Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Xestión Dixital do Patrimonio Documental e Bibliográfico Código 614552007
Titulación
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Humanidades
Coordinación
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
Profesorado
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Gómez Brandón, Adrián
Varela Rodeiro, Tirso
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
adrian.gbrandon@udc.es
tirso.varela.rodeiro@udc.es
Web
Descrición xeral A materia terá dous obxectivos xerais:

1.- Contribuir ao recoñecemento crítico da diversidade histórica e cultural.

2.- Acadar un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análise: ordenar, organizar, definir ou sintetizar a información de fontes documentais e bibliográficas.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A3 CON3-Coñecementos sobre aspectos xurídicos (normativa, lexislación) e outros documentos instrumentais para a protección do patrimonio cultural
A11 CON11-Coñecemento dos arquivos históricos e as institucións bibliográficas, os seus fondos, a súa dixitalización e o servizo que prestan a través da rede
B1 HAB1-Ser capaz de establecer relacións para producir coñecemento no contorno da intelixencia dixital
B4 HAB4-Ser capaz de identificar fontes de información, recompilar e analizar datos e elaborar sínteses en relación con eles
B6 DES1-Ser capaz de manexar ferramentas tecnolóxicas e informáticas aplicadas á dixitalización do patrimonio
C2 CB2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sá área de estudo
C3 CB3. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
C5 CB5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en grande medida autodirixido ou autónomo
C6 CG1. Construír, xestionar e difundir o patrimonio dixital e o tratamiento dixital do patrimonio en todas as súas acepcións
C7 CG2. Aplicar o coñecemento na implementación de proxectos patrimoniais no contorno digital
C8 CG3. Utilizar adecuadamente as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, procesado, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital
C11 CG6. Crear contidos orixinais no ámbito do patrimonio cultural unindo coñecementos humanísticos e tecnolóxicos.
C12 CT1. Adaptar o uso e transferencia do coñecemento a novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico
C14 CT3. Adquirir un compromiso ético coas diversas formas de comunicación en contornos dixitais.
C15 CT4. Comprender os valores da igualdade, sustentabilidade ambiental e o dereito ao acceso equitativo aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
1.- Garantir coñecementos sobre aspectos xurídicos (normativa, lexislación) e outros documentos instrumentais para a protección do patrimonio cultural. 2.- Garantir coñecementos dos arquivos históricos e as institucións bibliográficas, os seus sus fondos, a súa dixitalización e o servizo que prestan a través da rede. AP3
AP11
BP1
BP4
BP6
CP2
CP3
CP5
CP6
CP7
CP8
CP11
CP12
CP14
CP15

Contidos
Temas Subtemas
Módulo 1. Organización e xestión do patrimonio documental e bibliográfico
1.1. Formación e tipoloxía das coleccións
1.2. Descrición das coleccións
1.3. Posta en valor: estratexias
Módulo 2. Dixitalización do patrimonio 2.1. Concepto: dixitalización do patrimonio
2.2. Ferramentas para a dixitalización
2.3. Caso práctico

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC B4 B6 C2 C3 C5 C8 10 31 41
Traballos tutelados A3 A11 B1 B4 B6 C2 C3 C6 C14 C15 10 39 49
Sesión maxistral A3 A11 B1 C7 C11 C12 C14 C15 13 20 33
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.), a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canle para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Traballos tutelados Traballos individuais de aprendizaxe independente do alumnado orientado á aplicación dos conceptos e ás técnicas da materia, contando sempre coa atención personalizada e o seguimento do profesorado. Elaborarase seguindo as pautas formais e de contido indicadas.
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesorado, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os coñecementos fundamentais da materia e facilitar a aprendizaxe. Fundamentarase na exposición de contidos teóricos, a visualización de exemplos e a resolución de dúbidas por parte do profesorado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Resolver dúbidas, ampliar formulacións, suxerir actividades e distintas formas de traballo que axuden ao alumnado na súa aprendizaxe. Motivación á participación. Seguimento personalizado e constante de cada unha das tarefas desenvolvidas polos/as alumnos/as.

Este tipo de atención terá especial peso no traballo tutelado, para o cal o profesorado irá marcando as pautas a seguir en cada caso, podendo propor as variacións ou modificacións necesarias.

Na medida do posible, intentarase facilitar a atención personalizada a aquel alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B4 B6 C2 C3 C5 C8 Avaliarase a solución aplicada polos estudantes aos problemas propostos. 50
Traballos tutelados A3 A11 B1 B4 B6 C2 C3 C6 C14 C15 Valorarase a adecuación dos traballos presentados aos temas propostos, os contidos, con especial interese nas achegas do alumnado respecto ás fontes e á bibliografía utilizada, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación. Valoración, polo tanto, de contidos, achegas innovadoras, sentido crítico e argumentación.
Entregarase na data indicada polo profesorado.
Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
50
 
Observacións avaliación

Requisitos imprescindibles:

- Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo e será preciso entregar os materiais nas datas indicadas na clase. 

- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención na clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.

Segunda oportunidade

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os/as alumnos/as poderán recuperarar só a/s parte/s que teñan suspendidas.

Estudantado con dedicación a tempo parcial ou con Dispensa académica

Terán que acordar unha titoría nas dúas primeiras semanas de clase co fin de establecer un plan de traballo idóneo e de entregas para a primeira oportunidade. De non realizarse esa primeira titoría, na que se acordará unha data de entrega alternativa, entenderase que o/a alumno/a opta por presentar os traballos na mesmas datas que o resto do alumnado.

Na segunda oportunidade, as datas de entrega límite serán as mesmas que para o resto do alumnado. O resto das condicións serán as mesmas que para os/as outros/as alumnos/as.


Fontes de información
Bibliografía básica

ALBERCH I FUGUERAS, Ramón, Los archivos, entre la memoria histórica y la sociedad del conocimiento, Barcelona, 2003
ÁLVAREZ ÁLVAREZ, J.L., Estudios sobre el Patrimonio Histórico Español y la Ley de 25 de junio de 1985, Ed. Civitas, Madrid, 1989.
CRUZ MUNDET, José Ramón, Manual de archivística, Fundación Germán Sánchez Ruipérez, Madrid, 1994.
GARCÍA PITA, Marina, “A Xestión do patrimonio documental”, en Os Profesionais da historia ante o patrimonio cultural: liñas metodolóxicas, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Santigo de Compostela, 1996, pp. 23-34.
GENERELO, Juan José; MORENO LÓPEZ, Angeles (coords.), Historia de los archivos y de la archivística en España, Universidad de Valladolid, Valladolid, 1998.
HEREDIA HERRERA, Antonia, Archivística general: teoría y práctica, 7ª ed., Diputación Provincial de Sevilla, Sevilla, 1995.
HERNÁNDEZ VIVENTE, Severiano, La digitalización del Patrimonio Bibliográfico y Documental:http://www.bbtk.ull.es/servicios/formacion/CLE/adeje2006/Presentaciones…
LODOLINI, Elio, Archivística: principios y problemas, ANABAD, Madrid, 1993.
MORALEJO ALVAREZ, María Remedios, “Aproximación al patrimonio bibliográfico y documental”, STVDIUM. Revista de humanidades, nº 8-9 (2002-03), Zaragoza, 2003, pp. 29-49
MORÁN SUÁREZ, M. A.; RODRÍGUEZ LÓPEZ (coords.), La Documentación para la investigación: Volumen homenaje a José Antonio Martín Fuertes, Universidad de León, León, 2002.
“Museos en Internet: análisis de recursos documentales”, en VI Jornadas Españolas de Documentación. Valencia, 29-31 de octubre, 1998, pp. 495-514.
PÉREZ-MONTES SALMERÓN, Carmen Mª; CASO NEIRA, Mar, La importancia de un patrimonio documental: los archivos científicos, CSIC:
QUIROGA BARRO, Gabriel, “Evolución de la normativa de archivos y Patrimonio Documental en Galicia 1981-1995”, Archivos, bibliotecas, centros de documentación y museos en el Estado de las autonomías. Actas del VI Congreso Nacional de ANABAD, Consejería de Cultura y Educación, Murcia, 1997, pp. 71-78.
ROMERO TALLAFIGO, Manuel, Historia del documento en la Edad Contemporánea: la comunicación y la representación del poder central de la Nación, S&C Ediciones, Carmona, 2002.
RUIZ RODRIGUEZ, Antonio Ángel (ed.), Manual de archivística, Síntesis, Madrid, 1995.
SERRANO MOTA, Mª de la Almudena; GARCÍA RUIPÉREZ, Mariano, El Patrimonio documental: fuentes documentales y archivos, Cuenca, 1999.http://digital.csic.es/bitstream/10261/2957/1/archivoscientificos.pdf

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías