Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios. |
A2 |
CE2 - Auditar unha organización e deseñar planes de consulta (por exemplo lexislación impositiva, inversións, estudo de casos, proxecto de traballo). |
A3 |
CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas. |
B7 |
CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias. |
B8 |
CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable. |
B9 |
CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida. |
B10 |
CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas. |
B11 |
CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados. |
B12 |
CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros. |
B13 |
CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse. |
B14 |
CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. |
C1 |
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
- Contribuir á formación integral complementando a aprendizaxe teórica e práctica
- Facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional.
- Favorecer o desenvolvemento das competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas.
- Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo.
- Favorecer os valores da innovación, a creatividade e o emprendimento. |
A1 A2 A3
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Os contidos a desenvolver polo alumnado fixaranse de común acordo co titor da empresa. |
Os contidos a desenvolver polo alumnado fixaranse de común acordo co titor da empresa. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Resumo |
B1 B2 B3 B4 B6 B14 C1 C2 C5 C7 |
0 |
60 |
60 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
150 |
75 |
225 |
|
Atención personalizada |
|
15 |
0 |
15 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Resumo |
O alumnado deberá facer un resumo ou memoria das actividades realizadas durante a o periodo de prácticas |
Traballos tutelados |
A metodoloxia desenvolvida nas prácticas externas corre a cargo da empresa, en función do Plan Formativo e das características e organización da mesma. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
As prácticas son titorizadas por un membro da organización onde se realizan e faise un seguimento por parte do profesorado designado polo centro.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
1) Informe do titor profesional: 60%
2) Nota media do expediente a recepción do informe do titor profesional: 20%
3) Asistencia a os eventos que ao largo do curso sexan convocados polo vicedecanato de prácticas externas: 20%
|
100 |
|
Observacións avaliación |
Para o recoñecemento da calificación pola asistencia aos eventos, o alumnado deberá asinar su presencia seguindo as instruccións dadas a través do Campus Virtual. Aqueles alumnos que non puideran asistir por unha causa debidamente xustificada deberán achegar os documentos que acrediten dita xustificación. A data límite para facelo será dunha semana a partires da celebración do evento. O número de eventos non será superior a 12 nin inferior a 4, ao longo de todo o curso académico. Cada un dos eventos puntuará 0,5 puntos, polo que a asistencia a catro deles garante unha calificación de 2 puntos, o que supón o 20% da nota máxima alcanzable. Facilitarase a plena integración do estudantado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimentan dificultades para un acceso adecuado á vida universitaria. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Poden consultarse as referencias bibliográficas máis
relacionadas cos estudos de
Grao. |
Bibliografía complementaria
|
|
Catmull, Ed, Amy Wallace, and Amy Wallace. Creatividad S.A.: cómo llevar la inspiración hasta el infinito y más allá. Madrid: Conecta, 2014. Covey, Stephen R. The 7 Habits of Highly Effective People Restoring the Character Ethic. 1st ed. London: Simon & Shuster, 1992. Epstein, David J. Range: Why Generalists Triumph in a Specialized World. New York: Riverhead Books, 2019. Goleman, Daniel, David González Raga, and Fernando Mora. Inteligencia emocional. 44a ed. Barcelona: Kairós, 2001. Kawasaky, Guy. El arte de empezar: una guía infalible para empezar cualquier cosa. S.l: Ilustrae, 2010. Ries, Eric. The Lean Startup?: How Constant Innovation Creates Radically Successful Businesses. London: Portfolio Penguin, 2011. Vallejo-Nájera, Juan Antonio. Aprender a hablar en público hoy. Barcelona: Planeta, 2005. Vandermeulen, David, Yuval Noah. Harari, and Daniel Casanave. Sapiens: [una historia gráfica]. Barcelona: Debate, 2020. Zweig, Stefan. Magallanes el hombre y su gesta. 6a ed. Barcelona: Juventud, 1983. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
-
Débese facer un uso sostible dos recursos co fin de evitar impactos negativos
sobre o medio natural. -
O comportamento persoal e profesional debe guiarse por principios éticos. -
Terase en conta na medida do posible a perspectiva de xénero. - Traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas e promover valores de respecto e igualdade. -
Se se detectan situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse
actuacións e medidas para corrixilas. -
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais experimente dificultades para acceder a
unha vida universitaria adecuada, igualitaria e beneficiosa. |
|