Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Neuroxenética, dependencia e discapacidade Código 652438011
Titulación
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Fernandez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.fernandez@udc.es
Profesorado
Fernandez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.fernandez@udc.es
Web
Descrición xeral Tratanse aspectos de base neuroxenética que poden afectar á discapacidade e a dependencia. Esta materia impártese en español pero os estudantes internacionais recibirán titorías en inglés. O material didáctico estará dispoñible en inglés.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Recoñecer e respectar a diversidade humana e comprender que as explicacións psicolóxicas poden variar a través de poboacións e contextos.
A2 Saber identificar os factores persoais, psico-sociais e/ou educativos que poden pór en risco a saúde das persoas.
A3 Ser capaz de elaborar un informe científico que implique definir un problema de investigación, as hipóteses e variables asociadas, así como definir o deseño, a mostra e o seu modo de selección, as ferramentas de recollida de datos e a súa consecuente análise e discusión.
A8 Coñecer as bases para establecer hipóteses respecto dun caso concreto e, a partir das mesmas, saber deducir enunciados contrastables.
A12 Adquirir un coñecemento teórico básico sobre o estado da arte nas diferentes áreas implicadas na psicoloxía aplicada.
A13 Coñecer e ser capaz de utilizar os diferentes modelos, teorías, métodos e técnicas de avaliación e intervención que son específicos dos distintos ámbitos da investigación en Psicoloxía Aplicada e desenvolver unha actitude crítica propia do espírito científico.
A14 Ser capaz de analizar a documentación bibliográfica necesaria para un traballo de investigación.
A15 Ser capaz de analizar críticamente as publicacións científicas.
A16 Adquirir os coñecementos e destrezas necesarias para a exposición e defensa dun traballo de investigación.
A17 Ser capaz de comunicar os resultados dunha investigación.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Capacidade de organización e planificación.
B3 Traballo en equipo.
B6 Razoamento crítico.
B8 Aprendizaxe autónoma.
B11 Resolución de problemas.
B12 Toma de decisións.
B13 Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
B18 Habilidade para traballar de forma autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Conocer o qué é a Neuroxenética AI1
AI2
AI3
AI8
AI12
AI14
AI15
AI16
AI17
BI2
BI3
BI6
BI8
BI11
BI12
BI13
BI18
CM3
CM8
Coñecer os tipos de alteracións neuroxenéticas AI1
AI2
AI3
AI8
AI12
AI13
Saber aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo BI2
BI3
BI6
BI8
BI13
BI18
AI3
AI14
AI15
AI17
BI1
BI2
BI8
BI11
BI12
BI13
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM3
CM8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. NEUROXENÉTICA HUMANA Neuroxenética humana. Introdución á Neuroxenética. Explicación xeral dos principais contidos de xenética: ADN, xene, alelo.
TEMA 2. ESTUDIO DOS CROMOSOMAS Cariotipo humano. Tipos de cromosomas. Elementos principais dos cromosomas.
TEMA 3. PRINCIPAIS SÍNDROMES CROMOSÓMICOS NOS HUMANOS Síndrome de Down, Síndrome de Edwards, Síndrome de Patau, Síndrome de Klinefelter, Síndrome de Turner, Síndrome do miaño do gato, Síndrome de deleción 22q11.2 ou síndrome de DiGeorge.
TEMA 4. EPIXENÉTICA APLICADA AO COMPORTAMENTO HUMANO Epixenética aplicada ao comportamento humano. Explicación xeral da epixenética. Bases e peculiaridades relacionadas co comportamento humano.
TEMA 5. ESTUDO DA BASE XENÉTICA E EPIGENÉTICA DO DIMORFISMO SEXUAL EN HUMANOS Estudo da base xenética e epixenética do dimorfismo sexual en humanos. Xénero, identidade de xénero, incongruencia de xénero.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A8 A12 A13 C3 9 27 36
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A12 B2 C3 C8 2 8 10
Portafolios do alumno A3 A8 A12 B2 C3 2 8 10
Proba obxectiva A1 C8 3 6 9
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición mediante docencia expositiva na aula dos temas da materia con axuda de materiais multimedia. Dedicarase á presentación e explicación de contidos teóricos por parte do profesorado, insistindo naqueles conceptos que considere básicos, e poñendo cada tema en relación dinámica con outros aspectos do programa traballados tanto a nivel teórico como práctico. Fomentarase a participación activa do alumnado nas sesións a través do formulamento de dúbidas e comentarios, e farase referencia á bibliografía que poida ser de axuda para o traballo autónomo. En definitiva, seguirase unha metodoloxía participativa e colaborativa, con aprendizaxe guiada en todo momento polo profesorado.
Prácticas de laboratorio 1º Obter ADN a partir de mucosa bucal
3º Realizar o cariotipo humano a partir dunha imaxe dos cromosomas (metafase).
2º Practicar a disección dun cerebro de cordeiro

