Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Historia do cine e da animación Código 616G01006
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Videla Rodríguez, José Juan
Correo electrónico
jose.videla@udc.es
Profesorado
Videla Rodríguez, José Juan
Correo electrónico
jose.videla@udc.es
Web
Descrición xeral Estudiarase a evolución do cinema e da animación dende as súa orixe ata hoxe en día. Dende unha perspectiva diacrónica os alumnos analizarán a progresión do cine tanto a nivel mundial, como español e galego. Este estudo farase visionando os principais filmes da historia do cinema e situándoos no seu contexto. O obxectivo é dotar aos alumnos dunha cultura audiovisual básica para os estudos posteriores.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A4 Investigar e analizar a comunicación audiovisual.
A5 Coñecelas teorías e a historia da comunicación audiovisual.
A11 Coñecelas metodoloxías de investigación e análise.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que acheguen unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B6 Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Ser capaz de analizar obras audiovisuais desde a perspectiva da historia estética e tecnolóxica. Coñecer a evolución histórica do cinema atendendo ás principais obras cinematográficas. A4
A5
A11
B2
B3
C3
Ser capaz de presentar con claridade as conclusións e argumentos dun estudo, establecendo un diálogo con argumentos que se contradigan cos seus. Ser capaz de realizar un estudo diacrónico comparativo de obras cinematográficas. A4
A5
A11
B3
B6
B9
C1
C2
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. O nacemento dun arte e dunha industria - A invención e os pioneiros
- Primeiros anos
- Anos 20
- A chegada do sonoro
- As vangardas
Tema 2. A consolidación dun medio de masas (1930/1940) - A expansión americana
- O impulso do son
- Os xéneros e os directores clásicos
Tema 3. Cine clásico e neorrealismo italiano - Os anos 40. Hollywood clásico
- Os directores do sistema de estudios
- Os xéneros
- O cine europeo
- Os anos 50
- Os xéneros
- O cine europeo
- O Neorrealismo italiano
Tema 4. O cine nos 60, tempo de cambios - A Nouvelle Vague
- Os outros novos cines
- Hollywood anos 60
- Os xéneros
- O New American cinema
Tema 6. Anos 70 e 80, o Novo Hollywood e Europa

- Grandes producións, novos formatos e efectos
- Anos 70
- Xéneros
- Anos 80
- Xéneros
- O cine en Europa


Tema 7. A posmodernidade cinematográfica - Características xerais
- Directores
- Xéneros
- Cine europeo posmoderno



Tema 8. O Documental - Os pioneiros
- Características
- Tipos e desenvolvemento histórico
- As novas formas dixitais
Tema 9. Pioneiros do cinema de animación - Concepto de animación
- Emile Reynauld y el teatro óptico
- Georges Méliès
- James Stuart Blackton
- Segundo de Chomón
- Ladislaw Starewicz
- Quirino Cristiani
- Emile Cohl.
Tema 10. Animación en Norteamérica - Winsor McCay
- Max Fleisher
- Pat Sullivan e Otto Mesmer
- Walt Disney
- Pixar
- Tim Burton
Tema 11. Animación en Europa e vanguardas - O Bloque Soviético e o Telón de Aceiro
- Escola de Zagreb
- Youry Norstein
- Jiri Trnka
- Jan Svankmajer
- Francia.
- Reino Unido
- Vangardas e cinema experimental
- Canadá: National Film Board
Tema 12. Animación no Xapón: O Anime - Orixe e concepto de anime
- Características
- Hiroshi Okawa e Toei Doga.
- Osamu Tezuka e Mushi Production
- Isao Takahata e Hayao Miyazaki: Estudio Ghibli.
- Outros autores de referencia
Tema 13. Animación en España e en Galicia - Precursores do cinema de animación en España
- A Idade Dourada (1939 - 1953)
- Os anos 60 e 70
- A década dos 80
- A dixitalización dos 90
- Animación en Galicia

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A5 A11 B9 C1 C2 C3 C4 29 25 54
Traballos tutelados A4 A5 A11 B2 B3 B5 B6 C2 C3 29 29 58
Presentación oral B2 B3 C1 1 17 18
Proba de resposta breve A4 A5 B3 B6 1 17 18
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos teóricos con exemplos audiovisuais.
Traballos tutelados Traballos en grupo e individuais sobre fontes audiovisuais e bibliográficas referidas os diferentes apartados do temario
Presentación oral Exposición oral dos traballos sobre os contidos da materia
Proba de resposta breve Exame sobre as cuestións teóricas e sobre películas de visión obligatoria.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado recibirá atención personalizada na aula durante as sesións prácticas, nas horas de tutorías fixadas no horario do profesor e a través de Teams cando así o demande.

Os/as estudantes a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia establecerán co profesor as metodoloxías pertinentes en cada caso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A4 A5 A11 B9 C1 C2 C3 C4 Cuestionario sobre cada tema exposto 25
Traballos tutelados A4 A5 A11 B2 B3 B5 B6 C2 C3 Elaboración de traballos prácticos individuais e grupais sobre os contidos da materia 30
Proba de resposta breve A4 A5 B3 B6 Exame de reposta breve sobre as películas de visión obligatoria 25
Presentación oral B2 B3 C1 Exposición oral dos traballos grupais sobre os contidos da materia 20
 
Observacións avaliación
  • Para aprobar hai que ter aprobadas os bloques teórico e práctico.
  • En caso de suspender, na segunda oportunidade avaliarase o bloque ou bloques que estivese suspenso, e dentro de cada bloque a parte ou partes que non se aprobou.
  • A copia textual nos traballos grupais ou persoais, ou calquera outro tipo de acción fraudulenta suporá a cualificación de 0 no traballo ou proba correspondente.
  • Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Bloque de teoría:

  • O bloque de teoría está composto polos cuestionarios e os exames de películas de cine e animación e documentais.
  • O bloque ten un valor total de 5 sobre 10 na cualificación global.

Bloque de práctica:

  • O bloque de práctica está composto polos traballos individuais e grupais.
  • O bloque ten un valor de 5 sobre 10 na cualificación final.

Fontes de información
Bibliografía básica Chong, A (2010). Animación Digital. Barcelona: Blume
Martínez-Salanova Sánchez, Enrique (). El cine de animación. http://www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/historiacineanimacion.htm#E l_cine_de_animación_
Benet, Vicente J. (2012). El cine español. Una historia cultural. Barcelona. Paidós Comunicación
Barnouw, Erik (2005). El documental. Historia y estilo. Barcelona: Gedisa
Gubern, Román (2014). Historia del cine. Barcelona: Anagrama
VV.AA (2016). Historia del cine. Madrid: Fragua
Cousins, Mark (2011). Historia del cine. Barcelona: Blume
VV.AA (2009). Historia del cine español. Madrid: Cátedra
Memba, Javier (2008). Historia del Cine Universal. Madrid: T&B Editores
Sánchez Noriega, José Luis (2018). Historia del cine. Teoría, estéticas y géneros . Madrid: Alianza Editorial
Castro de Paz, J. L. (coord.) (1996). Historia do cine en Galicia. A Coruña: Vía Láctea Editoria
Cousins, Mark (2011-2014). The story of film. Una odisea. Inglaterra. Avalon/Cameo

Bibliografía complementaria Schenider, Steven Jay (2011). 1001 películas que ver antes de morir. Barcelona:Random House Mondadori
Sánchez Noriega, J. L. (2011). Historia del cine en películas 1970-1999. Bilbao: Mensajero
Sánchez Noriega, J. L. (2009). Historia del cine en películas 1980-1989. Bilbao: Mensajero
Sánchez Noriega, J. L. (2007). Historia del cine en películas 1990-1999. Bilbao: Mensajero
VV.AA (2011). Los grandes directores de la historia del cine. Barcelona: Manonotroppo

Alberich, E., Películas clave del cine histórico. Barcelona: Robinbook, 2009.

Allen, R.C., Teoría y práctica de la historia del cine. Barcelona: Paidós, 1995.

Barroso, M. A., Las cien mejores películas del siglo XX. Madrid: Jaguar, 2010.

Bello Cuevas, J. A., Cine mudo español 1896-1920: (Ficción, documental y reportaje). Barcelona: Laertes, 2010.

Benet, V., La cultura del cine. Barcelona: Paidós, 2004.

Beylie, C., Películas clave de la historia del cine. Barcelona: Robinbook, 2006.

Bordwell, D., El cine clásico de Hollywood estilo cinematográfico y modo de producción hasta 196o. Barcelona: Paidos, 1997.

Brunetta, G.P., Historia mundial del cine. Madrid: Akal, 2011.

Carmona, R., Cómo se comenta un texto fílmico. Madrid: Cátedra, 1993.

Casetti, F., Di Chio, F., Cómo analizar un film. Barcelona: Paidos, 1991.

Costa, A., Saber ver el cine. Barcelona: Paidos: 1988.

Deltell Escolar, L., Breve historia del cine. Madrid: Fragua, 2009.

García Fernández, E.,Historia del cine en Galicia 1896-1984. Coruña: La Voz de Galicia, 1985.

Kemp, P., Cine toda la historia. Barcelona: Blume, 2011.

Lacolla, E., El cine en su época. Una historia política del filme. Córdoba: Comunic-Arte, 2008.

Parkinson: D., Historia del cine. Barcelona: Destino, 1998.

Sánchez Vidal, A., Historia del cine. Madrid: Historia 16, 1997.

Talens, J., Zunzunegui, S. (eds.): Contracampo. Ensayos sobre teoría e historia del cine. Madrid: Cátedra, 2007.

VVAA., Estéticas de la animación. Madrid: Maia, 2010.

Wyver, J., La imagen en movimiento. Valencia: IVAECM, 1992.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Historia da Radio, a Televisión e a Multimedia/616G01002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Sector audiovisual/616G01007

Materias que continúan o temario
Ficción audiovisual/616G01014
Guión/616G01018
Análise audiovisual/616G01021
Dirección de Fotografía: Cámara e Iluminación/616G01022
Teoría e práctica da edición e a montaxe/616G01023
Deseño de Produción e Dirección Artística/616G01025
Ambientación sonora e musical/616G01028
Organización e produción audiovisual/616G01029
Realización Audiovisual/616G01030
Posprodución dixital/616G01031

Observacións

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías