Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Capacidade para a integración de tecnoloxías, aplicacións, servizos e sistemas propios da enxeñaría informática, con carácter xeneralista, e en contextos máis amplos e multidisciplinares. |
A2 |
Capacidade para a planificación estratéxica, elaboración, dirección, coordinación, e xestión técnica e económica nos ámbitos da enxeñaría informática relacionados, entre outros, con: sistemas, aplicacións, servizos, redes, infraestruturas ou instalacións informáticas e centros ou factorías de desenvolvemento de sóftware, respectando o adecuado cumprimento dos criterios de calidade e ambientais e en contornos de traballo multidisciplinares. |
A3 |
Capacidade para a dirección de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en empresas e centros tecnolóxicos, con garantía da seguridade para as persoas e bens, a calidade final dos produtos e a súa homologación. |
A4 |
Capacidade para modelar, deseñar, definir a arquitectura, implantar, xestionar, operar, administrar e manter aplicacións, redes, sistemas, servizos e contidos informáticos. |
A5 |
Capacidade de comprender e saber aplicar o funcionamento e organización da internet, as tecnoloxías e protocolos de redes de nova xeración, os modelos de compoñentes, sóftware intermediario e servizos. |
A6 |
Capacidade para asegurar, xestionar, auditar e certificar a calidade dos desenvolvementos, procesos, sistemas, servizos, aplicacións e produtos informáticos. |
A7 |
Capacidade para deseñar, desenvolver, xestionar e avaliar mecanismos de certificación e garantía de seguridade no tratamento e acceso á información nun sistema de procesamento local ou distribuído. |
A8 |
Capacidade para analizar as necesidades de información que se presentan nun contorno e levar a cabo en todas as súas etapas o proceso de construción dun sistema de información. |
A9 |
Capacidade para deseñar e avaliar sistemas operativos e servidores, e aplicacións e sistemas baseados en computación distribuída. |
A10 |
Capacidade para comprender e poder aplicar coñecementos avanzados de computación de altas prestacións e métodos numéricos ou computacionais a problemas de enxeñaría. |
A11 |
Capacidade de deseñar e desenvolver sistemas, aplicacións e servizos informáticos en sistemas encaixados e ubicuos. |
A12 |
Capacidade para aplicar métodos matemáticos, estatísticos e de intelixencia artificial para modelar, deseñar e desenvolver aplicacións, servizos, sistemas intelixentes e sistemas baseados no coñecemento. |
A13 |
Capacidade para utilizar e desenvolver metodoloxías, métodos, técnicas, programas de uso específico, normas e estándares de computación gráfica. |
A14 |
Capacidade para conceptualizar, deseñar, desenvolver e avaliar a interacción persoa–ordenador de produtos, sistemas, aplicacións e servizos informáticos. |
A15 |
Capacidade para a creación e explotación de contornas virtuais, e para a creación, xestión e distribución de contidos multimedia. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas. |
B2 |
Traballo en equipo. |
B3 |
Capacidade de análise e síntese. |
B4 |
Capacidade para organizar e planificar. |
B5 |
Habilidades de xestión da información. |
B6 |
Toma de decisións. |
B7 |
Preocupación pola calidade. |
B8 |
Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar. |
B9 |
Capacidade para xerar novas ideas (creatividade). |
B10 |
Capacidade para proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da enxeñaría informática |
B11 |
Capacidade para a dirección de obras e instalacións de sistemas informáticos, cumprindo a normativa vixente e asegurando a calidade do servizo |
B12 |
Capacidade para dirixir, planificar e supervisar equipos multidisciplinares |
B13 |
Capacidade para o modelado matemático, cálculo e simulación en centros tecnolóxicos e de enxeñaría de empresa, particularmente en tarefas de investigación, desenvolvemento e innovación en todos os ámbitos relacionados coa Enxeñaría en Informática |
B14 |
Capacidade para a elaboración, planificación estratéxica, dirección, coordinación e xestión técnica e económica de proxectos en todos os ámbitos da Enxeñaría en Informática seguindo criterios de calidade e ambientais |
B15 |
Capacidade para a dirección xeral, dirección técnica e dirección de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación, en empresas e centros tecnolóxicos, no ámbito da Enxeñaría Informática |
B16 |
Capacidade para a posta en marcha, dirección e xestión de procesos de fabricación de equipos informáticos, con garantía da seguridade para as persoas e bens, a calidade final dos produtos e a súa homologación |
B17 |
Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos e de resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares, sendo capaces de integrar estes coñecementos |
B18 |
Capacidade para comprender e aplicar a responsabilidade ética, a lexislación e a deontología profesional da actividade da profesión de Enxeñeiro en Informática |
B19 |
Capacidade para aplicar os principios da economía e da xestión de recursos humanos e proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización da informática |
B21 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
B22 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B23 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B24 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
B25 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber realizar, presentar e defender ante un tribunal un proxecto integral de Enxeñaría en Informática. O traballo deberá ser orixinal,realizado individualmente, de natureza profesional e no que se sintetizaran as competencias adquiridas nos ensinos. |
AP1 AP2 AP3 AP4 AP5 AP6 AP7 AP8 AP9 AP10 AP11 AP12 AP13 AP14 AP15
|
BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7 BP8 BP9 BP10 BP11 BP12 BP13 BP14 BP15 BP16 BP17 BP18 BP19 BM1 BM2 BM3 BM4 BM5
|
CP1 CP2 CP3 CP4 CP5 CP6 CP7 CP8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
No Traballo Fin de Mestrado, o ou a estudante debe realizar un proxecto integral de Enxeñaría en Informática, de natureza profesional, no que se sinteticen as competencias adquiridas na titulación. |
Para proceder a súa defensa, o ou a estudante deberá ter superados os créditos do resto das materias da titulación. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba oral |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
1 |
9 |
10 |
Aprendizaxe servizo |
C4 C5 C6 C7 C8 |
0 |
0 |
0 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
15 |
330 |
345 |
|
Atención personalizada |
|
20 |
0 |
20 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba oral |
Presentación e defensa ante un tribunal do traballo realizado, contestando ás preguntas que o tribunal considere oportunas. |
Aprendizaxe servizo |
Desenvolvemento do traballo no contexto de necesidades reais da súa contorna coa fin de mellorala, en colaboración con algunha entidade e co obxectivo de proporcionar un servizo á comunidade. Esta metodoloxía constitúe unha posible modalidade (non obrigatoria) de desenvolvemento do TFM. |
Traballos tutelados |
Poñer en práctica un proxecto integral de Enxeñaría Informática, de natureza profesional, no que se sinteticen as competencias adquiridas nas ensiñanzas.
Refictirase nunha memoria o que se puso en práctica co proxecto.
Os/as directores/directoras definirán, orientarán e supervisarán o traballo, e emitirán un informe positivo para autorizar a defensa do mesmo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba oral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada é fundamental para definir, orientar, supervisar e delimitar o traballo, así como para preparar a proba oral. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba oral |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Presentación oral e defensa ante un tribunal. A presentación debe plasmar de maneira resumida as características e a profundidade do trabajo realizado. No turno de preguntas debe demostrarse claridade e coñecimiento sobre as cuestiones planteadas polo tribunal. |
30 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Realización dun proxecto integral e orixinal de enxeñaría informática de naturaleza profesional. Os elementos a valorar son: - Orixinalidade, calidade e alcance do traballo presentado (40%) - Memoria (30%) |
70 |
|
Observacións avaliación |
Tal e como establece o apartado 6.1.4 no artigo 6.º da Normativa pola que se regulan as ensinanzas oficias do Grao e Máster Universitario na UDC, aprobada polo Consello de Goberno o día 27 de xuño de 2012, “o TFM pode ser defendido e avaliado unha vez que se tivera constancia fidedigna de que a/o estudante superou todos os créditos da titulación excepto os do TFM”. Previamente á realización do TFM, é preciso a presentación dun anteproxecto polos medios establecidos a tal fin polo centro para a valoración por parte da Comisión Xestora dos TFM. Dito anteproxecto, tras ser valorado, deberá ser aprobado con posterioridade pola mencionada comisión. O traballo, consistente nun proxecto orixinal e realizado individualmente por cada estudante, deberá estar realizado no ámbito das competencias, coñecementos, tecnoloxías e ferramentas específicas da titulación. Así, este deberá estar orientado á aplicación das competencias xerais asociadas ao título cun carácter profesionalizante. Este traballo será avaliado pola comisión designada polo centro na data, lugar e hora tal como figura no regulamento de Traballos de Find e Máster para o Máster Universitario en Enxeñaría en Informática da Facultade de Informática da Coruña. No caso da/o estudante obter a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle tamén unha copia deste informe á persoa ou persoas que dirixiron o TFM. A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFM levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da Traballos Fin de Máster propia da titulación. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Igualdade: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Ao tratarse dun traballo que pode tratar de calquer temática da enxeñaría informática, non hai unha bibliografía temática. Polo tanto, a bibliografía virá marcada polo tema en concreto. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Planificación estratéxica de sistemas de información/614502001 | Dirección de proxectos/614502002 | Calidade, seguridade e auditoría informática/614502003 | Informática como servizo/614502004 | Arquitecturas e plataformas móbiles/614502005 | Análise de sistemas de información/614502006 | Deseño de sistemas de información/614502007 | Interacción, gráficos e multimedia/614502008 | Intelixencia de negocio/614502009 | Recuperación da información e web semántica/614502010 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Prácticas en empresa/614502011 | Emprendemento e Autoemprego/614502024 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|