Identifying Data 2024/25
Subject (*) Vocational training and labour market Code 652606611
Study programme
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree Yearly
First Obligatory 4
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Perea Vega, Gustavo Ariel
E-mail
gustavo.perea@udc.es
Lecturers
Perea Vega, Gustavo Ariel
E-mail
gustavo.perea@udc.es
Web
General description Esta materia ten como finalidade que o alumnado coñeza a estrutura e organización da formación profesional e que comprenda a sua relación co mercado laboral e a súa importancia para a función orientadora que lle compete o profesorado da especialidade de FOL. A tarefa que se propón é un estudo de caso que esixe a aplicación e afondamento nas temáticas que se abordan na materia.

Competencies / Study results
Code Study programme competences / results
A15 CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A29 CE-E15) Coñecer a evolución do mundo laboral, a interacción entre sociedade, traballo e calidade de vida, así como a necesidade de adquirir a formación axeitada para a adaptación apropiada e permanente das distintas profesións (FP).
A31 (CE-P2) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente
A34 (CE-P5) Coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas (FP)
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences / results
Describir as modalidades de formación profesional, a vinculación entre elas, a súa estrutura , o sistema de acceso e as saídas profesionais e aplicar estos coñecementos na proposta de itinerarios formativos. AJ15
AJ16
AJ17
AJ18
AJ29
Comprender e utilizar axeitadamemnte a terminoloxía relativa ao mercado laboral e á formación profesional. AJ16
AJ31
CC7
Deseñar un itinerario de formación incorporando a perspectiva de xénero e a análise do mercado profesional. AJ17
CC4
Buscar, seleccionar e utilizar as fontes de información para elaborar un itinerario de formación. AJ18
CC3
Valorar e comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero na formación profesional e saber como se pode integrar AJ15
AJ16
AJ17
AJ18
AJ29
CC4
Caracterizar a evolución e os trazos actuáis do mercado laboral e analizar a súa relación co proceso de precarización laboral e a perda de dereitos laborais AJ15
AJ16
AJ17
AJ18
AJ29
CC4
Analizar a tipoloxia e sistemas organitivos empresarias e valorar as súas implicacións para o proxecto profesional. AJ34
CC3
CC4
Utilizar e valorar as tecnoloxías dixitais para a busca, elaboración, presentación e difusión de información e recursos didácticos . CC3
CC6
CC7
Utilizar e constrastar distintas fontes de información que lle permiten exercer unha cidadanía crítica e formular e valorar solucións orientadas ao ben común AJ17
AJ29
CC4
Identificar as necesidades de formación vinculadas ós contidos da materia e ás competencias profesionais da titulación e coñecer recursos e ofertas para a formación. AJ18
CC7

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1. Formación profesional e mercado laboral -Organización e estrutura da formación profesional.
- Formación profesional inicial e formación profesional para o emprego
- As competencias clave
- Recoñemento, avaliación e acreditación das cualificacións
- - A formación profesional no marco das políticas educativas e de emprego da unión europea.
- Organismos e institucións galegos, estatais e europeos do ámbito da Formación Profesional.
- Historia e evolución do traballo.
- Evolución e características do mercado laboral.
- A formación ao longo da vida.
- A perspectiva de xénero na Formación Profesional.
Tema 2. Mercado laboral e políticas de emprego Conceptos básicos de referencia
- Mercado laboral: concepto e compoñentes
- Tendencias na evolución do mercado laboral
- Trazos actuais do Mercado Laboral e crise de emprego
- Fontes de información sobre o Mercado Laboral
- As políticas activas de emprego

Planning
Methodologies / tests Competencies / Results Teaching hours (in-person & virtual) Student’s personal work hours Total hours
Document analysis A15 A16 A17 A29 C4 C7 3 20 23
Case study A18 A34 C6 3 22 25
Guest lecture / keynote speech A15 A16 A17 A18 A29 A34 C3 C4 C7 15 0 15
Long answer / essay questions A16 A17 A18 A29 C7 C4 2 21 23
Oral presentation A18 A31 5 7 12
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Document analysis O alumnado usará fontes bibliográficas e webgráficas para afondar nas temáticas expostas nas sesións maxístrais, na realización dos estudos de casos, o portafolio e a presentación oral. As webs instititucionais son unha parte importante das fontes documentais que se van utilizar.
Case study O alumnado elaborará un itinerario formativo e laboral basándose nun caso práctico, no que terá que incorporar as aprendizaxes adquiridas ao longo dos exercicios realizados na clase, entre os que se atopana a perspectiva de xénero e o estudo do mercado laboral
Guest lecture / keynote speech O profesor exporá dunha maneira sintética e con distinto nivel de profundidade os contidos que se abordan na materia. As sesións maxistrais desenvolveranse a través de teams.
Long answer / essay questions Consta dunha única pregunta na que o alumando ten que sintetizar e relacionar os contidos abordados coa función orientadora do profesorado de FOL. De ser o caso, esta proba se realizará a través de moodle.
Oral presentation O alumnado realizará presentacións orais do estudo de caso para desenvolver a competencia de falar en público e a capacidade de organización e síntese da información. De ser o caso, esta presentación de desenvolverá a través de teams.

Personalized attention
Methodologies
Case study
Description
A atención personalizada está vinculada, principalmente, ao estudo de caso. A súa finalidade e facer un seguimento do traballo do alumnado e proporcionar as orientacións necesarias para a súa realización, poñendo en xogo unha avaliación procesual e formativa.


O alumnado con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual e terá atención personalizada no horario de titorías. É obrigatoria a asistencia dúas titorias, a primeira para explicar e resolver dúbidas sobre as tarefas a realizar e a segunda para o seguimento das tarefas propostas.

Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Case study A18 A34 C6 O alumnado elaborará un itinerario formativo e laboral basándose nun caso práctico, no que terá que incorporar as aprendizaxes adquiridas ao longo dos exercicios realizados na clase, entre os que se atopana a perspectiva de xénero e o estudo do mercado laboral 40
Long answer / essay questions A16 A17 A18 A29 C7 C4 O alumnado desenvolverá un ensaio sobre os contidos teóricos abordados na materia. NON SE PODERÁ UTILIZAR MATERIAL PARA DESENVOLVER A PROBA. 60
 
Assessment comments
ASISTENCIA

 A asistencia ás aulas é  obrigatoria. O alumnado con  dispensa académica asistirá as aulas que  se indiquen (30% do total).  


O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado na clase. 

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA 

A cualificación final será o resultado da puntuación obtida nas dúas actividades de avaliación (estudo de casos e proba de ensaio). Para superar a  materia hai que  obter a metade da cualificación en cada unha delas.  Se non se realiza algunha  das dúas  actividades a cualificación será  de NP.

Na segunda oportunidade  recuperanse as partes non superadas na primeira oportunidade. 

 Na convocatoria adiantada   aplícanse os mesmos  criterios  e actividades da primeira oportunidade. 

ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DISPENSA ACADÉMICA

Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):



1.  Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora
posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
recoñecemento. 
 2.  Terán que realizar,
individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e
entregalos nas datas establecidas polo docente.
 3.  Os requisitos para superar a materia son os mesmos que para o resto do alumnado: obter a metade da cualificación asignada a cada unha das dúas actividades que computan na cualificación. Na segunda oportunidade, recuperanse as partes non superadas na primeira.  

 O plaxio e o fraude nalgunha das actividades implica   un suspenso,  tal é como se prescribe  artigo 14. 4 das normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario:
 "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

 
 NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

Todos os aspectos relacionados
con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude
académica
” rexeranse de acordo coa normativa
académica vixenteda UDC
.”



Sources of information
Basic

BIBLIOGRAFÍA

Comisión de personas expertas sobre el impacto de la precariedad laboral en la salud mental en España (2023). Precariedad y salud mental.  Ministerio de Trabajo y Economía Social

Cueto, Begoña. y Suárez, Patricia. (2015): “El papel de las políticas activas: una perspectiva desde las comunidades autónomas”, Ekonomiaz:revista vasca de economía. Núm. 87. 1º semestre, págs. 283-309.

Pueyo, Javier et alt (2021). Ser joven entre dos crisis. Catarata. Madrid.

Rubio, Francisco. (2020). Las políticas de empleo en el ámbito autonómico. Dykinson. Madrid.

Vila, Francisco (Coord). (2017). Las políticas de empleo enel ámbito local. Diputación de Málaga. Málaga.

Echeverría, Benito. (Coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
TorresNavarro, Vicenç,Torres, Juán. e Garzón, Alberto. (2011). Hay alternativas. Propuestas para crear empleo y bienestar social en España.. Madrid: Editorial Sequitur 

Castillo, Juán José. (2009). La soledad del trabajador globalizado. Memoria, presente y futuro.. Madrid: Editorial Catarata

Vence, Xavier. (2011). Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas. Santiago: Editorial Laiovento

Ruiz Viñals, Carmen. (Coorda) ((2006)). Políticas sociolaborales. Un enfoque pluridisciplinar.. Barcelona: Editorial UOC

Garzón, Alberto.; Torres, Juán. e Navarro, Vicenç. (2012). Lo que España necesita . Bilbao: Editorial Deusto

MARHUENDA, Fernando. (coord.)(2006). La cualificación profesional básica: competencias para la inclusión sociolaboral de jóvenes. Revista de Educación, nº 341.

Para cada tema  se proporcionará bibliografía específica.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Tutoring and Careers Guidance/652606002

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Insertion and labour orientation/652606612

Subjects that continue the syllabus
Insertion and labour orientation/652606612
Learning and education of the modules of formation(training) and labour orientation/652606621

Other comments

USO SOSTIBLE DOS RECURSOS E SUPRESIÓN DO IMPACTO NEGATIVO NO MEDIO NATURAL.

 Os traballos entreganse en formato dixital. 



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.