Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Principios económico-contables da empresa Código 612G01005
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Nieto Mengotti, Manuel Vicente
Correo electrónico
m.nieto1@udc.es
Profesorado
Bruna Quintas, Fernando
Nieto Mengotti, Manuel Vicente
Correo electrónico
f.bruna@udc.es
m.nieto1@udc.es
Web http://estudos.udc.es/es/subject/612G01V01/612G01005/2023
Descrición xeral Esta materia forma parte das materias de formación básica do primeiro curso do Grao en Dereito. Está situado no primeiro cuadrimestre e consta de seis créditos ECTS (6 ECTS).

Considérase unha materia básica porque estuda os conceptos fundamentais da economía e da contabilidade nacional. Estes conceptos son útiles, non só para o estudantado de Dereito como tales, senón tamén para os/as cidadáns que realizan actividades económicas na súa vida diaria (consumir, investir, recibir subvencións públicas, pagar impostos e tomar moitas outras decisións económicas).

Tendo en conta que o coñecemento da materia é parte fundamental de toda actividade económico-financeira, empresarial, social, xurídica ou política, a materia é necesaria e imprescindible no marco do Grao en Dereito.

Detrás ou diante de cada fenómeno social hai un transfundo o una vertente de carácter económica. O enfoque da Economía convencional céntrase nos incentivos económicos a axentes racionais. Aínda que existen outros enfoques, como o da Economía Marxista ou a Institucional, neste curso centrámonos en entender os principios básicos da ciencia económica no referido a incentivos privados a axentes racionais, oferta e demanda, e equilibrio de mercado. Ao tempo, preténdese proporcionar un aparato metodolóxico que axude a razoar en termos económicos, o que inclúe algo de ferramentas gráficas.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A4 Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos.
A7 Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A9 Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais).
A15 Capacidade de negociación e mediación.
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Aprender a aprender.
B7 Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora.
B9 Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comprender o funcionamento real da economía na sociedade contemporánea e mais as interrelacións dos ámbitos empresarial, laboral, financeiro, social e político para acadar unha percepción xeral dos problemas microeconómicos en entornos internacionais e globalizados. A4
A7
A9
A15
B7
B5
C4
C7
Capacidade de síntese e de aplicación práctica dos conceptos teóricos para o tratamento e resolución de problemas económicos de forma reflexiva, crítica e autónoma. Capacidade de expresión oral e escrita. Capacidade de traballo en equipo. A4
A7
A9
A15
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B1
B5
C3
C4
C5
C7
Sensibilización na obriga de todo cidadán de contribuír cos seus coñecementos a tratar de resolver as necesidades humanas individuais e colectivas cunha mellor comprensión da natureza e problemática destas últimas. Desenvolvemento do alumnado na toma de decisións económicas ao longo da súa vida tendo presente o enfoque da economía sostible (vínculos económico-social-ambiental) como fonte de xeración de benestar a longo prazo A4
A7
B6
B10
B12
B13
B3
B4
B5
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I. INTRODUCIÓN Tema 1. Principios económicos básicos
MÓDULO II. MICROECONOMÍA Tema 2. O axente económico
Tema 3. Externbalidades e outras interaccions sociais
Tema 4. Consumidores
Tema 5. Vendedores
Tema 6. Demanda, oferta e competición de mercado

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A7 A9 A15 B6 B7 B8 B13 B1 B5 45 63 108
Solución de problemas A15 B9 B10 B11 B12 B3 B4 C3 C4 6 24 30
Proba obxectiva B7 B8 B1 B5 C5 C6 C7 3 0 3
 
Atención personalizada 9 0 9
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesorado explicará cada un dos temas do programa, insistindo nos conceptos fundamentais e as súas relacións. A exposición oral do profesorado poderá ser complementada co uso de medios audiovisuais e coa formulación de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe e facilitar a participación.
Solución de problemas Os/as alumnos/as realizarán diferentes traballos sobre temas específicos e supostos prácticos recomendados polo profesor/a. Destes traballos valorarase a capacidade de recompilar e sintetizar, e a achega que cada alumno/a poda facer en canto ao estilo, enfoque e procedemento segundo orientación do profesor/a. Adicional ou alternativamente, practicaranse probas de resposta múltiple.
Proba obxectiva Trátase dunha proba para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pode construirse con un só tipo dalgunha destas preguntas. Poderá incluír tanto preguntas de carácter teórico como práctico ou problemas.
En determinadas circunstancias, poderase realizar online a través de la plataforma online, ou de forma presencial.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Solución de problemas
Descrición
A equipa docente estará dispoñible para á atención personalizada aos estudiantes, sempre que eles o requiran, para aqueles temas que estimen oportuno, en relación co temario da asignatura. Particularmente para a resolución problemas, lecturas, etc.
Podemos ter sesións de titoría ao final das aulas prácticas, no despacho ou de xeito online, a través de Teams. Prégase que se solicite unha cita antes por e-mail, indicando a dispoñibilidade horaria, despois de considerar os horarios de titoría do profesor. Por favor, non use os chats de Teams ou do Campus Virtual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva B7 B8 B1 B5 C5 C6 C7 Valoraranse os coñecementos adquiridos ao longo do curso. A proba poderá consistir en cuestións teóricas ou prácticas.
80
Solución de problemas A15 B9 B10 B11 B12 B3 B4 C3 C4 Valorarase a entrega dos traballos ou exercicios, e os seus posibles contidos, de acordo ás indicacións do profesorado. 20
 
Observacións avaliación

Todos os aspectos relacionados coa “dispensa académica”, “dedicación ao estudo, “permanencia” e “fraude académica” rexiranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC: https://www.udc.es/es/normativa/academica/


Fontes de información
Bibliografía básica Acemoglu D., Laibson D., List J.A. (2017). Economía. Antoni Bosh
Acemoglu D., Laibson D., List J.A. (2020). Economics. Pearson
Krugman, P. Wells, R. & Graddy, K. (2022). Fundamentos de Economía (5ª edición). Reverté

Bibliografía complementaria Bustos Gisbert, A. (2017). Introducción a la Economía. Civitas
Pindyck, R.S. & Rubinfeld, D.L. (2018). Introducción a la Economía: Microeconomía. Pearson. Prentice Hall


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase seguir con asiduidade as indicacións e novidades da plataforma online, xa que esta plataforma, xunto coas clases presenciais, constitúe un sistema esencial de comunicación entre a equipa docente e o estudantado.

Ademais, fanse as seguintes observacións e recomendacións, con carácter xeral:

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

b. Realizarase a través da plataforma online, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



Recordatorio de aplicación da normativa de igualdade:

- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.




(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías