Identifying Data 2024/25
Subject (*) Hearing, Voice and Swallowing Disorders Code 652G04015
Study programme
Grao en Logopedia
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Second Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Bioloxía
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinador
Vázquez Barro, Juan Carlos
E-mail
juan.carlos.vazquez.barro@udc.es
Lecturers
Vázquez Barro, Juan Carlos
E-mail
juan.carlos.vazquez.barro@udc.es
Web
General description O Regulamento para a elaboración do Traballo de Fin de Grao na Facultade de Ciencias da Educación, establece que o TFG debe reflectir as competencias específicas do Practicum, así como as propias do resto de materias do grao, e promover a sostibilidade.

O TFG supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun proxecto, unha memoria ou un estudo concreto baixo a supervisión da dirección académica asignada.

Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do grao, e en concreto: a capacidade para a búsqueda, xestión, organización e interpretación de datos relevantes- da súa área de estudo- co obxecto de emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e facilitar o desenvolvemento dun pensamento e xuizo crítico, lóxico e creativo.

Trátase dunha materia de 10 créditos, o que se corresponde con 250 horas de traballo para o alumnado.

Dadas as características da materia a porcentaxe do horas de traballo presencial será acordada en última instancia pola persoa/s encargada/s de dirixir o Traballo de Fin de Grao, establecéndose como obrigatorio que cada alumno/a realice polo menos tres titorías presenciais.

Competencies / Study results
Code Study programme competences / results
A1 Coñecer e integrar os fundamentos biolóxicos da Logopedia: a Anatomía e Fisioloxía.
A2 Coñecer e integrar os fundamentos psicolóxicos da Logopedia: o desenvolvemento da linguaxe, o desenvolvemento psicolóxico, a Neuropsicoloxía da linguaxe, os procesos básicos e a Psicolingüística.
A3 Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística.
A4 Coñecer e integrar os fundamentos educativos da Logopedia: Procesos de ensino e aprendizaxe.
A5 Coñecer e integrar os fundamentos metodolóxicos para a investigación en Logopedia.
A6 Coñecer a clasificación, a terminoloxía e a descrición dos trastornos da comunicación, a linguaxe, a fala, a voz e a audición e as funcións orais non verbais.
A8 Coñecer os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico.
A9 Coñecer e aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación.
A10 Realizar a avaliación das alteracións da linguaxe nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas.
A11 Redactar un informe de avaliación logopédica.
A12 Realizar unha avaliación tras a intervención.
A13 Coñecer os principios xenerais de la intervención logopédica.
A14 Coñecer as funcións da Intervención logopédica: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento.
A15 Coñecer e aplicar os modelos e as técnicas de intervención.
A16 Coñecer as características diferenciais da intervención logopédica nos ámbitos familiar, escolar, clínico-sanitario e asistencial.
A17 Coñecer e realizar a intervención logopédica nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas.
A20 Coñecer e implementar as axudas técnicas á comunicación.
A21 Saber deseñar e elaborar informes logopédicos.
A26 Adquirir un coñecemento práctico para a avaliación logopédica.
A27 Realizar a planificación estratéxica da intervención logopédica.
A31 Adquirir o desenvolvemento os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións.
A32 Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación.
B1 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B3 Apreciar as distintas manifestacións da diversidade.
B4 Aprender a aprender.
B5 Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada.
B6 Capacidade de adaptarse aos cambios.
B7 Capacidade de análise e síntese.
B8 Capacidade de observar e de escoitar de forma activa.
B9 Capacidade de organizar e planificar.
B10 Capacidade para motivarse e procurar a calidade na actuación profesional.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B13 Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información.
B14 Destreza e empatía nas relacións interpersoais.
B15 Poñer en valor a súa profesión no contorno en que desenvolve o seu traballo.
B16 Resolver problemas de forma efectiva.
B17 Saber expresarse en público.
B18 Ser creativo no exercicio da profesión.
B19 Ter compromiso ético.
B20 Ter iniciativa e espírito emprendedor.
B21 Tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
B22 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B23 Traballar de forma colaborativa.
B24 Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences / results
Coñecer e integrar os fundamentos metodolóxicos para a investigación en Logopedia. A1
A3
A4
A5
A6
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
A17
A21
A26
A27
A31
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B17
B18
B19
B20
B21
B22
B23
B24
Coñecer e integrar os fundamentos biolóxicos da Logopedia: a Anatomía e Fisioloxía A1
Redactar un informe de avaliación logopédica. A8
A13
A27
A32
B1
B7
B9
Capacidade para indagar e producir coñecemento nun determinado campo. A2
Capacidade para comunicar o coñecemento adquirido a unha audiencia B17
Capacidade para indagar e producir coñecemento nun determinado campo. A2
Capacidade para comunicar o coñecemento adquirido a unha audiencia B17
Coñecer a clasificación, a terminoloxía e a descrición dos trastornos da comunicación, a linguaxe, a fala, a voz e a audición e as funcións orais non verbais A6
Coñecer as funcións da Intervención logopédica: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento. A1
A2
A4
A5
A6
A8
A9
A15
A16
Conocer las características diferenciales de la intervención logopédica en los ámbitos familiar, escolar, clínico-sanitario y asistencial. . A16
Saber deseñar e elaborar informes logopédicos. A11
Adquirir un coñecemento práctico en intervención logopédica (formación práctica en ámbitos escolares, clínico-sanitarios e asistenciais). Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación. A16
A32
Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional. A20
A32
Capacidade de análise e síntese. B2
B3
Capacidade de observar e de escoitar de forma activa. B8
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. B11
Capacidade para motivarse e procurar a calidade na actuación profesional. B10
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. B12
B14
Saber expresarse en público. B17
Ser creativo no exercicio da profesión B18
B20
Ter compromiso ético.. B19
Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar B23
B24
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
C5
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse C6
C7
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade C8

Contents
Topic Sub-topic
Procedemento para a elección de temas: 1. Ata o 30 de setembro: proposta por parte dos Departamentos dos temas ou as liñas dos TFG e os directores. 2. Ata o 30 de outubro: a comisión de titulación aprobará e fará pública unha listaxe cos temas, así como co número de estudantes que poden escoller cada tema e os critérios de asignación. 3. Os períodos de solicitude de temas por parte do estudantado, por orde de preferência dun número mínimo de tres temas ou liñas son: - Antes do 30 de novembro (para alumnado matriculado no período ordinário de matrícula). - Antes do 30 de marzo (para alumnado matriculado no período de ampliación de matrícula). - Antes do 15 de outubro (para alumnado que só teña pendente o TFG e queira examinarse nas oportunidades de xaneiro e/ou xuño). 4. Listaxe provisória. 5. Período de reclamación. 6. Listaxe definitiva. Unha vez publicada a oferta de temas, o alumnado matriculado na materia será convocado á reunión de elección de temática.
O proceso de elección consistirá en que o alumando será chamado a elixir unha liña temática segundo o seu expediente académico. O proceso rematará cando todo o alumnado presente teña unha temática asignada.

Planning
Methodologies / tests Competencies / Results Teaching hours (in-person & virtual) Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects A1 A6 A8 A11 A12 A13 A14 A27 A32 B22 B21 B19 B18 B15 B13 B10 B9 B7 B5 B4 B3 B2 B1 0 237 237
Oral presentation A1 A6 A8 A13 A14 A32 B7 B9 B12 B13 B15 B17 B18 B19 B20 B22 1 9 10
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects O alumnado realizara o TFG baixo a supervisión e guía da súa dirección académica.
A dirección será responsable de expoñerlle ao estudantado as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento. Realizará un seguimento da elaboración do TFG e velará polo cumprimento dos obxectivos fixados. Unha vez finalizada a elaboración autorizar a presentación e defensa do TFG.

As modalidades do TFG que poderán realizar o alumnado son algunha das seguintes:
A. O proxecto de investigación: o seu propósito é achegar información útil e aplicable ao desenvolvemento dun proxecto de investigación novidoso.
B. O proxecto de intervención: o seu obxectivo é o de analizar as distintas posibilidades de prevención e/ou intervención optimizadora ou correctora nunha alteración da linguaxe e da comunicación.
C. A revisión sistemática: esta modalidade pretende describir de forma actualizada o estado do coñecemento nun ámbito concreto da realidade da investigación.
D. O traballo de investigación: o seu obxectivo é comunicar os resultados orixinais derivados do proceso de investigación levado a cabo polo/a estudante.
Oral presentation SOLICITUDE DE DEFENSA:
Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFG, e unha vez obtido o informe favorable do director/a do mesmo, o alumnado terá que presentar, no prazo e lugar establecido polo centro, e en formato dixital, un exemplar do TFG; un resumo do TFG dirixido ao tribunal; o documento coa solicitude de defensa e o documento co expediente académico (onde aparezan todas as materias superadas do plan de estudos).
DEFENSA:
Unha vez que se faga púbica a convocatoria do tribunal, o alumnado debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario/a do mesmo.
Para a defensa deberá acudir cun documento identificativo (DNI ou Pasaporte), e o resto de documentos que se soliciten, se é o caso.
Para a exposición, que será pública, disporá dun tempo de 15 minutos e o tribunal disporá de 15 minutos para realizar as preguntas que estimen oportunas e debatir co alumno/a.
O alumnado poderá utilizar canto material sexa preciso para exposición.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Oral presentation
Description
Unha vez publicada a listaxe definitiva de asignación de temáticas e dirección académica, o alumnado terá que poñerse en contacto coa súa dirección académica nun prazo máximo de dez días naturais.

Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Oral presentation A1 A6 A8 A13 A14 A32 B7 B9 B12 B13 B15 B17 B18 B19 B20 B22 Avaliación emitida polo tribunal sobre a exposición e defensa pública do TFG. Valoraranse as seguintes cuestións:
- Grao de elaboración, fundamentación, claridade e solidez do discurso, facendo un uso adecuado e rigoroso da linguaxe.
- Capacidade de síntese e de distribución do tempo de exposición, facendo fincapé nos aspectos clave para entender o interese do traballo.
- Resolución, concreción e exactitude das respostas ás preguntas e aos comentarios formulados polo tribunal
30
 
Assessment comments
<div class="x_elementToProof">· "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario"</div>

Sources of information
Basic

As propostas pola dirección académica do Traballo de Fin de Grao

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
&lt;ul&gt;
  • Na entrega dos traballos documentais que se realice no seguemento da materia, recoméndase o uso de medios telemáticos e, de non ser posible, as impresións a dobre cara, papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
  • Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero (usarase linguaxe non sexista, bibliografía de autores/as de ambos os sexos…).
  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
  • Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.
  • No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. &lt;i&gt;Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario&lt;/i&gt;: &quot;Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento&quot;.
  • &lt;/ul&gt;


    (*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.