Naquelas tarefas que requiran traballar en equipo, o traballo do grupo debe ser realizado de forma equitativa por todos os seus membros, evitando a descompensación nas achegas individuais ao grupo. No caso de que algún membro non realice a súa correspondente contribución ao equipo, non poderá superar a materia en primeira oportunidade . En segunda oportunidade terá que elaborar pola súa conta toda a tarefa asignada ao equipo , expoñéndoa en caso necesario. Avaliación Segunda Oportunidade e Convocatoria adiantada: O sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade manterase para as demais oportunidades de acordo aos seguintes criterios.
Para os estudantes que participaron activamente, no proxecto empresarial, desenvolto polo equipo ao que foron asignados, na cal consta a súa participación mediante a pertinente avaliación continua, pediráselles que realicen e presenten un traballo coreixido e ampliado daquela parte ou partes que non alcanzasen os mínimos requiridos.
Para aqueles estudantes que non participasen de modo activo, no proxecto empresarial, desenvolto polo equipo ao que foron asignados, esixiráselles que realicen e presenten un traballo inédito relacionado co proxecto e cun enfoque orixinal, sempre en coherencia coa visión integral do realizado polo alumnado que superou a primeira oportunidade. Neste caso na segunda oportunidade os criterios de avaliación serán do 100%.
Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: No caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, pero terán a mesma obrigación de realizar actividades e de acudir a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo.
Cualificación de non presentado Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.
A realización fraudulenta das probas ou actividades deavaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación desuspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso”(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se acomisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Paraisto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeiraoportunidade, se fose necesario.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.