Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Informática para a creación de web e vídeo Código 616G01017
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Santos López, Iria María
Correo electrónico
iria.santos@udc.es
Profesorado
Santos López, Iria María
Correo electrónico
iria.santos@udc.es
Web http://https://comunicacion.udc.es/gl/materias/inform%C3%A1tica-para-creaci%C3%B3n-de-web-e-v%C3%ADdeo
Descrición xeral O obxectivo da materia é coñecer tanto os fundamentos como as ferramentas necesarias asociadas a dous aspectos moi importantes hoxe en día en numerosos proxectos audiovisuais: a creación web e o manexo de información multimedia. Dende un punto de vista práctico, o obxectivo principal desta materia é dar a coñecer ao alumnado a existencia de ferramentas que facilitan o deseño e permiten a optimización do material a publicar, sen esquecer os aspectos teóricos e de fundamentos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A2 Crear productos audiovisuais.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comunicar contidos mediante web A2
B8
Deseñar materiais e contidos multimedia para publicación en web A7
B8
C2
C3
C4
Investigar e analizar a necesidades nun desenvolvemento multimedia así como xestionar os proxectos A8
C2
C4
Xestionar a creación dos contidos en función da contorna e obxectivo A7

Contidos
Temas Subtemas
Sitios Web Características e evolución: web 1.0, 2.0, …
Análise e planificación dun sitio web.
Mapas de navegación.
Estrutura e guía de estilo.
Usabilidade e accesibilidade.
HTML5 Introdución ás linguaxes de marcado.
Etiquetas básicas de composición de texto.
Atributos da páxina.
Vídeos, imaxes, ligazóns e interactividade.
Etiquetas para a creación de listas e táboas.
Formularios.
Ferramentas de creación de sitios web Ambiente de traballo.
Inserción de etiquetas básicas.
Composición.
Follas de estilo.
Adaptación a diferentes dispositivos.
Publicación e xestión de sitios web Aloxamento
CMS.
Posicionamento en buscadores (SEO).
Analítica web.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 C3 17 5 22
Traballos tutelados A2 A8 B8 C2 C4 7 25 32
Presentación oral C2 C3 2 1 3
Proba obxectiva C3 4 4 8
Prácticas de laboratorio A2 A7 A8 B8 C2 C3 C4 30 45 75
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación dos temas máis teóricos da asignatura e explicación dos conceptos necesarios para a realización posterior das prácticas.
Traballos tutelados Proxectos propostos relacionados coas técnicas empregadas nas prácticas de laboratorio e coas sesións maxistrais da materia.
Presentación oral Presentacións de traballos tutelados.
Proba obxectiva Proba de avaliación centrada principalmente na parte teórica da materia, aínda que tamén se inclúen preguntas sobre a parte práctica.
Prácticas de laboratorio Pequenas prácticas para comprender o desenrolo/creación de páxinas web.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado terá que formular un proxecto web como traballo da materia.
Como parte dos traballos tutelados, o alumnado fará un seguimento durante o curso onde aplicará os coñecementos adquiridos nas aulas de teoría e prácticas para o desenvolvemento do seu proxecto.
O alumnado irá realizando en distintas fases os seus proxectos: deseño conceptual, deseño estrutural e desenvolvemento tecnolóxico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A7 A8 B8 C2 C3 C4 Practicas individuais onde os alumnos exercita os coñecementos aprendidos durante a asignatura. 20
Proba obxectiva C3 Proba relacionada cos coñecementos teóricos da materia. 50
Traballos tutelados A2 A8 B8 C2 C4 Creación dunha web de forma individual ou grupal (en función do número de integrantes requerirase que a páxina sexa máis profunda, para que todos os participantes realicen tarefas de deseño e programación de forma equitativa). 30
 
Observacións avaliación

É
imprescindible acadar
unha nota mínima de 4 sobre 10 no traballo tutelado, na media das prácticas de laboratorio (as cales deben entregarse todas obrigatoriamente) e na proba obxectiva para aprobar a materia. Se o traballo tutelado ou algunha práctica de laboratorio non se entregan no tempo e forma estipulados suporá unha calificación de "Non Presentado" (NP). Todas as tarefas deberán ser entregadas a través do Campus Virtual.

As faltas de ortografía e gramática teranse en conta na calificación. Un traballo con faltas de ortografía non se considerará aceptable e se calificará cun suspenso.

Realizarase unha presentación oral final do traballo tutelado. Todos os alumnos que se presenten a dita convocatoria deberán asistir á duración completa, chegando antes do comezo da mesma e asistindo a todas as presentaciones de dita convocatoria.

A mala presentación dos traballos e prácticas (documentos mal estruturados, índices erróneos, fontes de texto de tamaño aleatorio, textos cortados, imaxes pouco lexibles, mala redacción, carencia de maquetación, diferencia no formato das páxinas, nomes de arquivos que inclúan espazos ou caracteres especiais, etc.) afectará negativamente á calificación dos mesmos ata o punto de poder ser calificados cun suspenso.

Tan só se gardarán as notas das distintas partes se son superiores a 5 (un máximo dun ano sempre e cando a materia non se actualice e as actividades a realizar sexan distintas; caso no que non se gardarán as actividades nas que houbera modificación das condicións). Na segunda oportunidade a parte de prácticas de laboratorio corresponderá a unha nova pequena práctica resumo do curso que compute o 30% correspondente. 

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica

- Álvarez García, A. (2010) HTML 5 (guía práctica). Anaya Multimedia, Madrid.

- Diego Gauchat, J. (2012) El gran libro de HTML5, CSS3 y JavaScript. Marcombo, Barcelona.

- McFarland, D. (2010) CSS. Anaya Multimedia, Madrid.

- Murphy, C. & Persson, N. (2009) HTML y CSS. Anaya Multimedia, Madrid.

- Peña de San Antonio, Ó. (2010) CSS. Anaya Multimedia, Madrid.

- Prat, M. (2009) Posicionamiento de su sitio web en Google y otros buscadores. ENI, Paris.

- Ribelles, A. (2011). Digitalización, almacenamiento y transmisión de audio y vídeo. Plataformas de distribución de contenidos. Barcelona: Universitat Oberta de Catalunya.

- Salmond, M. (2014). Los fundamentos del diseño interactivo. Barcelona: Blume. ISBN : 9788415317883.

- Wiedermann, J. (2007). Web design: studios 2. Koln: Taschen. ISBN : 978-3-8228-3009-3.

- Wiedemann, J. (2008). Web design: interactive & games. Koln: Taschen. ISBN : 978-3-8228-4054-2.

Bibliografía complementaria

http://www.w3.org/

http://www.htmlcodetutorial.com/

http://validator.w3.org/

http://www.w3.org/Style/CSS/

http://www.w3schools.com/css/

https://manz.dev/

https://ascii.cl/es/codigos-html.htm

https://css-tricks.com/snippets/css/a-guide-to-flexbox/

https://css-tricks.com/snippets/css/complete-guide-grid/

https://getbootstrap.esdocu.com/docs/5.1/customize/overview/

https://www.linkedin.com/pulse/introducci%C3%B3n-los-formatos-de-codificaci%C3%B3n-video-h262-h264-guevara/?originalSubdomain=es


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Comunicación oral e escrita/616G01001
Fundamentos tecnolóxicos dos medios audioviosuais/616G01003
Expresión gráfica/616G01004
Informática audiovisual/616G01008
Comunicación corporativa/616G01013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Deseño aplicado/616G01015
Audio/616G01016

Materias que continúan o temario
Ferramentas de creación multimedia/616G01027
Ferramentas web avanzadas/616G01036
Obradoiro de creación multimedia/616G01038

Observacións

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

5.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


Recomendase ao alumnado, para un aproveitamento óptimo da materia, un seguimento activo das clases así como participar nas distintas actividades e o uso da atención personalizada para a resolución das dúbidas ou cuestións que lle podan xurdir.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías