Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Programación de Sistemas Código 614G01058
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Vazquez Regueiro, Carlos
Correo electrónico
carlos.vazquez.regueiro@udc.es
Profesorado
Vazquez Regueiro, Carlos
Correo electrónico
carlos.vazquez.regueiro@udc.es
Web
Descrición xeral Programación de sistemas encaixados e dispositivos móbiles

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A32 Capacidade de desenvolver procesadores específicos e sistemas embarcados, así como desenvolver e optimizar o sóftware dos ditos sistemas.
A34 Capacidade de deseñar e implementar sóftware de sistemas e de comunicacións.
B1 Capacidade de resolución de problemas
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Capacidade para desenvolver aplicacións Android en dispositivos móbiles, procesadores específicos e sistemas encaixados A32
A34
B1
C6
C7
C8
Capacidade de desenvolver aplicacións Android con capacidade de comunicacións e interacción A32
A34
B1
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1.1. Introdución á Programación de Sistemas Introdución á Programación de Sistemas
Presentación da asignatura
1.2. Introdución a Android Historia e evolución
Arquitectura e características
Compoñentes principais
Manifesto
1.3. Ferramentas de desenvolvemento Instalación do SDK e Android Studio
Aplicación básica e estrutura dunha aplicación
Depuración e testing
Recursos de aplicacións
2.1. Actividades, Fragmentos e Intents Actividades e Ciclo de vida
Intents explícitos e implícitos
Paso de parámetros
Fragmentos estáticos e dinámicos
Comunicación entre fragmentos
2.2. Interfaz de usuario Layouts e Vistas
Eventos
Notificacións
Menúes e Diálogos
Listas e Adaptadores
2.3. Traballando en segundo plano Servicios locais e remotos
Broadcast Receivers
Fíos, tarefas e mensaxes
Jobs
AppWidgets
3.1. Arquitecturas de aplicacións Tipos de arquitecturas
Distribución en capas
Intercambios
3.2. Persistencia de datos Preferencias
Ficheiros internos e externos
Base de datos: SQL e ROOM
Proveedor de Contidos
3.3. Interconexión Comunicacións
Servicios de rede
Servicios na nube
4.1. Servicios do sistema e Sensores Servicios do sistema
Sensores
Localización e Mapas
4.2. Distribución Publicación
Permisos
Monetización

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A32 A34 B1 C6 C7 14 42 56
Traballos tutelados A32 A34 B1 C6 C7 C8 7 35 42
Proba mixta A32 A34 B1 C6 2 11 13
Sesión maxistral A32 A34 16 20 36
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Os alumnos desenvolverán prácticas no laboratorio para a aprendizaxe da programación de dispositivos móbiles con Android. Suscitaranse unha serie de prácticas seguindo un guión básico inicial para que o alumno se familiarice cos conceptos e procedementos básicos da programación con Android (competencias A32 e A 34).

Tamén se promoverá a ampliación e mellora das funcionalidades básicas de cada práctica proposta (competencia C7) así como a discusión e a resolución de problemas (competencias B1 e C6).

As prácticas constan dunha parte inmediata que se entrega ao acabar e outra diferida que se entrega antes da seguinte clase de laboratorio.

Algunha práctica tamén pode consistir na creación e presentación dun traballo individual sobre algún aspecto relevante da programación de dispositivos móviles.

Os alumnos a tempo parcial poderían presentar todas as prácticas de forma non presencial.
Traballos tutelados Propoñeranse traballos (aplicacións) para que os alumnos profundicen en temas tratados na asignatura (competencias A32 e A 34) e explorar novos coñecementos (competencias C6 e C7).
Valorarase especialmente que a aplicación sexa funcional e robusta (competencia B1), e que poida contribuir á mellora da sociedade (competencia C8).

Cada traballo desenvolverase por un número reducido de alumnos (típicamente entre 2 e 4), polo que a coordinación e a metodoloxía de traballo en grupo é moi importante. Tamén se pedirá un pequeno informe de seguemento nas principais fases de desenvolvemento.

As ideas e problemas discutiranse fundamentalmente durante as horas de tutoría de grupos reducidos.
Proba mixta Exame e diferentes probas mixtas sobre os contidos da materia que combinarán preguntas de teoría, cuestións prácticas, resolución de problemas e traballos individuais.

Neste tipo de probas compróbase a adquisición das competencias A32 e A34.
Sesión maxistral Exposición didáctica dos contidos teóricos da asignatura empregando diapositivas e outros recursos TIC.
Tamén se expoñerán algunhas aplicacións básicas para que os alumnos as poidan implementar nas prácticas de laboratorio.

Este tipo de sesións está orientado a adquisición dos coñecementos asociados ás competencias A32 e A34 e como guía para a adquisición autónoma de novos coñecementos e competencias (competencia C7). Tamén se fomentará a discusión e a valoración crítica das diferentes alternativas e enfoques na resolución de problemas (competencias B1 e C6).
Algunhas das sesións poderán estar guiadas polo propios alumnos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Descrición
Sesión maxistral: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación á materia teórica exposta nas clases.

Prácticas de laboratorio: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación ás prácticas propostas ou realizadas no laboratorio.

Traballos tutelados: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación aos traballos tutelados propostos.

As titorías realizaranse preferentemente por medios telemáticos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A32 A34 B1 C6 C7 C8 Avaliación dos traballos tutelados desenvolvidos polo alumno mediante probas mixtas.
Inclúese diversos informe de seguimentos, o repositorio da aplicación, o código fonte, a ficha da app e a defensa do traballo a través dun vídeo creado polos participantes.
30
Prácticas de laboratorio A32 A34 B1 C6 C7 Avaliación do traballo realizado polo alumno nas prácticas de laboratorio e traballos individuais.


De esta nota, 5/6 serán sobre as prácticas en si, mentras que un 1/6 (10% nota final) será por seguemento continuado.
40
Proba mixta A32 A34 B1 C6 Valoraranse os coñecementos teóricos e prácticos da materia mediante diferentes probas mixtas, resolución de problemas e/ou traballos individuais. 30
 
Observacións avaliación

A asignatura apróbase obtendo polo menos o 50% da cualificación. É obrigatoria a presentación do traballo tutelado.


Os alumnos a tempo parcial poderán presentar todas as prácticas de forma non presencial.

A asistencia á proba mixta e á defensa do traballo tutelado é obrigatoria, ou ben de forma presencial ou ben virtual por medio de recursos TIC.

Na convocatoria de Xullo poderase presentar ou mellorar o traballo tutelado e as prácticas do laboratorio.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Erik Hellman (2013). Android Programming: Pushing the Limits. Wiley
Eran Boudjnah (2022). Clean Architecture for Android. BPB Publications
Petros Efthymiou (2022). Clean Mobile Architecture: Become an Android, iOS, Flutter Architect.
Jesús Tomás Gironés (2022). El gran libro de Android. Marcombo
Jesús Tomás Gironés y Jaime Lloret Mauri (2022). El gran libro de Android . Marcombo
Joseph Annuzzi, Lauren Darcey y Shane Conder (2015). Introduction to Android Application Development. Android Essentials. Addison-Wesley
Joan Ribas Lequerica (2018). Manual imprescindible de desarrollo de aplicaciones para Android. Anaya Multimedia
Reto Meier e Ian Lake (2018). Professional Android. WRox

Bibliografía complementaria Carmen Delessio, Lauren Darcey y Shane Conder (2015). Android Application development in 24 hours. SAMS
Joshua J. Drake , Zach Lanier , Collin Mulliner , Pau Oliva Fora, Stephen A. Ridley , Georg Wichersk (2014). Android Hacker's Handbook. Wiley
José Enrique Amaro Soriano (2019). Android. Programación de dispositivos móviles a través de ejemplos. Marcombo
Joan Ribas Lequerica (2017). Desarrollo de aplicaciones para Android. Anaya
Anders Goransson (2014). Efficient Android Threading: Asynchronous Processing Techniques for Android Applications. O'Reilly Media


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Sistemas Operativos/614G01016
Concorrencia e Paralelismo/614G01018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Sistemas Empotrados/614G01060

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías