Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Análise de sistemas de información Código 614502006
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Landín Piñeiro, Alfonso
Correo electrónico
alfonso.landin@udc.es
Profesorado
Landín Piñeiro, Alfonso
Correo electrónico
alfonso.landin@udc.es
Web http://udconline.udc.gal/
Descrición xeral Modelos de análises de requisitos. Desenvolvemento
de requisitos (necesidades do cliente e produto, especificación, análise, documentación e validación). Escenarios e casos de uso. Xestión de requisitos (entendemento, acordos, xestión de cambios, trazabilidad, identificación de inconsistencias, accións correctivas). Patróns de Análises. Modelado conceptual. Desenvolvemento e despregamento. Contextualización e transferencia de coñecemento multidisciplinar. Técnicas de negociación, comunicación e dinámica de grupo.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A8 Capacidade para analizar as necesidades de información que se presentan nun contorno e levar a cabo en todas as súas etapas o proceso de construción dun sistema de información.
B1 Capacidade de resolución de problemas.
B2 Traballo en equipo.
B3 Capacidade de análise e síntese.
B4 Capacidade para organizar e planificar.
B5 Habilidades de xestión da información.
B6 Toma de decisións.
B7 Preocupación pola calidade.
B8 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar.
B9 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
B10 Capacidade para proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da enxeñaría informática
B13 Capacidade para o modelado matemático, cálculo e simulación en centros tecnolóxicos e de enxeñaría de empresa, particularmente en tarefas de investigación, desenvolvemento e innovación en todos os ámbitos relacionados coa Enxeñaría en Informática
B14 Capacidade para a elaboración, planificación estratéxica, dirección, coordinación e xestión técnica e económica de proxectos en todos os ámbitos da Enxeñaría en Informática seguindo criterios de calidade e ambientais
B17 Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos e de resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares, sendo capaces de integrar estes coñecementos
B21 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B22 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B23 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B24 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B25 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comprender os dereitos e as obrigas do cliente e as responsabilidades do analista BP6
BP7
BP14
BM1
BM2
CP1
Coñecer as necesidades da organización e a determinación de requisitos. BP2
BP4
BP5
BP13
BP14
BM1
BM2
CP1
Coñecer linguaxes e modelos para a análise. BP3
BP10
BM3
BM5
CP6
Saber validar fluxos de traballo e definir prototipos. AP8
BP1
BP8
BP9
BP17
CP6
Redacción, revisión e validación da especificación de requisitos dunha aplicación software. AP8
BP3
BP6
BP7
BP14
BM2
BM4
CP1

Contidos
Temas Subtemas
Introdución O cliente e o analista.
Requisitos de negocio Identificando os requisitos de negocio.
Definir a visión e o alcance do proxecto
O usuario Identificando os usuarios.
Clasificar os grupos de usuarios.
Os representantes dos usuarios.
Elecitación de requisitos Actividades facilitadas e non facilitadas.
Preparación e seguemento das actividades de elicitación.
Comprendendo os requisitos de usuario Organización dos requisitos de usuario.
Aproximación de casos de uso e historias de usuario.
Escribindo os requisitos Identificando os requisitos individuais.
Carácterísticas desexables das declaración indiviais de requisitos e das coleccións de requisitos.
A Especifiación dos requisitos de software O documento de especificación de requisitos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 B25 B24 B23 B22 B21 B17 B14 B13 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C6 21 40 61
Proba mixta A8 B1 2 0 2
Prácticas de laboratorio A8 B25 B24 B23 B22 B21 B17 B14 B13 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C6 21 56 77
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Desenvolvemento da parte teórica coa exposición dos fundamentos necesarios da Análise e Deseño, as Linguaxes de Modelado, as Metodoloxías do proceso de desenvolvemento e, por último, algúns principios de Organización e Control de proxectos de Sistemas de Información.
Tratarase de estimular a participación propondo o comentario e discusión crítica dos conceptos explicados.
Proba mixta Avaliación do coñecemento dos contidos teóricos e prácticos da materia.
Prácticas de laboratorio Aplicación dos coñecementos teóricos a un caso práctico, incluíndo entrevistas con clientes e análise dos requisitos expostos. O alumno debe ser capaz de redactar e validar unha especificación de requisitos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Descrición
Neste apartado inclúese a orientación necesaria para resolver os exercicios, aclarar dúbidas e conceptos, e discutir as achegas e participación tanto individual, como de Grupo Reducido.

Avaliarase o traballo individual do alumnado.
Promoveranse os valores de igualdade seguindo as recomendacións actuais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A8 B25 B24 B23 B22 B21 B17 B14 B13 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C6 Desenvolverase un caso práctico en grupo, realizando unha serie de entrevistas cun cliente. O alumnado ten que obter os requisitos, analizalos e presentar unha especificación de requisitos ó cliente. 50
Proba mixta A8 B1 Examen final, é preciso acadar un 40% da valoración neste apartado para superar a materia 50
 
Observacións avaliación

- A cualificación final será a suma das cualificacións obtidas en cada un dos apartados anteriormente descrito. A nota máxima será un catro cando a/o estudante non acade o 40% da valoración na proba mixta

- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Valacich, Joseph S.; George, Joey F. (2020). Modern Systems Analysis and Design. Pearson Education
Wiegers, Karl E.; Beatty, Joy (2013). Software Requirements. Microsoft Press
Kendall, Kenneth E.; Kendall, Julie E. (2020). Systems analysis and design. Pearson Education

Bibliografía complementaria Booch, Rumbaugh, Jacobson (). El lenguaje unificado de modelado : guía del usuario. Addison Wesley
Rumbaugh, Booch, Jacobson (). El lenguaje unificado de modelado : manual de referencia. Addison Wesley
Gamma, Helm, Johnson, Vlissides (). Patrones de diseño : elementos de software orientado a objetos reutilizable. Addison Wesley


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías