Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Desenvolvemento psicolóxico e apredizaxe escolar Código 652606004
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Cuevas Gonzalez, Lino Manuel
Correo electrónico
lino.cuevas@udc.es
Profesorado
Barca Enríquez, Eduardo
Cuevas Gonzalez, Lino Manuel
Correo electrónico
e.barcae@udc.es
lino.cuevas@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Desenvolvemento psicolóxico e aprendizaxe escolar pon énfase nos aspectos psicolóxicos do desenvolvemento das persoas e nas variables que inflúen na aprendizaxe escolar e, de forma moi especial, nestes aspectos e naquelas persoas que presentan necesidades específicas de apoio educativo.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 (CE-G1)Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións
A2 (CE-G2)Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe
A3 (CE-G3)Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 4. (CE-G4)Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes
A9 9. (CE-G9)Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia
A10 10. (CE-G10)Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
A14 CE-G14) Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A29 CE-E15) Coñecer a evolución do mundo laboral, a interacción entre sociedade, traballo e calidade de vida, así como a necesidade de adquirir a formación axeitada para a adaptación apropiada e permanente das distintas profesións (FP).
A30 CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización..
A31 (CE-P2) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente
A32 (CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia
A33 (CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións. Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe. Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais. Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes. Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia. Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade. Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade. Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións. Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización AP1
AP2
AP3
AP4
AP9
AP10
AP14
AP24
AP27
AP29
AP30
AP31
AP32
AP33
CM1
CM3
CM4
CM7
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. AP1
AP2
AP3
AP4
AP9
AP10
AP14
AP24
AP27
AP29
AP30
AP31
AP32
AP33
CM1
CM3
CM4
CM7

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I: HISTORIA E CONCEPTO TEMA 1: Historia
TEMA 2: Concepto
BLOQUE II: DESENVOLVEMENTO PSICOLÓXICO TEMA 3: Desenvolvemento piscolóxico de 0 a 2 anos
TEMA 4: Desenvolvemento piscolóxico de 2 a 6 años
TEMA 5: Desenvolvemento piscolóxico de 6 a 12 años
TEMA 6: Desenvolvemento piscolóxico na adolescencia
BLOQUE III: APRENDIZAXE ESCOLAR TEMA 7: Concepcións sobre o ensino
TEMA 8: Concepcións sobre a aprendizaxe
TEMA 9: Metodoloxías didácticas
TEMA 10: Variables cognitivo-motivacionais e socio-emocionais na aprendizaxe
TEMA 11: A avaliación d aprendizaxe.
TEMA 12: A comunicación
BLOQUE IV: TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO E NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS TEMA 13: Por trastornos do comportamento.
TEMA 14: Por trastornos da linguaxe
TEMA 15: Por trastornos sensoriais e/ou motrices
TEMA 16: Por trastornos intelectuais
TEMA 17: Autismo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A4 A10 A24 A27 A29 A30 A31 C1 C3 C4 C7 10 0 10
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A9 A10 A27 A29 A30 A31 C1 C4 C7 10 0 10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A9 A10 A14 A27 A29 A30 A32 A33 A34 C1 C4 C7 6 28 34
Lecturas A1 A2 A4 A10 A27 A29 A30 C4 C7 0 2 2
Proba obxectiva A1 A2 A4 A10 A27 A30 C1 C7 2 40 42
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Esta modalidade acostuma reservarse para unha lección impartida polo profesor, cun contido que supñon unha elaboración orixinal e basada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información.
Estudo de casos Presentación e descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser identificado, recoñecido, comprendido e valorado polo alumno/a, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase #ante un problema concreto que lle describe unha situación real da vida e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular. Os casos tratarán sobre os distintos trastornos que se poden presentar no desenvolvemento e aprendizaxe escolar. Os coñecementos necesarios para levar a cabo axeitadamente os estudos serían impartidos previamente.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. Propoñerase a realización de traballos de grupo, de carácter obrigatorio, ao redor dos temas centrais da materia e para o inicio da súa elaboración facilitarase un pequeno dossier a partir do cal o alumnado deberá ir profundando na materia obxecto de estudo. O resultado dese traballo exponse de forma interactiva utilizando a metodoloxía da presentación oral.
Lecturas Constitúen un conxunto de textos e temas que irán xurdindo a medida que se avanza na exposición e desenvolvemento da materia e que o alumnado poderá ler para proceder a unha recensión que lle permita profundar nos contidos de interese relacionados (directa ou transversalmente) coa materia
Proba obxectiva Proba utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc. É de aplicación tanto para a avaliación formativa como sumativa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Lecturas
Descrición

Estas metodoloxías requiren de orientación e seguimento por parte do profesor tanto en horas de clase (que se fará nos grupos interactivos) como en horas de titoría, segundo demándeno os alumnos e/o crea conveniente o profesor. Todo iso coa finalidade de realizar un seguimento preciso do alumnado e das súas actividades de aprendizaxe. Será virtual e/o presencial, atendendo ás circunstancias e aos recursos tecnolóxicos existentes.
A atención personalizada farase, globalmente, mediante titorías personalizadas directas e virtuais, individuais e grupais..

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A9 A10 A14 A27 A29 A30 A32 A33 A34 C1 C4 C7 Requirirán dunha exposición e defensa oral por parte do grupo encargado de cada tema. A valoración desta exposición rexerase pola diractrices que elabora o máster para a realización do TFM. 30
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A9 A10 A27 A29 A30 A31 C1 C4 C7 A realización correcta de cada caso proposto achegará unha puntuación á cualificación final. Cada caso correctamente resolvido puntuará a porcentaxe correspondente do peso total. En caso contrario, non puntuará. 20
Proba obxectiva A1 A2 A4 A10 A27 A30 C1 C7 Exame sobre os contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais e sobre o dossier e outros materiais achegados polo profesor. Constará dun mínimo de 40 e un máximo de 160 preguntas, con 4 alternativas das cales só 1 (unha) será correcta. Para a súa corrección aplícase a fórmula de corrección do azar, é dicir, téñense en conta os erros e as omisións que se produzan. Débese obter, como mínimo, unha puntuación de catro sobre dez. 40
Lecturas A1 A2 A4 A10 A27 A29 A30 C4 C7 Valorarase o nivel de profundización e a capacidade de reflexión do alumnado sobre cada lectura proposta. 10
 
Observacións avaliación

Tanto
a realización da proba obxectiva como os traballos tutelados e a súa
correspondente presentación e defensa considéranse obrigatorias para superar a
materia. As cualificacións obtidas nestes apartados sumaranse ás obtidas nos
restantes (estudos de casos e lecturas). A materia considérase aprobada a
partir de cinco (5). Calquera puntuación inferior significa unha cualificación
de Suspenso. O non enchemento dun ou ambos os apartados obrigatorios significa
a cualificación de Non Presentado.

 A cualificación final (tanto na primeira
oportunidade, como na segunda oportunidade, así como na oportunidade de
convocatoria anticipada) basearase na avaliación destes catro apartados: o
exame ou proba obxectiva, os traballos tutelados, o caso Os estudos e as
lecturas. O peso da proba obxectiva representa o 40% da cualificación final: o
peso do traballo tutelado representa o 30% da cualificación final; o peso dos
casos prácticos representa o 20% da cualificación final e o peso das lecturas
representa o 10% da cualificación final.

En
principio, a porcentaxe que dispensa a axuda irá en función do tipo de
matrícula dos estudantes, seguindo as condicións de matrícula que estableza a
UDC.

 Como se explicou anteriormente, estes catro
apartados deberán ser cumprimentados tanto na primeira oportunidade, como na
segunda oportunidade, así como con aviso previo.

 

NORMAS
ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA: Alumnos con recoñecemento de dispensa
académica 

Segundo
o establecido na “NORMA REGULADORA DO RÉXIME DE DEDICACIÓN Ao ESTUDO E DE
PERMANENCIA E PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES UNIVERSITARIOS DE GRAO E MÁSTER DA
UNIVERSIDADE DE a CORUÑA (aprobada polo Consello Social de 04/05/2017): 

Deberá
poñelo en coñecemento do profesor na primeira semana de clases, ou, se isto non
fose posible, nun prazo non maior a 7 días despois de outorgado o
recoñecemento. 

Terán
que realizar, de forma individual, todas as actividades/traballos propostos ao
longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo profesor. Se a entrega
non se completa na data indicada, unha cualificación considerarase Non
Presentada, xa que segundo o establecido nas “NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E
RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS DE GRAO E MÁSTER”,
Artigo 21.2: Considerarase Considérase "Non presentado" (NP) a aquel
estudante que, estando matriculado nunha materia, non participou nas diferentes
actividades de avaliación establecidas para o curso académico. A falta de
regulación específica para cada título, considerarase que debe ser cualificado
como "Non presentado": a) cando non completase o proceso de
avaliación continua, nas condicións recollidas na guía docente, ou b) cando non
se presentou á proba do oficial de avaliación do período .

A
nota será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados
durante o curso e a nota da proba realizada na data do calendario oficial de
exames, cun aprobado (5 sobre 10) en cada parte para poder aprobar a materia.
Se non aprobas algunha das partes, na segunda oportunidade deberás repetir
todas as partes non aprobadas (actividades/traballo e/ou proba) na primeira
oportunidade.   Cando se suspenda unha
actividade, a nota segundo o recolleito será a de suspensión, que pode ser a
nota da actividade suspendida ou a media ponderada das actividades suspendidas.

Para
a avaliación continua das persoas asistentes solicítase  o 80% de asistencia ás aulas , pero  cando non se cumpra o 80% e non conten con
dispénsaa académica , NON SE PRESENTARÁ a cualificación e deberán presentarse
na próxima oportunidade. .

 E tamén 
a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación , unha
vez acreditada, supoñerá directamente a cualificación de suspensión na
convocatoria en que se cometa: o estudante será cualificado con
"Suspensión" (nota numérica 0) na correspondente convocatoria da ano
académico, xa sexa que a infracción se cometa na primeira oportunidade ou na segunda.
Para iso procederá a modificar a súa cualificación na acta da primeira
oportunidade, se fose necesario.

 Todos os aspectos relacionados con
"exención académica", "dedicación ao estudo",
"permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa
normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica
Bautista, R. (1993). Necesidades educativas especiales. Archidona: Aljibe. BERGER, K.S. e THOMPSON, R.A. (1997): Psicología del desarrollo: Infancia y adolescencia. Madrid: Editorial Médica Panamericana. BERK, L.E. (1999): Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice Hall. Blanco, R. y otros (1992). Alumnos con necesidades educativas especiales y adaptaciones curriculares. Madrid: Centro Nacional de Recursos para la educaci?n especial Educación Especial. Cadenas, C. (1994). Enseñar y aprender en una escuela para todos. Madrid: Centro Nacional de Recursos para la Educación Especial Cañadas, L. (1991-1993). Guía para la búsqueda documental: necesidades educativas especiales. Madrid: Centro Nacional de Recursos para la Educación Especial Castanedo, C. (2001). Bases psicopedagógicas de la educación especial. Madrid: CCS CORDOBA, A.I; DESCALS, A. E GIL, M.D. (Coords.) (2006): Psicología del Desarrollo en la Edad Escolar. Madrid: Pirámide CRAIG, G.J. (2001): Desarrollo psicológico. México: Prentice Hall (8ª ed FELMAN, R.S. (2008): Desarrollo en la infancia. México: Prentice Hall (4ª ed García, E. (1988). La integración escolar: aspectos psicosociológicos. Madrid: UNED García Pastor, C. (Coor.) (1992). La investigación sobre la integración: tópicos, aproximaciones y procedimientos. Salamanca: Amarú. Garrido, J. (1990). Progamación de actividades para educación especial. Madrid: CEPE.

Gisbert Alós et al. (1981). Educación especial. Madrid: Cincel. GONZÁLEZ, E. (Coord.) (2000): Psicología del ciclo vital. Madrid: CCS González, A. y Sabaté, J. (1992). La integración de alumnos con necesidades educativas especiales (Ciclo superior de E.G.B.). Madrid: M.E.C. (Centro Nacional de Recursos de Educación Especial). Hegarty, S. (1988). Aprender juntos: la integración escolar. Madrid: Morata. Lou Royo, M.A. y López Urquízar, N. (1998). Bases psicopedagógicas de la educación especial. Madrid: Pirámide. Marchesi, A., Coll, C. y Palacios, J. (Comps.)(1999, edición revisada). Desarrollo psicológico y educación, III. Madrid: Alianza. MIETZEL, G. (2005): Claves de la psicología evolutiva. Infancia y juventud. Barcelona: Herder. MIRAS, F.; SALVADOR, F. e ÁLVAREZ, J. (2001): Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Granada: Grupo Editorial Universitario MORALEDA, M. (1992): Psicología del desarrollo. Infancia, adolescencia, madurez y senectud. Barcelona: Boixareu Universitaria Moya, A., Barrero, N., Reyes Rebollo, M. e Ipland, J. (2000). Enfoque multidimensional de las Necesidades Educativas Especiales. Huelva: Hergué. PAPALIA, D.E., WENDKOS, S. e DUSKIN, R. (2005): Desarrollo humano. Madrid: McGraw-Hill (9ªed PERINAT, A. (2002): Psicología del desarrollo. Del nacimiento al final de la adolescencia.Barcelona: UOC RICE, F.P (2000): Desarrollo humano. Estudo del ciclo vital. México: Prentice- Hall. Sánchez Palomino, A. y Torres González, J.A. (1997). Educación especial (I y II). Madrid: Pirámide. TRIANES, M.V. e GALLARDO, J.A. (Coords) (2004): Psicología de la educación y del desarrollo en contextos escolares. Madrid: Pirámide. Toledo, M. (1981). La escuela ordinaria ante el niño con necesidades educativas especiales. Madrid: Santillana. Varios (1992). Alumnos con necesidades educativas especiales y adaptaciones curriculares. Propuesta de Documento Individual de Adaptaciones Curriculares (D.I.A.C.). Madrid: M.E.C. (Dirección General de Renovación Pedagógica y Centro Nacional de Recursos para la Educación Especial VV.AA. (1994) La educación especial en el marco de la LOGSE: situación actual y perspectivas de futuro. Madrid: Secretaría de Estado de Educación.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Se recomienda los envíos de los trabajos telemáticamente y si no es posible, no utilizar plásticos, elegir la impresión a doble cara, emplear papel reciclado y evitar imprimir borradores.

Se debe hacer un uso sostenible de los recursos y la prevención de impactos negativos sobre el medio natural.

Se debe tener en cuenta la importancia de los principios éticos relacionados con los valores de la sostenibilidad en los comportamientos personales y profesionales



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías