Todas as actividades, tarefas e
traballos a realizar ao longo do cuadrimestre contabilizan para a nota
final.
As prácticas e o traballo de investigación realizaranse ao longo do cuadrimestre e a
proba obxectiva (exame) na data oficial de primeira convocatoria.
Tanto as prácticas como o
traballo de investigación tutelado serán entregados nas datas marcadas polas
profesoras, non se corrixirá ningunha práctica fóra de prazo. As prácticas de investigación realizaranse na aula, polo que valorarase a asistencia dentro das calificacións. Do mesmo xeito, será necesario demostrar un seguimento presencial da materia na aula no proxecto de investigación.
Para aprobar a materia é
necesario aprobar tanto os traballos tutelados e prácticas (60%) como o exame
(40%). A nota mínima para superar cada unha das partes é un 5 (aprobado) NON se gardará a nota da parte superada para a segunda oportunidade.
Para superar tanto a parte teórica como a parte práctica na
segunda oportunidade deberá presentarse a proba obxectiva, nas datas oficiais. A proba obxectiva constará de exercicios prácticos e preguntas teóricas de desenvolvemento breve
Aqueles/as alumnos/as con
dispensa ou recoñecemento de dedicación a tempo parcial deberán contactar
coa profesora responsable da materia ao comezo de curso. A parte práctica será avaliada por medio dun
traballo de investigación individual (diferente ao do alumnado presencial), que
suporá o 60% da nota. As instrucións para a súa realización estarán a
disposición na Aula Virtual da Materia. A avaliación da parte teórica será nas
mesmas condicións que o alumnado presencial.
As condicións de avaliación para o alumnado de oportunidade adiantada, serán as establecidas
para o alumnado non presencial: A parte práctica será
avaliada por medio dun traballo de investigación individual (diferente ao do
alumnado presencial), que suporá o 60% da nota, e a avaliación da parte teórica coa realización da proba obxectiva.
O sistema de avaliación para o alumnado dos programas de intercambio será o mesmo que para o resto dos e das estudantes.
Os materiais utilizados nas sesións: presentacións, audiovisuais, lecturas
e prácticas tamén serán postos a disposición do/a alumno/a en formato dixital a
través da plataforma Moodle.
Os traballos e prácticas entregaranse en formato dixital a través da ferramenta
habilitada na Aula Virtual, sen necesidade de imprimilos.
Tanto nos contidos como no sistema de avaliación atenderanse ás
recomendacións de axustes razoables propostas pola Unidade de Atención á
Diversidade (ADI) no caso do alumnado con diversidade funcional ou NEAE,
proporcionadas pola Coordinación do PAT do centro.
Todos os aspectos relacionados con
“dispensa académica”,
“dedicación ao estudo”,
“permanencia” e
“fraude académica” rexeranse de acordo coa
normativa académica vixente da UDC.”