Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Matemáticas na vida Código 652G01040
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Rodríguez Padín, Rocío
Correo electrónico
rocio.rodriguez.padin@udc.es
Profesorado
Rodríguez Padín, Rocío
Correo electrónico
rocio.rodriguez.padin@udc.es
Web http://rocio.rodriguez.padin@udc.es
Descrición xeral Esta materia pretende preparar ao estudante de E. Infantil para que, nun futuro inmediato, contribúa á formación integral dos seus alumnos cultural, social, económica e tecnolóxicamente; esperte o interese e o gusto pola matemática, de forma tal que se logre que o binomio: "Coñecementos na aula – vida cotiá; se desenvolva armónicamente. Axude a que o alumno sexa creativo, crítico e construtor do seu propio coñecemento matemático en función da realidade construíndo unha ponte entre as matemáticas e a vida diaria.


Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A5 Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
A6 Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
A9 Adquirir recursos para favorecer a integración educativa de estudantes con dificultades.
A12 Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá.
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A19 Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
A21 Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A33 Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A34 Coñecer estratexias didácticas para desenvolver representacións numéricas e nocións espaciais, xeométricas e de desenvolvemento lóxico.
A35 Comprender as matemáticas como coñecemento sociocultural.
A36 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
A39 Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sustentable.
A40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
A41 Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación.
A54 Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
A55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
A56 Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade de adaptación a situacións novidosas.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B13 Capacidade para actuar de maneira sustentable na defensa do medio ambiente.
B14 Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B19 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
B20 Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B21 Coñecemento e comunicación en linguas estranxeiras.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B23 Habilidades sociais para exercer o liderado na aula.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación. A41
B1
B5
B11
C3
Autonomía na aprendizaxe. A5
A9
A19
B4
B9
B15
B23
C7
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. B2
B3
B12
B22
C6
Crear nos estudantes a necesidade de acudir ás matemáticas para achar solucións aos problemas cotiás. A4
A5
A34
B1
B3
B6
B10
C1
Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sustentable. A39
A40
B3
B13
C6
C8
Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. A33
A34
A35
A36
B1
B10
B11
C1
Procurar que as matemáticas esperten nos alumnos curiosidade, interese e gusto. A4
A5
A34
A40
B2
B6
B22
C1
Descubrir que as matemáticas están íntimamente relacionadas coa realidade e coas situacións que nos rodean, non so na institución educativa, senón tamén na vida fora dela. A4
A5
A34
A40
B2
B6
B22
C1
Fomentar a construción de aprendizaxe matemático a través da música, dos contos, das cancións, da expresión plástica, da cesta da compra e da cociña mediante actividades lúdicas. A34
A40
A54
A55
A56
B1
B22
C1
Reflexionar a partir da práctica escolar matemática sobre o desenvolvemento profesional. A1
A4
A5
A21
A23
B1
B3
B14
B15
C1
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. B4
B5
B9
B15
C4
C5
Capacidade de análise e síntese B10
B11
C6
Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional. A41
B11
B25
C3
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. B7
B19
B21
C1
C2
Traballar de forma colaborativa. A6
A21
B5
B16
B18
C4
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. A12
A13
B6
B8
B17
B24
C4
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. A36
B3
B6
B20
C6

Contidos
Temas Subtemas
As matemáticas na cesta da compra e na cociña -Códigos de barras.
-Análise das ofertas.
-Análise e comparación dos envases.
-Variación dos prezos.
-Análise dos recibos.
-Medidas de masa e capacidade.
-Formas dos utensilios.
-Deseño dunha cociña.
-A enerxía dos electrodomésticos.
-Planificación do gasto.
As matemáticas dos contos e das cancións -A narración e a fantasía.
-O tempo como sucesión de acontecementos.
-Propiedades e relación de obxectos e coleccións.
-Cantidades discretas, continuas.
-O espacio e a formas.
-A medida.
As matemáticas na música -Os Pitagóricos.
-Exemplos históricos das matemáticas na música.
-Escalas, ritmos, compases, instrumentos, notas.
-O contraste: rápido/lento, grave/agudo, longo/corto….a danza.
-A matemáticas e a música na Educación Infantil.
As matemáticas na expresión plástica -A cor.
-As construcións.
-Os puzzles.
-Os laberintos.
-As formas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A4 A5 A19 1 4 5
Aprendizaxe colaborativa A6 A21 B5 20 38 58
Lecturas A1 A13 B17 2 9 11
Presentación oral A4 A5 1 4 5
Sesión maxistral A4 A5 4 12 16
Análise de fontes documentais A4 A5 A33 2 5 7
Prácticas a través de TIC A41 B25 C3 1 7.5 8.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación e contextualización dos temas.
Actividades de xustificación e motivación.
Detección do coñecemento que posúe o alumnado sobre o tema, a través de distintos procedementos: debate, tormenta de ideas, etc.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial y/ou apoiados con tecnoloxías da información e a comunicación, que se basa na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Lecturas Serán previamente indicadas na aula e serven de complemento ou ampliación dos temas tratados.
Presentación oral Exposición dos proxectos de investigación.
Sesión maxistral Exposición xeral introductoria de cada un dos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal e coas oportunas orientacións bibliográficas.
Análise de fontes documentais Utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para o análise dos mesmos.
Prácticas a través de TIC Presentación e traballo sobre diferentes ferramentas TIC, principalmente baseadas en Internet. Os alumnos deberán familiarizarse con estes materiais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Sesión maxistral
Actividades iniciais
Aprendizaxe colaborativa
Presentación oral
Prácticas a través de TIC
Lecturas
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.
Estas medidas serán aplicábeis tanto ao alumnado que asiste regularmente ás aulas como a aquel con dispensa académica.

Nota: A fin de afianzar o coñecemento adquirido na materia a docente poderá utilizar a gamificación como técnica de aprendizaxe, realizarase sempre que o tempo e planificación da docencia o permita.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A6 A21 B5 Valorarase a sua adecuación ós obxetivos previstos para cada traballo en concreto, así como a participación, interese, esforzo, actitude... 75
Presentación oral A4 A5 Valorarase a claridade, habilidade para presentar a información e a comunicación de resultados e conclusións. 12.5
Prácticas a través de TIC A41 B25 C3 Valorarase o material empregado, as destrezas e orixinalidade na súa realización, a pertinencia e o interés dos contidos. 12.5
 
Observacións avaliación

Dependendo da participación dos estudantes na materia, hai dúas opcións para facer a avaliación:

Opción A. Avaliación continua. Para estudantes que seguen o sistema ECTS, os que asistan / participan regularmente en actividades de clase. Neste caso, o sistema de avaliación será o descrito anteriormente. Por iso, é obrigatorio asistir ás clases (polo menos o 85% das horas presenciais). Para aprobar a materia, todos os apartados han de ter como nota mínima un 5.

Opción B). Os estudantes con dispensa académica de exención de asistencia ou que non asistan o 85% das horas presenciais, serán avaliados a través de dous traballos individuais: un proxecto de investigación(40%) e a súa correspondente exposición oral (5%) coa axuda de tics (5%), sobre matemáticas na educación infantil e un exame teórico-práctico (50%). Para aprobar a materia, todos os apartados han de ter como nota mínima un 5.

Na segunda oportunidade, os estudantes serán avaliados a través de dous traballos individuais: un proxecto de investigación(40%) e a súa correspondente exposición oral (5%) coa axuda de tics (5%), sobre matemáticas na educación infantil e un exame teórico-práctico (50%). Para aprobar a materia, todos os apartados han de ter como nota mínima un 5.

A nota final será a media das cualificacións obtidas, solicitando en cada unha delas unha cualificación igual ou superior a 5 de cada 10.

Nos traballos de avaliación que se entregan, os contidos incluídos deberán referenciarse adecuadamente ao longo do traballo e na sección de referencias empregando certos estándares. O texto literal debe ser declarado usando estas regras. Ao parafrasear deberán figurar as fontes orixinais das ideas que se van elaborar. A presenza de fontes científicas no traballo é un sinal de credibilidade que é un requisito esencial para demostrara excelencia académica.

Recoméndase consultar:

http://www.udc.es/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/publicar/citar.html

Hai que evitar o plaxio.

De acordo coa normativa vixente, o uso literal do texto parafraseado ou das ideas doutros autores sen declarar a fonte suporá:

"A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspensión na convocatoria na que se incorra: o alumno será cualificado con "suspensión" (grado numérico 0) na correspondente convocatoria do profesorado. ano. ano, se a infracción se comete na primeira oportunidade ou na segunda, para o cal se modificará a súa cualificación no informe de primeira oportunidade, se é o caso.»


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
ARBONÉS, J. y MILRUD, P. ((2011) ). La armonía numérica. Música y matemáticas. España: RBA
ZALAMEA, F. ((2008) ). La creatividad en las matemáticas y en las artes plásticas: conceptografía de transferencias y obstrucciones a través del sistema peirceano. Utopía y Praxis Latinoamericana, 13(40), 99-109
CABELLO SALGUERO, M.J. ((2011) ). Aprender jugando en educación infantil. Pedagogía Magna, (11), 164-170
MATO, M.D. ((2018)). Aprender para enseñar matemáticas en Educación Infantil. PEARSON EDUCACIÓN S.A.
PÉREZ GÓMEZ, R. ( (1997) ). Arte y matemáticas. Aula de innovación educativa, (58), 12-14
MARÍN RODRÍGUEZ, M. ((2003) ). Cuentos para aprender Matemáticas. ACTAS III Jornadas Provinciales de Matemáticas. Consejería de Educación de la Comunidad de Madrid. M
CONE BRYANT, S. ( (1993) ). El arte de contar cuentos. . Barcelona: Hogar del Libro
ALSINA, A. ( (2012) ). Hacia un enfoque globalizado de la educación matemática en las primeras edades. . Números, (80), 7-24
MATO, M.D. ((2014) ). La afectividad hacia las matemáticas. Madrid: Editorial White Tiger Books.
PELEGRÍN, A. ( (2004) ). La aventura de oír. Cuentos tradicionales y literatura infantil. Madrid: Anaya
CORBALÁN, F. ((2002) ). La matemática aplicada a la vida cotidiana. Barcelona: Graó
BALBUENA, L. y COBA, M.D. ( (1992) ). La matemática recreativa vista por los alumnos. Granada: Proyecto Sur.
PERALTA CORONADO, F.J. ((1998) ). Las matemáticas en el arte, la música y la literatura. Tendencias pedagógicas, (2), 235-244
COMAP ((1999) ). Las matemáticas en la vida cotidiana. Madrid: Addison-Wesley
CORBALÁN F. ( (2007) ). Matemáticas de la vida misma. Barcelona: Graó.
RUIBAL, K. ( (2004) ). Matemáticas en la cocina. La Coruña: Club matemático Durán Loriga
EDO, M. ( (2008) ). Matemáticas y arte en educación infantil . Uno: Revista de didáctica de las matemáticas, 47, 37-53
ALONSO TAPIA, J. ( (2005)). Motivar en la escuela, motivar en la familia. Madrid: Morata.
LIERN, V. y QUERALT, T. ((2008) ). Música y Matemáticas: la armonía de los números. Badajoz: FESPM
FESPM. LURIE, A. ( (2004) ). Niños y niñas eternamente: los clásicos infantiles desde Cenicienta hasta Harry Potter. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez
ALSINA, A. ( (2014) ). Procesos matemáticos en educación infantil: 50 ideas clave. Números, (86), 5-28
CÉZAR, R. F., HARRIS, C. y PÉREZ, C. A. ( (2014) ). Propuestas para el tratamiento de la Competencia Matemática y de Ciencias a través de la literatura infantil en Educación Infantil y Primaria. . Números, (85), 25-39
TRUEBA MARCANO, B. ( (2000) ). Talleres integrales en educación infantil. Una propuesta de organización del escenario escolar. Madrid: Ediciones de la Torre

Bibliografía complementaria

Los estudiantes tienen a su disposición multitud de recursos que completan estas referencias en la plataforma Moodle.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase enviar os traballos por vía electrónica e, se non é posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, usar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Debe facer un uso sostible dos recursos e previr os impactos negativos no medio natural. Hai que ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade no comportamento persoal e profesional. 

Recoméndase a lectura dos seguintes libros:

-Rodríguez-Padín, R. (2023). Aprendizaje cooperativo a través de las TIC. Ed.: Editorial Aula Magna. McGraw-Hill Interamericana de España S.L.

-Rodríguez-Padín, R. (2023). Jugar y Aprender. Experiencias didácticas de gamificación y aprendizaje basado en el juego en Educación Primaria. Educa.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías