Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Dirección financeira Código 611507008
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Fernandez Castro, Angel Santiago
Correo electrónico
angel.fernandez.castro@udc.es
Profesorado
Alvarez Dominguez, Maria America
Fernandez Castro, Angel Santiago
Correo electrónico
america.alvarez@udc.es
angel.fernandez.castro@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende achegar aos estudantes as competencias necesarias que lle facilitan a elaboración do plan financeiro dunha empresa. A partir do proxecto empresarial que desenvolven no primeiro cuadrimestre do mestrado, deberán tomar decisiones no ambito financiero para elaborar os estados financeiros previsonais que permitirán avaliar a viabilidade do proxecto empresarial e a súa capacidade de xeración de valor para o accionista.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comprender como debe organizarse a función contable para proporcionar a información necesaria no ámbito interno e a demandada polos terceiros alleos á empresa. Entender a importancia da información económico-financeira para a xestión da empresa. AP8
AP9
AP10
AP15
AP21
AP22
BP3
BP4
BP9
BP10
CP4
CP5
CP6
CP11
Comprender a lóxica financiera na análise dos problemas e situacións e na toma de decisións empresariais AP8
AP9
AP10
BP2
BP6
BP7
BP8
BP14
CP4
CP5
CP6
CP7
CP9
CP10
CP11
Tomar decisións no contorno económico-financiero no que opera a empresa e avaliar as suas implicacións en relación ao resto de áreas funcionais. AP8
AP9
AP10
BP11
BP12
CP1
CP2
CP3
CP8
Comprender as vinculacións existentes entre a formulación dun plan financeiro, a súa implantación e control. AP2
AP8
AP9
AP10
AP11
BP1
BP4
BP6
BP7
BP8
BP9
BP10
BP14
CP4
CP5
Proximidade ao mundo profesional, desenvolvendo unha tarefa que lles permita decidir se dende o punto de vista económico-financeiro se pode levar a cabo unha iniciativa empresarial. AP8
AP9
AP10
BP4
BP6
BP8
CP4
CP7
CP11

Contidos
Temas Subtemas
Lectura e interpretacíón da información contable histórica. Análise da información contable. Especificaranse na aula en función dos casos para a analizar
Información contable previsional. Utilidade para determinar la viabilidade económica financeira e a creación de valor dun proxecto. Especificaranse na aula en función dos casos para analizar
Decisións vinculadas ás actividades da explotación: ingresos e gastos Especificaranse na aula en función dos casos para a analizar
Decisións de capital corrente Especificaranse na aula en función dos casos para a analizar
Decisións de investimento Especificaranse na aula en función dos casos para a analizar
Decisións de financiamento Especificaranse na aula en función dos casos para a analizar
Os fluxos de tesouraría Especificaranse na aula en función dos casos para a analizar
Viabiliade económico financeira e creación de valor a partir do plan financeiro Especificaranse na aula en función dos casos para a analizar

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A8 A9 A10 A11 B14 C1 C7 12 12 24
Estudo de casos A2 A8 A9 A10 A11 A15 A21 A22 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 C1 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 18 54 72
Discusión dirixida C2 C3 C4 C5 C6 6 18 24
Presentación oral A9 A10 B4 C4 C5 C6 C10 4 12 16
Análise de fontes documentais A9 A10 1 3 4
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesorado introducirá os conceptos financeiros e contables necesarios para o desenvolvemento dos casos.
Estudo de casos Os grupos de traballo asignados resolverán cuestións de carácter económico- financeiro do proxecto que se lles asigne ao comezo do cuadrimestre. Será o profesor/a quen asesore ao alumnado sobre cuestións económico/financeiras que faciliten que poidan desenvolver o plan financeiro obxectivo da materia. Ademais as TIC seran unha herramenta fundamental para o desenvolvemento dos proxectos.
Discusión dirixida A partir do intercambio de ideas dos estudantes guiados por unha metodoloxía inducida polo docente, deberán formular unha discusión fundamentada orientada á toma de decisións.
Presentación oral Os estudantes de maneira individual ou en grupo deberán defender na aula a validez das decisión adoptadas dentro dos problemas que se identifiquen.
Análise de fontes documentais Os estudantes deberán adquirir habilidades no manexo de diferentes fontes documentais e bases de datos que lles axuden no proceso de formulación e resolución dos problema.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Presentación oral
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Descrición
O profesorado organizará sesións de titoría individual e en grupo para clarificar e discutir os diferentes aspectos dos traballos e casos, profundar en contidos de maneira específica e resolver dúbidas.O profesorado ademais de atender ás cuestións expostas polos estudantes en cada unha das clases, atenderaos de forma máis ampla e personaliza nas sesións de tutorías.

Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: No caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberán informar ao comenzo do curso. Empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. Nos horarios de tutoría o alumno será atendido para aclarar aquelas dúbidas que lle xurdan para a preparación da materia.

As tutorías serán a través de TEAMS.


Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A8 A9 A10 A11 A15 A21 A22 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 C1 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 Valorarase a capacidade do alumno para aplicar a metoloxía do caso empregando os coñocementos específicos desta materia.
Terase en conta o traballo desenvolvido polo grupo, así como a achega individual e o aproveitamento acadado por cada un dos seus membros.
100
 
Observacións avaliación
O traballo en equipo debe ser realizado de forma equitativa por todos os seus membros, evitando a descompensación nas achegas individuais ao grupo. No caso de que algún membro non realice a súa correspondente contribución ao equipo, non poderá superar a materia en primeira oportunidade; en segunda oportunidade e na Convocatoria Extraordinaria terá que elaborar pola súa conta toda a tarefa asignada ao equipo, expoñéndoa en caso necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica IGAPE (). Crear unha empresa. http://www.igape.es/gl/crear-unha-empresa/crear-unha-empresa
Berk, J.; DeMarzo, P. (2017). Finanzas Corporativas. Pearson
Durbán, S.;Irimia, A.I.; Oliver, M.D.; Palacín, M.J. (2009). Planificación financiera en la práctica empresarial. Ediciones Pirámide, Madrid.
Brealey, R.;Myers, S.; Allen, F. (2010). Principios de Finanzas Corporativas. McGraw-Hill,9ª Ed.

Ademáis, será o propio estudante quen busque as referencias documentais e materiais bibliográficos para resolver os problemas que se lle formulen. 


Adicionalmente os docentes proporán materiais concretos ao longo do desenvolvemento da materia.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade deimprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cosvalores de sustentabilidade e nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudessexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores derespecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un accesoaxeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

5. Outras:

No escenario docente semipresencial, combinaríanse sesiónspresenciais e en liña, seguindo as instrucións da institución.

Ouso de dispositivos electrónicos (ordenadores, tabletas e teléfonos) na aulapoderá autorizarse exclusivamente para usos académicos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías