Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A7 |
Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e avaliar aplicacións e sistemas informáticos que aseguren a súa fiabilidade, seguranza e calidade, conforme a principios éticos e á lexislación e normativa vixente. |
A10 |
Capacidade para elaborar o prego de condicións técnicas dunha instalación informática que cumpra os estándares e as normativas vixentes. |
A11 |
Coñecemento, administración e mantemento de sistemas, servizos e aplicacións informáticas. |
A24 |
Coñecemento da normativa e a regulación da informática nos ámbitos nacional, europeo e internacional. |
A37 |
Capacidade para analizar, avaliar, seleccionar e configurar plataformas hárdware para o desenvolvemento e execución de aplicacións e servizos informáticos. |
A38 |
Capacidade para deseñar, despregar, administrar e xestionar redes de computadores. |
A47 |
Capacidade para determinar os requisitos dos sistemas de información e comunicación dunha organización de acordo cos aspectos de seguridade e cumprimento da normativa e a lexislación vixente. |
A48 |
Capacidade para participar activamente na especificación, deseño, implementación e mantemento dos sistemas de información e comunicación. |
A53 |
Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hárdware, sóftware e redes dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados. |
A55 |
Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar e xestionar redes e infraestruturas de comunicacións nunha organización. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas |
B3 |
Capacidade de análise e síntese |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e saber aplicar a normativa e lexislación vixente relativa aos sistemas informáticos. Elaboración de pregos administrativos e técnicos para a adquisición de equipamento informático.
|
A7 A10 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55
|
B1 B3
|
C2 C3 C6 C8
|
Administración, mantemento e operación de sistemas e redes de comunicacións. |
A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55
|
B1 B3
|
C2 C3 C6 C8
|
Deseño e dimensionado do hardware e equipamento necesario nun centro de proceso de datos |
A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55
|
B1 B3
|
C2 C3 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
MÓDULO I: Fundamentos da transmisión de sinais |
Sinais
Potencia media e enerxía
Perturbacións en transmisión
Multitraxecto |
MÓDULO I: Fundamentos do análisis en frecuencia |
Transformada de Fourier
Transformadas de sinais básicas
Propiedades da Transformada de Fourier: concepto de modulación e ancho de banda
Transmisión banda base e paso banda |
MÓDULO I: IEEE 802.11 Capa MAC |
Fundamentos.
Problemas de nodo oculto e nodo expuesto. MACA. CSMA/CA. 802.11 (DCF) e 802.11e (HCF, QoS) |
MÓDULO I: IEEE 802.11 Capa PHY |
Modulaciones.
Principios da codificación de canle - Teorema de Shannon.
Códigos lineais - Códigos Hamming.
Decodificación por síndrome.
Probabilidade de error.
Códigos modernos. |
MÓDULO II: Organización e operación do CPD |
Organigrama dun CPD
Funcións e competencias do persoal
Exemplos
|
MÓDULO II: Fundamentos de ITIL |
Organismos de certificación
Esquemas
Servizos
Xestión de servizos
Procesos, funcións e roles
Matriz RACI |
MÓDULO II: Virtualización |
Fundamentos da virtualización
Virtualización de servidores
Virtualización do almacenamento
Virtualización de escritorios
Aspectos avanzados da virtualización
|
MÓDULO II: Deseño e implantación dun centro de proceso de datos |
Deseño de un CDP (ANSI/TIA 942)
Redes de almacenamento (SAN)
Virtualización de rede (NFV-SDN) |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas a través de TIC |
A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 |
30 |
40 |
70 |
Proba obxectiva |
A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 |
3 |
0 |
3 |
Sesión maxistral |
A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 |
30 |
40 |
70 |
|
Atención personalizada |
|
7 |
0 |
7 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas a través de TIC |
Nas que o estudantado verá o funcionamento na práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas o alumno utilizará diferentes ferramentas propostas polo profesor que lle permitirán profundar e afianzar os seus coñecementos sobre diferentes aspectos da xestión de infraestruturas. |
Proba obxectiva |
Proba ao final do cuadrimestre.
|
Sesión maxistral |
Nas que se exporá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumno disporá do material de apoio (apuntamentos, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, recomendando a lectura previa dos puntos do temario a tratar en cada clase, así como realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Prácticas a través de TIC |
|
Descrición |
Recomendarase aos estudantes que asistan á titoría como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e verificar o traballo que os/as estudantes están a realizar segundo as indicacións que se prestan, dependendo da práctica específica de que se trate.
Como ferramentas telemáticas para a atención en liña personalizada utilizaranse as facilitadas pola Universidade da Coruña. Ferramenta de correo electrónico, ferramenta de teleformación (moodle) e videoconferencia e ferramenta de traballo en equipo (equipos). |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 |
[Módulo I] As prácticas TIC (1,4 puntos) avaliaránse nas sesións de prácticas ou de teoría.
[Módulo II] As prácticas obrigatorias do módulo II engadirán 1,4 puntos e serán avaliadas antes do exame teórico, defendendo o traballo realizado diante do/da profesor/a, xa sexa de forma presencial ou telemáticamente. |
28 |
Proba obxectiva |
A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 |
Proba escrita, que se celebrará na data fixada no calendario. Ademáis dos contidos levados a cabo nas sesións maxistrais, dentro de esta proba poderanse incluír cuestións sobre as prácticas.
Esta proba terá un peso de 3,6 puntos para cada módulo. |
72 |
|
Observacións avaliación |
A nota de cada módulo é o resultado da suma das notas de todas as avaliacións (non existindo un mínimo do apartado de prácticas a través das TIC ou na proba obxectiva). Para superar a materia é necesario ter unha cualificación superior ou igual a 2 puntos (sobre 5 puntos) en cada módulo e superior ou igual a 5 puntos (sobre 10 puntos) na materia. En caso de non superar 2 puntos en algúns dos módulos, a nota máxima que será reflexada nas actas é 4 puntos. Primeira oportunidade: Os/As estudantes que asistan a proba obxectiva, terán que presentarse aos dous módulos. Segunda oportunidade: Proba obxectiva con contidos teóricos, prácticos e problemas: 7,2 puntos. O/A estudante poderá presentarse a proba obxectiva de calquera dos módulos. A cualificación das prácticas a través de TIC será a obtida durante o cuadrimestre. Convocatorias extraordinarias: Examen de contidos teóricos, prácticos e problemas: 10 puntos Estudantes con matrícula a tempo parcial: Os/As estudantes con matrícula a tempo parcial non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxetiva na data indicada no calendario de exames. Terá que presentar as prácticas nas mismas datas que o resto dos estudantes da materia. Outros Todos os aspectos relacionados coa “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexiránse segundo a normativa académica vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
J. Kurose, K. Ross (2017). Computer Networking: A Top-Down Approach. Pearson Education Limited
Maurizio Portolani (2003). Data Center Fundamentals. CiscoPress
Brady Orand (2009). Foundations of IT Service management with ITIL 2011. CreateSpace Independent Publishing Platform
Luis Gómez, Ana Andrés (2012). Guía de aplicación de la Norma UNE-ISO/IEC 27001 sobre seguridad en sistemas de información para pymes. AENOR
Nextel S.A. (2012). ISO/IEC 20000 para pymes. Cómo implantar un sistema de gestión de los servicios de tecnologías de la información. AENOR
Varios (2011). IT Infrastructure Library (serie de 5 libros). The Stationery Office
C. M. Fernández, M. Piattini (2012). Modelo para el gobierno de las TIC basado en las normas ISO. AENOR
Christian F Nissen (2012). Passing Your ITIL Foundation Exam. The Stationery Office
A. V. Oppenheim, A. S. Willsky (1997). Signals and Systems. Prentice-Hall |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Tecnoloxía Electrónica/614G01005 | Bases de Datos/614G01013 | Sistemas Operativos/614G01016 | Redes/614G01017 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Internet e sistemas distribuidos/614G01023 | Lexislación e Seguridade Informática/614G01024 |
|
Materias que continúan o temario |
Dispositivos Hardware e Interfaces/614G01032 | Software de Comunicacións/614G01034 | Procesamento Dixital da Información/614G01035 | Redes Móbiles e Sen Fíos/614G01061 | Deseño de Redes/614G01082 | Administración de Redes/614G01213 |
|
|