As prácticas de laboratorio realizaranse no laboratorio de Psicobioloxía do grupo DICOMOSA que se atopa na Facultade de Ciencias da Educación da UDC. Para iso será imprescindible a organización de pequenos grupos para que o alumnado poida traballar sen interferir na labor investigadora do grupo. Nas prácticas aprovecharase para resolver dúbidas relacionadas coa materia explicada durante as sesións maxistrais.
Portafolios do alumno Ao finalizar a docencia o alumno deberá preparar un portafolio a modo de traballo escrito, onde se recollan as actividades realizadas nas prácticas de laboratorio. O devandito portafolio entregarase ao profesor/a da materia antes do fin do prazo fixado para a súa avaliación e cualificación.
Proba obxectiva Responder a un cuestionario de aproximadamente 40 preguntas, tipo test (verdadeiro/falso) ou preguntas curtas, relacionadas cos temas expostos na aula e coas prácticas de laboratorio.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Proba obxectiva
Prácticas de laboratorio
Descrición
A solicitude do alumnado realizaranse titorías para concretar as cuestións a tratar no portafolio, así como para resolver dúbidas, ofrecer orientación e axudar no desenvolvemento tanto das competencias específicas da materia como das competencias transversais e nucleares da titulación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A3 A8 A12 B2 C3 O alumnado preparará un portafolio no que detallará os obxectivos, procedementos e resultados das actividades realizadas no laboratorio. As respostas deben estar correctamente razoadas, valorándose a capacidade de síntese dos coñecementos adquiridos e cinguirse ao preguntado, combinando o aprendido ao longo da materia. Valorarase o grao de comprensión, a capacidade de análise e síntese, a bibliografía consultada e a claridade da redacción. Considérase tamén importante un uso adecuado da linguaxe científica e utilizar os termos no seu contexto de forma apropiada. A puntuación obtida no portafolio constitúe o 10% sobre a nota final da materia, non sendo indispensable aprobar este traballo para aprobar o conxunto da materia. 5
Proba obxectiva A1 C8 A proba presencial final consiste nun exame modalidade proba mixta con aproximadamente 40 preguntas de resposta curta e/ou tipo test que o alumnado debe responder nun tempo máximo de 120 minutos. Como material, só se permite o uso de lapis, bolígrafo azul ou negro e goma. Indicarase ao alumnado o tempo do que dispoñen para a realización da proba, así como a puntuación asignada a cada pregunta e a penalización por resposta errónea. A puntuación obtida no exame computa un 80% sobre a nota final da materia. A puntuación máxima son 10 puntos e a nota mínima para aprobar son 5 puntos. 80
Sesión maxistral A1 A2 A3 A8 A12 A13 C3 O alumnado disporá no seu campus virtual da seguinte información:

Unha introdución ao tema.
Un guión extenso e ordenado dos contidos.
Referencias específicas ao libro/s de texto básico.
As diapositivas empregadas polo profesor/a nas clases maxistrais, así como un resumo dos conceptos fundamentais de cada tema.
Bibliografía complementaria.
Ligazóns a páxinas e recursos en internet.
O guión das prácticas de laboratorio.
Material adicional (vídeos, imaxes...) que facilitará a comprensión do contido da materia.
5
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A12 B2 C3 C8 As prácticas de laboratorio realizaranse no laboratorio de Psicobioloxía do grupo DICOMOSA que se atopa na Facultade de Ciencias da Educación da UDC. Para iso será imprescindible a organización de pequenos grupos para que o alumnado poida traballar sen interferir na labor investigadora do grupo. Nas prácticas aprovecharase para resolver dúbidas relacionadas coa materia explicada durante as sesións maxistrais. 10
 
Observacións avaliación

Consideraranse PRESENTADOS nas actas da materia todos aqueles alumnos/as que se presenten ao exame final oficial da materia e entregasen o correspondente portafolio das prácticas de laboratorio.

A nota final nas actas dos/as estudantes que non acaden na proba obxectiva do temario teórico a nota mínima para superar a materia (4.5), pero cuxa puntuación acumulativa sexa superior a 5, será un 4.9 (SUSPENSO).

Na segunda oportunidade tan só deberá presentarse a exame o alumnado que non se presentase na primeira, ou que non superase a nota mínima para aprobar a materia na proba obxectiva. A metodoloxía de avaliación será a mesma da primeira oportunidade.

Durante a realización da proba obxectiva, en calquera das dúas oportunidades, agás que se indique o contrario, está prohibido o uso de calquera dispositivo con acceso a Internet. Se durante a realización da proba, hai indicio do uso non autorizado deses dispositivos, o/a estudante será expulsado/a da aula, e procederase segundo a Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinario do estudantado da UDC. A realización fraudulenta das probas e/ou actividades implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na convocatoria correspondente, invalidando calquera cualificación obtida en todas as actividades de cara á seguinte oportunidade, de existir, dentro do mesmo curso académico.

Considérase fraudulenta a realización das actividades, propostas a ser completadas presencialmente na aula, que se fagan desde fóra da aula, procedendo segundo a Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinario do estudantado da UDC.

Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe, será considerada causa de cualificación de suspenso (nota numérica 0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

No caso de situacións excepcionais debidamente xustificadas poderán adoptarse medidas adicionais para que o/a estudante poida superar a materia, tales como flexibilidade na data de entrega do portafolio ou modificación da data da proba de avaliación dos resultados da aprendizaxe.

En caso de existir discrepancias entre as guías docentes en distintos idiomas, prevalecerá a versión en español.


Fontes de información
Bibliografía básica

Calquera manual de xenética ou de xenética molecular que se atope na biblioteca da Facultade. Por exemplo:

Bartrés-Faz, D. y Redolar Ripoll, D. (2008). Bases genéticas de la conducta. Editorial UOC, S.L.

Cox, T.M. y Sinclair, J. (1998). Biología Molecular en Medicina. Madrid. Panamericana.

Plomin, R., Defries, J.C. (2002). Genética de la conducta. Madrid, Alianza.

Plomin, R. (1997). Behavioral genetics (3rd ed.). New York W.H. Freeman and Company

.

Bibliografía complementaria
  • Aguilar Segura M.S. (2019). Biología molecular y citogenética 2ªed. Sintesis. 
  • Bahilo Gómez A., Fernández Vila S. (2023). Biología molecular y citogenética. McGraw-Hill Interamericana de España S.L. 
  • Carey, N. (2013). La revolución epigenética: De cómo la biología moderna está reescribiendo nuestra comprensión de la genética, la enfermedad y la herencia. Biblioteca Buridán. 
  • Cortés-Cortés, J., (2019) Vulnerabilidad Genética de la Transexualidad: análisis de una población española. [Tesis doctoral Uiversidade da Coruña]. http://hdl.handle.net/2183/24571 
  • Escamilla, S. (2021). Bases neurogenéticas del comportamiento. Genética Médica y Genómica, 5(5), 83-110. 
  • García Aguirre, J. F., Castaño Loaiza, L. X., Gallego Ospina, C. D., y Orrego Cardozo, M. (2021). Trastorno por estrés postraumático y epigenética. Metilaciones en genes asociados al estrés. Tesis psicológica, 16(2), 84-105. https://doi.org/10.37511/tesis.v16n2a5 
  • Gómez-Aguado F., Lorenzo M.I., Simón F., Hernández B. (2022). Biología molecular y citogenética. Altamar. 
  • González-Pardo, H., y Pérez Álvarez, M. (2013). La epigenética y sus implicaciones para la psicología. Psicothema, 25(1), 3-12. 
  • Guillamon, A. (2022). Identidad de Género: Una aproximación Psicobiológica. Editorial Sanz y Torres, S.L. 
  • Iniesta, R., Guinó, E., y Moreno, V. (2005). Análisis estadístico de polimorfismos genéticos en estudios epidemiológicos [Statistical analysis of genetic polymorphisms in epidemiological studies]. Gaceta sanitaria, 19(4), 333–341. https://doi.org/10.1157/13078029 
  • Marenco Salazar, J. D., Mejía Barrera, J. M., Pérez Martínez, J. A., Sánchez Salcedo, S. S., y Pugliese Jiménez, A. (2022). Los trastornos neurocognitivos y retos de la epigenética. Biociencias, 17(2). https://doi.org/10.18041/2390-0512/biociencias.2.10695 
  • Martino, P.L., Audisio, E.O. (2018). Epigenética: un nexo para relacionar la Biología con la Psicología. Revista de Educación en Biología. 21(1), 10-18. https://doi.org/10.59524/2344-9225.v21.n1.22543 
  • Noro, G., y Caserta Gon, M. C. (2015). Epigenética, cuidados maternais e vulnerabilidade ao estresse: conceitos básicos e aplicabilidade. Psicologia: Reflexão e Crítica, 28(4), 829-839. https://doi.org/10.1590/1678-7153.201528422 
  • Ordoñana, J.R. (2023). Genética del comportamiento. Editorial Síntesis, S. A. 
  • Peña, C., y Loyola-Vargas, V. (2017). De la genética a la epigenética: La herencia que no está en los genes. Fondo de Cultura Económica. 
  • Petronis, A., y Mill, J. (Eds.). (2011). Brain, behavior and epigenetics. Springer. 
  • Plomin, R., Martí Carbonell, A. (2002). Genética de la conducta. Ariel. 
  • Romá Mateo, C. (2016). La epigenética. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. 
  • Sassone-Corsi, P., y Christen, Y. (Eds.). (2012). Epigenetics, brain and behavior. Springer 
  • Simón Ferre, M.J., Gámiz Ruiz, F., Zafra Palma, M.A. (2022). Neurociencia del comportamiento: del laboratorio a la vida real. Aula Magna Proyecto clave McGraw Hill

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Biopsicoloxía/652438010

Materias que continúan o temario

Observacións

Para esta materia é altamente recomendable o coñecemento de inglés, necesario para ler libros e artigos científicos, ao tratarse dunha materia con temática moi actual, e ter acceso á información que se atopa dispoñible nas bases de datos científicas en Internet, a maioría internacionais. Tamén se recomenda ter coñecementos de informática a nivel usuario, para a utilización da plataforma Moodle e a preparación do portafolio.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías