Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A6 |
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
A7 |
Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa. |
A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A13 |
Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A19 |
Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer as principais técnicas de recollida da información nos procesos de intervención socioeducativa. |
A5 A6 A7 A8 A11 A13 A14 A21
|
B1 B4
|
C1 C4 C6
|
Deseñar instrumentos de recollida de información de procesos de intervención socioeducativo aplicando diferentes técnicas. |
A5 A6 A13 A21
|
B1 B2
|
C1 C4 C6
|
Planificar recollidas e análises da información de procesos de intervención socioeducativos. |
A5 A6 A13 A19 A21
|
B1 B2
|
C6 C8
|
Realizar a recollida da información pertinente dun proceso de intervención socioeducativo |
|
B1 B2 B5 B6
|
C1 C6
|
Coñecer as principais técnicas de análise da información nos procesos de intervención socioeducativos |
A6 A13
|
B1
|
C3 C6 C8
|
Analizar a información recollida nos procesos de intervención socioeducativos, empregando as técnicas de análise adecuadas. |
A5 A6 A13 A19
|
B1 B2
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema I. INTRODUCCIÓN |
1. Determinación conceptual
2. Selección da mostra
2.1. Selección da mostra no enfoque cuantitativo
2.2. Selección da mostra no enfoque cualitativo
|
Tema II. TÉCNICAS DE RECOLLIDA DA INFORMACIÓN |
1. Instrumentos de recollida da información cuantitativos
1.1. Escalas
1.2. Cuestionario
2. Instrumentos de recollida da información cualitativos
2.1. Observación
2.2. Entrevistas (por exemplo: Historias de Vida)
2.3. Grupos de discusión |
Tema III. TÉCNICAS DE ANÁLISE DA INFORMACIÓN |
1. Análise cualitativo (mapas conceptuais, fiabilidade e validez)
2. Análise cuantitativo
2.1 Fiabilidade e Validez
2.2. Análise de datos categóricos ou nominales.
2.3 Análise de datos ordinais
2.4. Análise de datos métricos
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A5 A7 A14 B1 C4 C6 C8 |
10 |
10 |
20 |
Prácticas a través de TIC |
A6 C3 |
9.5 |
9.5 |
19 |
Estudo de casos |
A6 A13 A21 C1 |
8.5 |
29.75 |
38.25 |
Solución de problemas |
A19 B2 C1 |
2.5 |
8.75 |
11.25 |
Análise de fontes documentais |
B1 |
0 |
9 |
9 |
Aprendizaxe colaborativa |
A6 A8 A11 A13 A19 A21 B1 B2 B4 C1 C3 |
9.5 |
19 |
28.5 |
Proba mixta |
A5 A6 A13 A19 A21 B1 B2 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 |
2 |
12 |
14 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clase impartidas polas profesoras, nas clases expositivas, sobre os contidos xa citados no apartado de “contidos” desta guía docente. Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra e a vista como vía de transmisión da información a todo o grupo. Nalgúns casos, poderase complementar a información con exemplos prácticos e/ou recursos audiovisuais.
Neste materia, o alumnado terá as referencias bibliográficas para consultar ou, tamén, para completar ou seguir a exposición das docentes.
|
Prácticas a través de TIC |
A metodoloxía empregada é a Análise da información informatizada. E dicir, emprego de programas informáticos tanto cuantitativos como cualitativos tanto para o deseño do instrumento como recollida e análise da información. O desenvolvemento desta actividade de análise será complementario á metodoloxía de solución de problemas.
|
Estudo de casos |
Esta metodoloxía empregarase para a realización das prácticas correspondentes aos temas 1 e 2 dos contidos da materia.
Presentarase ao alumnado un caso práctico por grupo e deberán aplicar os coñecementos teóricos adquiridos nas sesións expositivas á resolución das diferentes partes dun caso. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento único que denominará “Técnicas de Recollida da Información”, e que será entregado na data estipulada polas docentes.
|
Solución de problemas |
Esta metodoloxía utilízase unicamente para o tema 3 dos contidos da materia. O alumnado disporá das clases interactivas e o traballo autónomo para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento único, que denominará “Análise da Información” que será entregado na data estipulada polas docentes.
|
Análise de fontes documentais |
Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Aprendizaxe colaborativa |
Esta metodoloxía combínase con outras metodoloxías como análise de fontes documentais, estudio de casos, solución de problemas, prácticas a través das TIC etc. Todos estes procedementos serán guiados de FORMA PRESENCIAL e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Para a súa realización configúranse grupos pequenos (entre 5-6 persoas. NON SE ADMITEN OUTRAS POSIBILIDADES), e lévanse a cabo durante todas ás clases interactivas da materia.
|
Proba mixta |
Proba utilizada para a avaliación das aprendizaxes tanto das clases expositivas como interactivas. Conta de dúas partes:
a) Parte técnicas: refírese aos contidos teórico (sesións expositivas) abordados polas docentes ao longo dos temas 1 e 2 polas dos contidos da guía docente.
b) Parte análise: será unicamente o que o/a profesor/a expón e traballe co alumnado no tema 3 do apartado contido desta materia.
As preguntas destas partes poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN ÁS CORRECTAS.
Dado que existen dúas partes (Técnicas e Análise), será IMPRESCINDIBLE para superar a proba mixta acadar, como mínimo, acadar a metade da calificación en cada unha das partes (por exemplo, se cada parte ten un valor de 5 puntos, deberá acadar un mínimo en cada una das partes).
A materia supérase cando se supera todas as partes e NUNCA se gardará algunha das partes para outras convocatorias (é dicir, se o/a estudante presencial non supera a proba da 1ª convocatoria, deberá someterse á proba final cun peso do 100% e, polo tanto, non se lle terá en conta a cualificación do dossier de avaliación continua).
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Prácticas a través de TIC |
Proba mixta |
Estudo de casos |
Sesión maxistral |
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
Na atención personalizada, as docentes resolverá as dúbidas que teña o alumnado sobre os diferentes temas a traballar na materia. Pero ademais calquera dúbida que poida xurdir para a solución de problemas, na aprendizaxe colaboradora, a análise de fontes documentais no estudo de casos e nas prácticas a través de TIC. Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do estudantado, supervisando e orientando mais directamente o proceso a seguir en cada unha das actividades realizadas.
Esta atención personalizada realizarase no despacho do profesorado (P1A16 e P1A20) no horario de titorías. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho das profesoras, na páxina web do departamento e na Facultade de Ciencias da Educación.
A atención personalizada realizarase cara a cara entre o estudantado e as docentes. O estudantado debe solicitar a ATENCIÓN PERSONALIZADA (TUTORIA) vía Campus Virtual, a través da plataforma habilitada a tal efecto e onde debe especificar o seu nome completo. Lembrade que as profesoras son as que marcarán o horario de dita titoría. Se o estudantado non solicita por ese medio a titoría, as profesoras non o atenderán baixo ningunha circunstancia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A19 B2 C1 |
Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 3). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías, como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o/a alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 3.
As docentes presentarán os apuntes deste tema (a través de Campus Virtual); nas clases expositivas explicarán con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas presentarán prácticas guiadas para que o alumno/a as realice. PARA TODO ISTO, O/A ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
O/a alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ás docentes no prazo establecido, baixo o nome de “Técnicas de análise da información”. Se se suspende este documento deberá presentarse como estudante non presencial ou non asistente a aula (ver a súa avaliación).
Este documento so servirá para a avaliación continua, é decir, a quen aprobe a proba mixta (en cada unha das partes saque un 5), contaráselle a avaliación deste documento; quen acade o mínimo nunha das partes da proba mixta (5 puntos), pero non na outra (< 5 puntos), a calificación obtenida neste documento podería axudar a aprobar, segundo cada caso.
A avaliación deste documento non servirá se o/a estudante non aproba cun 5 cada unha das dúas partes da proba mixta ou non acada un mínimo nalgunha desas partes.
Nota importante: os/as estudantes non presenciais non deben presentar dito documento, pero é recomendable realizalo e aproveitar as titorías para preguntar sobre o mesmo (na avaliación da materia caeran preguntas sobre o mesmo).
|
25 |
Proba mixta |
A5 A6 A13 A19 A21 B1 B2 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 |
O exame da 1ª e 2ª convocatorias (xuño e xullo) é o que fai referencia a avaliación desta metodoloxía e consta de dúas partes:
1-Parte TÉCNICAS constará dun número de ítem de resposta aberta, ou de resposta breve ou de verdadeiro e falso pero xustificando (o tipo de preguntas o determinarán as docentes). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí.
2-Parte ANÁLISIS. Esta parte consta de varios problemas estatísticos ou preguntas de respostas breves ou preguntas de verdadeiro e falso (as docentes serán as que decidan o tipo de preguntas). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí.
En ambas partes (parte Técnicas e parte Análise) as preguntas incorrectamente contestadas restarán. As docentes, antes de finalizar o período lectivo poderán realizar un simulacro de dita proba, no horario de clase da materia. A asistencia a este simulacro non é obrigatoria
NOTAS ACLARATORIAS:
O exame debe estar aprobado para que se teña en conta a avaliación continua. Para aprobar é imprescindible que se cumpran ambos os dous seguintes requisitos:
(a) se acaden 5 puntos ou máis na proba mixta; e
(b) que se chegue, como mínimo, á metade do valor que ten cada una das partes (parte técnicas e parte análise).
Se se suspende algunha das partes (non se alcanza a puntuación mínima para aprobar) ou ben se non se supera a avaliación continua (dosiseres), o alumnado debe ir á seguinte convocatoria con todo. NON SE GARDAN PARTES DE NINGÚN EXAMEN DUNHA CONVOCATORIA PARA OUTRA OU OUTRAS CONVOCATORIAS.
A data dos exames das convocartorias están marcados por Xunta de Facultade, por lo tanto, non se moven.
|
50 |
Estudo de casos |
A6 A13 A21 C1 |
Esta tarefa está destinada aos contidos da materia (Tema 1 e 2). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o alumnado desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión das docentes. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 1 e 2.
As docentes presentarán ao alumnado os apuntes deste tema (a través de Campus Virtual); nas clases expositivas explicará con casos ditos apuntes; nas clases interactivas as docentes presentará prácticas guiadas (fichas guiadas) para que o alumnado as realice PARA TODO ESTO O ALUMNADO DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
O alumnado presencial ou asistente a aula deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Técnicas de recollida da información”. Se se suspende este documento deberá presentarse como estudante non presencial ou non asistente a aula (ver a súa avaliación).
Este documento so servirá para a avaliación continua, é decir, a quen aprobe a proba mixta (en cada unha das partes saque un 5), contaráselle a avaliación deste documento; quen acade o mínimo nunha das partes da proba mixta (5 puntos), pero non na outra (< 5 puntos), a calificación obtenida neste documento podería axudar a aprobar, segundo cada caso.
A avaliación deste documento non servirá se o/a estudante non aproba cun 5 cada unha das dúas partes da proba mixta ou non acada un mínimo nalgunha desas partes.
Nota importante: os/as estudantes non presenciais non deben presentar dito documento, pero é recomendable realizalo e aproveitar as titorías para preguntar sobre o mesmo (na avaliación da materia caeran preguntas sobre o mesmo).
|
25 |
|
Observacións avaliación |
Na avaliación da materia (exposta no apartado da guíadocente, denominado "Paso 7: Avaliación") terase en conta antes denada o seguinte: a) ESTUDIANTES QUE ASISTAN SEMPRE A CLASE (ou alumnadocon dispensa académica) (estudantes presenciais) considéranse que asisten un80%, isto equivale a non ter máis de 3 faltas sen xustificar. Xustifícase asfaltas médicas (con xustificante correctamente cuberto por un médico colexiado)e as faltas por un traballo (con xustificante correctamente cuberto no traballoonde se xustifique que en horas de clase se está a traballar) ou calquera outrafalta sempre co documentación homologado. A avaliación destes alumnos ten en conta oseguinte: 1-A proba mixta;2-O estudo de casos e 3-Soluciónde problemas. Todo o alumnado ASISTENTE OU PRESENCIAL debe superar aavaliación continua (dossieres) para poder someterse a proba mixta nascondicións que se explican para este grupo de estudantes. A avaliación continuaequivale o 50% da nota final da materia (sendo necesario chegar ao mínimo do25% para considerar que esta parte se superou). Igualmente, é imprescindíbelacadar un mínimo de 25% sobre 50% na proba mixta para considerar superada estáavaliación (atendendo a necesidade de chegar a un mínimo en cada parte,técnicas e análises, tal como se especificou no apartado correspondente na guíadocente) b)ESTUDANTES QUE NON ASISTAN SEMPRE A CLASE(estudantes non presenciais) considéranse que non asisten cando faltan máisdun 80%, é dicir, ten máis de tres faltas sen xustificar, ou ben ten máis dedúas faltas nunha das partes da materia (técnicas de recollida e/ou análise dainformación). Se xustifica as faltas médicas (con xustificante correctamentecuberto por un médico colexiado) e as faltas por un traballo (con xustificantecorrectamente cuberto no traballo onde se xustifique que en horas de clase seestá a traballar) Tamén pode ser aquel estudantado que así opte dende o inicioda materia (o primeiro día de clase o profesorado presentará esta opción que oestudantado pode elixir). Estes/as estudantes se presentarán ás probas da 1ª e2ª convocatoria. Se recomenda que o estudantado realice os dous traballos damateria (“Técnicas de recollida da información” e “Análise da información”) deforma autónoma, posto que estes serán avaliados na proba final da materia(50%), xunto cos contidos teóricos propios da proba mixta (50%). A avaliación adiantada rexerase polo mesmo procedemento de avaliación que o especificado na 1ª e 2ª oportunidade aplicable ao alumnado "non asistente". NOTA IMPORTANTE: Todo os/as estudantes matriculadas nesta materia, antes da presentación da materia ou o mesmo día da presentación da materia (a presentación SEMPRE É PRESENCIAL), deben realizar varias tarefas. Unha desas tarefas é seleccionar a modalidade de aprendizaxe (se é estudante asistente a clase ou non asistentes a clase). Se o/a estudante non realiza está tarefa igual que outras (no campus virtual) NO PERÍODO MARCADO POLAS PROFESORAS serán consideradas/os estudantes NON ASISTENTES A CLASE (as profesoras enviaran correos electrónicos a través do campus virtual os/as estudantes deben estar atentos/as.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Tourón Figueroa, J. (ed. lit.), López González, E., Lizasoain Hernández, L. & Navarro Asencio, E (2023). Análisis de datos y medida en educación. Vol. I. UNIR
Tourón Figueroa, J. (ed. lit.), Lizasoain Hernández, L., Navarro Asencio, E., & López González, (2023). Análisis de datos y medida en educación. Vol. II.. UNIR
Etxeberria, J., & Tejedor, F.J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. La Muralla.
Tejedor, F.J., & Etxeberría, J. (2006). Análisis inferencial de datos en educación. La Muralla.
Azofra, M.J. (1999). Cuestionarios. CIS (Cuadernos Metodológicos, 26).
Rubio, M.J., & Varas, J. (2011). El análisis de la realidad en la intervención social. CCS.
García, M. (2015). El análisis de la realidad social: métodos y técnicas de investigación.. Alianza.
Valles, M.S. (2002). Entrevistas cualitativas. CIS (Cuadernos Metodológicos, 32).
Grima, P. (2010). La certeza absoluta y otras ficciones. Los secretos de la estadística. RBA Libros.
Alvira, F. (2011). La encuesta: una perspectiva general metodológica. CIS (Cuadernos Metodológicos, 35).
Visauta, B. (1989). Técnicas de investigación Social. PPU.
Martínez Mediano, C., & Galán González, A. (2014). Técnicas e instrumentos de recogida y análisis de datos (2ª ed). UNED. |
|
Bibliografía complementaria
|
Desler, G. (2001). Administración del personal. Pearson
Escudero Perez, J. (2004). Análisis de la realidad local. Narcea.
Ander-EGG, E. y Aguilar, M.J. (2017). Como elaborar un proyecto: guía para diseñar proyectos sociales y culturales (18ª ed.).. Lumen Humanitas
Club de excelencia (2003). Guía práctica para desarrollar, implantar y revisar la Autoevaluación de mi organización. EFQM
Junta de Andalucía (2010). Manual de proyectos.. Consejería de Gobernación
Losada, S. (2016). Metodología de la intervención social. Síntesis.
De Ketele, J.M., & Roegiers, X. (1995). Metodología para la recogida de información. La Muralla.
Corbetta, P. (2003). Metodología y Técnicas de Investigación Social. McGraw-Hill.
Briones, G. (2003). Métodos y técnicas de investigación para las Ciencias Sociales (4ª ed.). Trillas.
Pérez, O. (Coord.). (2007). Plan Estratégico del Tercer Sector de Acción Social. Guía de evaluación de programas y proyectos sociales. Plataforma de ONG de Acción social |
Informes: Ad-ECOS
(2015). Como elaborar los indicadores de
un proyecto social paso a paso. http://www.ad-ecos.com/blog-de-formacioacuten/como-elaborar-los-indicadores-de-un-proyecto-social-paso-a-paso Ministerio de Administración Pública (2006). Guía de autoevaluación
para la administración pública. MAP. http://www.aeval.es/es/difusion_y_comunicacion/publicaciones/Guias/Guias_Marco_General_Mejora_Calidad/guia_iberoamericana.html Ministerio de Administración Pública (2006). Guía de
evaluación. Modelo EVAM. MAP. http://www.aeval.es/es/difusion_y_comunicacion/publicaciones/Guias/Guias_Marco_General_Mejora_Calidad/evam.html Ministerio de Administración Pública (2009). Guía para el
desarrollo de cartas de servicio. MAP. http://www.aeval.es/export/sites/aeval/comun/pdf/calidad/guias/Guia_CARTAS_2009.pdf Enlaces web: Diseño de
estrategias http://www.juntadeandalucia.es/agriculturaypesca/desarrollo/documentos/manual_61.pdf Elaboración
de proyectos sociales. http://nevada.ual.es/decahuma/REL_INTER/archivos/comoelaborarproyectos.pdf Gestión de
proyectos sociales https://www.diba.cat/c/document_library/get_file?uuid=f067d455-fe09-488b-a2a0-04656503eed0&groupId=527890 Métodos y
técnicas más útiles en la gestión de proyectos http://www.eoi.es/blogs/pedroismaelvegazo/2011/11/24/metodos/ Plataforma de
ONG de acción social: https://www.plataformaong.org/plan-estrategico-tercer-sector.php |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Métodos de investigación/652G03019 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Métodos de avaliación de programas/652G03023 | Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas/652G03039 |
|
Observacións |
Recomendase para cumprir coa perspectiva de xénero utilizar 0 linguaxe inclusivo Comité Ambiental da Facultade (GREEN CMPUS) recoméndase: -Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. -Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. -Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais. NOTA MOI IMPORTANTE Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respectando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado
|
|