Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A2 |
Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. |
A3 |
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. |
A4 |
Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A6 |
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos |
A13 |
Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A20 |
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B3 |
Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecemento do sistema educativo dentro do sistema social |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A14 A20
|
B5
|
C6 C7 C8
|
Coñecemento e comprensión das funcións sociais da educación. |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A14 A20
|
B1 B3 B4
|
C6 C8
|
Aplicación dos coñecementos manexados á realidade social nas súas diferentes manifestacións, para acadar a perspectiva da mesma desde o ámbito da educación. |
A1 A2 A5 A13 A14
|
B1 B5 B6
|
C4 C6
|
Adquisición de ferramentas teóricas e metodolóxicas para a análise da realidade social do sistema educativo |
A1 A2 A5 A13 A14
|
B1 B5 B6
|
C1 C4 C6 C7
|
Avaliación do sistema educativo, así como das súas implicacións tanto a nivel social como persoal |
A1 A2 A3 A5 A6 A14
|
B1 B4 B5 B6
|
C4 C6 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución á Socioloxía da Educación |
1.1. Definición e obxectivos
1.2. Historia
1.3. As institucións sociais |
2. Teorías clásicas, neoclásicas e contemporáneas sobre Socioloxía da Educación |
2.1. Os clásicos: Durkheim, Marx, Weber
2.2. Os neoclásicos: Veblen, Gramsci, Manheim, Parsons
2.3. Os contemporáneos: O funcionalismo, o estruturalismo marxista, Nova Socioloxía da Educación |
3. Desigualdade, estratificación e reprodución social |
3.1. A clase social na aula
3.2. A etnia na aula
3.3. O xénero na aula |
4. A vida na aula. A educación como institución social |
4.1. Socioloxía do currículo e da organización escolar
4.2. O profesorado como categoría social e axente educativo
4.3. A construción social do alumnado
4.4. Participación das familias e da comunidade |
5. A aula na vida. Estado, mercado e sistema educativo |
5.1. Políticas educativas
5.2. Vinculación entre educación e emprego
5.3. Educación na globalización |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A2 A3 A4 A5 A8 A20 B3 B4 C6 C7 C8 |
24 |
27 |
51 |
Traballos tutelados |
A2 A3 A5 A6 A13 A14 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 |
12 |
34 |
46 |
Lecturas |
A1 A2 A8 B1 B5 C4 C6 |
4 |
30 |
34 |
Presentación oral |
A2 A5 B1 B5 B6 C1 C4 C6 C7 |
2 |
15 |
17 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
É o método tradicional da docencia no que tanto a iniciativa como o peso principal da actividade recaen sobre o profesor. Supón un perigo importante de provocar actitudes pasivas por parte do alumnado e limitar así a súa capacidade de aprendizaxe. Por iso, empregarase unha metodoloxía maiéutica onde o contido non se expoña, simplemente, para a recepción pasiva, senón que se trate, mediante unha lóxica de pregunta-resposta, que o alumnado vaia desenvolvendo e comprendendo de maneira activa o contido impartido. Por iso, a participación do alumnado neste tipo de clases é moi importante e valorarase.
A lección maxistral non debe ir soa no plantexamento dunha materia como esta. É necesario complementar este método pedagóxico máis tradicional coa introdución de outras actividades e métodos que permitan un rol máis activo do estudantado.
Neste tipo de clases intentarase promover unha participación que nos permita un mínimo feed-back do nivel de comprensión e de asimilación en cada tema e desenvolver en cada sesión auténticos debates sobre temas actuais e concretos relacionados coas cuestións teóricas tratadas.
Con estes requisitos, a clase expositiva, mesmo cun número amplo de estudantes pode conseguir, en primeiro lugar, unha transmisión axeitada de coñecementos, preferentemente daqueles que poidan ser de difícil acceso ou asimilación. En segundo lugar, debe converterse no espazo da síntese, da crítica, da interrelación de ideas e da profundización de coñecementos. En terceiro lugar, na clase deben achegarse orientacións claras para a aplicabilidade dos coñecementos transmitidos e exemplos concretos da práctica social dos mesmos.
Ante unha posible situación de excepcionalidade e nun escenario de non presencialidade, a sesión maxistral convertiríase nunha clase asíncrona gravada en Teams. |
Traballos tutelados |
Hai dous tipos de traballos tutelados, as prácticas realizadas na clase (de forma individual ou grupal) e un traballo de maior extensión, grupal, sobre un tema sociolóxico (e a súa exposición oral).
O traballo grupal está plantexado como un traballo de desenvolvemento sobre algún dos temas da materia. Este traballo é a ocasión para relacionar os coñecementos teóricos adquiridos, os argumentos dos manuais e os textos de referencia, cos casos prácticos e co coñecemento das fontes de información relacionadas coa materia. Por iso, os temas do traballo deben escollerllos o propio alumnado e deben estar relacionados preferiblemente con algún tema visto na materia e enfocado desde unha perspectiva sociolóxica. Debe presentarse nun formato científico, tanto no que se refire a forma e tamaño, como no que respecta á estrutura do texto, a presentación, referencias bibliográficas, etc. Este tipo de traballo inclúe a asistencia a unha titoría obrigatoria.
No caso de non presencialidade, os traballos tutelados realizaríanse do mesmo xeito, realizando titorías telemáticas vía Teams ou correo electrónico. |
Lecturas |
Nalgúns temas do programa existe un número determinado de lecturas obrigatorias que permiten a adecuada comprensión da materia. Evitan ademais a copia automática de apuntamentos durante as clases maxistrais, motivando entre o alumnado a atención durante as explicacións. Son unha guía dos contidos da materia.
Ademais, nalgunhas sesións prácticas utilizaranse para dinamizar debates e para saber interpretar resultados cuantitativos e cualitativos.
As lecturas e demais materiais estarán sempre dispoñibles en moodle, de xeito que ante unha situación de docencia non presencial, o alumnado poderá seguir desenvolvendo esta metodoloxía dun xeito autónomo.
|
Presentación oral |
O traballo grupal sobre un tema sociolóxico será exposto en clase (tamén de forma grupal) a final de curso.
Ante unha situación de excepcionalidade, a presentación oral podería mudar nunha exposición en Teams síncrona ou asíncrona ou, de non ser o caso, ser completada a súa avaliación co informe escrito. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
Presentación oral |
|
Descrición |
A atención personalizada desta asignatura desenvolverase de forma presencial e non presencial. Para a comprensión das lecturas e para a realización dos traballos tutelados contaredes coa miña presenza no aula durante as sesións en grupos reducidos e, ademais, poderedes programar as tutorías presenciales que consideredes necesarias no horario que comunicarei ao comezo de curso. Hai unha tutoría presencial obrigatoria para preparar o traballo grupal. Tamén estarei dispoñible de forma non presencial preferiblemente a través do correo electrónico (e tamén a través da plataforma Moodle).
O alumnado que se acolla ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (quenes non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto co profesor ao comezo do curso e terán que asistir a unha titoría para concretar as metodoloxías de avaliación. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo sobre unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (sobre o libro e a película) como o exame. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A2 A3 A5 A6 A13 A14 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 |
Considéranse traballos tutelados tanto as prácticas realizadas na clase como o traballo en grupo sobre un tema da materia que deberá ser analizado desde unha perspectiva sociolóxica. O 50% da nota depende das prácticas de clase e a participación, e o 40%, do traballo grupal obrigatorio.
En todos estes traballos valorarase:
- A comprensión e manexo dos conceptos, textos e a teoría sociolóxica.
- O uso de fontes e de ferramentas apropiadas para a investigación social.
- O pensamento crítico, reflexivo e relacional.
- A orixinalidade.
- A correcta expresión escrita.
- A capacidade de traballo en grupo (cando sexa o caso). |
90 |
Presentación oral |
A2 A5 B1 B5 B6 C1 C4 C6 C7 |
A presentación oral sobre o traballo grupal é obrigatoria.
Nela valorarase:
-O dominio e comprensión do tema.
-A capacidade de síntese.
-A correcta expresión oral.
-A creatividade.
-O traballo en grupo.
|
10 |
|
Observacións avaliación |
Avaliación continua. O 50% da nota depende das prácticas de clase e o 40% do traballo grupal obrigatorio. A presentación oral sobre o traballo grupal obrigatorio valerá o restante 10% da nota. Para a avaliación continua será obrigatoria a asistencia a clase, polo que se poderá faltar a estas un máximo de 3 veces (con ou sen xustificación). Á cuarta falta pasarase, automaticamente, a avaliación non continua. Para superar a materia é imprescindible obter unha puntuación mínima de 5 en cada unha das partes (prácticas en clase, traballo grupal e exposición oral). As tres partes apróbanse cun 5. A nota final será a suma ponderada das mesmas. No caso de suspender na primeira convocatoria en xuño, o alumno/a terá que facer en xullo un exame de recuperación de todo o curso.
Avaliación non continua. Aqueles alumnos que non poidan asistir regularmente a clase, e especificamente ás clases prácticas, deberán optar pola avaliación final consistente nunha proba obxectiva que terá un peso dun 100% da nota final. Neste exame incluiranse preguntas sobre as lecturas obrigatorias.
Segunda oportunidade. Para aprobar a materia en segunda oportunidade será necesario aprobar un exame (de preguntas breves e de desenvolvemento e cunha parte práctica) que valerá o 100% da nota e que terá lugar na data oficial estipulada pola UDC.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Durkheim, E. (1992). Historia de la educación y de las doctrinas pedagógicas: la evolución pedagógica en Francia . Madrid: La Piqueta
Willis, P. (1988). Aprendiendo a trabajar. Torrejón de Ardoz: Akal
Durkheim, E. (2009). Educación y Sociología. Madrid : Editorial Popular
Guerrero Serón, A. (2011). Enseñanza y sociedad. El conocimiento sociológico de la educación. Madrid: Siglo XXI
Amorós, C. (1991). Hacia una crítica de la razón patriarcal . Madrid: Anthropos
Chomsky, N. (2014). La (des)educación. Barcelona: Crítica
Fernández Enguita, M. (2004). La escuela a examen un análisis sociológico para educadores y otras personas interesadas. Madrid: Pirámide
Bourdieu, P., y Passeron, J.C. (1969). Los estudiantes y la cultura. Barcelona: Labor
Bonal, X. (1998). Sociología de la educación : una aproximación crítica las corrientes contemporáneas. Barcelona: Paidós
Álvarez-Uria, F. (2006). Sociología y educación: textos e intervenciones de los sociólogos clásicos. Madrid: Morata
Rodríguez Caamaño, M.J. (Coord.) (2001). Temas de Sociología. Madrid: Huerga y Fierro
Veblen, T. (2014). Teoría de la clase ociosa. Madrid: Alianza Editorial |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Historia da educación/652G03011 | Educación multicultural/652G03013 | Antropoloxía da educación/652G03029 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Teoría da educación/652G03001 | Pedagoxía social/652G03006 | Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas/652G03039 |
|
Materias que continúan o temario |
Deseño e desenvolvemento da acción socioeducativa/652G03002 | Animación e xestión sociocultural/652G03017 | Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa/652G03020 |
|
|