Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Videoxogos 2D Código 616G02043
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Villanueva Sampayo, Matías Abelardo
Correo electrónico
matias.villanueva@udc.es
Profesorado
Villanueva Sampayo, Matías Abelardo
Correo electrónico
matias.villanueva@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia aprenderanse as características específicas do deseño e desenvolvemento de videoxogos 2D. O alumnado coñecerá as distintas alternativas que existen para deseñar e crear estes xogos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
O obxectivo deste curso é aprender as características específicas do desenvolvemento de videoxogos 2D. O alumnado coñecerá as distintas alternativas que existen para crear estes xogos, así como aprenderá a preparar personaxes e compoñer niveis de forma óptima para as características específicas do xogo. A8
A19
A20
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
Videoxogos 2D 1. Características específicas dos videoxogos 2D
2. Motores de xogo
3. Programación visual
4. Godot e GDScript
5. Composición de escenarios
6. Arte 2D para videoxogos
7. Animación de personaxes
8. Física básica nos videoxogos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio B1 B2 B5 B6 B7 B8 B9 B13 C1 C3 C4 C5 C6 C8 C9 15 34 49
Traballos tutelados A8 A19 A20 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C3 C5 C7 4.5 30 34.5
Presentación oral B4 C1 C3 C6 C9 2 2 4
Sesión maxistral A8 A19 A20 B3 B4 10 10 20
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Elaboración de traballos prácticos relacionados coa materia impartida.
Traballos tutelados Desenvolvemento dun traballo práctico que recollerá os contidos teóricos e prácticos estudados na materia.
Presentación oral Presentación e defensa dos traballos prácticos realizados.
Sesión maxistral Sesións que recollerán os contidos teóricos do temario.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Resolución de dúbidas de teoría ou prácticas, traballos tutelados, etc. en horario de titorías, presencialmente e de forma telemática mediante correo electrónico e Teams.

ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA: Deberá poñerse en contacto co profesorado para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual da materia. Este alumnado é responsable de estar ao corrente dos materiais colgados no Campus Virtual, así como das tarefas que por ese medio se propoñan para entrega. Estas entregas, de non ser telemáticas, serán acordadas co estudantado a tempo parcial de xeito que se compatibilice na medida do posible coa súa dispoñibilidade e a do profesorado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B1 B2 B5 B6 B7 B8 B9 B13 C1 C3 C4 C5 C6 C8 C9 Entrega e defensa de traballos prácticos de laboratorio. Computa ata un máximo de 4 puntos na nota final. A súa realización non é obrigatoria para superar a materia. 40
Traballos tutelados A8 A19 A20 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C3 C5 C7 Desenvolvemento dun traballo práctico que recollerá os contidos teóricos e prácticos estudados na materia. Computa un máximo de 4 puntos sobre a nota final. É necesario aprobar esta proba para superar a materia. 40
Presentación oral B4 C1 C3 C6 C9 Presentación e defensa dun traballo final que computa un máximo de 2 puntos sobre a nota final. A súa realización é obrigatoria para superar a materia. 20
 
Observacións avaliación

En caso de non acadar o mínimo no traballo tutelado, a nota final será a obtida nesta proba.

A avaliación será a mesma para todas as convocatorias e oportunidades.

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Salmond, Michael (2017). Diseño de videojuegos.. Badalona: Parramond
Marijo Trkulja (2020). GD Script: Godot 3.1 game engine..
Chris Bradfield (2018). Godot Engine Game Development Projects.. Packt

Bibliografía complementaria González Jiménez, Daniel (2014). Arte de videojuegos: da forma a tus sueños.. Paracuellos de Jarama: Ra-Ma
Ariel Manzur, George Marques (2018). Godot Engine Game Development in 24 hours.. Sams Publishing


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

- Realizarase a través do Campus Virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

- En caso de ser necesario realizalos en papel:

  • Non se empregarán plásticos
  • Realizaranse impresións a dobre cara.
  • Empregarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.

Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

En relación á perspectiva de xénero, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías