Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12 anos Código 652G02002
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Brenlla Blanco, Juan Carlos
Correo electrónico
juan.brenlla@udc.es
Profesorado
Brenlla Blanco, Juan Carlos
Correo electrónico
juan.brenlla@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia xunto coa "Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos" configuran o Módulo de Formación Básica do Título: Procesos educativos, aprendizaxe e desenvolvemento da personalidade de 6 a 12 anos (Orden ECI/3857/2007, do 29 de decembro).
O núcleo de competencias básicas trata do coñecemento do desenvolvemento da psicoloxía evolutiva da nenez en concreto nos dominios cognitivo, social e afectivo-emocional.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A2 Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais.
A3 Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e identificar disfuncións.
A7 Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12.
A8 Coñecer os fundamentos da educación primaria.
A11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
B1 Aprender a aprender.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B21 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B22 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B23 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B24 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B25 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer e comprender o desenvolvemento cognitivo/intelectual e modo de pensar característicos dos nenos e nenas na etapa de educación primaria. A2
Coñecer e comprender a evolución psicolóxica das nenas e dos nenos no nivel educativo de primaria. A2
A3
B21
B22
Coñecer e comprender os principais avances que se producen no domino socio-afectivo-emocional e moral dos nenos e nenas entre 6 e 12 anos. A2
A7
A8
B24
Identificar e analizar algunhas das características psicoevolutivas do alumnado na etapa de educación primaria, a través da observación, de autoinformes e estudos clínicos. A2
B1
B5
Planificar e realizar tarefas de forma crítica e creativa, como froito dun pensamento diverxente. A11
B1
B5
B23
B25
C6
Manexar ferramentas informáticas e utilizar distintos recursos da rede para a procura de información. B1
B11
Elaborar táboas, perfís, cadros .... para a presentación de datos, puntuacións ou información. B1
B5
Elaborar informes de forma sistemática e planificada a partir de datos obtidos da aplicación de cuestionarios u observación. A2
B1
B5
Entender o caracter interactivo do proceso de ensino/aprendizaxe nas situacións educativas, e en consecuencia valorar a asistencia á clase como o contexto en que se materializará o mesmo. B1
B5
C7
Valorar a participación, o diálogo e o debate, cunha actitude de respecto, tanto cara ás quendas como ás ideas, como formas de implicación activa e compromiso coa aprendizaxe. B1
B5
C6
C7
Sensibilizarse, comprometerse activamente, responsabilizarse e avaliar o propio proceso de aprendizaxe, desenvolvendo hábitos de traballo, esforzo, responsabilidade e actitudes de curiosidade, rigor científico e interese pola aprendizaxe e o traballo ben feito. B1
B5
C6
C7
Desenvolver técnicas e actitudes favorábeis á cooperación, coparticipación, compromiso e intercambio con outros e outras compañeiros e compañeiras e desenvolver formas de conversación e pensamento exploratorias que favorezan a comprensión e construción do coñecemento. B1
B5
C6
C7
Recoñecer e valorar as diferenzas individuais rexeitando a discriminación baseada en diferenzas de sexo, clase social, crenzas, raza e outras características individuais e sociais. Aceptar e valorar a diversidad B5

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución 1.1.¿Que é a Psicoloxía do Desenvolvemento?
1.2. Determinantes do desenvolvemento psicolóxico
1.3. O papel da herdanza e o medio na determinación do desenvolvemento
1.4. Deseño básicos para a investigación evolutiva

Tema 2. Orientacións teóricas da Psicoloxía do Desenvolvemento 2.1. Modelos e paradigmas da Psicoloxía do Desenvolvemento
2.2. Teorías centradas no proceso individual do coñecemento
2.3. Perspectiva etolóxica
2.4. Enfoque ecolóxico
2.5. Teorías centradas nos factores históricos-culturais e no ciclo vital
Tema 3. Desenvolvemento Cognitivo 3.1. Actividades intelectuais
3.2. Intelixencia concreta: caracterización
3.3. Operacións concretas ou lóxico-matemáticas
3.4. Principais logros cognitivos na nenez
Tema 4. Desenvolvemento social e afectivo 4.1. A comunicación oral e escrita
4.2. Autoconcepto e autoestima
4.3. Identidade sexual e xénero
4.4. Desenvolvemento social e moral
4.5. Desenvolvemento social dos 6 aos 8 anos
4.5.1. O xogo
4.5.2. Desenvolvemento do apego e as emocións
4.5.3. Interacción coa familia
4.5.4. Interacción cos iguais
4.6. Desenvolvemento social dos 8 aos 12 anos
4.6.1. O proceso de socialización
4.6.2. A representación do mundo social
4.6.3. A escola

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B1 B21 B24 3 0 3
Sesión maxistral A3 A8 B25 C6 C7 16 0 16
Proba mixta B22 B23 2 34 36
Portafolios do alumno A2 A7 A11 B1 B5 B11 C7 C6 21 72 93
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levarán a cabo no inicio do proceso de ensino-aprendizaxe a fin de establecer as competencias, intereses e/ou motivacións iniciais que posúe o alumnado así como a explicación da finalidade que pretendemos coa asignatura e o seu lugar no proceso de ensinar e aprender. Así mesmo, pretenderemos estimular o coñcemento e actividade co obxeto de que participen na búsqueda e construcción de coñecemento novo.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba mixta Farase unha proba escrita para avaliar os coñecementos teóricos da materia. A proba consistirá en 30 preguntas con tres posibles respostas das cales só unha é a correcta, as preguntas incorrectas restan a razón de cada dúas mal anula unha ben.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
A ferramenta de xestión empregada será Moodle.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
A atención personalizada realizarase tanto no escenario da aula como en titorías. Consistirá en guiar e tutelar o proceso da aprendizaxe dos grupos de traballo nas distintas actividades de tipo teórico e práctico e na elaboración dos informes pertinentes. Todo isto farase coa finalidade de facilitar que o alumnado comprenda significativamente a información, a integre na súa estrutura de coñecementos e se implique activamente. Así mesmo, a laboura desta é centrar ao alumnos, satisfacer as súas demandas para o ensino e aprendizaxe así como plantexar dúbidas, satisfacer a curiosidade e experimentar a actividade de aprender e construír coñecemento

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta B22 B23 Farase unha proba escrita para avaliar os coñecementos teóricos da materia. A proba consistirá en 30 preguntas con tres posibles respostas das cales só unha é a correcta, as preguntas incorrectas restan a razón de cada dúas mal anula unha ben. 40
Portafolios do alumno A2 A7 A11 B1 B5 B11 C7 C6 Traballo individual e en grupo que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativo, traballos tutelados, estudo de casos, presentación oral, glosario análise de fontes documentais... será o material que se contemple na avaliación.
Así como, trátase de coñecer e estudar algunhas das variábeis ou factores da aprendizaxe escolar mediante a elaboraración de informes/artigos en base a busca e análise de documentación científica e datos ou propostas educativas que estimulen a desenvolvemento de tales variables. Este traballos faranse en grupo.
60
 
Observacións avaliación

Teranse en conta dúas opcións.

Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (>80%):

Coñecementos prácticos:

Nas clases interactivas levarase a cabo o Portafolio do alumnado en pequeno grupo e individualmente constituíndo o 60% da nota final. O alumnado terá que asistir as clases interactivas para poder facer estas prácticas e entregalas dentro dos prazos establecidos. A asistencia ás prácticas é obrigatoria, de non cumprir con este requisito a materia considerase como non superada na 1ª oportunidade, tendo que facelas de forma individual para a 2ª oportunidade.

Coñecementos teóricos: 

Mediante a Proba mixta avaliaranse os coñecementos teóricos que constitúen o 40% da nota final.

Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado o correspondente porcentaxe para o computo na nota final. A cualificación final será a suma entre a cualificación dos coñecementos teóricos e prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das dúas partes (práctica e teórica) se obteña o 50% da puntuación posible, de non ser o caso a materia consideraríase como non superada.

Opción B. ALUMNADO QUE NON ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (< 80%)

Unicamente poderase acoller a esta modalidade o alumnado matriculado con dispensa académica de exención de asistencia, recoñecida por parte da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.

Así como o alumnado de Continuación de estudos na materia (repetidores)

Como non pode asistir as clases interactivas terá que realizar as tarefas individualmente dentro dos prazos establecidos.


Notas:

1. En caso de suspender algunha das dúas partes (teórica ou práctica) a cualificación final da materia nas actas será a da parte suspensa pasada a unha escala de 0 a 10 puntos. 

2. A cualificación de NP darase a aquel alumnado que non participa de ningunha das metodoloxías de avaliación descritas. 

3. No caso de ter aprobada só unha das partes (teoría ou práctica), esta manterase aprobada noutras convocatorias (máximo 4 cursos académicos, mentres o responsable da materia sexa Juan Carlos Brenlla Blanco).

4. A convocatoria de 2ª oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de 1ª oportunidade.

5. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”


Fontes de información
Bibliografía básica

MANUAIS, TEXTOS E COMPILACIÓNS XERAIS

Aebli, H. (1985). Doce formas básicas de enseñar. Narcea.

Ainscow, M. (2001). Desarrollo de escuelas inclusivas. Ideas, propuestas y experiencias para mejorar las instituciones escolares. Narcea.

Ainscow, M.; Beresford, J.; Harris, A.; Hopkins, D. y West, D. (2001). Crear condiciones para la mejora del trabajo en el aula. Manual para la formación del profesorado. Narcea.

Arnaiz, P. (2003).&nbsp;Educación inclusiva: una escuela para todos. Ediciones Aljibe.

Beltrán, J. y Bueno, J. A. (1995).&nbsp;Psicología de la Educación. Boixareu Universitaria.

Berk, L. (1999).&nbsp;Desarrollo del niño y del adolescente. Prentice-Hall.

Bermejo, V. (Coord.)(1994). El desarrollo cognitivo. Síntesis.

Boada, H. (1986). El desarrollo de la comunicación en el niño. Anthropos.

Bower, T. (1979).&nbsp;El mundo perceptivo del niño. Morata.

Bowlby, J. (1986).&nbsp;Vínculos afectivos: formación, desarrollo y pérdida. Morata.

Bradley, S. (1989). Concepciones de la infancia. Alianza.

Bronfenbrenner, U. (1987).&nbsp;La ecología del desarrollo humano. Paidós.

Bruner, J. (1988).&nbsp;Desarrollo cognitivo y educación. Morata.

Carretero, M. y Garcia-Madruga, J. (Comps.)(1984). Lecturas de psicología del pensamiento. Alianza Psicología.

Coll, C. (1987).&nbsp;Psicología y currículum. Laia.

Coll, C. (2000). El constructivismo en el aula. Ed Grao

Coll, C. (2007). Una encrucijada para la educación escolar.&nbsp;Cuadernos de pedagogía, 370,&nbsp;19-23.

Coll, C., Palacios, J. y Marchesi, A. (1990). Desarrollo psicológico y educación, II. Psicología de la Educación. Alianza Editorial.

Comellas, M.J. y Perpinya, A. (1984). La psicomotricidad en preescolar. CEAC.

Corral, A. (1 994). Capacidad mental y desarrollo. Visor.

Delval, J. (Comp.) (1978). Lecturas de psicología del niño. Vol.1 y Vol.2. Alianza.

Demause, Li. (1974). Historia de la infancia. Alianza.

Donalson, M. (1979). La mente de los niños. Morata.

Dunn, J. (1993). Los comienzos de la comprensión social. Nueva Visión.

Echeita, G. (2006).&nbsp;Educación para la inclusión o educación sin exclusiones.&nbsp;Narcea.

Elboj, C. y cols. (2002).&nbsp;Comunidades de aprendizaje. Transformar la educación.&nbsp;Editorial Graó.

Erikson, E.H. (1980). Identidad, juventud y crisis. Taurus.

Flavell, J. H. (1992). Desarrolla cognitivo. Nueva edición revisada. Visor.

Foss, B. (1978). Nuevas perspectivas en el desarrollo del niño. Fundamentos.

Furth, H.G. y Wachs, H. (1978). La teoría de Piaget en la práctica. Kapelusz.

Garcia-Madruga, J.A. (1991). Desarrollo y conocimiento. Siglo XXI.

Garvey, C. (1985). El juego infantil. Morata

Garvey, C. (1986).&nbsp;Lenguaje infantil. Morata.

Giné, C. &nbsp;y Font, J. (2007). El alumnado con discapacidad intelectual y del desarrollo. En Joan Bonals y Manuel Sánchez-Cano (coord.)&nbsp;Manual de asesoramiento pedagógico&nbsp;(pp. 879-914). Editorial Grao.

González, M. C. y Tourón, J. (1992). Autoconcepto y rendimiento escolar. EUNSA.

González-Cuenca, A.M.; Fuentes, M.J.; De La Morena, M.L. y Barajas, C. (1995). Psicología del desarrollo. Teoría y prácticas. Aljibe.

Good, T.L. y Brophy, J.E. (1983). Psicología educacional. Interamericana.

Gregory, G.H. y Chapman, C. (2002).&nbsp;Differentiated Instructional Strategies.&nbsp;Corwin Press.

Harris, P. (1992). Los niños y las emociones. Alianza.

Hernandez de la Torre, E. (1997). El grupo clase y sus diferencias individuales desde la perspectiva significativa del aula. En P. Darder y J. Gairín (Coords.).&nbsp;Organización y gestión de centros educativos&nbsp;(pp.114-120). Praxis.

Hoffman, L.; Paris, S. y Hall, E. (1995). Psicología del desarrollo hoy. Vol.1 McGraw-Hill.

Inhelder, B. y Piaget, J. (1955). De la lógica del niño a la lógica del adolescente. Paidós.

Inhelder, B., Sinclair, H. y Bove, M. (1975). Aprendizaje y estructuras del conocimiento. Morata.

Kail, R. (1984). El desarrollo de la memoria en los niños. Siglo XXI.

Kamii, C. y Devries, R. (1977). La teoría de Piaget y la educación preescolar. Pablo del Río.

Kaye, K. (1986). La vida mental y social del bebé. Paidós.

Kimmel, D. y Weiner, I. (1995). La adolescencia: una transición del desarrollo. Ariel.

Kozulin, A. (1990). La psicología de Vygotsky. Alianza Psicología.

Lane, H. (1979). El niño salvaje de Aveyron. Alianza.

Langford, P. (1987). El desarrollo del pensamiento conceptual en la escuela primaria. Paidós/MEC.

Linaza, J. y Maldonado, A. (1987). Los juegos y el deporte en el desarrollo psicológico del niño. Anthropos.

Linaza, J. (1985).&nbsp;El desarrollo físico y motor. Ministerio de Educación.

Linaza, J. (1991). Jugar y aprender. Alhambra Longman.

Lopez, F. (1985). La formación de los vínculos sociales. Ministerio de Educación y Ciencia.

Luria, A.R. y Yudovich, F.I. (1984). Lenguaje y desarrollo intelectual en el niño. Siglo XXI.

Martín, C. (1999). Psicología del desarrollo y de la educación en edad escolar. Ámbito.

Nelson, C. (1988). El descubrimiento del sentido. Alianza.

Nickerson, R.S., Perkins, D.N. y Smith, E.E. (1985). Enseñar a pensar. Aspectos de la aptitud intelectual. Paidós/MEC,

Ovejero, A. (1990). El aprendizaje cooperativo: una alternativa eficaz a la enseñanza tradicional. &nbsp;PPU.

Parrilla, A. (2001). 0 Longo camiño cara a Inclusión. Revista Galega do Ensino, 32 pp. &nbsp;35-54

Palacios, J., Marchesi, A. y Coll, C. (Comps.)(1 990). Desarrollo psicológico y educación. VoL 1. Alianza.

Palacios, J.; Marchesi, A. y Carretero, M. (1985). Psicología Evolutiva (3 vols.) Alianza.

Papalia, D. Y Wendkos, S. (1992). Psicología del desarrollo. De la infancia a la adolescencia. McGraw-Hill.

Pérez Gómez, A. y Almaraz, J. (1981). Lecturas de aprendizaje y enseñanza. Zero S.A

Perez de Lara, N. (1998). La capacidad de ser sujeto. Paidós.

Perret-Clermont, A-N.La construcción social de la inteligencia en la interacción socíal.&nbsp;Visor.

Piaget, J. e Inheider, B. (1966). La psicología del niño. Morata.

Piaget, J. (1978). Seis estudios de psicología. Seix Barral.

Piaget, J. y Inhelder,B. (1981). Psicología del niño. Morata.

Piaget,J. (1983). El criterio moral en el niño. Fontanella.

Pozo, J.I. (1987). Aprendizaje de la ciencia y pensamiento causal. Visor.

Pozo, J.I. (1996) Aprendices y maestros. La nueva cultura del aprendizaje. Alianza editorial.

Pozo, J.I. (1996). Teorías cognitivas del aprendizaje. Morata.

Pujolas, P. (2001).&nbsp;Atención a la diversidad y aprendizaje cooperativo en la educación obligatoria. Aljibe

Rodrigo, M.J. (1994). Contexto y desarrollo social. Síntesis.

Schaffer, R.H. (1994). Decisiones sobre la infancia. Aprendizaje/Visor.

Seligman, M.E.P. (1975). Desarrollo emocional y educación. Debate.

Siegel, I.S. y Brainerd, C.J. (1983). Alternativas a Piaget. Pirámide.

Siguan, M. (Comp.) (1986). Estudios sobre Psicología del lenguaje infantil. Pirámide.

Sinclair, H. y otros (1982). Los bebés y las cosas. La creatividad del desarrollo cognoscitivo. Gedisa.

Staimback, S. y Staimback, W. (1999).&nbsp;Aulas inclusivas. Narcea

Tomlinson, C. A. (2000).&nbsp;Differentiation of Instruction in the Elementary Grades.&nbsp;ERIC Digest.

Turiel, E.; Enesco, I y Linaza, J. (Comp.) (1989). El mundo social en la mente infantil. Alianza.

UNESCO (1994). Declaración de Salamanca. Conferencia Mundial sobre Necesidades Educativas Especiales: acceso y calidad. Unesco.

UNESCO (2001).&nbsp;Understanding and responding to children´s needs in inclusive classrooms. A guide for teachers. UNESCO.

Vasta, R.; Haith, M.M. y Miller, S.A. (1996). Psicología Infantil. Ariel.

Vila, I. (1990). Adquisición y desarrollo del lenguaje. Graó.

Villiers, P.A. y Villiers, J.G. (1980). Primer lenguaje. Morata.

VYGOTSKI, L. (1977). Pensamiento y lenguaje. Pléyade.

Vygotski, L.S. (1979). El desarrollo de los procesos psicológicos superiores. Crítica.

Wellman, H.M. (1 990). Desarrollo de la teoría de/ pensamiento. Desclée de Brouwe

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

As actividades e&nbsp; prácticas entregaranse vía telemática (a través da plataforma virtual Moodle) para contribuír a un desenvolvemento sostibel, evitando o esgotamento de recursos naturais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías