NORMATIVA DE AVALIACIÓN
- Non se permitirá o acceso á aula do exame con ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
- O estudante deberá acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.
AVALIACIÓN:
- As sesións interactivas realizadas ao longo do curso poden referirse a solución de problemas, estudo de casos e/ou discusión dirixida. Como indicase nas metodoloxías, as sesións interactivas representan un 30% da avaliación, isto é un máximo de 3 puntos.
- As probas que se realicen ao longo do curso, incluso impartíndose clases presenciais, poderán celebrarse en modo virtual.
- As cualificacións obtidas nas sesións interactivas sumaranse as que se obteñan na proba obxectiva, sempre que nesta última obtéñase unha nota mínima de 3,5 puntos sobre o máximo establecido para esta proba, que é de 7 puntos. Para superar a materia será necesario alcanzar, como mínimo, unha cualificación final de 5 sobre 10.
- A cualificación de Non Presentado corresponderá ao alumnado que non participe nas actividades de avaliación, ou que soamente o faga naquelas que supoñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación total, independentemente da que sería a cualificación final obtida.
- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica: Excepto para as datas aprobadas na Xunta da Facultade para as probas obxectivas, para o resto das probas, e a requirimento do alumno, acordarase ao inicio do curso un calendario de datas compatíbeis coa súa dedicación.
OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
- Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades.
- Na convocatoria adiantada, se non fose posíbel a realización de actividades interactivas proporase un exame de toda a temática da materia coa posibilidade de acadar un 100% da nota.
- Na segunda oportunidade o alumno debe obter unha nota de polo menos 3,5 sobre 7 na proba obxectiva. No caso de que a cualificación final tras engadir a nota das sesións interactivas realizadas ao longo do curso no sexa suficiente para aprobar a materia (un mínimo de 5 sobre 10), o estudante terá dereito a repetir aquelas partes das sesións interactivas que sexan posible recuperar.
OUTRAS OBSERVACIÓNS:
- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
RECOMENDACIÓNS:
- Para preparar as probas utilizarase a bibliografía recomendada, así como o material entregado nas clases. Aconséllase que se resolvan sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada sempre que sexa necesario.