Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Teoría da educación Código 652G01001
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Barba Núñez, María
Correo electrónico
maria.barba@udc.es
Profesorado
Barba Núñez, María
Suárez Canedo, Luís Román
Correo electrónico
maria.barba@udc.es
luis.roman.suarez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Teoría da Educación pretende contribuír a preparar ás futuras mestras e mestres de Educación Infantil para ser profesionais críticas, para poder reflexionar sobre a súa práctica e as razóns últimas da súa actuación, así como para ser capaces de interpretar con criterio sólido as tendencias educativas actuais en relación ao contexto político, histórico e social no que se sitúan. Permite así ás alumnas e alumnos achegarse ao concepto de educación, as funcións sociais da escola, ou as grandes dimensións, fins e principios dos procesos educativos. Afonda asemade na análise dos dereitos da infancia, os movementos pedagóxicos contemporáneos e o estudo de innumerables correntes e teorías educativas que, dende unha perspectiva crítica e teórico-práctica, contribúen a ofrecer unha alternativa innovadora ao modelo escolar tradicional, apostando por outros xeitos de facer e pensar a educación.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A5 Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
A6 Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
A10 Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo.
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A19 Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
A22 Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A24 Dominar as técnicas de observación e rexistro.
A27 Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional.
A28 Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil.
A30 Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.
A31 Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B14 Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B23 Habilidades sociais para exercer o liderado na aula.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Analizar e comprender a educación como fenómeno complexo, explicando a súa funcionalidade e principais características. Superar a acepción de educación limitada á transmisión. Recoñecer o impacto da teoría en toda práctica educativa. Coñecer as Ciencias da Educación e situar entre elas a Teoría da Educación. A1
A13
A19
A31
B22
C4
Identificar as dimensións presentes na práctica educativa e elementos para a súa análise e orientación práctica. Coñecer os principais paradigmas filosóficos e psicopedagóxicos en educación. Comprender o enfoque de educación para a cidadanía global e a súa concreción na etapa de educación infantil. Identificar estratexias para potenciar as relacións escola-comunidade. A1
A4
A5
A6
A10
A13
A19
A30
C8
Comprender a educación como dereito universal clave e a responsabilidade pública da súa garantía. Abordar as características do dereito á educación: igualdade, liberdade e calidade. Explorar a evolución do dereito á educación nos diferentes marcos lexislativos do noso contexto. A13
A27
A31
B24
C4
Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas innovadoras na educación infantil. Saber promover a adquisición de hábitos arredor da autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e límites, o xogo simbólico e heurístico. Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción con iguais e adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual. Crear e manter lazos de comunicación coas familias para influír de forma eficaz no proceso educativo. Analizar e incorporar criticamente as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar. A4
A6
A19
A22
A23
A28
B4
B5
B12
C8
Entender a educación como proceso que se desenvolve máis aló da escola, en contextos comunitarios e de vida, e ao longo de todo o ciclo vital. Coñecer estratexias para favorecer a participación infantil como exercicio da cidadanía dende a primeira infancia. A5
A6
A13
A30
B22
B24
C4
C7
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. Traballar de forma colaborativa. Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. B9
B14
B16
B18
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. Capacidade de análise e síntese. Capacidade de organización e planificación. Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes. B7
B10
B12
B16
Aprender a aprender. Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. Importancia das Teorías da Educación como marco para o desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica. Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. A5
A10
A22
A30
B7
B10
B22
B23
B24
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. B7
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. A24
C4
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Explicación e comprensión do feito educativo. 1.1. Ámbito conceptual: unha mirada complexa ao concepto de educación.
1.2. Características dos procesos educativos.
1.3. Bases científicas da práctica educativa: a Teoría da educación.

