Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Física Código 631G01103
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Rodríguez Fernández, Carlos Damián
Correo electrónico
c.damian.rodriguez@udc.es
Profesorado
Rodríguez Fernández, Carlos Damián
Correo electrónico
c.damian.rodriguez@udc.es
Web http://https://www.udc.es
Descrición xeral A disciplina da Física desenrola un papel de formación básica que permite ao alumno/a afrontar a aprendizaxe doutras materias incluídas no plan de estudos. Así, a adquisición de coñecementos físicos básicos, o/a vai capacitar para unha maior flexibilidade no desenrolo das súas funcións profesionais, así como para unha mellor adaptación aos novos desenrolos tecnolóxicos aplicables no seu ámbito profesional, e que son consecuencia dos avances científicos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A54 RA1C-Escribir, explicar e transmitir os coñecementos teóricos adquiridos tanto de modo oral como escrito mediante o uso do lenguaxe científico-técnico.
A55 RA2C-Identificar e relacionar os coñecementos adquiridos con outras disciplinas
A57 RA4C-Reunir e interpretar datos relevantes
B30 RA7H-Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo
B31 RA9H-Resolver eficazmente os problemas prácticos asociados á materia aplicando os coñecementos adquiridos.
B32 RA10H-Coñecer, analizar, sintetizar e aplicar os contidos, conceptos fundamentais e aplicacións da asignatura.
B33 RA11H-Desenvolver tanto o traballo individual como en grupo
B34 RA12H-Manexar material bibliográfico e recursos informáticos
B36 RA14H-Utilizar as ferramentas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da sua profesión e para o aprendizaxe a lo largo de su vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
RA1C-Escribir, explicar e transmitir os coñecementos teóricos adquiridos tanto de modo oral como escrito mediante o uso do lenguaxe científico-técnico. A54
RA2C-Identificar e relacionar os coñecementos adquiridos con outras disciplinas A55
RA4C-Reunir e interpretar datos relevantes A57
RA7H-Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo B30
RA9H-Resolver eficazmente os problemas prácticos asociados á materia aplicando os coñecementos adquiridos. B31
RA10H-Coñecer, analizar, sintetizar e aplicar os contidos, conceptos fundamentais e aplicacións da asignatura. B32
RA11H-Desenvolver tanto o traballo individual como en grupo B33
RA12H-Manexar material bibliográfico e recursos informáticos B34
RA14H-Utilizar as ferramentas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da sua profesión e para o aprendizaxe a lo largo de su vida. B36

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución á Física. Magnitudes físicas. Sistemas de unidades. A Física e os seus métodos.
Conceptos fundamentais.
Medida de magnitudes.
Erros na medida.
Magnitudes fundamentais e derivadas.
Análise dimensional.
Principio de homoxeneidade.
Sistemas de unidades
2. Cálculo vectorial. Sistemas de vectores. Magnitudes escalares e vectoriais.
Concepto de vector: clasificación. Operacións con vectores. Momento dun vector respecto dun punto e respecto dun eixo. Sistema de vectores deslizantes. Momento mínimo.
3. Cinemática do punto Introdución.
Concepto de velocidade e aceleración no movemento rectilíneo.
Valores medios e instantáneos.
Expresións vectoriais.
Movemento curvilíneo: velocidade e aceleración; compoñentes intrínsecas da aceleración.
Análise de movementos particulares: caída libre, movemento parabólico, movemento curvilíneo plano e movemento circular.
4. Cinemática do movemento relativo Velocidade e aceleración no movemento relativo.
Movemento relativo de traslación uniforme.
Transformación de Galileo.
Sistemas inerciais.
Movemento relativo rotacional uniforme. Movemento relativo con respecto á terra. Efecto da rotación.
5. Dinámica da partícula A lei da Inercia.
Impulso mecánico e momento lineal.
Conservación do momento.
Segunda e Tercera Lei de Newton; concepto de forza e unidades.
Sistemas de referencia non inerciais: Forzas de inercia, Momento angular: conservación. Forzas Centrais. Traballo e potencia.
Enerxía cinética e enerxía potencial.
Forzas conservativas.
Principio de conservación da enerxía.
Forzas non conservativas ou disipativas.
6. Dinámica de sistemas de partículas e do sólido ríxido Introdución.
Centro de masas: movemento do centro de masas dun sistema de partículas: velocidade e aceleración.
Movemento arredor do centro de masas do sistema; Teoremas da enerxía cinética e do momento angular.
Masa reducida dun sistema illado.
Momento angular dun corpo ríxido. Teorema de conservación.
Momento de inercia: Momentos de inercia de áreas e de corpos ríxidos. Teoremas xerais. Teorema de Steiner. Enerxía cinética, traballo e potencia na rotación.
Ecuación fundamental da dinámica de rotación.
Dinámica do movemento xiroscópico. Estudio elemental. Compás xiroscópico.
7. Mecánica de fluidos

Natureza e propiedades dos fluídos.
Fluídos en reposo: ecuación fundamental. Forzas sobre superficies sumerxidas.
Principio de Arquímedes: flotación e estabilidade.
Dinámica de fluídos perfectos: ecuación de continuidade e ecuación de Bernouilli e as súas aplicacións.
Dinámica de fluídos viscosos: réximes laminar e turbulento. Número de Reynolds
Movemento de sólidos no seo de fluídos.
8. Interacción eléctrica. Campo e potencial electrostáticos.
Interacción magnética. Campo magnético
Carga eléctrica e Lei de Coulomb.
Campo eléctrico: Campo creado por unha carga puntual e por un sistema de cargas.
Fluxo eléctrico. Liñas de forza.
Enerxía potencial eléctrica.
Potencial eléctrico.
Superficies equipotenciais.
Definición de campo magnético.
Acción do campo magnético sobre un circuíto plano e sobre un solenoide.
9. Corrente eléctrica
Definición de corrente eléctrica.
Densidade de corrente.
Lei de Ohm e resistencia eléctrica.
Forza electromotriz e contraelectromotriz.
Enerxía nos circuítos eléctricos.
Lei de Joule.
Circuítos cerrados. Resistencias en serie e en paralelo. Regras de Kirchoff.
10. Correntes eléctricas variables
Forza electromotriz de movemento.
Lei de Faraday-Henry.
Lei de Lenz.
Circuítos R-L. Correntes de peche e apertura. Circuítos L-C y R-L-C.
Xerador de corrente alterna.
Valores medios e eficaces.
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Primeiro Oficial de Ponte da Mariña Mercante, sen limitación de arqueo bruto e Capitán da Mariña Mercante ata o máximo de 5000 GT. Cadro A-II/2 del Convenio STCW.
Especificación de las normas mínimas de competencia aplicables a Capitáns y primeiros oficiais de ponte de buques de arqueo bruto igual ou superior a 500 GT.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A55 B30 B32 B34 B36 30 60 90
Solución de problemas A57 B31 B33 16 24 40
Prácticas de laboratorio A57 B30 8 0 8
Proba mixta A57 A55 B30 B32 B36 6 0 6
Proba obxectiva A54 A55 B30 B31 4 0 4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de contidos por parte do/a profesor/a. Resulta eficaz para explicar temas complexos e transmitir información.
Solución de problemas Se proporán exercicios que se resolverán durante as sesións interactivas, en presenza do/a profesor/a ou a través da plataforma moodle da materia. Deste xeito, o profesor/a pode observar as dificultades que o/a alumno/a presenta na resolución de problemas e na comprensión da materia en xeral.
Prácticas de laboratorio Nestas clases realízanse prácticas de laboratorio. Preténdese que o/a alumno/a se familiarice co instrumental de laboratorio, aprenda a calcular erros nas medidas experimentais e a determinar datos mediante axustes de mínimos cadrados. Todo isto co fin último de que adquira un sentido crítico que o/a leve a unha análise científica do que está a facer.
Proba mixta Probas sobre parte dos contidos da materia que consistirá na resolución de problemas e a resposta a cuestións teóricas relacionadas cos mesmos.
Proba obxectiva Proba teórico-práctica que permitirá avaliar os coñecementos adquiridos durante o curso. Consta de dous bloques diferenciados que se avalían separadamente: o bloque de mecánica (temas 1-7) que constitúe un 60 % da nota e electromagnetismo (temas 8-10), que constitúe un 40 %. Para superar a proba obxectiva hai que obter unha cualificación de 5.0 ou máis na mesma, e unha nota mínima de 4.0 en cada un destes bloques.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Proba mixta
Descrición
- Nas sesións interactivas darase resposta ás posibles dúbidas ou dificultades de aprendizaxe, plantexadas directamente polo/pola alumno/a e que requiran respostas inmediatas.

- As prácticas serán monitorizaras en todo momento polo/a profesor/a co fin de resolver posibles dúbidas que podan xurdir.

- As probas de resposta múltiple se levarán a cabo durante as sesiones de docencia expositiva preferentemente e serán supervisadas polo/a profesor/a.

- As tutorías individuais se farán sempre que o requira o alumno ou ben se trate de titorías concertadas co obxecto de detectar posibles erros de aprendizaxe ou ben as dificultades propias do estudio individualizado.

- A asistencia e atención titorial individual ou ben en grupo se considera de grande importancia para todos os/as alumnos/as que participen activamente no desenrolo da materia.

- As plataformas moodle e M. O Teams, servirán de apoio para a atención personalizada e a evaluación do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Se terán en conta as metodoloxías máis adecuadas ás necesidades específicas que requira cada estudante.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A57 B30 Realizarase a avaliación continua atendendo tanto á actitude e a participación do/da alumno/a como ao grao de cumprimento reflectido no informe do traballo realizado.

A asistencia a prácticas, a presentación do informe, e a súa superación terán carácter obrigatorio.
15
Proba obxectiva A54 A55 B30 B31 Avaliación de coñecementos e comprensión dos contidos básicos da materia, considerando as habilidades, destrezas, estratexias e formulacións utilizadas polo/a alumno/a na resolución de problemas.

Valorarase expresamente o grao de evolución do/da alumno/a e a súa capacidade para analizar e resolver problemas puntuais, requiríndose unha formación teórico-práctica equilibrada.

Consta de dous bloques diferenciados que se avalían separadamente: o bloque de mecánica (temas 1-7) e o de electromagnetismo (temas 8-10).
40
Solución de problemas A57 B31 B33 Avaliarase a evolución na resolución dos problemas, cuestionarios e/ou traballos que se expoñan ao alumnado de forma individual ou grupal, ben nas clases interactivas ou ben na plataforma moodle da asignatura. 15
Proba mixta A57 A55 B30 B32 B36 Proporánse problemas e cuestións teóricas sobre os conceptos de temas concretos da materia que o/a alumno/a deberá resolver. 30
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA
(60 % da nota total):
O
traballo do/da alumno/a ao longo do curso será avaliado de forma continua a
través do xeito seguinte:

1) Probas obxectivas
parciais (30 % da nota total). Abarcan un número limitado de temas, non
liberan materia.

2) Entrega de
traballos e/ou resolución razoada en pizarra de problemas en equipos (15 % da
nota total).

3) Prácticas de
laboratorio (ata 15 % da nota total). A súa superación é obrigatoria para
aprobar a materia. Consideraranse superadas sempre que se asista a todas as
sesións de prácticas, se entreguen os informes correspondentes, e estes obteñan
unha calificación de aprobado.

PROBA OBXECTIVA
FINAL (40 - 100 % da nota total)
Abarca todo o temario da materia distribuído en dous bloques: mecánica
(temas 1-7) que valerá un 60% da proba obxectiva final e electromagnetismo
(temas 8-10) que valerá un 40% da proba obxectiva  final. Ambos bloques puntuaranse sobre 10
puntos e deberase acadar un 4 en cada un deles para poder optar a superar a
materia. No caso de que non sexa así, a calificación final será a
correspondente ao bloque da proba obxectiva coa nota máis baixa.

A calificación final
do alumno/a será a correspondente á suma do 60% da avaliación contínua (6
puntos) e o 40% da proba obxectiva final (4 puntos). No caso de que a nota da
proba obxectiva final sexa maior que a calculada desta forma, o alumno/a
manterá como nota o 100% da proba obxectiva final (10 puntos), sempre e cando
realizara e aprobara as prácticas de laboratorio, e teña unha calificación
igual e superior ao 4 nos dous bloques de contidos que constitúen dita proba obxectiva final.

REQUISITOS PARA
SUPERAR A MATERIA (HAI QUE CUMPLILOS TODOS):

- Asistir as prácticas de
laboratorio, entregar as memorias de prácticas correspondentes e aprobalas.

- Obter o mínimo
establecido (4 sobre 10) en cada un dos dous bloques nos que se divide a proba
obxectiva final: mecánica (temas 1-7) e electromagnetismo, (temas 8-10).

- Acadar a unha
calificación final igual ou superior a 5 (60 % da avaliación contínua + 40% da proba
final, ou ben, 100 % da proba obxectiva final), satisfacendo os dous requisitos
anteriores.

Alumnado Repetidor:

Os /as alumnos /as que
superaran as prácticas en cursos anteriores, poden solicitar manter a
cualificación desa parte da materia neste curso académico. Para elo, deberán
renunciar voluntariamente á realización das prácticas antes do comezo do
período de prácticas deste curso.

Alumnado con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia:

1) Probas obxectivas
parciais: Adaptarase a  súa realización á dispoñibilidade horaria do
alumnado, contemplando de xeito extraordinario a realización virtual das
mesmas. No caso de que se realicen probas virtuais,  empregaranse as
ferramentas axeitadas para evitar fraude.  

2) Entrega de traballos
e/ou resolución razoada en pizarra de problemas en equipos: Realizaranse na
forma de entregas telemáticas cuxo contido será dunha dificultade semellante ao
do resto do alumnado.

3) Prácticas de
laboratorio: A realización e superación das mesmas é obrigatorio. A súa
realización terá lugar nun único día e nun horario determinado, que serán
pactados entre o/a alumno/a e o profesor/a.

AVALIACIÓN NA
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Realizarase
nos mesmos termos que na avaliación da primeira oportunidade.

CUALIFICACIÓN DE NON
PRESENTADOS
: Para a obtención da
cualificación de non presentado aplicásese o artigo 21 2.b das "NORMAS DE
AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DÚAS ESTUDOS DE GRAO E
MESTRADO UNIVERSITARIO" Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro
de 2013 e Modificada polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2014 (texto
refundido)”

Os criterios de
avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema
de Garantía de Calidade, teránse en conta a hora de deseñar e levar a cabo a
avaliación.

 


Fontes de información
Bibliografía básica Tipler, P.A. (1999). Física. Reverté
Serway, R.A. (1997). Física. McGraw-Hill
Alonso, M.; Finn, E.J. (1993). Física. Addison-Wesley Iberoamericana
De Juana, J.M. (1987). Física General. Alambra
Sears, F.W.; Zemansky, M.W.; Young, H.D., Freeman, R.A. (1998/1999). Física Universitaria. Ed. Addison Wesley Longman
Gettys, W.E.; Keller, F.J.; Skove, M.J. (1991). Física. Clásica y Moderna. McGraw-Hill

Bibliografía complementaria Fidalgo, J.A., Fernández, M.R (2000). 1000 Problemas de Física General. Everest
Aguilar, J., Senent, F (1992). Cuestiones de Física. Reverté
Gonzalez, F.A. (1995). La Física en problemas. Tebar Flores
Aguilar, J., Casanova, J. (1989). Problemas de Física. Alhambra
Burbano S.; Burbano E.; Gracia C. (1993). Problemas de Física. Mira Editores
Belmar, F., Cervera, F., Estellés, H. (1998). Problemas de Física, Mecánica, Electromagnetismo, Ondas. Tebar Flores
ULPGC. Profesores de Física (1999 ). Problemas de Física. Ciencias e Ingenieros .


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Matemáticas I/631G01101

Materias que continúan o temario
Electricidade e Electrónica/631G01206
Manobra I/631G01207
Teoría do Buque I/631G01208
Navegación e Organización do Buque/631G01212
Sistemas de Navegación e Comunicacións/631G01311

Observacións

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometeu: ou/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. O profesorado poderá facer os trámites que considere oportunos en caso de sospeita.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías