Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Xestión Integral de Proxectos Públicos Código 611532014
Titulación
Máster Universitario en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Coordinación
Puime Guillén, Félix
Correo electrónico
felix.puime@udc.es
Profesorado
Puime Guillén, Félix
Correo electrónico
felix.puime@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia céntrase en identificar e expor os elementos fundamentais para definir e implantar proxectos de carácter público. Para iso profundarase no coñecemento das metodoloxías de formulación, planificación, xestión, seguimento e financiamento de tales proxectos. O obxectivo é trasladar ao alumno que a actuación pública estruturada en proxectos, plans e orzamentos é fundamental para conseguir unha xestión eficiente dos recursos e a consecución dos obxectivos específicos previamente formulados.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 CE1 - Conocimiento de las herramientas matemáticas, estadísticas y econométricas necesarias para manejar con rigor los modelos económicos
A2 CE2 - Conocimiento riguroso de los modelos micro y macroeconómicos y su aplicación precisa a situaciones concretas.
A4 CE4 - Capacidad para modelar situaciones económicas concretas y obtener resultados con datos numéricos aplicando las técnicas econométricas pertinentes.
A7 CE7 - Identificar los elementos que introducen ineficiencias en la asignación de recursos por parte de agentes, instituciones y sistemas económicos.
A9 CE9 - Elaborar informes económicos coyunturales y estudios orientados a analizar y predecir el comportamiento de corto plazo de la economía y sus efectos sobre sectores y mercados específicos.
A11 CE11 - Analizar el papel de las instituciones públicas en la economía a través de la regulación de mercados y de la implementación de políticas que inciden sobre la actividad empresarial.
B6 CG1 - Aplicar los conocimientos de economía a la identificación, previsión y solución de los problemas económicos en general, y en particular los relativos al nivel de especialización, en entornos nuevos o poco conocidos.
B8 CG3 - Capacidad para realizar un análisis crítico, evaluación y síntesis de ideas nuevas y complejas.
C2 CT2 - Capacidad para comunicarse por oral e por escrito en lengua gallega.
C3 CT3 - Sostenibilidad y compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable y eficiente de los recursos.
C6 CT6 - Capacidad de gestión de la información.
C9 CT9 - Destrezas para investigar.
C10 CT10 - Capacidad de análisis y síntesis.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Saber: Identificar os elementos fundamentais que han de ser considerados na formulación e xestión de proxectos sociais para contribuír ao obxectivo dunha xestión social máis eficiente. Saber facer: Aplicar os coñecementos metodoloxías, técnicas e ferramentas para a definición, planificación e realización de contornas de xestión de procesos e actividades. Saber ser e saber estar: Achegar elementos de xuízo para aplicar este corpo de coñecemento a proxectos sociais que se articulen dentro de programas e políticas sociais de fontes públicas ou privadas. Apoiar a toma de decisións económicas e sensibilizar sobre a importancia das mesmas para o uso eficiente dos recursos públicos. AM1
AM2
AM4
AM7
AM9
AM11
BM6
BM8
CM2
CM3
CM6
CM9
CM10

Contidos
Temas Subtemas
Introdución á análise social para o desenvolvemento de proxectos. Introdución á análise social para o desenvolvemento de proxectos.
Avaliación social de proxectos Avaliación social de proxectos
Planificación e xestión de proxectos Planificación e xestión de proxectos
Financiamento de proxectos de interese público Financiamento de proxectos de interese público
Avaliación integrada de proxectos. Avaliación integrada de proxectos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A4 A1 A2 A7 A9 A11 B6 B8 C2 C3 C6 C9 C10 5 20 25
Seminario A4 A1 A2 A7 A9 A11 B6 B8 C2 C3 C6 C9 C10 5 20 25
Proba obxectiva A4 A1 A2 A7 A9 A11 B6 B8 C2 C6 C10 1 8 9
Sesión maxistral B8 C2 C6 C10 5 10 15
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro A partir da exposición oral do docente, os estudantes traballarán na aula os temas encomendados. Este traballo poderá tamén supor esforzo e tarefas persoais fose da aula. Todas as horas son presenciais.
Seminario Os estudantes exporán en clase os traballos e haberá unha discusión cos docentes e co resto dos estudantes. Todas as horas son presenciais.
Proba obxectiva Proba para avaliar a capacidade que o alumno ten para asimilar os conceptos e interrerlacionarlos. Todas as horas son presenciais.
Sesión maxistral Exposición oral, apoiada en medios audiovisuais, que inclúe conceptos teóricos e exemplos prácticos. Todas as horas son presenciais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Seminario
Descrición
Os docentes apoiarán o traballo individual ou en grupo dos estudantes durante a realización dos talleres na aula.
Os docentes apoiarán o traballo individual ou en grupo dos estudantes durante a realización dos seminarios na aula.
As titorías serán virtuais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A4 A1 A2 A7 A9 A11 B6 B8 C2 C3 C6 C9 C10 Presentación dun informe escrito
Presentación oral do tema
Contestación a preguntas
75
Proba obxectiva A4 A1 A2 A7 A9 A11 B6 B8 C2 C6 C10 Exame escrito 25
 
Observacións avaliación

A avaliación na materia baséase nas exposicións e discusións que se desenvolven na aula, que terán unha puntuación de ata 7,5 puntos. En consecuencia, o seguimento regular das sesións é imprescindible. O exame valerá ata 2,5 puntos.

Se a cualificación de avaliación continua fose inferior a 2,5 puntos, na segunda oportunidade poderá facerse unha nova presentación e discusión dos traballos. Nesta segunda oportunidade, a puntuación máxima da avaliación continua será de 5 puntos, e o exame valerá 5 puntos.

Outras observacións da avaliación:

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Fernández Castro, A. S. (1996). Análisis Coste Beneficio, 2ª Ed. . Tótculo
Gómez Cáceres, D., Jurado Madico, J.A (2001). Financiación global de proyectos. Esic Editorial (Madrid).
Larson, E.W.; Gray, C.F. (2018). Project Management. The managerial process. McGraw Hill Education

Bibliografía complementaria Cuthbert, Neil (2004). A guide to project finance. Denton Wilde Sapte, Londres.
Para, I.; De la Fuente, D. (2016). Dirección Financiera de la Empresa. Un enfoque internacional. McGraw Hill Education
Dailami, Mansoor y Leipziger, Danny (1998). Infrastructure project finance and capital flows: A new perspective. World Development, Vol. 26, No. 7, pp. 1283-1298.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade deimprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cosvalores de sustentabilidade e nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudessexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores derespecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un accesoaxeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

5. Outras:

a. No escenario docente semipresencial, combinaríanse sesiónspresenciais e en liña, seguindo as instrucións da institución.

b. Ouso de dispositivos electrónicos (ordenadores, tabletas e teléfonos) na aulapoderá autorizarse exclusivamente para usos académicos.

c. Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumnado está nesta lingua.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías