Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Redes Código 614G03013
Titulación
Grao en Intelixencia Artificial
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Álvarez González, Marco Antonio
Correo electrónico
marco.antonio.agonzalez@udc.es
Profesorado
Álvarez González, Marco Antonio
Fernández López-Vizcaíno, Manuel
Correo electrónico
marco.antonio.agonzalez@udc.es
manuel.fernandezl@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral A Intelixencia Artificial é unha disciplina na que se desenvolven multitude de sistemas que tentan imitar a intelixencia humana para desenvolver tarefas, pero ¿Como facer para obter e xestionar os datos cos que adestran? ¿Como facer para que diferentes sistemas comuníquense entre eles? ¿Como se poden despregar multitude de servizos con propósitos diferentes nunha mesma máquina?

Esta materia aborda unha serie de conceptos básicos que son esenciais para entender a comunicación entre dispositivos e o bo funcionamento dos servizos software. Divídese en dous grandes bloques: un primeiro bloque que se centra en entender as comunicacións entre computadores e un segundo bloque no que se estudan as diferentes tecnoloxías de virtualización e cómputo na nube.

No primeiro bloque, o alumnado aprenderá a deseñar, organizar e configurar redes de computadores. No segundo bloque, o alumnado aprenderá a montar, configurar e despregar unha aplicación nunha contorna virtualizada.

Para realizar esta materia é necesario que o alumnado dispoña dos coñecementos básicos (obtidos en materias como Introdución aos computadores - 614G03012): que saiba que é un sistema operativo, como funcionan os compoñentes dun computador (procesador, memoria RAM, disco duro etc.)/ etc.), saber os comandos básicos para utilizar unha terminal Linux/Windows, coñecer e saber cambiar entre os sistemas decimal, binario e hexadecimal.

O coñecemento adquirido nesta materia permitiralle ao alumnado crear e despregar os seus propios servizos para adestrar, probar e avaliar as diferentes técnicas de Intelixencia Artificial que verá noutras materias. Ademais, será capaz de crear as súas propias redes que permitan que os diferentes sistemas e servizos utilizados nunha contorna de traballo póidanse comunicar. Adquirirá unha base orientada cara ao mundo laboral con ferramentas moi demandadas na actualidade.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A4 Coñecer a estrutura, organización, funcionamento e interconexión dos sistemas informáticos (computador, sistemas operativos e redes de computadores).
A5 Comprender e aplicar os principios e técnicas básicas da programación paralela e distribuída para o desenvolvemento e execución eficiente das técnicas de intelixencia artificial.
A6 Capacidade para realizar a análise, deseño, implementación de aplicacións que requiran traballar con grandes volumes de datos e na nube de forma eficiente
B2 Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B5 Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B7 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade.
C3 Capacidade para crear novos modelos e solucións de forma autónoma e creativa, adaptándose a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Entender o funcionamiento básico das redes de ordenadores actuais e a importancia duns protocolos estandarizados. A4
B2
B5
B7
C3
Comprender a operativa dos protocolos nos que se basa Internet e as redes locais actuais. A4
B2
B5
B7
C3
Aprender a configurar e administrar unha rede local. A4
B2
B5
B7
C3
Entender as bases da computación na nube, e os modelos de nube A4
A5
A6
B2
B5
B7
C3
Coñecer os mecanismos de virtualización de servidores e ser capaz de despregar sistemas virtualizados. A4
B2
B5
B7
C3
Coñecer e comprender os diferentes modelos de servizo e modelos de despregamento asociados á computación na nube, así como os servizos proporcionados por proveedores de nube orientados á Intelixencia Artificial. A5
A6
B2
B5
B7
C3
Ser capaz de poñer en marcha servizos na nube. A5
A6
B2
B5
B7
C3
Saber concibir e deseñar novas aplicacións baseadas na Internet ou as tecnoloxías que a sustentan. A4
A5
A6
B2
B5
B7
C3

Contidos
Temas Subtemas
Redes de ordenadores e Internet Introdución
Capa de enlace
Capa de red
Capa de transporte
Capa de aplicación
Virtualización Introdución
Características
Tipos de virtualización
Cómputo na nube Introdución
Modelos de servizo
Modelos de despregamento

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A5 A6 B5 B7 30 30 60
Prácticas de laboratorio A4 A5 A6 B2 B5 B7 C3 30 30 60
Presentación oral A4 B2 B5 B7 C3 1 10 11
Proba obxectiva A4 A5 A6 B2 B7 3 15 18
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A plataforma virtual da universidade servirá como base para a difusión de todo o material necesario para o seguimento das sesións maxistrais. Nas sesións maxistrais expoñeranse os contidos teóricos da materia, necesarios para poder entender a lóxica e o funcionamento dos diferentes protocolos e sistemas, así como para realizar as prácticas de laboratorio.
Prácticas de laboratorio A plataforma virtual da universidade servirá como base para a difusión do material necesario para a realización das prácticas da materia. Nas prácticas de laboratorio o alumnado deberá profundar en determinados aspectos teóricos da materia. Para conseguir este obxectivo realizaranse prácticas utilizando a ferramenta de emulación/simulación de redes e/o de análises de protocolos Cisco PacketTracer, así como Docker para a parte de virtualización e Azure na parte de servizos/computación na nube.
Presentación oral A plataforma virtual da universidade servirá como base para a difusión do material necesario para a realización do traballo asociado á presentación oral da asignatura. Esta presentación oral faráse en grupos de estudantes onde exporán o traballo reflexado nas memorias requeridas nas prácticas da asignatura.
Proba obxectiva Ao final do cuadrimestre realizarase un exame onde o alumnado deberá demostrar o seu coñecemento da materia. O exame constará de preguntas para avaliar o coñecemento teórico e exercicios para avaliar o coñecemento práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Presentación oral
Descrición
A atención personalizada é fundamental para un correcto desenvolvemento na materia por parte do alumno. Ademáis, recomendase a asistencia a titorías do alumno como método de apoio.
Desde o punto de vista do profesor, a atención personalizada permite detectar posibles desaxustes na metodoloxía da materia e mellorar a calidade de forma continuada.

Titorías: https://www.udc.es/gl/centros_departamentos_servizos/centros/titorias/?codigo=614

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 A5 A6 B2 B5 B7 C3 Avaliaranse as prácticas de laboratorio realizadas polo alumno ó longo do curso.
A nota non se poderá recuperar.
30
Proba obxectiva A4 A5 A6 B2 B7 Ó final do cuadrimestre realizarase un exame onde o alumno deberá demostrar o seu coñecemento da materia.
En caso de obter menos dun 4 (sobre 10) no exame final de teoría, a asignatura considerarase suspensa e a nota final será a obtida no exame.
Noutro caso, a nota final calcúlase a partires das notas de cada parte, proporcionalmente, e deberá ser igual ou superior a 5 (sobre 10) para aprobar a asignatura.
60
Presentación oral A4 B2 B5 B7 C3 Realizaráse unha proba oral a derradeira semana de docencia do cuadrimestre, onde o alumnado deberá de expoñer os coñecementos adquiridos durante a elaboración das prácticas da asignatura.
A nota non se poderá recuperar.
10
 
Observacións avaliación
As prácticas de laboratorio e a presentación oral son optativas e forman parte da avaliación continua da materia, polo que NON se poderán recuperar e as notas obtidas gardaránse tanto para a segunda oportunidade como para a convocatoria extraordinaria. NON se gardarán para cursos posteriores.

Ós alumnos a tempo parcial facilitaráselles a elección de horarios para prácticas.
A asistencia a clase non é requisito para aprobar a materia, aínda que si é recomendable. Para obter a puntuación relativa ás prácticas de laboratorio e á presentación oral é obrigatorio asistir ás probas de avaliación/presentación.
Na proba obxectiva poderá haber preguntas relacionadas coas prácticas de laboratorio.

Para superar a materia deberáse obter polo menos un 5 sobre 10 na suma de tódalas partes da materia (Prácticas de laboratorio + presentación oral + proba obxectiva) e obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na proba obxectiva.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexerase de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Fontes de información
Bibliografía básica Thomas Erl, Zaigham Mahmood, Richardo Puttini (2013). Cloud computing : concepts, technology and architecture. Prentice-Hall
Ian Foster, Dennis B. Gannon (2017). Cloud computing for science and engineering. MIT Press
James F. Kurose, Keith W. Ross (2022). Computer Networking. A top-down approach.. Pearson
Rafael Troncoso, Elías Grande, Francisco Ramírez (2022). Docker: SecDevOps. 0xWORD
Edouard Bugnion, Dan Tsafrir, Jason Nieh (2022). Hardware and software support for virtualization. Springer
W. Richard Stevens (2012). TCP/IP Illustrated, Vol. 1: The Protocols. Addison Wesley
Matthew Portnoy (2016). Virtualization Essentials. 2nd Edition. Sybex

Bibliografía complementaria
  • Peterson, Larry L. y Davie, Bruce S., Computer networks: a systems approach., 978-0-12-385059-1, 5, Morgan Kaufmann, 2012
  • Comer, D. E, Stevens, D. L. y Evangelista, M. Internetworking with TCP/IP, Vol. III: Client-Server Programming and Applications, Linux/Posix Sockets Version. Prentice Hall, 2001
  • Comer, D. E. y Stevens, D. L. Internetworking with TCP/IP Vol. III Client-Server Programming and Applications-Windows Sockets Version. Prentice-Hall, 1997
  • Donahoo, M. y Calvert, K. TCP/IP Sockets in C: Practical Guide for Programmers (The Practical Guides Series). 2ª edición: Morgan Kaufmann, 2009
  • Magaña, E., Izme Mendi, E., Prieto Mínguez, M. y Villadangos Alonso, J. Comunicación y Redes de Computadores. Problemas y Ejercicios Resueltos. Pearson Prentice Hall, 2003
  • Barcia Vázquez, N. y otros. Redes de computadores y arquitecturas de comunicaciones: supuestos prácticos. Pearson, 2005
  • Stallings, W. Comunicaciones y Redes de Computadores. 7a edición. Prentice Hall, 2004
  • Forouzan, B. A. Transmisión de datos y redes de comunicaciones. 4a edición. McGraw Hill, 2007
  • Raya Cabrera, J. L. y Santos González, M. Guía de Campo de Máquinas Virtuales. Editorial Ra-Ma, 2009
  • Clark, T.  Storage Virtualization: Technologies For Simplifying Data Storage And Management. Editorial Addison-Wesley Professional, 2005
  • Joyanes Aguilar, L. Computación en la nube: estrategias de Cloud Computing en las empresas. Editorial Marcombo, 2012
  • McKendrick, R. Infrastructure as Code for Beginners: Deploy and manage your cloud-based services with Terraform and Ansible. Packt Publishing, 2023
  • William Shotts, The Linux Command Line, 2nd Edition: A Complete Introduction, No Starch Press, 2019
  • Ian Miell, Aidan Hobson Sayers, Docker in Practice, 2ª ed., Manning Pubs, 2019
  • Yevgeniy Brikman, Terraform - Up and Running: Writing Infrastructure as Code, O'Reilly Media, 2022
  • Jeff Geerling, Ansible for DevOps: Server and configuration management for humans, Leanpub, 2022

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución aos Computadores /614G03012

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Dado que parte da bibliografía recomendada para esta materia está escrita en inglés, recoméndase coñecer esta lingua, polo menos, a nivel de comprensión de textos escritos.

Esta materia segue os valores e directrices establecidos pola Universidade da Coruña, avogando polo respeto e a igualdade.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías