Identifying Data 2024/25
Subject (*) Sociological Theory 2 Code 615G01203
Study programme
Grao en Socioloxia
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Second Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinador
León Medina, Francisco J.
E-mail
f.leon@udc.es
Lecturers
Álvarez Sousa, Antonio
León Medina, Francisco J.
E-mail
antonio.alvarez@udc.es
f.leon@udc.es
Web http://http://www.sociologia.udc.es/
General description Nesta materia se transmiten os coñecementos teóricos necesarios para a comprensión e coñecemento da ciencia sociolóxica, tanto no que se refire ao eido teórico como á súa aplicación ao eido empírico. Tamén pretende que os/as alumnos/as desenvolvan as competencias que lles permitan a comprensión da realidade social e a súa análise en clave teórica.

Competencies / Study results
Code Study programme competences / results
A9 Análisis de los principales conceptos y generalizaciones sobre la sociedad humana y sus procesos.
A11 Aprendizaje de la historia de la teoría sociológica y sus principales escuelas hasta la actualidad.
A24 Conocimientos y habilidades en transmitir los conceptos, problemáticas y perspectivas sociológicas.
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B4 Resolución de problemas.
B6 Comunicación oral y escrita en la lengua nativa.
B13 Razonamiento crítico.
B18 Creatividad.
B27 Capacidades en reconocer la complejidad de los fenómenos sociales.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.
C7 Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences / results
Adquirir os coñecementos teóricos máis relevantes da historia da socioloxía desde o final da Segunda Guerra Mundial ata a actualidade e ser capaz de transmitilo sintéticamente. A9
A11
A24
B3
B6
B13
B18
C1
C7
Definir os conceptos fundamentais da teoría sociolóxica contemporánea A11
A24
B3
B6
Realizar un mapa conceptual das teorías sociolóxicas contemporáneas máis destacadas A9
A11
A24
B3
B4
B13
B18
C1
Identificar na vida real os conceptos fundamentais da teoría sociolóxica contemporánea A9
A11
A24
B3
B4
B6
B13
B18
B27
C1
C7
Resumir textos de teoría sociolóxica e expresar sintéticamente os aspectos máis salientables dos mesmos A24
B3
B6
B13
C1
C7

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1: Eixos epistemológicos da teorización sociolóxica Introdución aos eixos epistemológicos da teorización sociolóxica.
Tema 2: Funcionalismo e estructuralismos Funcionalismo.
Estructuralismos.
Teoría de sistemas.
Tema 3: Socioloxías interpretativas Interaccionismo simbólico.
Socioloxía fenomenológica.
Etnometodología.
Tema 4: Marxismos e teoría crítica Neomarxismos.
Teoría crítica.
Tema 5: Teorías relativistas e anti-científicas Constructivismo.
Posestructuralismo.
Posmodernismo.
Tema 6: Teoría da elección racional As teorías da elección racional e os seus desenvolvementos.
Teoría de xogos.
Tema 7: Desenvolvementos recentes da teoría sociolóxica Bioloxía e cultura: xenes, hormonas e cultura. Teoría evolucionaria.
Teoría analítica, xenerativa e computacional.
A tradición das teorías sociolóxicas de rango medio e os modelos formais.

Planning
Methodologies / tests Competencies / Results Teaching hours (in-person & virtual) Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A11 24 40 64
Seminar A9 A11 C7 9 27 36
Directed discussion A24 B6 B13 B18 B27 6 0 6
Case study B3 B4 B6 C1 9 9 18
Critical bibliographical A9 A11 A24 B3 B6 B13 B27 C1 C7 4 0 4
Long answer / essay questions A9 A11 A24 B3 B6 B13 B27 C1 1 20 21
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Realizaranse clases maxistrais nas que o peso da actividade recaia sobre o profesor. Este método pedagóxico compleméntase coa introdución doutras actividades e métodos que permitan un papel máis activo do alumnado. O obxectivo é transmitir sintéticamente os contidos fundamentais do curso. As clases maxistrais transmitirán contidos difíciles de substituír por un único texto manual, polo que a asistencia e a toma de notas son de especial importancia.
Neste tipo de clases tratarase de promover unha participación que nos permita unha mínima retroalimentación sobre o nivel de comprensión e asimilación de cada materia e desenvolver frecuentemente debates sobre as formas de aplicar, comparar e valorar as teorías sociolóxicas.
Seminar Ao longo do curso desenvolveranse 6 seminarios dedicados á discusión de lecturas obrigatorias que deberán ser ler previamente. As xornadas dedicaranse a conseguir unha mellor comprensión do texto mediante un traballo colectivo. Os textos tratados nestes seminarios son unha parte moi importante do material do curso que complementa e desenvolve os contidos presentados nas clases maxistrais.
Directed discussion As discusións guiadas tentarán poñer en diálogo as diferentes teorías sociolóxicas, comparando o seu valor científico a través deste método.
Case study Varias sesións de Docencia Interactiva dedicaranse ao uso de conceptos e ferramentas que ofrecen as diferentes teorías sociolóxicas para a análise de casos. O obxectivo destas sesións é adquirir coñecementos sobre como utilizar a teoría sociolóxica na construción de explicacións de fenómenos concretos.
Critical bibliographical A parte práctica avaliarase mediante un conxunto de cinco traballos de recensión bibliográfica sobre os mesmos textos que serán obxecto das sesións de seminario. Nestas probas avaliarase a comprensión das lecturas dos seminarios, a capacidade para despregar razoamentos elaborados, a aprendizaxe das ferramentas de análises que ofrecen as teorías sociolóxicas, etc.
Long answer / essay questions Esta proba consistirá nun exame con preguntas a desenvolver que ten a finalidade de verificar a comprensión do contido do curso e, por tanto, incluirá preguntas relacionadas con todo o material da materia: o contido das clases, as lecturas e as actividades prácticas. A data será a marcada oficialmente pola Facultade.

Personalized attention
Methodologies
Seminar
Guest lecture / keynote speech
Description
A atención personalizada desta materia desenvolverase de forma presencial e non presencial. Para a comprensión das lecturas, o alumnado contará coa presenza do profesor na aula durante as sesións en pequenos grupos e, ademais, poderá programar as titorías presenciais que consideren necesarias na programación. que se comunicará ao comezo do curso. Tamén estaremos dispoñibles a distancia, preferentemente por correo electrónico (e tamén a través do Campus Virtual).

Recomendamos a todo o alumnado que, en caso de dúbida, faga sempre uso das titorías

Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Long answer / essay questions A9 A11 A24 B3 B6 B13 B27 C1 Esta proba consistirá nun exame con preguntas a desenvolver que suporá o 50% da nota final. A proba ten a finalidade de verificar a comprensión do contido do curso e, por tanto, incluirá preguntas relacionadas con todo o material da materia: o contido das clases, as lecturas e as actividades prácticas. A data será a marcada oficialmente pola Facultade. 50
Critical bibliographical A9 A11 A24 B3 B6 B13 B27 C1 C7 A parte práctica avaliarase mediante un conxunto de cinco traballos de recensión bibliográfica sobre os mesmos textos que serán obxecto das sesións de seminario. Nestas probas avaliarase a comprensión das lecturas dos seminarios, a capacidade para despregar razoamentos elaborados, a aprendizaxe das ferramentas de análises que ofrecen as teorías sociolóxicas, etc. 50
 
Assessment comments

AVALIACIÓN CONTINUA

Primeira oportunidade

O sistema de avaliación consiste en 5 traballos de recensión bibliográfica relacionados co textos de seminario que se traballarán nas sesións de Docencia Interactiva (Parte Práctica) e unha proba final (Parte Teórica). Tamén poden realizarse traballos voluntarios. A valoración da participación neste sistema de avaliación continua realizarase como segue:

Parte Práctica. Supón un 50% da nota final. Realizaranse 5 traballos de recensión bibliográfica ao longo do curso. Todas eles referiranse ás lecturas dos seminarios.

Os alumnos disporán dun calendario de entrega destes traballos. Os traballos non realizados son equivalentes a un 0. A nota final deste bloque será igual á media estatística das puntuacións dos 5 traballos.

Todas as probas prácticas ás que o alumno non se presente ou que suspenda poderán recuperarse repetíndoas e presentándoas o día do exame da parte teórica.

Parte Teórica. Realizarase unha proba final con preguntas a desenvolver que suporá o 50% da nota final. Esta proba ten a finalidade de verificar a comprensión do contido do curso. Poderá incluír tanto preguntas relacionadas co contido das clases maxistrais como das sesións prácticas.

Traballos voluntarios. Os alumnos poderán realizar un máximo dun traballo voluntario co obxectivo de mellorar a súa nota final. Se o alumno decide facer un traballo voluntario diferente aos que o profesor irá suxerindo ao longo do curso, terá que consultalo previamente con el (en caso contrario, non se aceptará a súa entrega). Os traballos voluntarios avaliaranse nunha escala de 0 a 10. A nota dividirase por 10 e sumarase á nota final obtida mediante a fórmula exposta máis abaixo. O último día para presentar un traballo voluntario é o día da proba teórica de primeira convocatoria. Non se aceptarán traballos voluntarios presentados en datas posteriores.

 

Para ser avaliado, o alumno deberá cumprir as seguintes condicións (pola contra, será cualificado como “Non presentado”):

a)     Presentarse máis de dous traballos da parte práctica.

b)     Presentarse á proba da parte teórica.

Se o alumno cumpre con estes criterios para ser avaliado, a nota final da materia calcúlase coa seguinte fórmula:

 

NOTA FINAL = Media das probas parciais * 0.5 + Proba final * 0.5

Esta fórmula SÓ SE APLICARÁ NO CASO DE QUE A NOTA DA PROBA TEÓRICA FINAL SEXA IGUAL OU SUPERIOR A 5. 

Todos os alumnos teñen dereito a revisar as súas probas avaliables no horario indicado para iso.

  

Segunda oportunidade

Todas as probas que sexan superadas durante a primeira oportunidade da avaliación continua (tanto as da parte práctica como a proba final) quedan superadas. A segunda oportunidade, por tanto, consiste en volver realizar as probas suspendidas (ou cun “non presentado”) que o alumno estime que necesita para superar a materia.

Terán a cualificación de “non presentado” nesta segunda oportunidade aqueles que non se presenten a ningunha das probas. O resto avaliará tomando para o cálculo a nota máis alta obtida en cada proba entre a primeira e a segunda oportunidade.

Os pesos relativos dos distintos bloques son os mesmos que na primeira oportunidade.

  

AVALIACIÓN NON CONTINUA

 Aqueles alumnos que se obteñan o recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), serán avaliados nunha proba de desenvolvemento final que incluirá preguntas relacionadas co contido das clases, as lecturas e as actividades prácticas, é dicir, con todo o material do curso, e que será dun formato máis extenso que a proba teórica dos alumnos de avaliación continua.


Sources of information
Basic Noguera, J.A. (2003). "¿Quién teme al individualismo metodológico? Un análisis de sus implicaciones para la teoría social", en Papers. Revista de Sociología.
Goldthorpe, John H. (2007). De la sociología: números, narrativas e integración de la investigación y la teoría.. Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas
Gërxhani, et al. (eds) (2022). Handbook of Sociological Science. Contributions to Rigorous Sociology. Edward Elgar
Bourdieu, P. (2016). La distinción: criterio y bases sociales del gusto. Taurus
Elster, J. (2007). La explicación del comportamiento social. Gedisa
Goldthorpe, John H. (2016). La sociología como ciencia de la población. Alianza editorial
Boudon, R. (2004). La sociología que realmente importa. Papers: revista de sociologia, 215-226..
Pinker, S. (2003). La tabla rasa. La negación moderna de la naturaleza humana. Paidós
Goldthorpe, John H. (2021). Pioneers of Sociological Science: Statistical Foundations and the Theory of Action. Cambridge University Press
Manzo, G. (ed) (2021). Research Handbook on Analytical Sociology. Edward Elgar
Linares, F. (2018). Sociología y teoría social analíticas: La ciencia de las consecuencias inintencionadas de la acción. Alianza Editorial
Sánchez-Cuenca, Ignacio (2009). Teoría de juegos. CIS
Ritzer, G. (2002). Teoría Social Contemporánea. Madrid: McGraw Hill
Giner, S. (2011). Teoría Sociológica Moderna. Barcelona: Ariel
Habermas, J. (2023). Un nou canvi estructural en l'esfera pública i la política deliberativa. Edicións 62
Boudon, R. (2010). “El homo sociologicus: ni idiota racional ni irracional”, en Noguera, J.A. ed., Teoría sociológica analítica. . CIS

Complementary Martínez García, J.S. (2004). "Tipos de elección racional", en Revista Internacional de Sociología.
Rodríguez Ibáñez,J.E. (1998). La perspectiva sociológica. Historia, teoría y método. Madrid: Taurus


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Introduction to Sociology/615G01103
Sociological Theory 1/615G01110

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.