Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Animación 2D Código 616G02029
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Santos López, Iria María
Correo electrónico
iria.santos@udc.es
Profesorado
Santos López, Iria María
Correo electrónico
iria.santos@udc.es
Web http://https://comunicacion.udc.es/gl/materias_CDAV/cuarto_curso/animaci%C3%B3n-2d
Descrición xeral O obxectivo da materia é dar a coñecer as técnicas e conceptos da animación vectorial.
O alumnado coñecerá os fundamentos e ferramentas de animación para creación dixital e videoxogos 2D, así como a linguaxe específica da materia.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Adquirir a destreza técnica para utilizar ferramentas de creación multimedia para a realización de animación 2D vectorial tanto de forma individual como en equipos de traballo. B2
B6
B7
B8
B9
B12
B13
C3
C7
C9
Entender as capacidades das tecnoloxías e metodoloxías aprendidas, as súas alternativas, as suas fortalezas e a súas problemáticas. B1
B3
B5
B10
B11
C8
Aprender as terminoloxías axeitadas tanto na linguaxe técnica como nas línguas oficial. A10
B4
C1
C4
C6
Planificar e deseñar as animacións 2D, que se levarán a cabo, tanto para animación como para videoxogos. A8
A15
A38

Contidos
Temas Subtemas
Animación 2D Proceso de animación por cadros.
Proceso de animación por pezas.
Características específicas do deseño e animación de personaxes 2D.
Ferramentas para animación 2D.
Uso e integración de personaxes 2D en videoxogos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 A15 C8 8 4 12
Prácticas a través de TIC A8 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B13 C1 C3 C9 15 40.5 55.5
Traballos tutelados A38 B1 B2 B5 B6 B7 B8 B12 B13 C1 C3 C7 C8 C9 4.5 22.5 27
Proba obxectiva B11 C8 2 2 4
Presentación oral B4 B10 B11 C1 C4 C6 2 10 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación dos temas máis teóricos da materia.
Prácticas a través de TIC Pequenas prácticas de animación 2D.
Traballos tutelados Portfolio grupal e Demoreel individual de recopilación das prácticas realizadas durante o curso (con corrección de erros e seguindo as recomendacións da teoría da materia).
Proba obxectiva Probas curtas voluntarias ao final de cada tema teórico.
Presentación oral Presentación final das prácticas e traballo tutelado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Descrición
Seguemento das prácticas propostas e titorización de traballos tutelados co fin de obter un bo resultado final.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A38 B1 B2 B5 B6 B7 B8 B12 B13 C1 C3 C7 C8 C9 Recopilación dos exercicios realizados durante o curso nun portfolio (grupal) e unha demoreel individual (corrixindo os erros identificados nas avaliacións previas e seguindo as recomendacións da teoría da materia). Inclúe entrega de memoria. 30
Presentación oral B4 B10 B11 C1 C4 C6 Defensa dos traballos tutelados. 40
Prácticas a través de TIC A8 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B13 C1 C3 C9 Avaliación continua dos pequenos exercicios de animación 2D realizados durante as clases. 10
Proba obxectiva B11 C8 Probas curtas voluntarias ao final de cada tema teórico. 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é imprescindible a entrega de todas as prácticas de laboratorio e a presentación oral final. Ademáis, débese obter unha nota mínima de 4 tanto na media de todas as prácticas como na nota do traballo tutelado para facer media. De non chegar ao 4, a nota obtida automáticamente será a da nota inferior a 4 ou Non Presentado (no caso de non entregar todas as prácticas ou non levar a cabo a presentación oral). 

As avaliacións dos temas teóricos (levados a cabo durante as clases maxistrais tras o peche de cada tema) son voluntarios, pero avaliables; isto é, non será obrigatoria a súa realización, pero terán un valor do 20% na nota final, polo que a falta de realización penalizarase en 2 puntos na nota final.

As prácticas deben entregarse en tempo e forma a través do Campus Virtual. As prácticas entregadas fora de prazo serán penalizadas sobre o 50% da nota total, poidendo obter un máximo de 5 puntos sobre 10.

O traballo tutelado non será avaliado se non se entrega en tempo e forma a través do Campus Virtual. A presentación oral do traballo tutelado (e a súa memoria) considerarase como exame final da materia e se cualificará cun 40% tendo en conta creatividade, maquetación, fluidez de palabra, corrección de erros en relación ás prácticas, resultado e correcta aplicación da teoría da materia, resolución de problemas, referencias e valoración da aprendizaxe. A nota desta presentación será individual para cada un dos integrantes do grupo.

Serán motivos de penalización e/ou suspenso nas notas das prácticas e traballos tutelados: entrega sen formato correcto, nomenclatura con espazos ou caracteres especiais, erros ortográficos e/ou gramaticais, maquetación do contido e falta de referencias, ademáis da correcta realización do solicitado para cada unha das tarefas. 

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Soto, N. (). ANIMACIÓN 2D EN LA ÉPOCA MODERNA. Dispoñible online en: https://www.academia.edu/download/46979250/ensayo_naomi.pdf
Cerdá Boluda, J. (2020). Blender: Animación con el Grease Pencil.. Dispoñible online en: https://riunet.upv.es/handle/10251/144135 [Data visualización: 09/07/2023]
Medina Fernández, P. (2016). Conceptualización de una webserie de comedia en formato animación 2D: Días de mierda. (Bachelor's thesis, Universitat Politècnica de Catalunya)
Ceballos Tobón, S. F. (2021). El diseño y la creación de personajes en el trabajo del animador 2D, a partir de la interacción de los doce principios básicos de la animación y las técnicas teatrales de Stanislavski y Lecoq. (Doctoral dissertation, Facultad de Artes y Humanidades)
Cerdá Boluda, J. (2020). Preparación del entorno para animación 2D.. Dispoñible online en: https://riunet.upv.es/handle/10251/143805 [Data visualización: 09/07/2023]
Simon, M. (2003). Producción independiente de animación 2D hacer y vender un cortometraje.. Andoain Guipúzcoa: Escuela de Cine y Vídeo

- Ceballos Tobón, S. F. (2021). El diseño y la creación de personajes en el trabajo del animador 2D, a partir de la interacción de los doce principios básicos de la animación y las técnicas teatrales de Stanislavski y Lecoq (Doctoral dissertation, Facultad de Artes y Humanidades). Dispoñible online en: https://repositorio.ucaldas.edu.co/bitstream/handle/ucaldas/16604/SergioFernando_CeballosTobon_2020.pdf?sequence=1&isAllowed=y [Data visualización: 09/07/2023].

- Medina Fernández, P. (2016). Conceptualización de una webserie de comedia en formato animación 2D: Días de mierda (Bachelor's thesis, Universitat Politècnica de Catalunya). Dispoñible online en: https://upcommons.upc.edu/bitstream/handle/2117/113496/Medina_Fern%c3%a1ndez_Pablo_TFG.pdf?sequence=1&isAllowed=y [Data visualización: 09/07/2023].

Proporcionaráselle tamén ao alumnado documentación específica que será utilizada polo profesorado durante toda a materia en formato papel e/ou dixital.

Bibliografía complementaria Pearson, J. (2020). Pearl Jam: art of Do the Evolution. San Diego: IDW Publishing
Williams, R. (2019). Técnicas de animación: dibujos animados, animación 3D y videojuegos. Madrid: Anaya
Kothenschulte, D. (2021). The Walt Disney Archives: the animated movies 1921 - 1968.. Köln: Taschen.
Vázquez, A. (2022). Unicornio Wars: art book. Bilbao: Astiberri

Manuais proporcionados polo profesorado.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Linguaxe e Narrativa Gráficas e Audiovisuais/616G02002
Guión/616G02004
Deseño de Produción para Animación e Videoxogos/616G02006
Edición e Montaxe/616G02007
Son/616G02034
Deseño Sonoro/616G02008
Sector da Animación e o Videoxogo/616G02009
Debuxo de Contornas e Arte de Concepto/616G02013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Interpretación de Personaxes Animados/616G02028

Materias que continúan o temario
Videoxogos 2D/616G02043

Observacións

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

5.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


Recomendase ao alumnado, para un aproveitamento óptimo da materia, un seguimento activo das clases así como participar nas distintas actividades e o uso da atención personalizada para a resolución das dúbidas ou cuestións que lle podan xurdir.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías