AVALIACIÓN CONTINUA
(60 % da nota total): O
traballo do/da alumno/a ao longo do curso será avaliado de forma continua a
través do xeito seguinte:
1) Probas obxectivas
parciais (30 % da nota total). Abarcan un número limitado de temas, non
liberan materia.
2) Entrega de
traballos e/ou resolución razoada en pizarra de problemas en equipos (15 % da
nota total).
3) Prácticas de
laboratorio (ata 15 % da nota total). A súa superación é obrigatoria para
aprobar a materia. Consideraranse superadas sempre que se asista a todas as
sesións de prácticas, se entreguen os informes correspondentes, e estes obteñan
unha calificación de aprobado.
PROBA OBXECTIVA
FINAL (40 - 100 % da nota total) Abarca todo o temario da materia distribuído en dous bloques: mecánica
(temas 1-7) que valerá un 60% da proba obxectiva final e electromagnetismo
(temas 8-10) que valerá un 40% da proba obxectiva final. Ambos bloques puntuaranse sobre 10
puntos e deberase acadar un 4 en cada un deles para poder optar a superar a
materia. No caso de que non sexa así, a calificación final será a
correspondente ao bloque da proba obxectiva coa nota máis baixa.
A calificación final
do alumno/a será a correspondente á suma do 60% da avaliación contínua (6
puntos) e o 40% da proba obxectiva final (4 puntos). No caso de que a nota da
proba obxectiva final sexa maior que a calculada desta forma, o alumno/a
manterá como nota o 100% da proba obxectiva final (10 puntos), sempre e cando
realizara e aprobara as prácticas de laboratorio, e teña unha calificación
igual e superior ao 4 nos dous bloques de contidos que constitúen dita proba obxectiva final.
REQUISITOS PARA
SUPERAR A MATERIA (HAI QUE CUMPLILOS TODOS):
- Asistir as prácticas de
laboratorio, entregar as memorias de prácticas correspondentes e aprobalas.
- Obter o mínimo
establecido (4 sobre 10) en cada un dos dous bloques nos que se divide a proba
obxectiva final: mecánica (temas 1-7) e electromagnetismo, (temas 8-10).
- Acadar a unha
calificación final igual ou superior a 5 (60 % da avaliación contínua + 40% da proba
final, ou ben, 100 % da proba obxectiva final), satisfacendo os dous requisitos
anteriores.
Alumnado Repetidor:
Os /as alumnos /as que
superaran as prácticas en cursos anteriores, poden solicitar manter a
cualificación desa parte da materia neste curso académico. Para elo, deberán
renunciar voluntariamente á realización das prácticas antes do comezo do
período de prácticas deste curso.
Alumnado con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia:
1) Probas obxectivas
parciais: Adaptarase a súa realización á dispoñibilidade horaria do
alumnado, contemplando de xeito extraordinario a realización virtual das
mesmas. No caso de que se realicen probas virtuais, empregaranse as
ferramentas axeitadas para evitar fraude.
2) Entrega de traballos
e/ou resolución razoada en pizarra de problemas en equipos: Realizaranse na
forma de entregas telemáticas cuxo contido será dunha dificultade semellante ao
do resto do alumnado.
3) Prácticas de
laboratorio: A realización e superación das mesmas é obrigatorio. A súa
realización terá lugar nun único día e nun horario determinado, que serán
pactados entre o/a alumno/a e o profesor/a.
AVALIACIÓN NA
SEGUNDA OPORTUNIDADE: Realizarase
nos mesmos termos que na avaliación da primeira oportunidade.
CUALIFICACIÓN DE NON
PRESENTADOS: Para a obtención da
cualificación de non presentado aplicásese o artigo 21 2.b das "NORMAS DE
AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DÚAS ESTUDOS DE GRAO E
MESTRADO UNIVERSITARIO" Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro
de 2013 e Modificada polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2014 (texto
refundido)”
Os criterios de
avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema
de Garantía de Calidade, teránse en conta a hora de deseñar e levar a cabo a
avaliación.