Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Microeconomía e Mercados Código 611G01012
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Novo Peteiro, Jose Antonio
Correo electrónico
jose.novop@udc.es
Profesorado
Alló Pazos, María
Calo Blanco, Aitor
Novo Peteiro, Jose Antonio
Correo electrónico
maria.allo.pazos@udc.es
aitor.calo@udc.es
jose.novop@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da microeconomía a nivel intermedio. Baseándose nos coñecementos adquiridos na materia de principios de microeconomía, se trata de ter unha visión do funcionamento dos mercados no marco da teoría económica.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Describir, analizar e interpretar a metodoloxía económica dirixida ao estudo do funcionamento dous mercados e a competencia entre as empresas a un nivel intermedio, empregando modelos matemáticos sinxelos e apoio gráfico. A1
A2
A3
A4
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C2
C3
C4
C8
Entender as interrelacións existentes entre as principais variables microeconómicas e como destas derivánse implicacións sobre a dirección e xestión empresarial. A4
A5
A6
A7
A8
C1
C4
C6
Saber traballar individualmente e en equipo,, de forma autónoma e utilizando diversas fontes de información A12
A13
B6
C1
C5
C7
Fomentar a actitude crítica e transmitir os valores do esforzo, do traballo, da formación continua, así coma do respeto á diversidade, facendo fincapé na importancia, por exemplo, da igualdade de xénero e no coidado da linguaxe. B9
C4
C6
C7
C8
Expresar un pensamento crítico e innovador que permita un desenvolvemento da profesión eficaz e versátil, á vez que avaliar distintos principios normativos e de benestar social A1
A5
A6
A7
A9
A10
A11
B2
B3
B4
B6
B7
B9
C1
C2
C3
C4
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
PARTE 1. O PODER DE MERCADO. MONOPOLIO 1. O poder de mercado e a competencia imperfecta
2. Coste social do monopolio. Regulación
3. Monopsonio e cadeas verticais
4. Discriminación de precios
5. A competencia monopolística
PARTE 2. FALLOS DE MERCADO E O PAPEL DO ESTADO 6. Introducción
7. Externalidades
8. Bens públicos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 17 25.5 42.5
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A8 A9 A12 A13 B1 B3 B8 C2 C6 10 15 25
Lecturas A7 A9 C2 C7 C8 0 6 6
Proba obxectiva B2 B1 B3 B4 B5 B7 B8 C3 4 32 36
Prácticas a través de TIC A7 A9 A10 C2 C3 C6 C8 10 4 14
Seminario A5 A12 B3 C1 C4 C6 C7 C8 4 0 4
Discusión dirixida A1 B2 B4 C1 C6 6 4 10
Portafolios do alumno A5 B3 B5 C1 C8 0 4.5 4.5
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de contidos por parte do profesorado, complementada con medios audiovisuais, e preguntas dirixidas ao estudiantado, que poderán ter carácter oral ou escrito. Poderán ser presenciais ou virtuais.
Solución de problemas Cuestións teóricas ou prácticas para resolver, que poderán plantexarse no contexto das sesións maxistrais, nos seminarios ou ben como traballo persoal do estudantado. Así mesmo, poderase requirir a entrega dos resultados da resolución dos problemas teóricos ou prácticos plantexados, tanto en soporte papel como dixital, a través da entrega directa, mediante a plataforma on-line, do correo electrónico ou de calquera outro sistema indicado polo profesorado. Poderán ser presenciais ou virtuais.
Lecturas Lectura de textos académicos ou de actualidade. En lingua galega, española ou extranxeira.
Proba obxectiva Trátase dunha proba para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pode construirse cun só tipo dalgunha destas preguntas. Poderá incluír tanto preguntas de carácter teórico como práctico ou problemas. Poderase realizar online a través da plataforma Moodle ou de forma presencial.
Prácticas a través de TIC O alumnado tratará de aplicar o uso das TIC para aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, baseadas en documentación escrita, audiovisual e de calquera índole, relacionada coa materia, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. Trátase de ampliar coñecementos e obter información para facilitar a aprendizaxe autónoma e o razoamento crítico. A plataforma Moodle será un vehículo importante para a aplicación desta metodoloxía.
Seminario Clases en grupos reducidos de alumnos para análise detallada de problemas concretos do temario. Se realizarán de forma
virtual.
Discusión dirixida Exercicios e cuestións teóricas e prácticas analizadas e resoltas en sesións interactivas (poderán ser presenciais ou virtuales)
Portafolios do alumno Espazo para que o alumnado recolla as evidencias do traballo realizado

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Solución de problemas
Discusión dirixida
Portafolios do alumno
Descrición
A equipa docente estará dispoñible para á atención personalizada aos estudiantes, sempre que eles o requiran, para aqueles temas que estimen oportuno, en relación co temario da asignatura. Particularmente para a resolución problemas, lecturas, etc.

Durante o desenvolvemento das sesións interactivas atenderase ao alumnado de forma individualizada, seguindo dous problemas que poidan xurdir antes das preguntas formuladas.

As TGR poderán impartirse de forma presencial ou online.


Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A7 A9 A10 C2 C3 C6 C8 Proporanse exercicios virtuais, que serán entregados ao equipo docente polos medios indicados. Formarán parte da avaliación continua. 10
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A8 A9 A12 A13 B1 B3 B8 C2 C6 Valoraranse as respostas ofrecidas polo alumnado ás cuestións prácticas plantexadas. Poderanse realizar probas escritas, presenciais ou virtuais. Formará parte da avaliación continua. 10
Discusión dirixida A1 B2 B4 C1 C6 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas e teóricas formuladas nas sesións interactivas. Poderanse realizar probas escritas presenciais ou virtuais. Formará parte da avaliación continua. 10
Proba obxectiva B2 B1 B3 B4 B5 B7 B8 C3 Valoraranse os coñecementos adquiridos ao longo do curso. A proba poderá consistir en preguntas de carácter teórico ou práctico.
Ademais das probas finais, durante o curso poderase realizar probas escritas para avaliar os coñecementos adquiridos.
As probas pódense facer presencialmente ou en liña.
70
 
Observacións avaliación

1.- A calificación final (CF) determinaráse do seguinte xeito: CF=EC+EX(10-EC)/10 donde EC é a calificación obtida na evalución continua e EX é a calificación no exame final. Para superar a materia será necesario alcanzar como mínimo 5 puntos sobre 10 no exame final.

2.- A efectos de evaluación, a valoración das solucións propostas polo alumno, tanto no estudio de casos, como na solución de problemas, conforman a calificación de evaluación continua (EC) do alumno/a. Este tipo de evaluación realizaráse exclusivamente nas horas destinadas a tales efectos, ben sexa presencialmente ou vía Moodle. A puntuación máxima que un alumno/a podrá acadar neste concepto será de 3 puntos.

3.- Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades incluindo a convocatoria adiantada. En todas elas realizaránse as probas finais nas datas establecidas. 

4.- A cualificación de non presentado corresponderá ao alumnado que non participe en actividades de avaliación ou que soamente o faga naquelas que supoñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación total, independentemente da que sería a cualificación final obtida.

OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:

Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

RECOMENDACIÓNS:

Para preparar as probas utilizarase a bibliografía recomendada, así como o material entregado nas clases. Aconséllase que se resolvan sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica Serrano, R. and Feldman, A. (2018). A short course in intermediate microeconomics with calculus. Cambridge
Antelo, Manuel (2023). El funcionamiento de los mercados no competitivos. Pirámide
Goolsbee, A., Levitt, S. Syverson, C. (2015). Microeconomía. Reverté
Serrano, R. y Feldman, A.M. (2016). Microeconomía Intermedia. Garceta
Goolsbee, A.; Levitt, S. D. and Syverson, C. (2016). Microeconomics. Macmillan education

Bibliografía complementaria Varian, H. R. (2020). Intermediate microeconomics : a modern approach. W.W. Norton & Co.
Pindyck, Robert S.; Rubinfeld, Daniel L. (2013). Microeconomía. Pearson
Varian, H. (). Microeconomía Intermedia. Antoni Bosch
Carrasco, A. y otros (). Microeconomía intermedia. Problemas y cuestiones. McGraw-Hill
Pindyck, R. S. and Rubinfeld, D. L. (2018). Microeconomics. Pearson Education


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G01001
Matemáticas I/611G01009
Matemáticas II/611G01010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Teoría Microeconómica/611G01023

Observacións

Recoméndase seguir con asiduidade as indicacións e novidades da plataforma MOODLE, xa que esta plataforma, xunto coas clases presenciais, constitúe un sistema esencial de comunicación entre a equipa docente e o estudantado.

Ademáis, fanse as seguintes observacións e recomendacións, con carácter xeral:

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

5. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporare a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

6. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

7. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:

O curso poderá adaptarse ao alumnado que requira a adopción de medidas orientadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionadas coa saúde mental). Se é o caso, deberán dirixirse aos servizos dispoñibles na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados con anterioridade a cada cuadrimestre, coa Unidade de Atención á Diversidade (Servizos de apoio ao estudantado (udc.es)); no seu defecto, co titor ADI da Facultade.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías