Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Inclusión educativa e práctica psicopedagóxica Código 652511201
Titulación
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Correo electrónico
maria.castror@udc.es
Profesorado
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Correo electrónico
maria.castror@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia afóndase no significado da inclusión educativa coma un modo de resposta á diversidade que supera a perspectiva individual na búsqueda dunha resposta pedagóxica orientada á igualdade de oportunidades mediante a posta en práctica da xustiza curricular.
Analízanse os modelos teóricos que sustentan as prácticas psicopedagóxicas tradicionais e contrapóñense co modelo social da discapacidade, que analiza os condicionantes políticos, sociais e educativos que fundamentan as diversas interpretacións da acción psicopedagóxica.
Traballaránse en conseucencia as estratexiias propias dunha práctica psicopedagóxica inclusiva e a sua repercusión nos diversos ámbitos de intervención.


Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A7 Potenciar a xustiza curricular mediante o uso de estratexias didácticas respectuosas coa diversidade social, cultural e ambiental, analizando criticamente a experiencia histórica de exclusión educativa, e elaborando as adaptacións do currículo que garantan unha perspectiva inclusiva da educación
A8 Deseñar, implementar e avaliar prácticas educativas, programas e servizos que dean resposta ás necesidades das persoas, organizacións e colectivos específicos, promovendo a presenza, participación e éxito de todo o alumnado en contornos educativos e sociolaborais.
A12 Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero e deseñar propostas de orientación profesional que integren esta dimensión
B2 Aprender a aprender
B4 Capacidade de aplicar coñecementos na práctica psicopedagóxica
B8 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común AP8
CM4
Potenciar a xustiza curricular mediante o uso de estratexias didácticas respectuosas coa diversidade social, cultural e ambiental, analizando criticamente a experiencia histórica de exclusión educativa, e elaborando as adaptacións do currículo que garantan unha perspectiva inclusiva da educación AP7
Deseñar, implementar e avaliar prácticas educativas, programas e servizos que dean resposta ás necesidades das persoas, organizacións e colectivos específicos, promovendo a presenza, participación e éxito de todo o alumnado en contornos educativos e sociolaborais. AP8
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida CM7
Aprender a aprender BM2
Capacidade de aplicar coñecementos na práctica psicopedagóxica BM4
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional BM8
Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero e deseñar propostas de orientación profesional que integren esta dimensión AP12

Contidos
Temas Subtemas
Xusticia Curricular e inclusión educativa Factores de desigualdade individual, social e cultural. Acción preventiva e educadora.
Éxito e fracaso escolar Culturas Silenciadas
A construcción do éxito e do fracaso escolar
A avaliación do éxito e o fracaso escolar: estándares educativos e inclusión.
Políticas neoliberais e inclusión educativa
A xénese da anormalidade. Máis alá dos factores psicobiolóxicos As diferencias de capacidades.
A Avaliación das capacidades: A influencia dos factores sociais e culturais nos resultados.
Da segregación á integración educativa: Modelos de atención á diversidade e práctica psicopedagóxica Os fundamentos do traballo psicopedagóxico na Educación Especial segregada.

A Integración escolar como unha crítica práctica da Educación Espeical tradicional.

Modelo deficitario de resposta á diversidade e práctica psicopedagóxica asociada

A inclusión educativa como marco do traballo psicopedagóxico dende o Deseño Universal da Aprendizaxe
A inclusión: Unha crítica teórico- práctica á Educación Especial

Modelo social da discapacidade: Consecuencias na práctica psicopedagóxica

Análise da atención á diversidade no sistema educativo como punto de partida para a inclusión.

A orientación psicopedagóxica nunha escola inclusiva





Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais C4 2 0 2
Presentación oral A8 B8 C7 4 0 4
Discusión dirixida A12 B4 C4 6 6 12
Estudo de casos A7 B2 B4 B8 C4 C7 7 10 17
Seminario B2 B4 6 10 16
Simulación A12 B4 C4 1.5 28 29.5
Lecturas A8 A12 B2 C4 0 30 30
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Terán por obxecto indagar sobre os coñecementos previos e a motivación do alumnado sobre a temática de cada unidade ou bloque temático.
Presentación oral Dos conceptos chave de cada bloque temático e unidade . Da estructura e oganización dos contidos esenciais. Dos casos, informes e textos sobre os que se desenvolverá o traballo grupal e individual.
Discusión dirixida Tomando como base as lecturas indicadas no seminario, os casos prácticos estudados ou as indagacións que o alumnado realiza sobre as temáticas previamente fixadas, levarase a cabo unha discusión dirixida que ten como fin construír unha aprendizaxe significativa na que o alumnado revise, cuestione e faga seu o coñecemento.
Estudo de casos Ten por obxecto relacionar o coñecemento teórico e práctico sobre a problemática da inclusión educativa.
Permite analizar aspectos de avaliación diagnóstica e detección, tratamento individualizado e adaptacións do curriculum tanto desde unha perspectiva individual como institucional.
Seminario Será o núcleo principal da actividade presencial. Búscase unha participación informada do alumnado que se documentará previamente seguindo as orientación bibliográficas facilitadas.
Simulación Cada equipo de forma autónoma, seleccionará un tópico, un tema que consideran que pode estar de actualidade na práctica psicopedagóxica, por ser unha barreira para a inclusión do alumnado. Esta simulación reproducirase na aula mediante unha dramatización ou un video. Consta dos seguintes apartados: presentación da situación problemática, simulación da abordaxe e búsqueda de solución do equipo docente/DO/distintos axentes da comunidade educativa e realización dunha proposta adaptada á situación.
Lecturas As lecturas máis esenciais serán facilitadas con antelación á realización de cada sesión. O alumnado orientado pola bibliografía facilitada na materia, complementará estas lecturas coas da súa elección, utilizando bases de datos de calidade contrastada. A lectura é indispensable para propiciar unha discusión académica apropiada ao nivel do mestrado. Valorarase a súa incorporación nas distintas actividades de avaliación

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
Tanto nas sesións de docencia presencial como nas horas destinadas á titoría prestarase ao alumnado a atención personalizada que precise.
A diferencia de titulacións de acceso ao mestrado, pode dar lugar a que certo alumnado requira unha atención curricular e orientación específicas en determinados temas. Facilitaráselle, nese caso, bibliogría complementaria e adaptaranse as actividades a realizar no seminario, en función das necesidades e intereses.
O alumnado matriculado a tempo parcial debe acudir ben sexa presencial ou telemáticamente periódicamente ás titorías onde será asesorado para realizar un seguimento axeitado da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario B2 B4 Serán tomadas en conta na avaliación:

a)A participación activa do alumnado nos diferentes temas de debate. As aportacións realizadas nas que se pon de manifesto a consulta dos materiais proporcionados ou de pesquisa persoal.
b)A elaboración e análise de casos e a aportación creativa e informada na súa análise e nas propostas educativas de acción pedagóxica
20
Estudo de casos A7 B2 B4 B8 C4 C7 O estudo de casos terá como obxectivo analizar distintas situacións que se deben abordar dende a práctica docente que afectan directamente á inclusión ou exclusión do alumnado e que poden derivar tanto de prácticas específicas das escolas como das medidas estruturais do sistema educativo e social. En torno a estas situacións ou casos, iránse vencellando todos os contidos da materia. O traballo poderá ser individual ou en equipo. A estrutura de traballo será:
1. Descrición detallada dunha situación.
2. Identificación das posibles causas que a orixinan e formulación de hipóteses de traballo, que estarán fundamentadas tanto con referencias bibliográficas como con referentes normativos e lexislativos.
3. Propostas de cambios para a superación ou prevención das barreiras á inclusión educativa no marco do Deseño Universal de Aprendizaxe.
4. Identificación do impacto das acción derivadas do macrosistema social e educativo nas prácticas específicas de cada centro/aula.
50
Simulación A12 B4 C4 Cada equipo de forma autónoma, seleccionará un tópico, un tema que consideran que pode estar de actualidade na práctica psicopedagóxica, por ser unha barreira para a inclusión do alumnado. Esta simulación reproducirase na aula mediante unha dramatización ou un video. Consta dos seguintes apartados: presentación da situación problemática, simulación da abordaxe e búsqueda de solución do equipo docente/DO/distintos axentes da comunidade educativa e realización dunha proposta adaptada á situación. 30
 
Observacións avaliación

O alumnado con recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir a titorías
para fixar as sesións interactivas e expositivas nas que poderá estar
presente co fin de determinar os traballos sustitutorios, se fose o
caso. Nesta titoría será informado do procedemento de avaliación que
será o que resulte máis acaído en función da súa presencia/ausencia nas
sesións interactivas. De ser o caso, o alumnado poderá realizar
individualmente os traballos que sustitúen a súa participación no
seminario. En calquera caso debe realizar a proba de ensaio. As porcentaxes na avaliación son as mesmas que no grupo xeral. As condicións son idénticas na primeira e segunda
oportunidade.

Recoméndase
enviar os traballos telematicamente e, de non ser posible, non utilizar
plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar
imprimir borradores.

Débese facer
un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o
medio natural.Débese ter
en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

En xeral, tanto para valorar os traballos, como a participación nos debates e o exame final terase en conta:
•    a utilización do coñecimento disponível;
•    a comprenson das ideias básicas desenvolvidas;
•    o domínio conceptual;
•    a elaboración de ideias;
•    a capacidade para relacionar ideias;
•    a profundidade nas análises e na sua fundamentación;
•    a capacidade crítica, e
•    o estilo próprio e a claridade expositiva de esquemas e do seu desenvolvimento.

Seguirase a normativa universitaria no que  respecta á 
perspectiva de xénero no  desenvolvemento da materia . Recoméndase utilizar linguaxe non sexista
nos traballos académicos e citación xusta nas referencias
bibliográficas dos mesmos.


Fontes de información
Bibliografía básica Sánchez-Serrano, J. Manuel (2024). El DUA en la cuerda floja: un análisis de las críticas al modelo.. Estudios Sobre Educación, 46, 57-77.
Gonzalez-Gil, F., Martín-Pastor, E. y Poy, R. (2019). (2019). Educación inclusiva: barreras y facilitadores para su desarrollo. Análisis de la percepción del profesorado. Profesorado. Revista de Currículum y Formación de Profesorado, 23(1), 243- 263.
NÚÑEZ MAYÁN, Mª Teresa (2006). Da segregación á inclusión Educativa. Santiago. Laiovento
CERMI (2016). Derechos Humanos y Discapacidad. Madrid. CINCA
BARTON, Len (Comp.) (1998). Discapacidad y sociedad. Madrid. Morata - Fundación Paideia
Alba Pastor, Carmen (2018). Diseño Universal para el Aprendizaje un modelo didáctico para proporcionar oportunidades de aprender a todos los estudiantes. . Padres y Maestros/Journal of Parents and Teachers, (374), 21-27.
ECHEITA, G. (2017). Educación Inclusiva: Sonrisas y lágrimas. Aula Abierta, nº 46
CALDERÓN, I. y HABEGGER, S. (2012). Educación, Hándicap e inclusión. Octaedro
Núñez Mayán, Teresa (2019). El estancamiento de la educación Inclusiva . Revista de Educación Inclusiva,12,1pp.67-96
AINSCOW, Mel (2000). Funcionamiento de las aulas inclusivas. Madrid. Narcea
DADZIE, Stella (2004). Herramientas contra el racismo en las aulas. Madrid. Morata
TORRES SANTOMÉ, Jurjo (2012). Justicia curricular. El caballo de Troya de la cultura escolar. Madrid. Morata, 2ª edic
DUBET, François (2005). La escuela de las oportunidades ¿Qué es una escuela justa?. . Barcelona. Gedisa
LEÓN, G. Y SOLA, T. (2018). Liderando investigación y prácticas inclusivas. Granada. Ed. Universtitaria
ECHEITA, G. et al (2011). Orientación Educativa y atención a la diversidad e inclusión educativa. Graó
SKLIAR ,C. (2017). Pedagogías de las diferencias. Noveduc. Praxis Educativa
GIMENO SACRISTÁN, José (Comp.) (2010). Saberes e incertidumbres sobre el currículum. Madrid. Morata
BARTON, Len (2008). Superar las barreras de la discapacidad.
SLEE, Roger (2012). Una escuela extraordinaria. Exclusión, escolarización y educación inclusiva. Madrid. Morata

