O/A titor/a externo/a ou profesional
realizará a avaliación do/a alumno/a seguindo a escala de puntuación numérica (0-10) reflectida
no Anexo VI do “Procedemento de xestión das prácticas do Grao en Socioloxía da
Universidade da Coruña”.
Atendendo a dita escala, realizarase a media aritmética das puntuacións obtidas en cada un dos apartados avaliados.
A realización da Memoria de prácticas por parte do alumnado ten
que seguir ao detalle o modelo de memoria presentado no Anexo IX do
“Procedemento de xestión das prácticas do Grao en Socioloxía da Universidade da
Coruña”. A avaliación da Memoria ten como baremo de puntuación o seguinte:
-Apartado 1: Descrición concreta e
detallada das tarefas desenvolvidas (máximo de 2 puntos).
-Apartado 2: Valoración da relación das tarefas
desenvolvidas coa titulación (máximo de 2 puntos).
-Apartado 3: Relación dos problemas
atopados e resolución dos mesmos (máximo de 1,5 puntos).
-Apartado 4: Identificación do aprendizaxe adquirido durante a estadía de prácticas (máximo de 1,5
puntos).
-Apartado 5: Avaliación final das
prácticas e propostas de mellora (máximo de 2 puntos).
-Formato de presentación (máximo 1 punto)
-A falta non xustificada á sesión de formación inicial na que se explica, entre outras cuestións, como abordar a Memoria de prácticas restará 1,0 puntos da puntuación total da memoria. Así mesmo, a entrega fóra de prazo sen xustificar da propia memoria ou doutra documentación requirida suporá igualmente a resta de 1,0 puntos da puntuación total da memoria.
Para poder ser avaliado é obrigatorio contar co correspondente
Informe do/a titor/a profesional (60% da cualificación) así como facer entrega
da Memoria de prácticas (40% da cualificación) para poder superar o
"Prácticum". A cualificación final, polo tanto e nunha escala do 0 ao
10, equivalerá á media ponderada calculada a partir das cualificacións obtidas
no Informe do/a titor/a profesional e na Memoria de prácticas.