Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas Código 652G03039
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
paula.rios.dedeus@udc.es
Profesorado
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
paula.rios.dedeus@udc.es
Web
Descrición xeral A materia Avaliación e Diagnóstico das Necesidades Socioeducativas aborda os procesos de avaliación e diagnóstico desde a perspectiva da prevención e/ou detección das necesidades socioeducativas, como paso previo a calquera intervención socioeducativa. esta materia pretende ofrecer una base teórico-práctica do diagnóstico en diferentes contextos da actividade do/da profesional da Educación Social: familia, grupo de pares, barrio e comunidade, e empregando una ampla variedade de técnicas e instrumentos de recollida de datos. Trátase de dar relevancia á figura do/da educador/a social como realizador/a e interactuante no diagnóstico das necesidades socioeducativas, comprendendo cáles son as súas competencias para lograr una actuación adecuada neste eido.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A13 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Recoñecer e analizar os factores relacionados coa inclusión social, educativa, cultural e laboral que afecta a intervención socioeducativa A5
A8
B2
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa, para deseñar, implementar e aplicar procesos, metodoloxías e recursos para a intervención socioeducativa en diversos contextos. A5
A8
A11
B1
B6
C6
Identificar, analizar e comprender a realidade social, cultural e educativa. A5
A8
A11
B1
B6
C6
Domina as habilidades comunicativas para analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información a diversas audiencias. B6
C1
Deseñar, implementar e aplicar procesos, metodoloxías e recursos de detección de necesidades e diagnóstico socioeducativo en diversos contextos. A13
A21
B6
C1
Exprésase correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. B2
B6
C1
Redactar e presentar a información da avaliación e diagnóstico dun xeito sintético e organizado, e cunha expresion oral e escrita adecuada. A13
A21
B6
C1
Desenvólvese para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. B1
B3
B5
Transmitir a información críticamente, adecuando o discurso ás diversas audicencias. A8
A11
B1
B2
B6
C1
Asume como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Demostrar e promover unha actitude aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común A13
B2
C1
C6
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. B2
B6
C6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Conceptualización do diagnóstico en educación e nas necesidades socioeducativas 1.1. Definición de diagnóstico
1.2. Modelos teóricos da avaliación de necesidades
1.3. Elementos humanos no diagnóstico. Competencias da/o profesional da Educación Social
Tema 2. Dimensións do diagnóstico 2.1 Dimensións, ámbitos e áreas de actuación no diagnóstico
2.2 Dimensión socioambiental: familia, grupo de pares, barrio e comunidade
Tema 3. A recollida de datos: técnicas e instrumentos 3.1 Clasificación das técnicas: proxectivas, subxectivas, psicométricas, sociométricas
3.2 Observación: instrumentos para a recollida de datos
3.3 Técnicas participativas de avaliación de necesidades
3.4 O informe diagnóstico: tipos de informe, estrutura e redacción

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Presentación oral B1 B2 B3 B5 B6 C1 C6 C7 12 15 27
Traballos tutelados A5 A8 A11 A13 A21 B1 B2 B3 B5 B6 C1 C6 C7 15 15 30
Aprendizaxe servizo A5 A8 A11 A13 A21 B1 B2 B3 B5 B6 C1 C6 C7 15 15 30
Proba de resposta múltiple A5 A8 B5 3 15 18
Sesión maxistral A5 A8 A11 21 10 31
 
Atención personalizada 14 0 14
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Exposición verbal do traballo realizado, na que deberán participar todos os membros do grupo.
Traballos tutelados Traballos prácticos relacionados con lecturas, casos prácticos e exposicións orais.
Estes traballos deberán realizarse en grupo para a súa posterior presentación. Todos os grupos deberán subir os traballos realizados ao campus virtual en formato pdf, antes da exposición.
Neste bloque establécese un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación obtida na proba tipo test, se nesta non se obtén unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, a materia considerarase non superada.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo comunitario coa aprendizaxe nun único proxecto, no que se forma o alumnado traballando as necesidades reais do seu contorno para melloralo.
O alumnado matriculado na materia ofrecerá a posibilidade de participar nunha actividade de aprendizaxe-servizo cunha entidade colaboradora.
A actividade de aprendizaxe servizo e a de traballo tutelado SON EXCLUSIVAS, polo que o alumnado elixirá entre a realización dunha ou outra actividade, de xeito que a nota correspondente será a asignada a cada actividade, é dicir, o 60% da nota final.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha pregunta directa ou de enunciado incompleto, e varias opcións de resposta ou alternativas que aporten posibles solucións, das que só unha delas é válida.
A proba establece un mínimo ou restrición para poder superar a materia, é dicir, independentemente da cualificación acadada na parte práctica, se na proba tipo test non se obtén unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, a materia considerarase non superada.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Presentación oral
Traballos tutelados
Aprendizaxe servizo
Proba de resposta múltiple
Descrición
Atención a cada grupo ou persoa, según as necesidades que presenten ou demanden.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A8 A11 A13 A21 B1 B2 B3 B5 B6 C1 C6 C7 Traballos prácticos relacionados con lecturas, casos prácticos e exposicións orais.
Estes traballos deberán realizarse en grupo para a súa posterior presentación. Todos os grupos deberán subir os traballos realizados ao campus virtual en formato pdf, antes da exposición.
Neste bloque establécese un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación obtida na proba tipo test, se neste bloque non se obtén unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, a materia considerarase non superada.
30
Aprendizaxe servizo A5 A8 A11 A13 A21 B1 B2 B3 B5 B6 C1 C6 C7 Metodoloxía que combina o servizo comunitario coa aprendizaxe nun único proxecto, no que se forma o alumnado traballando as necesidades reais do seu contorno para melloralo.
Ao alumnado matriculado na materia ofreceráselle a posibilidade de participar nunha actividade de aprendizaxe-servizo cunha entidade colaboradora.
A actividade de aprendizaxe servizo e a de traballo tutelado SON EXCLUINTES, polo que o alumnado elixirá entre a realización dunha ou outra actividade, de xeito que a nota correspondente será a asignada a cada actividade, é dicir, o 60% da nota final.
30
Proba de resposta múltiple A5 A8 B5 Proba obxectiva que consiste en formular unha pregunta en forma de pregunta directa ou de enunciado incompleto, e varias opcións de resposta ou alternativas que aporten posibles solucións, das que só unha delas é válida.
A proba de resposta múltiple establece un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación acadada na parte práctica, se na proba tipo test non se obtén unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, a materia considerarase non superada.
40
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é necesario ter todos os traballos realizados entregados e aprobados.

O alumnado non asistente debe poñerse en contacto comigo para establecer a metodoloxía de avaliación da materia.

Na presentación dos traballos teranse en conta: erros de formato, de redacción, gramaticais e ortográficos.

Todos os aspectos relacionados con: dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse segundo a normativa académica vixente da UDC.

APRENDIZAXE-SERVIZO/TRABALLO TUTELADO (60% da nota): Como se indica no apartado de planificación, a actividade de “aprendizaxe-servizo” e a de “traballo tutelado” son exclusivas, polo que o alumnado elixirá entre realizar unha ou outra actividade, polo que a nota correspondente será o 60% da nota final. A realización do ApS está suxeita á dispoñibilidade dunha entidade ou asociación para levar a cabo o proxecto e non se ofrecerá a todos os estudantes. No caso de non poder cursar a ApS, todo o alumnado realizará as actividades do traballo tutelado.


Fontes de información
Bibliografía básica Pérez-Campanero, M.P. (1991). Cómo derectar las necesidades de intervención socioeducativas. Madrid: Narcea
Granados García-Tenorio, P. y Mudarra Sánchez, M.J. (2010). Diagnóstico en educación social. Madrid: Sanz y Torres
Rubio, M.J. y Varas, J. (2011). El análisis de la realidad en la intervención social: Métodos y técnicas de investigación . Madrid: CCS
Benítez Ramírez, M.C. (2013). El informe socioeducativo: instrumento de la Educación Social. RES Revista de Educación Social, 16, 1-17
Rodríguez Pérez, A. y Morera Bello, M.D. (2001). El sociograma: Estudio de las relaciones informales en las organizaciones. Madrid: Pirámide.
Sánchez Romero, C. (2015). Formación y desarrollo profesional del educador social en contextos de intervención. Madrid: UNED
Corbetta, P. (2010). Metodologías y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw Hill
Sánchez Huete, J.C. (2013). Métodos de investigación educativa. Sevilla: Punto Rojo Libros, S.L.
Diz López, M.J. (2017). Necesidades formativas. Modelos para su análisis y evaluación. Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, Extr.(6), 1-5
Pérez Serrano, G (2003). Pedagogía social. Educación social: Construcción científica e intervención práctica. Madrid: Narcea
Losada, L., Muñoz, J.M. y Espiñeira, E.M. (2015). Perfiles, funciones y competencias del educador social a debate: análisis de la trayectoria de la formación de profesionales de la educación social. RES Revista de Educación Social, 60, 59-76
Álvarez Rojo, V., García Jiménez, E., Gil Flores, J., Martínez Clares, P., Romero Rodríguez, S. y Ro (2002). Primera fase de la intervención: La determinación de las necesidades de los destinatarios del programa (pp. 51-93). Madrid: EOS
Bryman, A. (2016). Social research methods. Nueva York: Oxford University Press.
Puig Rovira, J.M., Martín García, X. y Rubio Serrano, L. (2017). ¿Cómo evaluar proyectos de aprendizaje-servicio?. Voces de la Educación, 2(4), 122-132

Bibliografía complementaria Escudero, J. (2010). Análisis de la realidad local: Técnicas y Métodos de intervención desde la animación sociocultural. . Madrid: Narcea
Muiños, R. (2008). El diagnóstico participativo. Costa Rica: EUNED
Fernández-Ballesteros, R. (2009). Evaluación psicológica: Conceptos, métodos y estudios de caso. Madrid: CCS
Kumar, R. (2014). Research methodology: A step-by-step guide for beginners . Nueva Delhi: APH Publishing Corporation
Kothary, C.R. (2006). Research methodology: Methods and techniques. Nueva Delhi: Noew Age International Publisher


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías