Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Ciberseguridade en IoT Código 614557010
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Álvarez González, Marco Antonio
Correo electrónico
marco.antonio.agonzalez@udc.es
Profesorado
Álvarez González, Marco Antonio
Fernández López-Vizcaíno, Manuel
Correo electrónico
marco.antonio.agonzalez@udc.es
manuel.fernandezl@udc.es
Web http://udconline.udc.gal
Descrición xeral Esta materia aborda unha serie de conceptos básicos que son esenciais para entender a importancia da seguridade no ecosistema de dispositivos da internet das cousas.
Con esta materia, o alumnado toma conciencia dos diferentes tipos de ataques aos que se poden ver sometidos os dispositivos IoT, e a especial importancia que isto ten en contornas críticas.
Tamén coñecerá os diferentes procedementos e normativas actuais para a prevención, mitigación e actuación.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Entender a importancia da ciberseguridade nun ecosistema IoT. AI16
Coñecer o modelo de seguridade e as superficies de ataque nun ecosistema IoT. AI16
AI37
Aprender a analizar, avaliar e clasificar os riscos e vulnerabilidades dun sistema IoT. AI7
AI28
AI37
Coñecer a normativa vixente en ciberseguridade en IoT AI7

Contidos
Temas Subtemas
Introducción Contextualización
Fundamentos da ciberseguridade.
Seguridade en IoT Modelo de Seguridade IoT e superficies de ataque.
I+D+i en Seguridade en IoT.
Normativa Aspectos legais
Análisis de vulnerabilidades
Avaliación de riscos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 A16 A28 A37 16 16 32
Prácticas de laboratorio A7 A28 A37 14 28 42
Traballos tutelados A28 A37 1 9 10
Proba práctica A7 A37 1 7 8
Proba obxectiva A7 A16 A28 A37 3 15 18
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A plataforma virtual da universidade sirve como base para a difusión de todo o material necesario para o seguimento das sesións maxistrais. Nas sesións maxistrais expóñense os contidos teóricos da materia, necesarios para poder entender a lóxica e o funcionamento dos diferentes protocolos e sistemas, así como para realizar as prácticas de laboratorio.
Prácticas de laboratorio A plataforma virtual da universidade sirve como base para a difusión do material necesario para a realización das prácticas da materia. Nas prácticas de laboratorio o alumnado debe profundar en determinados aspectos teóricos da materia.
Traballos tutelados A plataforma virtual da universidade sirve como base para a difusión do material necesario para a realización do traballo tutelado por parte do alumnado.
Neste traballo, o alumnado afronta a realización dunha tarefa de carácter práctico na que ten que resolver unha serie de problemáticas de forma axeitada. Debe elaborar unha memoria tecnicamente ben detallada, ben estruturada e ben redactada na que expoña o procedemento seguido para resolvelas.
Proba práctica A plataforma virtual da universidade sirve como base para a difusión do material necesario para a realización da proba práctica.
Nesta proba práctica o alumnado debe demostrar a súa capacidade para resolver os escenarios prácticos propostos.
Proba obxectiva Ao final do bimestre realizase un exame onde o alumnado debe demostrar o seu coñecemento da materia a nivel global. O exame consta de preguntas para avaliar o coñecemento teórico e exercicios para avaliar o coñecemento práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada é fundamental para un correcto desenvolvemento na materia por parte do alumnado. Ademáis, recomendase a asistencia a titorías do alumnado como método de apoio.
Desde o punto de vista do profesor, a atención personalizada permite detectar posibles desaxustes na metodoloxía da materia e mellorar a calidade de forma continuada.

Na aula virtual da materia indicarase a información relativa ó horario de titorías do profesorado

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A28 A37 Correspóndense co seguimento continuado do traballo do alumnado para a realización tanto da proba práctica como dos traballos tutelados.
O seguimento lévase a cabo durante as horas de prácticas e, de ser o caso, por medio dunha defensa co profesorado de prácticas ou unha presentación oral.
20
Traballos tutelados A28 A37 Relacionados co contido teórico-práctico da materia, estes traballos permiten ao alumnado afianzar os coñecementos obtidos tanto nas clases teóricas como nas prácticas.
A realización dos traballos require da entrega dunha memoria en tempo e forma, onde se ten en conta a calidade tanto da redacción como do contido presentado.
20
Proba práctica A7 A37 Un exame sobre o contido dos casos prácticos vistos na materia. Este exame avalía a capacidade do alumnado de levar os contidos teóricos á práctica. 20
Proba obxectiva A7 A16 A28 A37 Ao final do bimestre realizase un exame onde o alumnado debe amosar o seu coñecemento sobre a materia. Pode conter preguntas tanto teóricas como prácticas.
Esta parte é obrigatoria e débese obter un mínimo dun 4 (sobre 10) para poder aprobar a materia.
40
 
Observacións avaliación
Para superar a materia, débese obter como mínimo un 5 sobre 10 na suma de tódalas partes da materia e obter un mínimo de 4 sobre 10 na proba obxectiva. No caso de non obter o mínimo nesta proba, a materia considérase como suspensa e a nota final é a obtida nesta proba obxectiva. 

Segunda oportunidade e convocatorias extraordinarias: O alumnado terá que realizar a proba obxectiva e poderá optar por manter a nota de prácticas obtida durante o período de docencia da materia, ou descartar esta nota e avaliarse da parte práctica mediante unha proba práctica e/ou a entrega de prácticas. 

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexerase de acordo coa normativa académica vixente das tres universidades do SUG.

Fontes de información
Bibliografía básica CCN-CERT (2017). CCN-CERT BP-05: Informe de Buenas Prácticas en Internet de las Cosas. CCN
Boeckl, Katie et al. (2019). Considerations for Managing Internet of Things (IoT) Cybersecurity and Privacy Risks. NISTIR 8228
Dykstra, Josiah (2016). Essential Cybersecurity Science: Build, Test, and Evaluate Secure Systems. O'Reilly Media
Christina Skouloudi, Apostolos Malatras. ENISA IoT Security team (2018). Introduction to IoT security. ENISA-FORTH NIS Summer
Brian Russell, Drew Van Duren (2016). Practical internet of things security. Packt Publishing Ltd

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Protocolos de Comunicacions para IoT/614557006
Dispositivos IoT/614557001
Redes de Comunicacións en IoT/614557002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Dado que parte da bibliografía recomendada para esta materia está escrita en inglés, recoméndase coñecer esta lingua, polo menos, a nivel de comprensión de textos escritos.

Esta materia segue os valores e directrices vixentes establecidos polas universidades do SUG, avogando polo respeto e a igualdade.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías