Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Levar a cabo o proceso que permite, desde a abstracción, implementar código de alta calidade. |
A2
|
B2 B5 B7
|
C3
|
Aplicar programación modular para resolver problemas específicos no ámbito de IA. |
A2
|
B6 B8 B9
|
C3
|
Adquirir competencias para resolver problemas de forma metodolóxica e práctica. |
|
B5 B7
|
C3
|
Identificar e ter a capacidade para seleccionar nunha contorna práctica as principais librerías no campo de IA e Ciencia de Datos. |
|
B2 B5 B9
|
|
Comprender os conceptos básicos da programación funcional e o lambda cálculo e demostrar en que medida a súa aplicación favorece o desenvolvemento de aplicacións en IA. |
A3
|
B8 B9
|
|
Adquirir as competencias para analizar a complexidade computacional dun determinado algoritmo, así como desenvolver as capacidades necesarias para escoller a combinación de estruturas de datos e estratexia de resolución máis apropiada para resolver de modo eficiente (en termos de recursos espaciais e temporais) un determinado problema. |
A2
|
B4 B6 B7
|
C2 C3
|
Analizar as alternativas para afrontalo e identificar que aspectos poden abordarse con IA e cales non. |
A2 A3
|
B6 B8 B9
|
C2
|
Comprender os principios necesarios para construír solucións completas, escalables e robustas, centradas no/a usuario/a, nas que os compoñentes de IA encaixan como parte dun todo. |
A2
|
B2 B4 B6 B8 B9
|
C3
|
Manexar técnicas e ferramentas de proba para asegurar a calidade dos resultados. |
|
B8 B9
|
C2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introdución á orientación a obxectos |
Clases e obxectos.
Métodos.
Herencia.
Interfaces e Polimorfismo. |
Técnicas de deseño de programas |
Abstracción e especificación
Módulos
Excepcións e eventos |
Tipos abstractos de datos lineais |
Listas
Pilas
Colas e Colas de Prioridade |
Tipos abstractos de datos no lineais |
Árbores
Árbores Binarios de búsqueda
Árbores AVL |
Introdución á programación funcional |
Funcións puras
Recursión
Inmutabilidade |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
A2 A3 B2 B6 B7 B8 B9 C2 C3 |
20 |
40 |
60 |
Solución de problemas |
A2 A3 B6 B7 |
10 |
17 |
27 |
Proba obxectiva |
B2 B4 B5 B7 B9 |
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A2 A3 B5 B9 |
30 |
30 |
60 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
Realización e entrega de distintas prácticas de programación para fomentar o traballo continuado. Proporcionarase o enunciado e as especificacións que deberán respectarse estritamente. Durante as clases o profesor supervisará o traballo solucionando dúbidas e corrixindo erros de interpretación, malos hábitos de programación e erros de sintaxe, etc. |
Solución de problemas |
Presentación e resolución de supostos prácticos sinxelos para afianzar os conceptos teóricos. Poderán requerir o desenvolvemento de código. Fomentarase a participación dos alumnos poñendo en común as distintas solucións para promover o diálogo aberto e a valoración de solucións. Ademais poderanse formularan exercicios adicionais que o estudante deberá resolver e comentar/corrixir co profesor.
|
Proba obxectiva |
Avaliación sumativa do alumno mediante un exame final ao termo do cuadrimestre. Será eminentemente práctico para que o alumno poida demostrar que adquiriu os coñecementos necesarios de deseño de programas, orientación a obxectos e utilización de estruturas de datos, e que adestrou o suficiente con eles como para posuír as habilidades precisas para resolver supostos prácticos que implique a aplicación dos devanditos coñecementos. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas
aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Constarán dunha breve descrición dos contidos temáticos e dos obxectivos básicos perseguidos, e interrelacións con outros conceptos previamente adquiridos para pasar a desenvolver os contidos teóricos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
O desenvolvemento das sesións de solución de problemas e os laboratorios de prácticas realizarase atendendo ao progreso dos alumnos nas capacidades de comprensión e asimilación dos contidos impartidos. O avance xeral da clase compaxinarase cunha atención específica a aqueles alumnos que presenten maiores dificultades na tarefa da aprendizaxe e cun apoio adicional a aqueles outros que presenten maior desenvoltura e desexen ampliar coñecementos.
No que respecta ás titorías individuais, dado o seu carácter personalizado deben dedicarse a aclarar os conceptos xa expostos e serán una vía de interacción que permitirá extraer conclusións respecto ao grao de asimilación da materia. Realizaranse de xeito presencial. Excepcionalmente realizarase a través das ferramentas corporativas da UDC (email, Teams, etc.) respectando os horarios docentes.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
B2 B4 B5 B7 B9 |
Realización obrigatoria. Necesario aprobar a proba para superar a materia. |
70 |
Prácticas de laboratorio |
A2 A3 B2 B6 B7 B8 B9 C2 C3 |
Realización segundo as condicións establecidas no enunciado de cada práctica. É obrigatorio entregar e aprobar todas as practicas para superar a materia. Realizaranse exames prácticos para avaliar as competencias adquiridas. As cualificacións son válidas só para o presente curso académico. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Segunda oportunidade - A
nota global das prácticas
manterase para a segunda oportunidade. Soamente as prácticas calificadas con
SUSPENSO ou NON PRESENTADAS na primeira oportunidade poderán entregarse (corrixidas) na
segunda oportunidade, sempre de acordo ao enunciado que se propoña para elo.
- En
consonancia coa normativa de avaliación da UDC, a cualificación derivada doutras
actividades desenvolvidas ao longo do curso como parte da avaliación continua
(prácticas introdutorias, controis parciais de prácticas, probas en Grupos de Titoría Reducidos,etc.)
non serán recuperables para a segunda oportunidade.
Oportunidade adiantada - A avaliación basearase exclusivamente na proba obxectiva.
Matrícula a tempo parcial - Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as
actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se
establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao
profesorado.
Non presentado - Quen non concurra á proba obxectiva no período oficial de avaliación terá a condición de “Non presentado” (NP).
Outras observacións- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Programación I/614G03006 | Matemática Discreta/614G03003 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
|
|