1.- A calificación final (CF) determinaráse do seguinte xeito: CF=EC+EX(10-EC)/10 donde EC é a calificación obtida na evalución continua e EX é a calificación no exame final. Para superar a materia será necesario alcanzar como mínimo 5 puntos sobre 10 no exame final.
2.- A efectos de evaluación, a valoración das solucións propostas polo alumno, tanto no estudio de casos, como na solución de problemas, conforman a calificación de evaluación continua (EC) do alumno/a. Este tipo de evaluación realizaráse exclusivamente nas horas destinadas a tales efectos, ben sexa presencialmente ou vía Moodle. A puntuación máxima que un alumno/a podrá acadar neste concepto será de 3 puntos.
3.- Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades incluindo a convocatoria adiantada. En todas elas realizaránse as probas finais nas datas establecidas.
4.- A cualificación de non presentado corresponderá ao alumnado que non participe en actividades de avaliación ou que soamente o faga naquelas que supoñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación total, independentemente da que sería a
cualificación final obtida.
OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:
Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.