Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A2 |
Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Fundamentar, antropolóxicamente, a centralidade do proceso educativo na constitución e evolución do home como "animal cultural" |
A1 A2 A5 A8 A11
|
B1 B5 B6
|
C1 C3 C4 C6
|
Interpretar o proceso educativo como o procedemento principal de integración dos individuos nunha sociedade, atendendo a distinción entre socialización primaria e secundaria |
A1 A2 A5 A8 A11
|
B1 B5 B6
|
C1 C3 C4 C6 C8
|
Analizar o feito multicultural e criticar os prexuizos etnocéntricos |
A1 A2 A5 A8 A11
|
B1 B5 B6
|
C1 C3 C4 C6 C8
|
Analizar os compoñentes principais da cultura (técnicos, simbólicos e sociais) e a súa interrelación nos procesos sociais e, especialmente, educativos |
A1 A2 A5 A8 A11
|
B1 B5 B6
|
C1 C3 C4 C6 C8
|
Detectar as distorsións que na vida social introducen os estereotipos que transmiten actitudes negativas cara a colectivos definidos |
A1 A2 A5 A8 A11
|
B1 B5 B6
|
C1 C3 C4 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Antropoloxía filosófica, antropoloxía cultural e feito educativo |
1.1. Antropoloxía filosófica e antropoloxía cultural: caracteres universais e formas particulares do humano
1.2. Introducción á antropoloxía filosófica
1.3 Introducción á antropoloxía cultural |
2. O animal cultural |
2.1. Concepto de cultura
2.2. O fundamento antropolóxico da cultura
2.3. Principais sectores da cultura |
3. Cultura e educación |
3.1. A educación como problema cultural: a transmisión do aprendido
3.2. Educación como socialización
|
4. Multiculturalismo e educación |
4.1. A problemática multicultural: concepto e implicacións
4.2. Consecuencias educativas da multiculturalidade |
5. Estereotipos, marxinación e exclusión en perspectiva educativa |
5.1. Etnocentrismo e exclusión social
5.2. Unha situación histórica: o estereotipo antisemita na Alemania moderna
5.3. Papel da educación na loita contra dos esteretipos e as súas consecuencias marginalizadoras |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
A2 A5 A8 A11 B1 B6 C1 C4 C6 C8 |
2 |
33 |
35 |
Seminario |
A1 A2 A5 A8 A11 B1 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 |
20 |
37 |
57 |
Lecturas |
A2 A5 A8 A11 B1 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 |
0 |
21 |
21 |
Sesión maxistral |
A2 A5 A8 A11 B1 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 |
20 |
11 |
31 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Realizarase segundo a data e hora previstas no calendario oficial de exames.
Constará do comentario dun fragmento extraído dos textos obxecto de lectura nas sesións de seminario e dunha cuestión teórica sobre os contidos abordados na aula, tanto nas sesións maxistrais como nos seminarios. |
Seminario |
O traballo de seminario constitúe, xunto coas sesións maxistrais, o elemento central do traballo da aula na materia. Aborda o estudio dos núcleos temáticos dos contidos mediante a análise, posta en común, discusión e interpretación de textos (artigos ou capítulos de libros) propostos ó alumno.
O traballo de seminario supón unha doble tarefa, a realizar fóra da aula, por conta do alumno. Por unha banda, a lectura previa dos textos. Por outra, o comentario de fragmentos extraídos dos mesmos e posterior, en consecuencia, ás sesións de seminario. Proporanse ó alumno 5 fragmentos, un por cada un dos bloques de contidos, dos que el seleccionará 3 entregando os comentarios correspondentres. |
Lecturas |
Proporanse varios libros de lectura dos que o alumno seleccionará un. Na aula ofreceranse unhas orientacións xerais, pero a lectura do libro será tarefa do alumno fóra da aula. Deberá asimilar o contido do texto, poñéndoo en relación co conxunto da materia, e elaborar un xuizo crítico sobre o mesmo.
Na proba mixta incluirase un apartado referido ó libro de lectura, que permitirá calficar este aspecto do traballo do alumno. Propoñerase ós alumnos a posibilidade de adiantar a realización da proba do libro de lectura, realizándoa durante o periodo lectivo. |
Sesión maxistral |
Recurrirá á exposición oral do profesor, co obxectivo de introducir nos núcleos conceptuais principais das unidades temáticas abordadas e establecer as pautas esenciais para a lectura dos textos que serán obxecto de análise e discusión nas sesións de seminario.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba mixta |
Seminario |
Lecturas |
|
Descrición |
As dúbidas puntuais que os alumnos prantexen poderán ser resoltas no interior da aula. Aqueles casos que requiran máis tempo de atención persoal serán atendidos nas titorías, dacordo có horario que figurará no taboleiro do despacho do profesor. Tamén se atenderán consultas dirixidas a través do correo electrónico.
Facilitaráse o traballo na materia para alumnas/os que teñan dispensa ofical de asistencia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A2 A5 A8 A11 B1 B6 C1 C4 C6 C8 |
A proba mixta constará dun fragmento a comentar (extraído dos textos obxecto de análise nas sesións de seminario), cuxa cualificación máxima será de 2 ptos., e dunha cuestión teórica a desenvolver (referida ós contidos abordados tanto nas sesións maxistrais como nas de seminario), cuxa calificación máxima será tamén de 2 ptos.
Valorarase, no caso do comentario, a análise conceptual do fragmento, a reconstrucción da súa estructura discursiva e a contextualización nun marco máis amplo (autor; corrente; época; problemática); asimesmo, a claridade expresiva e a precisión no uso dos conceptos.
