AVALIACIÓN:
A avaliación da materia articúlase sobre a base dos seguintes aspectos:
1. Práctica en grupo supervisada (40% da nota final). Ao longo docurso realizaranse a análise de requisitos dun dominio exposto polo profesorado. Para a avaliación desta práctica supervisada terase en conta:
- O traballo realizado polo alumnado nas clases mediante un proceso de avaliación continua. Para esta avaliación continua terase en conta especialmente os seguintes aspectos: asistencia a clase, participación, capacidade de traballo en equipo, autonomía no traballo e capacidade de aplicación dos coñecementos teóricos a un caso práctico.
- O contido do traballo presentado, valorando principalmente: presentación do traballo, ortografía e redacción, e calidade da solución técnica presentada.
- A exposición do traballo, valorando, entre outros: a súa estrutura, claridade na exposición, capacidade de síntese, adecuación ao tempo e dominio da materia.
2. Proba mixta ou exame final (60% da nota final). O examen final constará de preguntas, cuestións e/ou exercicios de calquera aspecto visto na materia e que o alumno terá que responder.
ALUMNADO DE MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL:
Dado o carácter de avaliación continua da práctica en grupo supervisada, recoméndase que este alumnado fale co profesorado ao longo da primeira semana de clase con obxecto de tratar de buscar o mellor horario posible para a súa realización.
En canto ao resto de actividades, e a pesar de non ser actividades de presenza obrigatoria, trataráselles de dar as máximas facilidades para que poidan asistir ás mesmas.
REQUISITOS:
Para aprobar a materia é necesario cumprir cos seguintes requisitos:
1. Obter unha cualificación final mínima de 5 puntos sobre 10 entre todas as probas segundo a ponderación establecida.
2. Obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 no exame final. En caso de que non se cumpra este requisito, a nota final da materia será a do exame final puntuada sobre 10.
RECUPERACIÓN:
O alumnado que non superen a materia terán que demostrar a correcta adquisición das competencias fundamentais da mesma mediante a realización dun novo exame final.
Dado o carácter de avaliación continua da práctica en grupo supervisada esta parte non poderá recuperarse.
NORMATIVAS ACADÉMICAS:
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Ademais, con respecto a fraude académica, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) en todas as convocatorias correspondentes ao curso académico actual.