2. Dimensións, fins e principios da educación. 2.1. Dimensións presentes en toda práctica educativa.
2.2. Proxectar a práctica dende as teorías filosóficas.
2.3. Proxectar a práctica dende as teorías psicopedagóxicas.
2.4. Educación para a cidadanía global.
2.5. Relacións entre a escola e a comunidade.
3. A educación como proceso de comunicación interpersoal. 3.1. Montessori: autonomía, liberdade e disciplina.
3.2. Reggio Emilia: comunidade, documentación pedagóxica e ambiente como terceiro mestre.
3.3. Filosofía para nenos: pensamento, ética e creatividade.
3.4. Comunidades de aprendizaxe: aprendizaxe dialóxica e comunidade.
3.5. Francesco Tonucci: educación como xogo libre e participación.
4. Educación ao longo da vida e sociedade educativa. 4.1. A educación ao longo da vida: as ideas de Paulo Freire
4.2. Educación e sociedade na era dixital.
5. O dereito á educación. 5.1 Educación e Estado Social: aspectos xerais do dereito á educación.
5.2 Lexislación e dereito á educación: perspectiva autonómica, estatal e internacional.
5.3 Debates ideolóxicos en torno ao dereito á educación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A4 A5 A10 A19 A27 A28 A31 B12 14 0 14
Análise de fontes documentais A1 A4 A5 A13 A27 A28 A31 B4 B5 B9 B10 B14 4 16 20
Traballos tutelados B4 B9 B10 B12 B14 B16 B18 B22 B23 B24 C7 C8 4 19 23
Aprendizaxe colaborativa A1 A4 A13 A19 A24 B5 B7 B10 B14 B18 B22 B23 B24 C8 8 13 21
Aprendizaxe servizo A1 A5 A6 A13 A22 A23 A28 A30 B5 B7 B12 B16 B22 C4 6 20 26
Proba mixta A1 A4 A6 A13 A19 A27 A28 A31 6 30 36
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos da materia, complementada co uso dos recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais) e a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para motivar a reflexión e o diálogo aberto. O obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizaxe, potenciando a participación dos/as estudantes na construción significativa do coñecemento.
Análise de fontes documentais Análise crítica e reflexiva de documentos e fontes relevantes (bibliográficos, lexislativos, audiovisuais, xornalísticos...), o que implica a identificación e comprensión dos aspectos clave en relación cos contidos da materia. Promoveranse espazos de diálogo na clase para acompañar a discusión e a comprensión profunda do contido das lecturas.
Traballos tutelados Traballo grupal que integra os contidos da materia en torno á análise e comprensión profunda dunha proposta pedagóxica. A través dun traballo cooperativo en pequeno grupo deberán facer unha revisión bibliográfica orientada a comprender e sistematizar dita proposta, examinándoa dende o saber da Teoría da Educación. Así mesmo, deberán preparar unha intervención en aula para presentar aos compañeiros/as de clase a proposta, promovendo a súa aprendizaxe sobre a mesma.
Aprendizaxe colaborativa Na materia trabállase con múltiples estratexias de aprendizaxe cooperativo que promoven a aprendizaxe a través da interacción en pequeno grupo. Estas actividades inclúen actividades iniciais de exploración de ideas previas, actividades de discusión dirixida, de análise cooperativa de textos, elaboración de mapas conceptuais, análise de experiencias, técnicas socioafectivas de exploración de realidades sociais e educativas, etc.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que os/as estudantes se implican nunha proposta de promoción de experiencias de educación para a cidadanía global en escolas de educación infantil. A proposta metodolóxica desenvólvese vinculada a diversas materias do curso, sendo que no marco desta deberán elaborar o marco teórico-metodolóxico da proposta.
Proba mixta Pretende determinar os logros do alumnado en termos obxectivos e motivar a un seguimento continuo da materia. A súa realización acompañará o desenvolvemento da materia. Poderanse propor actividades de diversa índole para valorar as aprendizaxes. Combínanse: preguntas pechadas, preguntas de ensaio, análise de textos ou imaxes, análise de experiencias, etc. A superación destas tarefas busca reforzar a competencia no desenvolvemento deste tipo de tarefas e ofrece a posibilidade de ir restando contido para o exame.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Aprendizaxe servizo
Descrición
Destinaranse algunhas das sesións interactivas ao desenvolvemento do traballos tutelado e ao traballo vinculado á experiencia de Aprendizaxe Servizo. Ambas metodoloxías implican así mesmo traballo autónomo fóra do horario de docencia. Ofrécese acompañamento nas propias sesións de clase, así como nas horas destinadas ás titorías.

Para o desenvolvemento do traballo tutelado e a súa presentación en clase será preciso participar, como mínimo, nunha titoría grupal na que facer o seguimento por parte do profesorado. Esta sesión será acordada co/a docente.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Agradécese que calquera necesidade e proposta de mellora sexa comunicada. No caso de precisar adaptacións, recoméndase solicitalas a través da Unidade de atención á Diversidade da UDC (ADI).

O alumnado non asistente deberá comunicar a súa situación a inicio de curso. En base a iso, planificarase unha proposta de aprendizaxe e un calendario de titorías e seguimento da materia, seguindo as indicacións indicadas no apartado de ‘observacións de avaliación’.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados B4 B9 B10 B12 B14 B16 B18 B22 B23 B24 C7 C8 Traballo grupal orientado a análise e reflexión sobre unha das metodoloxías abordadas na materia. Implica a sistematización dunha proposta pedagóxica e reflexión sobre a mesma en base aos contidos da materia. Valorarase a compresión fonda da proposta; a capacidade reflexiva, amosando o dominio dos contidos; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; e a utilización de fontes documentais axeitadas, actuais e correctamente referenciadas.
Implica tamén a presentación da experiencia en sesión de clase.

Valórase a calidade expositiva, a solidez do discurso, boa coordinación como grupo, capacidade para destacar os elementos máis relevantes da proposta e de promover a comprensión e aprendizaxe do resto do alumnado.
30
Proba mixta A1 A4 A6 A13 A19 A27 A28 A31 Pretende determinar os logros do alumnado en termos obxectivos. Componse dunha primeira parte de preguntas de resposta pechada (asociación, resposta múltiple, etc.) ou breve (completar, resposta breve); e unha segunda parte de resposta tipo ensaio. Na pregunta de ensaio, procúrase avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.´

Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
A súa realización terá lugar na data oficial establecida para o exame da materia.
50
Aprendizaxe servizo A1 A5 A6 A13 A22 A23 A28 A30 B5 B7 B12 B16 B22 C4 Traballo grupal de elaboración da fundamentación teórica sobre o enfoque de Educación para a cidadanía global; a súa relevancia na escola e, máis concretamente, na etapa de educación infantil; así como a identificación de claves metodolóxicas para concretala na práctica.

Valorarase o grao de profundidade do contido, a compresión fonda do enfoque de ECG e as súas implicacións en educación infantil, a identificación de claves prácticas coherentes, o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar e a utilización de fontes documentais axeitadas, actuais e correctamente referenciadas.
20
 
Observacións avaliación

1.- Para poder ser avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A. 

2.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas as probas. En caso contrario, a cualificación será a da proba suspensa. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual. 

3.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicas de aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación. 

4.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia deberá ser comunicada ao inicio do curso para a súa oportuna e axeitada consideración e para, de ser o caso, activar as medidas de adaptación e acompañamento precisas.  

5.- O alumnado que, por razóns debidamente acreditadas, non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial, o deberá facer constar para establecer o sistema de acompañamento axeitado ás súas circunstancias, garantindo a igualdade de oportunidades. É imprescindible solicitar a inicio de curso unha titoría para acordar o proceso de seguimento da materia.  Establécense, neste caso, como metodoloxías de aprendizaxe e avaliación: 

  • Traballo tutelado. Implica a sistematización dunha proposta pedagóxica e reflexión sobre a mesma en base aos contidos da materia, seguindo a guía metodolóxica que se facilitará. Valorarase a compresión fonda da proposta; a capacidade reflexiva, amosando o dominio dos contidos da materia; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; e a utilización de fontes documentais axeitadas e actuais. Implica a realización de titorías de seguimento (30%).  

  • Proba mixta. Na data do exame e nas mesmas condicións que o resto do alumnado (70%). 

5.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre ter unha asistencia mínima do 80%.  

6.- Seguindo as indicacións da Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente, infórmase de que quen na realización de traballos cometa plaxio ou a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, para ambas oportunidades.


Fontes de información
Bibliografía básica
  • Brander, Patricia; Keen, Ellie; Juhász, Vera; Schneider Annette (2015). Compass: manual de Educación en los Derechos Humanos con jóvenes. Publicaciones del Consejo de Europa.compass.pdf (injuve.es) 
  • Carbonell, Jaume (2008). Una educación para el mañana. Barcelona: Octaedro (El valor y el poder de la educación. pp. 11-27) 
  • Carbonell, Jaume (2008). Una educación para el mañana. Barcelona: Octaedro (Derecho a la educación e igualdad de oportunidades, pp. 29-44) 
  • Casares, Pilar (2014). El concepto de educación y diferenciación de vocablos afines. En Casares y Soriano,?Teoría de la Educación. Educación infantil, pp. 19-36. Madrid: Pirámide. 
  • Del Moral, Carmela e Ferrer, Álvaro (2019). Donde todo empieza. Educación infantil de 0 a 3 años para igualar oportunidades. Save the Children. Resumen de resultados. (Versión ampliada en: donde_todo_empieza_0.pdf ). 
  • Delval, Juan (2006). La escuela posible. Barcelona: Ariel. (pp. 141-155). 
  • Douglas Bell, Raynice E. Jean-Sigur & Yanghee A. Kim (2015). Going Global in Early Childhood Education, Childhood Education, 91 (2), 90-100, DOI: 10.1080/00094056.2015.1018782 
  • Ejboj, Carmen; Puigdellivol, Ignasi; Soler, Marta; Valls, Rosa (2002). Comunidades de aprendizaje: transformar la educación. Editorial Graó. 
  • García, Félix; Miranda, Tomás e Sátiro, Angélica (2010). ¿Qué es lo que subyace en los proyectos Filosofía para niños/as y Noria?, Revista Crearmundos, 8, 13-15.  
  • García, Isabel; Gratacós, Joan; De Paz, Desiderio; Gil, Mercè e Zapata Assumta (2019). La educación para la ciudadanía global como propuesta metodológica transformadora. Kaidara e Intermon Oxfam. (pp. 39-83) 
  • Malaguzzi, L. (2011). La educación infantil en Reggio Emilia. Barcelona: Octaedro.  
  • Montessori, María (2016). Educación para un mundo novo. Kalandraka  
  • Romero, Clara e Mateos, Tania (2017). Determinar el modelo de acción a través de los paradigmas pedagógicos. En Núñez-Cubero e Romero (Coords.),?Teoría de la educación. Capacitar para la práctica,?pp. 58-70. Madrid: Pirámide. 
  • Romero, Clara e Núñez-Cubero, Luis (2017). Reformular la práctica a través de las filosofías educativas. En Núñez-Cubero e Romero (Coords.),?Teoría de la educación. Capacitar para la práctica,?pp. 35-54. Madrid: Pirámide. 
  • Satiro, Ángela (2012). Jugar a pensar con niños de 3 a 4 años. Octaedro  
  • Tonucci, Francesco (2021). Por que as nenas e os nenos?. Editorial Kalandraka.
  • Trilla, J. (coord) (2001). El legado pedagógico del siglo XX para la escuela del siglo XXI. Editorial Graó. 

Recursos

  • GrupIREF: https://www.grupiref.org/filosofia-formacion/
  • Proxecto Miroscopio: http://proyectomiroscopio.blogspot.com
  • Comunidades de aprendizaje: http://www.comunidaddeaprendizaje.com.es/
  • Centro internacional Loris Magaluzzi: Comunidades de aprendizaje: http://www.comunidaddeaprendizaje.com.es/
  • Revista Galega de Educación: Revista Galega de Educación - Publicación de Nova Escola Galega (rge.gal)
Bibliografía complementaria
  • Alcalde, Ana Isabel (Coord.) (2006). Transformando la escuela: comunidades de aprendizaje. Graó 
  • Asociación Internacional de Ciudades Educadoras (2004). Carta de Ciudades Educadoras. 
  • Castro-Zubizarreta, Ana.; Pérez-Ortega, Isabel; Calvo-Salvador, Adelina (2021). Educación para la ciudadanía global en Educación infantil. Un estudio en España. En Vega, L. e Vico, A. Igualdad y calidad educativa: oportunidades y desafíos de la enseñanza, pp. 1257-1279. Madrid: Dykinson. 
  • Flecha, Ramón e Puigvert, L. (2002). Las comunidades de aprendizaje: una apuesta por la igualdad educativa. Rexe: Revista de Estudios y Experiencias en Educación, 1 (1), 11- 20.  
  • Freire, Paulo (2018). Pedagoxía do oprimido. Editorial Kalandraka. 
  • Gallardo Fernández, I. M. (2015). Aprender como forma de relación en Educación Infantil [Learn how form of relationship in Early Childhood Education]. ENSAYOS. Revista De La Facultad De Educación De Albacete, 30(2), 37–52. https://doi.org/10.18239/ensayos.v30i2.901 
  • García. A. (2017). Otra educación es posible. Una introducción a las pedagogías alternativas. Albuixech: Litera.  
  • Lipman, Matthew; Sharp, A.M.; Oscayan, F.S. (1992). La filosofía en el aula. Ediciones de la torre. 
  • Martín-Alonso, Diego; Blanco, Nieves, e Sierra, Eduardo (2021). La presencia pedagógica en la construcción de la relación educativa. El caso de una maestra de Educación Primaria. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, 33(1), 111-131.  
  • Novella, Ana María e Trilla, Jaume (2018). La participación infantil. En Novella et. al. Participación infantil y construcción de ciudanía, pp. 13-28. Barcelona: Graó. 
  • Puig, Irene e Sátiro, Angélica (2010). Jugar a pensar con niños y niñas: ¿por qué?, ¿para qué? y otras preguntas más… Creamundos, 8, 6-12.
  • Rodríguez Hoyos, Carlos;?Fueyo Gutiérrez, Aquilina e Fernández del Castro, José Ignacio (2018). Mi vida como un algoritmo: una semana en la nube. Santander Cantabria : El Desvelo Ediciones. 
  • Rouco, Javier (2011). As cen linguaxes da infancia. Desenvolvemento dun proxecto Comanius arredor da experiencia educativa Reggio Emilia. Revista Galega de Educación, 49, 78-80  
  • Tonucci, Fancesco (2014). A cidade dos nenos. Kalandraka. 

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
  • Aconséllase subir una fotografía ao perfil do Moodle/Teams, para facilitar a identificación do alumnado no traballo virtual.
  • Non se admitirán traballos dos que o/a docente non teña constancia da súa realización.
  • As datas de entrega dos traballos son propostas con antelación suficiente, polo que, logo de seren consensuadas no grupo-clase, e agás casos moi excepcionais coa debida xustificación, estas son inamovibles.
  • Seguiranse en cada caso as indicacións dadas na aula para a realización dos traballos e actividades de avaliación, que tamén se atoparán colgadas no Moodle.
  • Os traballos presentaranse en formato dixital e sempre axeitadamente identificados (nome da alumna/o, curso, grupo, equipo, materia e nome da docente). Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Igualmente, débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • En consonancia coa integración dunha perspectiva feminista nesta materia, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Agradécese que calquera necesidade e proposta de mellora sexa comunicada.
  • O calendario de titorías está exposto na web da Facultade e no taboleiro da porta do despacho. 


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías