Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Economía Marítima Código 631G01201
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Dereito Privado
Coordinación
Sánchez Girón, Javier Ramón
Correo electrónico
javier.sanchez5@udc.es
Profesorado
Sánchez Girón, Javier Ramón
Correo electrónico
javier.sanchez5@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A54 RA1C-Escribir, explicar e transmitir os coñecementos teóricos adquiridos tanto de modo oral como escrito mediante o uso do lenguaxe científico-técnico.
A55 RA2C-Identificar e relacionar os coñecementos adquiridos con outras disciplinas
A57 RA4C-Reunir e interpretar datos relevantes
A60 RA8C-Interpretar as normas básicas que integran o marco da economía e do dereito.
B31 RA9H-Resolver eficazmente os problemas prácticos asociados á materia aplicando os coñecementos adquiridos.
B32 RA10H-Coñecer, analizar, sintetizar e aplicar os contidos, conceptos fundamentais e aplicacións da asignatura.
B33 RA11H-Desenvolver tanto o traballo individual como en grupo
B34 RA12H-Manexar material bibliográfico e recursos informáticos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
RA1C-Escribir, explicar e transmitir os coñecementos teóricos adquiridos tanto de modo oral como escrito mediante o uso do lenguaxe científico-técnico. A54
RA2C-Identificar e relacionar os coñecementos adquiridos con outras disciplinas A55
RA4C-Reunir e interpretar datos relevantes A57
RA8C-Interpretar as normas básicas que integran o marco da economía e do dereito. A60
RA9H-Resolver eficazmente os problemas prácticos asociados á materia aplicando os coñecementos adquiridos. B31
RA10H-Coñecer, analizar, sintetizar e aplicar os contidos, conceptos fundamentais e aplicacións da asignatura. B32
RA11H-Desenvolver tanto o traballo individual como en grupo B33
RA12H-Manexar material bibliográfico e recursos informáticos B34

Contidos
Temas Subtemas
Comercio marítimo e sistemas de transporte. Xeografía do comercio marítimo.
Principios do comercio marítimo.
Tráfico de graneis líquidos e sólidos.
Tráfico de cargas especializadas.
Tráfico de carga xeral.
Economía dos mercados de transporte marítimo. Organización dos mercados de transporte marítimo.
Ciclos do mercado de transporte marítimo.
Oferta, demanda e prezo do frete.
Economía da empresa navieira. Costes, ingresos e fluxos de caixa.
Financiación da empresa marítima.
Risco, retorno e economía da empresa marítima.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A60 B34 30 10 40
Proba mixta A55 A60 B34 B33 2 2 4
Presentación oral A54 A57 B31 B32 12 12 24
Obradoiro A54 A57 B32 B34 47 25 72
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios
audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas
aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar
a aprendizaxe.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas
tipo de probas obxectivas.
En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento;
as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Presentación oral Presentación oral dos resultados do obradoiro apoiada con recursos audiovisuais.
Obradoiro Realizar traballos e resolver casos prácticos encomendados polo profesor, coa súa posterior exposición e debate en clase. Todo iso con apoio e supervisión do profesor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
O profesor estará a disposición dos alumnos para resolver calquera dúbida ou aclaración sobre a teoría ou os traballos e casos prácticos obxecto de estudo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A55 A60 B34 B33 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento;
as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Para que a cualificación da proba mixta faga media co resto de probas de avaliación, será necesario obter un resultado mínimo de 4 puntos sobre 10.
60
Presentación oral A54 A57 B31 B32 Avaliarase atendendo a unha rúbrica. Para que a cualificación da presentación faga media co resto de probas de avaliación, será preciso obter un resultado mínimo de 5 puntos sobre 10. 40
 
Observacións avaliación

O alumnado que realice e entregue, en forma e prazo, polo menos o 80% das actividades propostas na aula como parte do obradoiro será avaliado de forma continua atendendo ás metodoloxías descritas na guía docente. Nese caso, o alumnado terá que obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 tanto na proba mixta como na presentación oral para superar a materia. A proba mixta realizarase na data do exame da convocatoria ordinaria.

O alumnado que non realice nin entregue, en forma e prazo, polo menos o 80% das actividades propostas na aula como parte do obradoiro, ou que non obteña polo menos unha cualificación de 5 puntos sobre 10 na presentación oral, será avaliado mediante unha única proba mixta na data da convocatoria ordinaria. Esta proba terá dúas partes diferenciadas: a primeira avaliará as competencias A55, A60, B33 e B34 a través dos contidos dos temas "Comercio marítimo e sistemas de transporte" e "Economía dos mercados de transporte marítimo" e a segunda as competencias A54, A57, B31 e B32 mediante os contidos do tema "Economía da empresa navieira". A primeira parte terá un peso do 60% na cualificación e a segunda un 40%, pero será necesario obter polo menos unha cualificación de 5 puntos sobre 10 en ambas partes para superar a materia.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para seren expostos en horario de titorías, facendo uso do sistema TEAMS se fora procedente a xuízo do profesor.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/2 do Código STCW, e recollidos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Chrzanowski, I. (). An introducción to shipping economics. London: Fairplay Publications.
Bueno Campos, E (2004). Curso básico de economía de la empresa : un enfoque de organización. Madrid: Pirámide
Pérez Goróstegui, E. (2009). Curso de introducción a la economía de la empresa. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces.
Mc Conville, J. (1999). Economics of Maritime Transport. Theory and Practice. London: Whiterby and Co.
Ruiz Soroa, J.M. (1990). El buque, el naviero, personal auxiliar. Bilbao: Instituto Vasco de Administración Pública.
Branch, A. E. (2001). Elements of Shipping. Cheltenham, U.K.: Nelson Thornes .
González Laxe, F. & Sánchez, R. J. (2007). Lecciones de economía marítima. A Coruña: Netbiblo.
Castañeda, J. (1972). Lecciones de teoría económica : microeconomía. Madrid: Aguilar.
Branch, A. E. (1998). Management and Marketing. Cheltenham, U.K.: Stanley Thornes.
Downard, J. M. (1984). Managing ship. London: Fairplay.
Stopford, M. (). Maritime economics. London; New York: Routledge
Sloggett, J. (1984). Shipping Finance. London: Fairplay
Laurence, C. (1984). Vessel operating economies. London: Fairplay

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Empresa e Dereito/631G01109

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías