Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Novas Arquitecturas e Paradigmas IoT Código 614557005
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Fernández Caramés, Tiago Manuel
Correo electrónico
tiago.fernandez@udc.es
Profesorado
Blanco Novoa, Óscar
Fernández Caramés, Tiago Manuel
Fraga Lamas, Paula
Correo electrónico
o.blanco@udc.es
tiago.fernandez@udc.es
paula.fraga@udc.es
Web http://estudos.udc.es/gl/subject/4557V01/4557005/2024
Descrición xeral Nesta materia estudaranse as últimas tendencias en arquitecturas IoT, incluíndo as descentralizadas/distribuídas (e.g., as baseadas en tecnoloxías de rexistro distribuído, coma blockchain) e as baseadas en novos paradigmas, como o Edge Computing, o Fog Computing ou o Mist Computing.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Adquisición de coñecementos para comprender, deseñar e desenvolver sistemas IoT baseados en novas arquitecturas coma as descentralizadas e distribuídas AI2
AI6
AI15
AI27
AI29
AI37

Contidos
Temas Subtemas
Introdución a novas arquitecturas IoT Evolución das arquitecturas IoT
Compoñentes básicos das arquitecturas IoT
Desafíos e oportunidades en novas arquitecturas IoT
Casos de uso e aplicacións
Novas arquitecturas para dispositivos IoT de baixa potencia, alta demanda e autónomos Arquitecturas para dispositivos IoT de baixa potencia
Arquitecturas para dispositivos IoT de alta demanda
Arquitecturas para dispositivos IoT autónomos
Aplicacións prácticas
Novos sistemas descentralizados IoT Fundamentos dos sistemas descentralizados
Redes descentralizadas para IoT
Casos de uso e aplicacións
Novos sistemas distribuídos IoT Conceptos de sistemas distribuídos
Middlewares e plataformas para sistemas distribuídos IoT
Xestión, coordinación e orquestación en sistemas distribuídos
Aplicacións e exemplos
Arquitecturas IoT baseadas en DLTs Introdución ás DLT e a Blockchain
Integración das DLTs en IoT
Casos de uso e aplicacións de DLT en IoT
Plataformas e tecnoloxías emerxentes

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A15 A27 15.75 15.75 31.5
Prácticas a través de TIC A2 A6 A29 A37 15.75 31.5 47.25
Traballos tutelados A37 0 15.75 15.75
Proba obxectiva A15 A27 2 14 16
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Preséntase ao alumnado un tema con alcance concreto.
Prácticas a través de TIC Plantéxanse ao alumnado un problema ou problemas prácticos cuxa resolución require a comprensión e aplicación dos contidos teórico-prácticos incluídos nos contidos da materia.
Traballos tutelados Plantéxase ao alumnado un traballo a realizar de forma autónoma coa titorización do profesorado.
Proba obxectiva Proba final orientada a avaliar a comprensión dos coñecementos expostos nas clases de teoría.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
O profesorado realizará titorías e guiará a posta en marcha das prácticas.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia: non se esixirá a asistencia ás prácticas. Asemade, os horarios de titorías poderán adaptarse segundo as necesidades dos ditos alumnos matriculados a tempo parcial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A37 Valoración dun traballo autónomo baseado no contido teórico e/ou práctico da materia. 20
Prácticas a través de TIC A2 A6 A29 A37 Valoración dos resultados e coñecementos obtidos nas prácticas desenvolvidas. 40
Proba obxectiva A15 A27 Valoración das competencias asimiladas na materia. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

As prácticas consistirán en exemplos de aplicación da teoría vista nas sesións maxistrais. A súa valoración farase de xeito continuado, ó remate dos prazos indicados. 

A proba obxetiva dividirase nunha parte orientada a valorar o nivel de asimilación dos resultados das prácticas e noutra a valorar o nivel de coñecementos xerais adquiridos na materia.

Alumnos matriculados a tempo parcial: non se esixirá a asistencia ás prácticas.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS

Os alumnos terán a opción de conservar as notas de prácticas e/ou traballos tutelados obtidas durante o curso académico e terán que realizar unha proba mixta, establecéndose a nota nas mesmas porcentaxes aplicadas na primeira oportunidade. O resto do alumnado (incluido o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia) terá que realizar unha proba mixta (60% da nota) e entregar un traballo tutelado (40% da nota). 

OUTROS COMENTARIOS

Non se conservará ningunha das notas obtidas para os cursos académicos posteriores.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Tódolos aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.



Fontes de información
Bibliografía básica M. Suárez-Albela, P. Fraga-Lamas, T. M. Fernández-Caramés (2018). A practical evaluation on RSA and ECC-based cipher suites for IoT high-security energy-efficient fog and mist computing devices. Sensors
T. M. Fernández-Caramés, P. Fraga-Lamas (2018). A Review on the Use of Blockchain for the Internet of Things. IEEE Access
A. J. Ferrer (2023). Beyond Edge Computing Swarm Computing and Ad-Hoc Edge Clouds. Springer
M. M. Rehan, M. H. Rehmani (2021). Blockchain-enabled Fog and Edge Computing: Concepts, Architectures and Applications. CRC Press
F. Desbiens (2023). Building Enterprise IoT Solutions with Eclipse loT Technologies: An Open Source Approach to Edge Computing. Apress
K.A. Kumari et al. (2022). Edge Computing Fundamentals, Advances and Applications. CRC Press
R. Buyya, S. N. Srirama (2019). Fog and Edge Computing: Principles and Paradigms. Wiley

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Esta materia cumprirá coas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, respectando a perspectiva de xénero (e.g., buscarase usar linguaxe non sexista).

Seguiranse as indicacións do Green Campus en temas de sostibilidade, incluíndo:

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
    • Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
    • Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
  • Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías