Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Métodos e técnicas de Investigación social Código 615G01105
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Álvarez Sousa, Antonio
Correo electrónico
antonio.alvarez@udc.es
Profesorado
Álvarez Sousa, Antonio
Masso Lago, Matilde
Correo electrónico
antonio.alvarez@udc.es
m.masso@udc.es
Web http://www.udc.es/ucv
Descrición xeral A materia “Métodos e técnicas de investigación social” constitúe un curso de iniciación aos métodos e técnicas de análise de datos de carácter cualitativo. Diríxese especificamente a estudantes de Socioloxía para os que o coñecemento dos procedementos e técnicas de análise cualitativa é unha peza clave na súa formación e empregabilidade, así como na súa comprensión dos fundamentos empíricos do coñecemento sociolóxico.
Do panorama das técnicas e procedementos de análise cualitativa, optei por seleccionar aqueles de maior interese para a investigación básica e aplicada en socioloxía.
A investigación é unha práctica social que se define pola relación que se establece entre a teoría social e a realidade social, e a través da cal se constrúe o obxecto de estudo específico e as estratexias metodolóxicas coherentes que garanten un coñecemento rigoroso desta realidade. As técnicas de análise teñen carácter instrumental e están subordinadas a outras instancias –metodolóxicas, teóricas e epistemolóxicas– que as xustifican e orientan o seu uso. Falamos pois da necesidade de non disociar o coñecemento e o uso destes instrumentos dos obxectivos e contidos substantivos da investigación aos que deben adaptarse, é dicir, de considerar un método real guiado pola teoría.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A7 Conocimiento y dominio de la metodología de las ciencias sociales y de sus técnicas básicas y avanzadas (cuantitativas y cualitativas) de investigación social; con especial atención a los aspectos de muestreo y de los programas informáticos de aplicación.
A14 Capacidades en elaborar, utilizar, e interpretar indicadores sociales e instrumentos de medición social.
A15 Conocimientos y habilidades para plantear y desarrollar una investigación aplicada en las diferentes áreas de la sociedad.
A16 Conocimientos y habilidades técnicas para la produción y el análisis de los datos cuantitativos y cualitativos.
A26 Saber elegir las técnicas de investigación social (cuantitativas y cualitativas) pertinentes en cada momento.
A34 Conocimientos y actitudes de ética profesional.
A35 Actitud crítica frente a las doctrinas y las prácticas sociales.
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B4 Resolución de problemas.
B6 Comunicación oral y escrita en la lengua nativa.
B12 Trabajo en equipo.
B13 Razonamiento crítico.
B18 Creatividad.
B21 Aprendizaje autónomo.
B23 Iniciativa y espíritu emprendedor.
B27 Capacidades en reconocer la complejidad de los fenómenos sociales.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
A/o alumna/o coñecerá os métodos e técnicas das ciencias sociais, diferenciando entre as técnicas de investigación cualitativas e cuantitativas. A7
A15
A16
A26
A/o alumna/o saberá elixir as técnicas de investigación social (cuantitativas e/ou cualitativas) pertinentes en cada momento. A26
A/o alumna/o identificará as diferentes fases dun proceso de investigación cuantitativo A7
A14
A15
A16
B3
B4
B27
A/o alumna/o identificará as diferentes fases dun proceso de investigación cualitativo A7
A14
A15
A16
B3
B4
B27
A/o alumna/o saberá identificar e reflexionar criticamente sobre as fases dun proceso de investigación, desenvolvendo una metodoloxía cualitativa e cuantitativa. A14
A15
B3
B4
B6
B12
B13
B18
B21
B23
B27
C1
A/o alumna/o saberá comunicar e expresarse con claridade e razoamento crítico A34
A35
B6
B13
C1

Contidos
Temas Subtemas
1.- Orientacións xerais e enfoques da investigación en ciencias sociais
1.1. Ciencia e método científico
2. O método nas ciencias sociais
2.1. Pluralismo metodolóxico
2.2.O debate entre cuantitativismo e cualitativo
23. Perspectivas de investigación social
2.4.A triangulación metodolóxica ou o enfoque multimétodo
2.- O proceso de investigación en socioloxía 1. O proceso de investigación sociolóxica
1.1. Métodos e técnicas de investigación
1.2.Investigación científica versus investigación social
2.A organización da investigación
2.1.O proxecto de investigación
3. Técnicas de observación cualitativa 1.Técnicas cualitativas de observación e participación: definición e clarificación conceptual.
2. Tipos de observación
2.1. Segundo o nivel de participación
2.2. Segundo o grao de estruturación
3. Os elementos de observación
4. Aspectos de deseño: O rexistro da información
5. O proceso de análise
4.Las técnicas de conversación, narración (I): La entrevista en profundidad. 1.Definición e aclaración terminolóxica.
2. Tipos de entrevista
3. Os postulados teóricos da entrevista
4. O ciclo da entrevista: interacción social, proceso técnico e proceso instrumental.
5. O deseño da entrevista: preparación, campo e análise
6. Polisemia do discurso e validez do dispositivo.
7. O proceso de análise
8. Usos, vantaxes e inconvenientes.
5. Técnicas de conversa narrativa (II): O grupo de discusión 1. O grupo de discusión: xénese e desenvolvemento
2. Definición e aclaración terminolóxica
3. O deseño
4. Realización de grupos de discusión
5. Usos, vantaxes e limitacións dos grupos de discusión

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 A14 A15 A16 A26 B3 B27 39 0 39
Traballos tutelados A34 A35 B3 B4 B6 B12 B13 B18 B21 B23 C1 20 30 50
Discusión dirixida A7 A14 A15 A16 A26 A34 A35 B3 B6 B18 C1 10 15 25
Proba obxectiva A7 A14 A15 A16 A26 B3 B27 C1 2 33 35
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Cada tema indicado nos contidos será explicado polo profesor nas clases. Esta explicación irá acompañada de diversos recursos para reforzar os principais contidos teóricos e prácticos.
Traballos tutelados Traballo en grupo orientado á aprendizaxe práctica do deseño e implantación de técnicas de observación de inspiración etnográfica, entrevistas e técnicas e instrumentos de análise cualitativa. Contémplanse as seguintes entregas:
-TG1: Anteproxecto (obxecto, obxectivos e deseño)
-TG2: Informe de análise e conclusións da observación extensiva e intensiva
-TG3: Informe de análise da entrevista
-Exposición dos resultados nas xornadas prácticas
-TG4 Informe final
Discusión dirixida Nas clases en pequeno grupo (interactivas) trataranse os textos obrigatorios de cada tema. As preguntas que orienten o debate serán avanzadas polo profesor para o seu estudo individual ou en grupo.
Proba obxectiva Realizarase unha proba obxectiva sobre os temas incluídos nos contidos e explicados nas clases maxistrais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Discusión dirixida
Descrición
As sesións maxistrais e os debates en grupo proporcionarán ao alumno material suficiente para resolver con éxito as probas prácticas. Ao longo do curso, proporcionaranse datos e fontes de datos para axudar a comprender os temas.
Tamén se recomenda o uso de titorías individuais para resolver dúbidas sobre os contidos, exercicios prácticos, etc.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 A14 A15 A16 A26 B3 B27 C1 Proba obxectiva dos principais contidos presentados na clase 60
Traballos tutelados A34 A35 B3 B4 B6 B12 B13 B18 B21 B23 C1 A avaliación do traballo en grupo elaborarase segundo os estándares explicados polo profesor na clase. 30
Discusión dirixida A7 A14 A15 A16 A26 A34 A35 B3 B6 B18 C1 Valorarase a participación activa en grupos reducidos en función da asistencia e realización de breves exercicios prácticos de seguimento. 10
 
Observacións avaliación

A materia contempla dúas modalidades de avaliación: 

1) Avaliación continua:

Para superar a materia é imprescindible obter unha puntuación mínima de 5 en cada unha das partes (proba obxectiva, traballo tutelado e debates guiados).  As tres partes apróbanse cun 5. A nota final será a suma ponderada delas. No caso de suspender a primeira convocatoria de xuño, o alumno terá que realizar un exame de recuperación de todo o curso no mes de xullo.

2) Avaliación final non continua:

Aqueles alumnos que non poidan asistir regularmente ás clases, e concretamente ás prácticas, deberán optar á avaliación final consistente nunha proba obxectiva que terá un peso do 100% da nota final. Este exame incluirá preguntas sobre lecturas obrigatorias. 

Todos os aspectos relacionados coa “dispensa académica”, a “dedicación ao estudo, a “permanencia” e a “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Robles, J. M.; Rodríguez, J. T.; Caballero, R. y Gómez, D. (2020). Big data para científicos sociales. Una introducción. Madrid: CIS
Lopezosa, C. y Codina, Ll. (2023). Inteligencia Artificial y métodos cualitativos de investigación. ChatGPT para revisiones de la literatura y análisis de entrevistas semiestructuradas. Universidad Pompeu Fabra
Verd, J.M; Lozares C. (2016). Introducción a la investigación cualitativa. Madrid: Sintesis
Hernández Sampieri, R.; Fernández Collado, C. y Baptista Lucio, M. P. (2010). Metodología de la investigación. Madrid: McGraw-Hill
Gerring, J (2014). Metodología de las ciencias sociales : un marco unificado . Madrid: Alianza
Trinidad Requena, A.; Carrero Planes, V; Soriano Miras, R (2012). Teoría fundamentada Grounded Theory el desarrollo de teoría desde la generalización conceptual. Madrid: CIS

Bibliografía complementaria García Ferrando, M.; Ibáñez, J. y Alvira Martín, F. (coord.) (2000). El análisis de la realidad social. Madrid: Alianza
Ispizua, M. A. y Ruiz Olabuénaga, J. I. (1989). La descodificación de la vida cotidiana: métodos de investigación cualitativa. Bilbao: Universidad de Deusto
Corbetta, P. (2010). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw-Hill
Viedma, A. y Callejo, J. (2005). Proyectos y estrategias de investigación social: la perspectiva de la intervención . Madrid: McGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Estatística aplicada ás ciencias sociais 2/615G01201
Análise multivariante de datos sociais/615G01206
Metodoloxía da investigación por enquisas/615G01303
Metodoloxía da investigación etnográfica/615G01403
Metodoloxía, técnica e estratexias para o deseño e elaboración de proxectos e traballos de investigación/615G01406
Análise sociolóxica de textos e discursos/615G01407

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías