Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Proxectos de innovación e investigación educativa en artes plásticas e visuais Código 652611E31
Titulación
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Mesías Lema, José María
Correo electrónico
jose.mesias@udc.es
Profesorado
Mesías Lema, José María
Correo electrónico
jose.mesias@udc.es
Web
Descrición xeral A finalide desta materia e afondar nos tres grandes enfoques metodolóxicos (cuantitativo, cualitativo e artístico) dos proxectos de innovación e investigación na Educación das Artes Plásticas e Visuais, profundizando na A/r/tography como metodoloxía artística.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A4 (CE-G4)Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes
A5 (CE-G5)Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer e analizar exemplos de proxectos de innovación e investigación nas Artes Plásticas e Visuais. AP4
AP5
CM8

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I:
investigación educativa basada nas artes (Arts-Based Educational Research, ABER)
Temáticas, metodoloxías e problemas da ABER
BLOQUE II:
A/r/tography
Definición. Vantaxas e inconvintes. Propostas e exemplos.
BLOQUE III:
Proxectos e investigacións en Artes Plásticas e Visuais
Análise e valoración crítica de exemplos. Búsqueda de novas vías de intervención

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Lecturas A5 C8 0 20 20
Aprendizaxe colaborativa A4 A5 C8 0 16 16
Investigación (Proxecto de investigación) A4 A5 C8 10 0 10
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas O profesor dará os textos básicos para comprender cada un dos bloques.
Aprendizaxe colaborativa Colaboración entre os estudantes na aula e co profesor
Investigación (Proxecto de investigación) O alumno elaborará a estructura dun proxecto de innovación ou de investigación en Artes Plásticas e Visuais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
Levaráse un seguimento tutorizado dos proxectos e investigacións.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A4 A5 C8 Valorarase a capacidade de síntese do alumno en consonancia aos contidos vistos na materia. Así mesmo, terase en conta o grao de innovación da proposta plantexada, ben sexa un proxecto de acción ou de investigación. 100
 
Observacións avaliación

A asistencia é obrigatoria. Para aqueles alumnos/as que posúan dispensa académica haberá unha proba teórica sobre una bibliografía facilitada polo docente. En relación a esto:

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica

Segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1.   Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.

2.   Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. 

3.   A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na segunda oportunidade, deberán repetir todas as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).

Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación (segundo a normativa vixente): 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e de non ser posíbe, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dupla cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

O alumnado con dispensa académica cumplirá coas mesmas obrigas no que fai referencia á avaliació co resto do alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica IRWIN, R. (2008). Being with A/r/tography. London: Sense Publishers
MARÍN VIADEL, RICARDO (2003). Buscar y enontrar: la investigación en Educación Artística. Madrid: Pearson
MESIAS LEMA. JM (2019). Educación Artística sensible: Cartografía contemporánea para arteducadores. Barcelona: Graó
AGRA PARDIÑAS, MªJ. (2005). El vuelo de la mariposa: la investigación artístico-narrativa.. Granada: Universidad de Granada
MARÍN VIADEL, RICARDO (2005). Investigación en Educación Artística. Granada: Universidad de Granada
MARÍN, R. & ROLDÁN,J. (2010). Photo essays and photographs in visual arts based educational research. International Journal of Education Through Art
AGRA, MªJ. & MESIAS, JM (2011). Questions before words "An Educational Space, a Stimulating Space". International Journal of Education Through Art

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
As tecnoloxías da información e comunicación nas artes plásticas e visuais/652611B12
Deseño curricular e didáctica das artes plásticas e visuais/652611B21

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías