Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Contabilidade Financeira II Código 650G01017
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Fernández Rodríguez, María Teresa
Correo electrónico
m.fernandezr@udc.es
Profesorado
Andrade Calvo, José Manuel
Fernández Rodríguez, María Teresa
Correo electrónico
j.manuel.andrade@udc.es
m.fernandezr@udc.es
Web
Descrición xeral Continuar o proceso de aprendizaxe iniciado na materia Contabilidade financeira I, sobre a elaboración e comunicación da información contable, así como facilitar que o alumno se familiarice coa normativa contable e as súas consecuencias sobre as cifras recollidas nos estados financeiros.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Interpretar as transaccións económico-financeiras no contexto do marco conceptual A1
A3
A10
A11
A14
A15
A23
A24
C3
C7
Habilidade para presentar, discutir e defender puntos de vista diferentes. A12
B2
B3
B4
B7
B9
B11
B12
C4
Capacidade para aprender de xeito autónomo, buscando a solución a novos problemas a través da aplicación dos coñecementos adquiridos. A1
A2
A24
B1
B5
B6
C3
C4
C6
C7
Capacidade para traballar en equipo, de maneira consultiva. C1
C2
C3
C4
C5
Coñecer as consecuencias da aplicación do marco conceptual e as normas contables nos estados financeiros A1
A7
A10
A11
A24
B8
B13
C3
C6
C7
Ter un comportamento ético nos negocios A9
B10
B14
C4
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Marco conceptual e regulación contable 1.1.- ¿Por qué a regulación contable?
1.2.- Marco conceptual
1.3.- Regulación contable no ámbito internacional

2. A regulación contable en España 2.1.- Antecedentes
2.2.- Características principales e estructura do PGC
2.3.- PGC en diferentes tipos de empresas
3. Existencias 3.1.- Tratamento contable das existencias no PGC
3.2.-Recoñecemento e valoración do deterioro
3.4.- Información nos estados financeiros
4. Impostos 4.1.- Imposto sobre beneficios nas microempresas
4.2.- Imposto sobre o valor engadido (IVE)
5.3.- Outros impostos
5. Recoñecemento de ingresos
5.1.- Recoñecemento de ingresos: aspectos problemáticos
5.2.- Casos particulares: devolucións e garantías
5.3.- Contratos a longo plazo
5.4.- Información nos estados financeiros
6.Deudores e Acreedores 6.1.- Recoñecemento e valoración
6.2.- Transferencias de dereitos de cobro
6.3.- Operacións comerciais en moeda extranxeira
6.4.- Información nos estados financeiros
7. Inmobilizado tanxible: cuestión avanzadas 7.1.- Valoración inicial:costes de financiación, desmantelamento e grandes reparacións
7.2.- Cambios de valor ó longo da vida do activo
7.3.-Información nos estados financeiros: inmobilizado material, inversions inmobiliarias e activos non correntes mantidos para a venda
8. Inmobilizado intanxible
8.1.- Recoñecemento e valoración
8.2.- Gastos de I+D
8.3.- Fondo de comercio
8.4.- Información nos estados financeiros
9. Inversións financeiras 9.1.- Concepto e clasificación
9.2.- Recoñecemento e valoración
9.3.- Información nos estados financeiros
10. Fontes de financiamento 10.1.- Recoñecemento de valoración da débeda
10.2.- Arrendamento financeiro
10.3.- Patrimonio neto: Subvencións de capital
10.4.- Información nos estados financeiros
11. Provisións, continxencias e remuneracións a empregados
11.1.- Provisións vs continxencias
11.2.- Recoñecemento e valoración
11.3.- Remuneracións a empregados
12. Estados financeiros 12.1.- Balance de situación
12.2.- Conta de resultados
12.3.- Memoria
12.4.- EFE
12.5.- ECPN

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A7 A9 A10 A23 B9 B10 B11 B13 B14 C1 C2 C4 C5 C7 C8 17 34 51
Discusión dirixida A11 A12 A14 A15 B2 B5 B8 B12 C3 C6 6 19 25
Obradoiro B6 B7 16 41 57
Proba de resposta múltiple A24 B1 1 2 3
Proba obxectiva B3 B4 2 8 10
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición feita polo profesor dos conceptos básicos necesarios para que os alumnos poidan buscar solución ós problemas contables tratados no programa.
Discusión dirixida Preparación de forma autónoma dos temas e casos formulados polo profesor e participación na discusión dos mesmos na aula.
Obradoiro Traballo individual e/ou en grupo, guiado polo profesor, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos.
Proba de resposta múltiple Durante o curso se realizarán dos probas tipo test.
Proba obxectiva Exame final sobre aspectos teóricos e prácticos

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Obradoiro
Descrición
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e problemas contables tratados durante o curso. Para isto, o alumno será guiado polo profesor de xeito que poda chegar á solución ou solucións dos problemas que se lle propoñen. Adicionalmente, por medio das titorías, o profesor guiará a preparación das cuestións propostas para discutir na aula e a resolución das tarefas deseñadas para realizar fora da aula. Por último, as titorías en grupo destinaranse a discutir casos prácticos que por a sua complexidade ou variedade nas posibles solución requiren un mayor grado de atención personalizada, se realizarán de forma presencial repartidas en dous sesiones de 2 horas de duración

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Discusión dirixida A11 A12 A14 A15 B2 B5 B8 B12 C3 C6 Valórase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ó dos seus compañeiros. 20
Proba obxectiva B3 B4 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 40
Obradoiro B6 B7 Resolución de exercicios e casos prácticos individual y/o en grupo, tanto na aula coma fora dela, con apoio do profesor 20
Proba de resposta múltiple A24 B1 Durante o curso se realizarán dos probas tipo test, cada una de elas se valora no 10% da nota final. 20
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:Todos os
aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao
estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse
de acordo coa normativa académica vixente da UDC

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1.     Cualificación de non presentado: Corresponde ao
alumnado, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% da nota final, independentemente da cualificación
acadada.

2.     Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e exención académica de exención de asistencia: agás para o exame
final, para o resto de actividades acordarase un calendario específico de datas
compatible coa súa dedicación ao comezo do cuadrimestre. Por este motivo, este
alumnado deberán poñerse en contacto co profesorado da materia nos dez
primeiros días do cuadrimestre no que se imparte. As actividades terán o mesmo
formato que para o alumnado a tempo completo

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1.     Primeira oportunidade: Aplicaranse os criterios de
avaliación anteriormente sinalados neste apartado.

2.     Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son
os mesmos que na primeira oportunidade.

3.     Oportunidade adiantada: Avaliarase mediante unha proba
mixta que suporá o 100% da nota final.

D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DA AVALIACIÓN:

1.     Con carácter xeral, sen perxuízo do sinalado para o
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
da exención de asistencia, é necesaria a asistencia a clase para optar á parte
da nota correspondente á avaliación continua, tanto de primeira como de segunda
oportunidade. Rematado o período de avaliación correspondente á primeira
oportunidade, ao alumnado que aínda teña que superar a materia poderáselle
propoñer actividades que lle permitan recuperar a parte da cualificación
correspondente á avaliación continua para a segunda oportunidade, o que deberá
solicitar ao profesorado da materia cunha antelación mínima de dez días á data
do exame de segunda oportunidade.

2.     Os criterios de cualificación de cada unha das probas
anunciaranse no momento da realización da proba e achegaranse co enunciado da
mesma.


Fontes de información
Bibliografía básica Sutton, Tim (2004). Corporate Financial Accounting and Reporting. Prentice Hall
Muñoz Jiménez, José (Coord.) (2008). Contabilidad financiera. Pearson
Cervera Oliver, Mercedes; González García, Ángel; Romano Aparicio, Javier (2017). Contabilidad financiera (adaptada al nuevo PGC). Centro de Estudios Financieros
Fhillips, F.;Libby, R. and Libby,P.a. (2016). Fundamentals of Financial Accounting. . McGraw-Hill
Amador Fernández, Sotero; Romano Aparicio, Javier (coordinadores) (2008). Manual del Nuevo Plan General Contable. Centro de Estudios Financieros
Rivero Menéndez, M.R.; Rivero Menéndez M.J. (2010). Supuestos Contabilidad Financiera. Edisofer, S.L.


Bibliografía complementaria (). .
Horngren, C.T.; Harrison, W.T y Bamber, L. S. (2003). Contabilidad. Pearson

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Contabilidade Financeira I/650G01013
Análise das Operacións Financeiras/650G01014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Contabilidade de Sociedades/650G01030

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías