Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir coñecementos básicos sobre organización económica, contratos e eficiencia económica |
A8 A9 A10 A11
|
B1 B5 B6 B8 B9 B10
|
C1 C4 C5 C6 C7 C8
|
Teoría de custos de transacción |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10
|
C1 C4 C6 C7 C8
|
Teoria de axencia |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10
|
C1 C4 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
BLOQUE I. INTRODUCCIÓN |
I.1 Introducción á economia organizacional
I.2 Contratos e eficiencia económica
O desenrolo destes contidos pode sufrir algunha variación para adaptarse as especificidades de cada titulación e que o profesor indicará e colgará en Moodle cuando así sexa. |
BLOQUE II. GOBERNANZA |
II.1 Fundamentos teóricos: teoria de costes de transacción
II.2 Aplicacións: integración vertical
O desenrolo destes contidos pode sufrir algunha variación para adaptarse as especificidades de cada titulación e que o profesor indicará e colgará en Moodle cuando así sexa. |
BLOQUE III. INCENTIVOS |
III.1 Fundamentos teóricos: teoría de axencia
III.2 Aplicacións I: pagos por rendemento e goberno corporativo
O desenrolo destes contidos pode sufrir algunha variación para adaptarse as especificidades de cada titulación e que o profesor indicará e colgará en Moodle cuando así sexa. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A5 A7 A10 A11 B3 B5 B8 |
5 |
5 |
10 |
Lecturas |
A8 A11 C8 |
7 |
0 |
7 |
Proba de resposta múltiple |
A8 A11 B1 B2 |
1 |
64 |
65 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A6 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 |
16 |
24 |
40 |
Sesión maxistral |
A7 A9 A11 B4 C6 C8 |
17 |
0 |
17 |
|
Atención personalizada |
|
11 |
0 |
11 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. |
Proba de resposta múltiple |
Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
Lecturas |
Análise de fontes documentais |
|
Descrición |
Resolución das dúbidas e problemas que o alumnado teña en relación co desenvolvemento de cada unha das metodoloxías. A forma e o momento en que se desenvolverá a atención personalizada indicarase en relación a cada metodoloxía ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.
As TGR poderán realizarse “presencial” ou en liña e constarán de 2 sesións de 2 horas de duración que se programarán durante o curso.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de resposta múltiple |
A8 A11 B1 B2 |
Examen tipo test, con penalización para as respostas incorrectas. |
60 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A6 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 |
Actividade a realizar en grupo/individual. Na presentación da asignatura, o profesorado explicará as actividades a realizar. |
40 |
|
Observacións avaliación |
A) CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO" E DE "SUSPENSO" POR SANCIÓNS DISCIPLINARIAS 1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno/a, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independentemente da cualificación acadada. 2. Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese (artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC): o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. B) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN 1. Primeira oportunidade: A avaliación correspondente a primeira oportunidade farase a partires dunha proba de resposta múltiple (60%) e a presentación/defensa dos diferentes casos prácticos/traballos (40%). No caso da proba de resposta múltiple, a data de realización será a fixada no calendario oficial para a primeira oportunidade. A presentación dos traballo realizarase durante o período lectivo do curso, de acordo co calendario fixado polo profesor para cada grupo. Para superar a asignatura haberá que acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global da avaliación, pero ademáis é condición sine qua non acadar 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a do examen. 2. Segunda oportunidade: No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo a avaliación farase do mesmo xeito que para a 1ª oportunidade, tendo en conta o seguiente: 1º) aqueles estudantes que supenderon na 1º oportunidade, as notas acadadas nos traballos de avaliación continua serán tidas en conta; 2º) os estudantes que non se presentaron a 1ª oportunidade e non fixeron os traballos poderán facelo ou renunciar a avaliación continua por escrito (neste caso a nota do exame seria do 100%). Neste caso, para realizar a avaliación continua, o estudantado dirixirase ao profesorado coa suficiente antelación para que lle indique as indicacións correspondentes. Para aprobar, igual que na 1º oportunidade, necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global, pero ademáis é condición sine qua non acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a obtida en dita proba. 3. Convocatoria adiantada: Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada, a avaliación só se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 C) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: 1.Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Duma, S. y Schreuder, H. (1991). Economic approaches to organizations. Prentice Hall
Milgrom, P. y Roberts, J. (1992). Economics, Organizations and Management. Prentice Hall
Williamson, O.E. (1985). The Economic Institutions of Capitalism, New York:Free Press.. Macmillan |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Dranove, M. Shanley y S. Schaefer (2003), Economics of Strategy. Third Edition. John Wiley & Sons, Inc. Brickley, J.A., Smith, C.W., Zimmerman, J.L. (2005), Economía Empresarial y Arquitectura de la organización. Ed. McGraw Hill Salas (1996), Economía de la empresa. Decisiones y organización. Ariel Economía. 2ª Edición. Williamson, O.E. (1975), Markets and Hierarchies: Analysis and Antitrust implications. Free Press, New York, NY. Traducido como Williamson, O.E. (1991): Mercados y Jerarquías: Su Análisis y sus Implicaciones Antitrust, México: Fondo de Cultura Económica |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Principios de Microeconomía/611G02001 | Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G02008 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade deimprimilos 2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cosvalores de sostibilidade e noscomportamentos persoais e profesionais. 3. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un accesoaxeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|