A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:
1. Condicións de realización dos exames: durante a realización dos exames está prohibido acceder á aula con dispositivos que permitan a comunicación co exterior e almacenamento de información, salvo que o propio deseño da proba así o esixa (e neste caso so poderá ursarse esta conexión co exterior e/our o almacenamento de información para os fins marcados polos docentes). Poderá ser denegada a entrada á sala de exame con este tipo de dispositivos. Salvo aviso previo do contrario, tampouco está permitido o uso de calculadoras durante a realización das probas presenciais.
2. Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a sua personalidade conforme á normativa vixente.
B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN
Cualificación
de Non Presentado: Outorgarase esta
cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con
independencia da cualificación obtida.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN
Primeira oportunidade: na primeira oportunidade poderase engadir á cualificación final (avaliación continua+exame final) até un máximo dun punto extra vinculado á participación activa nas aulas e titorías da mesma.
Na proba mixta, que se realizará na convocatoria oficial (data do calendario oficial de primeira oportunidade, na resposta ás preguntas do bloque teórico que esixan desenvolver por escrito a resposta, valoraranse especialmente, además dos coñecementos, as capacidades de análise e síntese do alumno. Na parte práctica valoraranse especialmente a capacidade para aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos prácticos. A puntuación da proba establécese sobre un máximo de 5 puntos.
Segunda
oportunidade e convocatoria adiantada de decembro: Na data e hora establecidas no calendario académico oficial para
a realización da proba de avaliación correspondente á segunda oportunidade,
realizarase un exame que constará de dúas partes. Por un lado, unha primeira
parte xeral, que representa un 50% da nota final que se suma a cualificación
obtida polo/a alumno/a nas probas de avaliación continua realizadas ao longo do
cuadrimestre. Por outro lado, unha segunda parte específica para que os
alumnos/as que o desexen poidan recuperar a cualificación correspondente ás
probas e actividades contempladas na evaluación continua programadas e realizadas
ao longo do cuadrimestre (probas test, problemas e outras actividades
avaliables). A realización desta parte específica consistirá nunha serie de
preguntas, exercicios e/ou casos prácticos cos que se avaliará a adquisición do
tipo de competencias requeridas para superar as probas de avaliación continua
realizadas durante o cuadrimestre. Esta parte do exame permite acadar un máximo
do 50% da nota final. Deste xeito, todos/as os/as alumnos/as estarán en condicións
de acadar na segunda oportunidade un 100% da cualificación. Esta mesma
posibilidade darase aos estudantes da oportunidade adiantada.
Nota: o alumno/a que realiza a
parte específica da proba de avaliación final programada para a segunda
oportunidade enténdese que renuncia a cualificación obtida pola realización das
probas e actividades avaliables contempladas no proceso de avaliación continua
desenvolvido durante o cuadrimestre.
D) OUTRAS NORMAS DE AVALIACIÓN:
- Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia: Esta situación deberá ser posta en coñecemento do profesor ao comezo do curso e acordarase un calendario compatible coa sua dedicación salvo no caso das probas finais. O alumnado que teña recoñecida a dedicación a tempo parcial ou con exención de asistencia seguriá o mesmo sistema de avaliación que o que está a tempo completo, con adaptación da entrega das prácticas que forman parte da avaliación continua.
- Fraude acacadémico: cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
E) En calqueira caso,en todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente de la UDC.