Bibliografía complementaria (). .
ARNOT, Madeleine (2009). Coeducando para una ciudadanía en igualdad. Madrid. Morata
RUDDUCK, Jean e FLUTTER, Julia (2007). Cómo mejorar tu centro escolar dando la voz al alumnado. Madrid. Morata
NUSSBAUM, Martha C. (2012). Crear capacidades. Propuesta para el desarrollo humano. Barcelona. Paidós
STEINBERG, Shirley R. e KINCHELOE, Joe L. (2000). Cultura infantil y multinacionales. Madrid. Morata
PARASKEVA, João (2006). Currículo e Multiculturalismo. Lisboa. Pedago
APPLE, Michael W.; AU, Wayne e GANDIN, Luís A. (Comps.) (2011). Educação crítica. Análise internacional. Porto Alegre, Brasil. Artmed
ADORNO, Theodor W. (1998). Educación para la emancipación. Madrid. Morata
GIMENO SACRISTÁN, José (2003). El alumno como invención. Madrid. Morata
NÚÑEZ,M.T (2019). El estancamiento de la educación Inclusiva. Revista de Educación Inclusiva,12,1pp.67-96
GIMENO SACRISTÁN, José (2012). En busca del sentido de la educación. Madrid. Morata
ZIZEK, Slavoj (2007). En defensa de la intolerancia. Madrid. Sequitur
AYERS, WIlliam e ALEXANDER-TANNER, Ryan (2013). Enseñar, un viaje en cómic. Madrid. Morata
FRASER, Nancy (2008). Escalas de justicia. Barcelona. Herder
APPLE, Michael W. e BEANE, James A. (Comps.) (2005). Escuelas democráticas. Madrid. Morata, 4ª ed
WRIGLEY, Terry (2007). Escuelas para la esperanza. Una nueva agenda hacia la renovación. Madrid. Morata
CONNELL, R. W. (2006). Escuelas y justicia social. Madrid. Morata, 3ª ed
TOMLINSON, Carol Ann (2005). Estrategias para trabajar con la diversidad en el aula. Barcelona. Paidós
LYNCH, Katheleen; BAKER, John e LYONS, Maureen (2014). Igualdad afectiva: amor, cuidado y justicia. Madrid. Morata -Fundación Paideia
GARDNER, Howard (1993). La educación de la mente y el conocimiento de la disciplinas. Lo que todos los estudiantes deberían comprender. Barcelona. Paidós
GUTMANN, Amy (2001). La educación democrática: una teoría política de la educación. Barcelona. Paidós
SLEE, R. (2012). La escuela extraordinaria. Ediciones Morata
GOULD,Stephen (1981). La falsa medida del hombre. Antoni Bosch editor
HABERMAS, Jürgen (1999). La inclusión del otro. Estudios de teoría política. Barcelona. Paidós
GIROUX, Henry A (2003). La inocencia robada. Juventud, multinacionales y política cultural. Madrid. Morata
LÓPEZ SÁNCHEZ, Félix (2009). Las emociones en la educación. Madrid. Morata
NUSSBAUM, Martha C (2007). Las fronteras de la justicia. Consideraciones sobre la exclusión. Barcelona. Paidós
KYMLICKA, Will (2009). Las odiseas multiculturales. Las nuevas políticas internacionales de la diversidad. Barcelona. Paidós
BAUMAN, Zygmunt (2007). Los retos de la educación en la modernidad líquida.. Barcelona. Gedisa
TORRES SANTOMÉ, Jurjo (2008). Multiculturalismo Anti-Racista. Porto. Profedições
FREIRE, Paulo (1993). Pedagogía de la esperanza. México. Siglo XXI
TORRES,J. (2017). Políticas educativas y construcción de personalidades neoliberales y colonialistas. Ediciones Morata
McCARTHY, Cameron (1994). Racismo y educación. Madrid. Morata -Fundación Paideia
KINCHELOE, Joe L. e STEINBERG, Shirley R. (1999). Repensar el multiculturalismo. Barcelona. Octaedro
PARRILLA, A. SUSINOS, T. , GALLEGO, C. Y MARTÍNEZ, B. (2017). Revisando críticamdente cómo investigamos en educación inclusiva. Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, vol 35 (3)
EPSTEIN, Debbie e JOHNSON, Richard (2000). Sexualidades e institución escolar. Madrid. Morata - Fundación Paideia
STOBART, Gordon (2010). Tiempos de pruebas: Los usos y abusos de la evaluación. Madrid. Morata
FOUCAULT, Michel (1982). Vigilar y castigar. Madrid. Siglo XXI, 3ª ed.
SPIVAK, Gayatri Chakravorty (2009). ¿Pueden hablar los subalternos? . Barcelona. Museu d´Art Contemporari
FRASER, Nancy e HONNETH, Axel (2006). ¿Redistribución o reconocimiento?. Un debate político-filosófico. Madrid. Morata - Fundación Paideia


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporarase a perspectiva de xénero. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías