrenal: glucocorticoides, mineralocorticoides, andróxenos e estróxenos suprarrenais. Funcións dos glucocorticoides. Regulación da secreción. Mineralocorticoides: a Aldosterona.
2) Médula suprarrenal: síntese, secreción e función das catecolaminas.
Tema 19.- Páncreas endocrino: insulina, glucagón e somatostatina. Funcións. Regulación da secreción. Regulación da glucemia e a súa importancia.
Tema 20.- Sistemas endocrinos de invertebrados. Modelo xeral do funcionamento endocrino de invertebrados. Mecanismos endocrinos e procesos baixo control hormonal: control endocrino do desenrolo e muda ou ecdise dos Insectos.
Tema 21.- Control endocrino da Reprodución (I). Hormonas sexuais. Diferenciación sexual prenatal do aparato xenital. Sistema reprodutor masculino e andróxenos testiculares.
Sistema reprodutor feminino. Hormonas ováricas e a súa regulación. Ciclos reprodutores femininos: ciclo ovárico e ciclo uterino.
Tema 22.- Control endocrino da Reprodución (II). Fecundación. Xestación e hormonas durante a xestación. Parto: factores mecánicos e factores hormonais. Lactancia e o seu control hormonal.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A19 A29 B1 B3 B6 B8 B9 |
28 |
55 |
83 |
Prácticas de laboratorio |
A4 A10 A17 A26 A28 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B11 |
15 |
8 |
23 |
Seminario |
A18 A19 A21 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 |
8 |
10 |
18 |
Traballos tutelados |
A21 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 |
0 |
20 |
20 |
Proba obxectiva |
A1 A18 A29 B1 B3 B4 B8 B9 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Leccións maxistrais presenciais de 50' sobre aspectos teóricos do programa, co emprego de presentacións en PowerPoint ou PDF que estarán a disposición dos alumnos. Nestas sesións, cun contido que supón unha elaboración orixinal, trátase de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Prácticas de laboratorio |
Prácticas de laboratorio de CARÁCTER OBRIGATORIO en 5 sesións de 3 horas, desenvolvendo unhas 6-7 prácticas (1 ou 2 por sesión).
Requiren do manexo de organismos ou ben deseño virtual, para o estudo de diferentes funcións abordadas no programa teórico. |
Seminario |
-A desenvolver en grupos reducidos de alumnos, nos que se poderá incidir sobre os aspectos máis relevantes tratados previamente nas sesións maxistrais, ou ben conceptos complementarios.
-Asi mesmo, no contexto destes seminarios, poderanse levar a cabo conxuntamente debates, exercicios escritos (exames curtos individuais ou en grupos de alumnos, dentro do grupo de seminario), e actividades relacionadas coa materia da asignatura, tendo en conta a participación dos diversos alumnos que conforman o grupo. Os resultados SERÁN CONSIDERADOS COMO PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL.
|
Traballos tutelados |
Os alumnos deberán realizar en pequenos grupos e de xeito OPTATIVO, un traballo a determinar ao comezo da materia relacionado coa teoría estudada.
|
Proba obxectiva |
Realización dun exame final unha vez finalizado o cuatrimestre. Esta proba estará centrada na materia impartida nas sesións maxistrais, aspectos debatidos nos seminarios e os contidos das prácticas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Prácticas de laboratorio |
Seminario |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Como parte da atención personalizada, haberá titorías personalizadas sempre que o alumno o requira.
No caso de que puidera haber alumnado matriculado asimilado como “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”, cabe contemplar que éste contará coas titorías tradicionais como as de tódolos alumnos, e de xeito particular aquelas enfocadas a complementar a súa posíbel non participación nas actividades de seminario que tiveran lugar ao longo do curso académico.
Así mesmo, e no referente ás actividades prácticas que puideran non ter sido desenvoltas por estes alumnos -caso de contar coa dispensa oportuna-, contémplanse tamén titorías dirixidas a aportar información complementaria sobre das prácticas desenvoltas de xeito xeral polo alumnado, facilitando así a avaliación deste sector de alumnado.
Nos seminarios, os grupos reducidos de alumnos permitirán unha atención personalizada con especial atención á corrección de posibles tareas a desenvolver polo alumno no transcurso dos seminarios.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A4 A10 A17 A26 A28 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B11 |
OBRIGATORIAS nesta materia de carácter experimental, serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio e a actitude ao longo das mesmas. Haberá un exame (Proba de resposta breve) para avaliar de xeito obxetivo os coñecementos adquiridos durante as prácticas, tamén haberá cuestionarios e táboas que os estudantes deberán cubrir durante a realización das prácticas e entregar a través da aula virtual.
Prácticas realizadas en cursos previos no caso de alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 3 anos. |
14 |
Proba obxectiva |
A1 A18 A29 B1 B3 B4 B8 B9 |
Haberá un exame final da materia ao remate do cuadrimestre. A proba, con preguntas curtas, estará centrada na materia abordada nas sesións maxistrais e aqueles aspectos que pola súa relevancia foron debatidos novamente e desenvoltos no contexto dos seminarios.
Computará o 55% na nota final se ben É PRECISO OBTER UN MÍNIMO de 4 puntos sobre 10 para aprobar a materia). |
55 |
Seminario |
A18 A19 A21 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 |
Debates, exercicios escritos (exames curtos individuais ou en grupos de alumnos, dentro do grupo de seminario) e actividades relacionadas coa materia da asignatura, desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos e que serán CONSIDERADOS COMO PARTE da AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación/exercicios escritos de cada alumno. O ALUMNO AUSENTE nestas actividades terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada. |
16 |
Traballos tutelados |
A21 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 |
Os traballos, de carácter optativo, serán avaliados en función da profundidade do contido, a presentación e claridade da organización, a actitude ao longo da realización do mesmo, o emprego dunha linguaxe propia do contexto disciplinar e o cumprimento dos prazos dados. A nota obtida supoñerá un 15% da cualificación final. A nota obtida nos traballos tutelados manterase invariable para o cómputo da cualificación final no caso dos/as alumnos/as que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo). |
15 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa teórico, as actividades prácticas de laboratorio realizadas e os traballos tutelados en grupo. Poderá así mesmo valorarse a asistencia ás clases presenciais así como a entrega de posibles tarefas durante o curso. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión ecapacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas. -Terán carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran á "proba obxectiva",tendo ou non realizado previamente as “prácticas de laboratorio” e/ou participaran nosdebates desenvoltos nos "seminarios". -Terán carácter de SUSPENSO aqueles alumnos que téndose presentadoá "proba obxectiva", non acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado “Avaliación”, aínda que tiveran realizado previamente calquera das outra actividades como son as "prácticas de laboratorio"e/ou participaran nos "seminarios". -Os alumnos que concorrendo a unha avaliación ; non tiveran realizado as "prácticas de laboratorio", terán que facer fronte a preguntas relativas ás mesmas como parte da "proba obxectiva", debendo obter nestas preguntas unha cualificación mínima de 5 sobre 10. - O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” que non puidese asistir ás prácticas, terán que pasar un exame de prácticas e obter unha cualificación mínima de 5 para superar a asignatura. -Os alumnos que non tendo acadado o mínimo de 4 na proba obxectiva do temario, ou que non fixeron as prácticas nin o exame final de prácticas, teñan unha calificación de 5 ou superior, figurarán nas actas cunha calificación de 4.9 -A convocatoria adiantada de Decembro seguirá a guía docente do curso en vigor. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente. Todos os aspectos relacionados con 'dispensa académica', 'dedicación ao estudo', 'permanencia' e 'fraude académica' rexiranse dacordo ca normativa académica vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Schmidt-Nielsen, K. (1997). Animal physiology. Adaptation and environment (5ª ed.). Ed. Cambridge University Press
Randall; D., W. Burggren & K. French (2002). Eckert. Animal Physiology: mechanisms and adaptations (5ºed.). Ed. McGraw-Hill - Interamericana
Willmer, P., G. Stone & I. Johnston (2000). Environmental Physiology of Animals. Ed. Blackwell Science Ltd.
Hill, R.W., G.A. Wyse & M. Anderson (2006). Fisiología Animal. Ed. Panamericana
Tresguerres, J.A.F. (2005). Fisiología humana (3ª ed.) . Ed. McGraw-Interamericana.
Silverthorn, D.U. (2014). Fisiología Humana. Un enfoque integrado (6ª ed.). . Ed. Panamericana
Liem, K.F., Bemis, W.E., Walker, W.F. & L. Grande (2001). Functional anatomy of the Vertebrates: an evolutionary perspective. . Fort Worth: Harcourt College
Nation, J.L. (2008). Insect Physiology and Biochemistry (2ª ed). CRC Press
Purves, D., Augustine, G., Fitzpatrick, D., Hall, W., Lamantia, A-S., McNamara, J. & S. Williams (2007). Neurociencia. Ed. Panamericana
Moyes, C.H. & P.M. Schulte (2007). Principios de Fisiología Animal. Ed. Pearson Education
Guyton, A.C. & J.E. Hall (2006). Tratado de Fisiología Médica (11ª ed.). Ed. Interamericana McGraw-Hill
Norris, D.O. & J.A. Carr (2013). Vertebrate Endocrinology (5ª Ed.). Academic Press, Elsevier |
|
Bibliografía complementaria
|
(). .
CHOWN, S.L. & S.W. NICOLSON (2004). Insect physiological ecology. Mechanisms and patterns. Oxford University Press
Daly, H.V., Doyen, J.T. & A.H. Purcel (1998). Introduction to Insect Biology and Diversity.. 2ª ed. Oxford University Press
BERTA, A., SUMICH, J.L. & K.M. KOVACS (2006). Marine Mammals: Evolutionary Biology (2nd ed.). . Burlington: Academic Press
DEHNHARDT, G. (2002). Sensory systems. In: Marine Mammalian Biology. An evolutionary approach.. Hoelzel, A.R. (ed) Oxford Blackwell Science
EVANS, D.E. & J.B. CLAIRBONE (2006). The physiology of fishes.. Boca Raton: CRC Press
KARDONG, K.V., (2007). Vertebrados: anatomía comparada, función, evolución. Madrid: MacGraw-Hill Interamericana. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Organografía microscópica/610G02009 | Bioquímica I/610G02011 | Bioquímica II/610G02012 | Zooloxía I/610G02031 | Zooloxía II/610G02032 | Fisioloxía Animal I/610G02035 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
-As sesións maxistrais, aínda que poidan non ser consideradas con carácter obrigatorio por parte do profesor, son recomendábeis con vistas ao seguimento do programa teórico da materia. -Igualmente é esencial para os alumnos facer uso da Plataforma Virtual UCV para o desenvolvemento da materia. -Requírese saber redactar, sintetizar e presentar ordenadamente un traballo, sobre contidos teóricos e/ou prácticos. -Recoméndase contar con coñecementos a nivel de usuario de ferramentas informáticas básicas (navegación, procesador de textos, preparación de presentacións, etc.). -Recoméndase coñecemento de inglés cun nivel de comprensión de lectura medio. -Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. |
|