Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A24 |
(CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo. |
A26 |
(CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade. |
A27 |
(CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións. |
A30 |
CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.. |
A31 |
(CE-P2) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente |
A32 |
(CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia |
A33 |
(CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica. |
A34 |
(CE-P5) Coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas (FP) |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
1. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando
procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das
respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel de formación dos estudantes. |
AP24 AP26 AP27 AP30 AP31 AP33
|
|
CM1 CM3 CM5 CM7
|
Adquirir as habilidades para xestionar os procesos de interacción e comunicación na aula. |
AP32
|
|
|
3. Adquirir as habilidades sociais necesarias para a promociión da aprendizaxe
e da convivencia na aula e para tratar problemas de disciplina e resolución de
conflitos.
|
AP26 AP31 AP32
|
|
CM1
|
4. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe promotores da equidade, da educación emocional e en valores da igualdade entre homes e mulleres, da formación dunha cidadanía global para os dereitos humanos. |
AP24 AP26 AP27 AP30 AP31
|
|
|
5. Analizar as dinámicas organizativas e de funcionamento do centro de practicas.
|
AP30 AP31
|
|
CM1
|
6. Vivenciar, contrastar e valorar, nun escenario real, as contribucións dos
diferentes módulos teóricos, e tomar conciencia das funcións da profesión
docente e dos coñecementos, actitudes e destrezas que se requiren para o seu
exercicio.
|
|
|
CM1 CM3 CM7
|
Analizar os aspectos organizativos e curriculares da formación en centros do traballo e identificar
as caracteristicas das empresas onde se realiza esta formación |
AP24 AP26 AP34
|
|
CM5
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
O centro: organización e funcionamiento, oferta educativa e recursos. |
- Organos de Goberno
- O Departamento de Información e Orientación Profesional ou o Departameto de Orientación
- O Departamento de FOL ou da especialidade na que realiza as prácicas
- Culturas organizativas
- Oferta Educativa
-Recursos humanos
- Recursos materiais (informáticos, instalacións, etc.) |
O centro: instrumentos de planificacion |
Proxecto Educativo /Proxecto Funcional
A programación dos módulos ou materias da especialidade
Plano de Acción Titorial
Plano de Orientacion Académica e Profesional
Atención á diversidade: perfil do alumnado e medidas.
Plan de Convivencia
Proxecto lingüístico
Plan de igualdade e incorporación transversal da perspectiva de xénero.
A formación en centros de traballo
Outros programas
Ámbitos de innovación educativa
|
O Ciclo formativo |
- Perfil profesional
- Modulos e unidades de competencia
- Sector produtivo e contorna socioeconómica
- Mercado laboral do ciclo
- A formacion en centros de traballo e as empresas do sector
|
A aula: praxe docente e alumnado |
A praxe docente
- Integración da visión de xénero
- Integración das TIC e da competencia dixital
- Metodoloxía
- Avaliación: concepción, modalidades, técnicas e instrumentos
- Lingua/s de ensino
- Medidas para a atención á diversidade
- As outras funcións do profesorado
- ámbitos de innovación educativa
O alumnado do grupo clase
- Perfil sociolingüístico
- Competencia dixital
- Resultados da avaliación inicial
- Procedencia académica
- Expectativas académicas e profesionais
- Necesidades educativas específicas
|
Deseño e desenvolvemento de propostas didácticas |
Fundamentación teórica e legal
Obxectivos e contidos
Metodoloxía
Actividades e recursos
Atención á diversidade
Avaliación
Desenvolvemento a valoración da proposta |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
A1 A26 A27 C1 |
6 |
0 |
6 |
Portafolios do alumno |
A24 A26 A27 A30 A31 C5 C7 |
0 |
133 |
133 |
Sesión maxistral |
A24 C7 |
2 |
0 |
2 |
Saídas de campo |
A24 A27 A30 A31 A32 A33 A34 C1 C3 C5 C7 |
90 |
60 |
150 |
|
Atención personalizada |
|
9 |
0 |
9 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
Ten por obxectivo a reflexión e análise da experiencia de prácticas. Realízase en dous momentos que se corresponden coas sesiòns de seguimento e avaliación final do Practicum. As temáticas que van ser obxecto de discusión son os contidos que se específican no apartado correspondente desta guía. |
Portafolios do alumno |
Adopta a forma que se establece para a memoria de prácticas. Polo tanto ha de incorporar os contidos que se indican no documento marco do Practicum. |
Sesión maxistral |
Está destinada á presentación dos aspectos organizativos e currículares do Practicum (funcións do profesorado titor, duración, avalación e sesións de seguimento e final) e ofrece pautas sobre os aspectos a observar e analizar, establecendo conexións coas materias do módulo xenérico e especifico que aportan máis elementos para a observación e análise do que acontece a nviel de centro e de aula. |
Saídas de campo |
A saída de campo corresponde coa estadía do alumnado no centro de Prácticas que se desenvolve en dous períodos: 11-12 de xaneiro e do 1 de febreiro ao 6 de marzo.
Este período de formación permite :
- Caracterizar á realidade do ensino para ir configurando unha visión propia, fundamentada e vivencial do centro e da aula.
- Observar, e reflexionar, vinculando as achegas teóricas e legais das materias do Mestrado co a análise e reflexión do que acontece a nivel de centro e de aula.
- Deseñar e por en práctica unha proposta didáctica.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Saídas de campo |
|
Descrición |
A titorización será compartida polo profesorado titor da Facultade e dos centros de prácticas. O primeiro aporta as orientacións iniciais e supervisa a memoria de prácticas a través das sesións de presentación, seguimemto e avaliación, así como da atención individualizada no horario de titorías.
As datas das sesións de seguimento e avaliación publícanse en moodle. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A24 A26 A27 A30 A31 C5 C7 |
Adopta a estrutura e contidos que se establecen na Guía de Prácticas. A cualificación da memoria de prácticas corresponde ao profesorado titor da Facultade. Para a súa avaliación utilízase unha rúbrica que está dispoñible en moodle. |
50 |
Saídas de campo |
A24 A27 A30 A31 A32 A33 A34 C1 C3 C5 C7 |
O/a titor/a do centro de prácticas é o responsable da súa avaliación, conforme aos criterios especificados na escala de valoración que se recolle na Guía de Prácticas. |
50 |
|
Observacións avaliación |
REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A cualificación das prácticas poderá ser non presentado, suspenso (1 a 4.9), aprobado (5 a 6.9), notable (7 a 8.9) e sobresaliente (9 a 10). Non realizar as prácticas estando matriculado na materia supón un NP. Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións outorgadas polo profesorado titor do centro de prácticas e da Facultade. No caso de non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota da parte non superada. A cualificación final será, sempre que se aproben as dúas partes, o resultado da media entre a cualificación outorgada polo/a titor/a do centro e polo/a titor/a da Universidade. Non ter presentada a memoria (portafolios) tendo as prácticas no centro aprobadas implica a cualificación de non presentada. A revisión da cualificación realízaa o profesorado titor da UDC e servirá para reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. No que respecta a cualificación outorgada polo profesorado titor dos centros non é susceptible de enmenda. O titor/a de Facultade informará da cualificación recibida nos distitnos criterios de avaliación. Esta información proporcionarase na data e horario fixados para a revisión da cualificación do Practicum. Na segunda oportunidade de avaliación: -
A memoria pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere esta
parte na primeira oportunidade terá a ocasión de mellorala para a
segunda. Non presentar o portafolios tendo as prácticas superadas implica unha cualificación de NP. -
As practicas no centro non poden recuperarse, polo tanto a cualificación obtida na primeira oportunidade mantense para a segunda.
LINGUAXE INCLUSIVA E CITACIÓN XUSTA A utilización da linguaxe inclusiva é obrigatoria. Co
obxectivo de visibilizarmos as autoras nas referencias bibliográficas,
recoméndase utilizar a citación xusta, para a que se poden
consultar as seguintes fontes: FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA Ausencia de citación de fontes As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7º edición. Co obxectivo de promover a citación xusta, nas referencias bibliográficas incluirase o nome dos autores e das autoras. Plaxio e calquer outro tipo de fraude académico será motivo de suspenso, tal é como se regula no artigo 14.4 da normativa académica de avaliación da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual
Todos os aspectos relacionados
con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude
académica” rexeranse pola normativa
académica vixenteda UDC
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Mestrado de Profesorado UDC (2020). Guía das Prácticas Docentes 2020-2021. http://www.educacion.udc.es/mestrados/secundaria/?pagina=practicum |
Na medida en que no Practicum converxen contidos da maioría das materias do Mestrado, as fontes para o deseño da proposta didáctica e para a elaboración dos distintos apartados da memoria xa foron proporcionadas no resto das materias. Na GUIA DAS PRACTICAS DOCENTES_23-24.pdf (udc.es) pode profundarse sobre os distintos elementos curriculares do Practicum: obxectivos, estrutura da memoria de Practicum, avaliación (axentes, criterios de avaliación e instrumentos), procedemento de escolla do profesorado titor e do centro, calendario ( datas para a escolla de profesorado titor, para a realización do practicum, para a entrega da memoria na primeira na segunda oportundiade, para as reunións co profesorado titor da Facultade, etc). |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL Débese facer un uso sustentábel dos recursos co obxecto de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. En coherencia cos principios enunciados, a memoria de prácticas será dixital. |
|