No que atinxe á cuestión teórica, serán obxecto de valoración: a cantidade e calidade da información recollida na resposta; o enfoque global da mesma; o rigor conceptual e discursivo da exposición; a claridade expresiva. |
40 |
Seminario |
A1 A2 A5 A8 A11 B1 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 |
A cualificación do traballo de seminario, que inclúe a lectura previa polo alumnado dos textos e a elaboración polo alumnado de 3 comentarios (sobre 5 fragmentos que lle serán propostos e que estarán extraídos dos textos traballados nos seminarios), faráse do seguinte xeito: tres cuartas partes corresponderán á cualificación dos comentarios, cunha puntuación total de 3 ptos. (1 pto. de calificación máxima por cada comentario) e a cuarta parte restante valorará a asistencia e participación do alumnado nas sesións de seminario, correspondéndolle unha cualifiación máxima de 1 pto. |
40 |
Lecturas |
A2 A5 A8 A11 B1 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 |
A cualificación do libro de lectura farase mediante a resposta do alumnado a unha cuestión que lle sexa prantexada sobre o mesmo, acompañada dun breve fragmento. A cualificación máxima será de 2 ptos.
Valorarase o nivel de comprensión e síntese do libro leído, a conexión que se estableza entre o seu contido e o conxunto da asignatura, a claridade expresiva e conceptual, e a argumentación da valoración persoal. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Esquema do reparto da cualificación do alumno (sobre unha cualificación máxima de 10 ptos.): a) PROBA MIXTA: 4 ptos. de cualificación máxima, dos cales 2 correponderán ó comentario e outros 2 á resposta á cuestión teórica; b) SEMINARIO: 4 ptos. de cualificación máxima, dos cales 3 corresponderán os 3 comentarios entregados (1 pto. por comentario) e 1 pto. que valorará a asistencia e participación nas actividades da aula; c) LECTURA.- 2 ptos. de cualificación máxima; calificarase por medio da resposta que o alumnado dé a cuestión que, a partires dun fragmento da obra elexida, se lle propoña; o alumnado respostará xunto coa proba mixta, pero haberá dúas cualificacións distintas (a da proba mixta -4 ptos.- e a do libro de lectura -2 ptos.). Na segunda oportunidade (Xullo) mantense os criterios anteriores, coa salvedade de que o punto reservado á asistencia e participación na aula distribuirase entre as outras tres cualificacións parciais, dacordo coa súa aportación proporcional á cualificación global. Admítese a dispensa académica. No caso de atoparse alumnas o alumnos nesta situación, establecerase dun xeito persoalizado a orientación da súa aprendizaxe na materia mediante unha porcentaxe mínima de asistencia á aula e/ou asistencia a titoría. En calqueira caso, os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto do alumnado. Farase un seguimento para evitar na entrega de traballos escritos calquer clase de fraude académico. Tanto na convocatoria ordinaria como na segunda oportunidade será necesario acadar unha cualificación mínima de 2 puntos (sobre un máximo de 4) na proba mixta para poder ser avaliado positivamente. No
caso de falta grave por parte do alumno, aplicarase o contemplado no “Regulamento
disciplinar do alumnado da UDC”, artigo 11, apartado 4 b.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
H. Bouché Peris (2002). Antropología de la educación. Madrid, Síntesis
VV.AA. (1998). Antropología de la educación. Madrid, Dykinson
O. Fullat (1997). Antropología filosófica de la eduación. Barcelona, Ariel
Sucasas, Alberto (2022). Claude Lanzmann. Madrid: Cátedra
A. Caride (1995). Cuestiones de antropología de la educación. Barcelona, CEAC
P. Mª Pérez Alonoso-Geta (2007). El brillante aprendiz: antropología de la eduación. Barcelona, Ariel
D. Sobrevilla (2013). Filosofía de la cultura. Madrid, Trotta
R. Mate, O. Guariglia e L. Olivé (eds.) (2017). Filosofía práctica y filosofía de la cultura. Madrid, Trotta
J. A. Pérez Tapias (2000). Filosofía y crítica de la cultura. Madrid, Trotta
Ch. Wulf (2004). Introducción a la antropología de la educación. Barcelona, Idea Books
R. Hilberg (2005). La destrucción de los judíos europeos. Madrid, Akal
VV.AA. (2003). Lecturas de antropología para educadores. Madrid, Trotta
Sucasas, Alberto (2018). Shoah: el campo fuera de campo. Cine y pensamiento en Claude Lanzmann. Valencia: Shangrila |
|
Bibliografía complementaria
|
(). .
O. Lewis (1985). Antropología de la pobreza: cinco familias. México, F.C.E.
G. Pico della Mirandola (2002). Discurso sobre la dignidad del hombre. Barcelona, PPU
M. Mead (1972). Educación y cultura. Buenos Aires, Paidós
C. Paris (2000). El animal cultural: biología y cultura en la realidad humana. Barcelona, Crítica
Ch. Taylor (2003). El multiculturalismo y la política del reconocimiento. Madrid, F.C.E.
M. Scheler (1978). El puesto del hombre en el cosmos. Buenos Aires, Losada
C. Castoriadis (1989). La constitución imaginaria de la sociedad. Barcelona, Tusquets
P. Berger y Th. Luckmann (1991). La construcción social de la realidad. Buenos Aires, Amorrortu
D. Goldhagen (1997). Los verdugos voluntarios de Hitler. Madrid, Taurus
G. Gusdorf (1969). ¿Para qué los profesores?. Madrid, Cuadernos para el Diálogo |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|