- Convenio STCW 2010: Os criterios de avaliación
contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía
de Calidad, tenránse en conta a hora de deseñar e realizar a avaliación.
- Para superar a materia seguindo a avaliación continua
é necesario superar cada metodoloxía. Na sesión maxistral, asemade da
asistencia ás aulas (nesta metodoloxía un mínimo do 80%) valorárase a participación
do alumno.
O alumnado que non siga a avaliación continua sempre terá a opción
de presentarse a proba obxectiva. Conseguintemente, nesta circunstancia dita
metodoloxía terá un valor na avaliación do 100%.
- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica correspondente que lle proporcione a exención de
asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE
DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3; 6.b e
7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen
necesidade de asistir o 80% das aulas presenciais, sempre e cando o mestre sexa
debidamente informado ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, o
profesor poderá encargarlle a este alumnado diferentes traballos (individuais
e/ou en grupo) ao longo do curso para ser expostos no horario de titorías co
gallo de puntuar na avaliación continua a parte proporcional do valor da sesión
maxistral.
- Sobre as sancións aplicables pola comisión de
faltas moi graves, artigo 11 do Regulamento disciplinar do estudantado da
universidade da Coruña, aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023, en
xuño de 2023 modificouse o punto b), quedando:
b) Cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en
que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na
acta de primeira oportunidade, se fose necesario.