Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Rehabilitación das deficiencias auditivas Código 652G04020
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Lodeiro Fernández, Leire
Correo electrónico
leire.lodeiro@udc.es
Profesorado
Lodeiro Fernández, Leire
Correo electrónico
leire.lodeiro@udc.es
Web http://https://pdi.udc.es/es/File/Pdi/7N78E
Descrición xeral Trátase dunha materia obrigatoria de 2º cuadrimestre que se imparte os martes e venres en horario de mañá. O obxectivo xeral desta materia é que o alumnado coñeza as liñas fundamentais de intervención logopédica na discapacidade auditiva ao longo do ciclo vital.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A8 Coñecer os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico.
A17 Coñecer e realizar a intervención logopédica nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas.
A25 Coñecer a organización de institucións educativas, sanitarias e sociais.
A26 Adquirir un coñecemento práctico para a avaliación logopédica.
A27 Realizar a planificación estratéxica da intervención logopédica.
B1 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
B16 Resolver problemas de forma efectiva.
B24 Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico da deficiencia auditiva A8
Coñecer e realizar a intervención logopédica na deficiencia auditiva A17
Coñecer a organización de institucións educativas, sanitarias e sociais. A25
Adquirir un coñecemento práctico para a evaluación logopédica. A26
Realizar a planificación estratéxica da intervención logopédica. A27
Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional. B1
Resolver problemas de forma efectiva. B16
Traballar en equipo e, no seu caso, de forma interdisciplinar. B24
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cós que deben enfrentarse. C6

Contidos
Temas Subtemas
1. INTRODUCIÓN Á REHABILITACIÓN AUDITIVA 1. Conceptos e coñecementos iniciais
2. Evolución histórica da rehabilitación auditiva: oralismo fronte a gestualismo.
2. BASES DA INTERVENCIÓN LOGOPÉDICA NA DISCAPACIDADE AUDITIVA INFANTIL 1. Características do desenvolvemento na xordeira infantil. O papel da familia na adquisición da linguaxe.
2. Métodos e sistemas de comunicación na xordeira/hipoacusia infantil.
3. Estratexias de intervención temperá na xordeira/hipoacusia infantil.
4. Etapa escolar: intervención logopédica e integración.

3. MÉTODOS E ENFOQUES DA INTERVENCIÓN LOGOPÉDICA NA DISCAPACIDADE AUDITIVA 1.Implantes cocleares, audiófonos e outros dispositivos de axuda na rehabilitación auditiva. O papel do logopeda na adaptación protésica.
2.Rehabilitación/habilitación auditiva do implante coclear en nenos e adultos. Metodoloxía de intervención e resultados.
3.Software e outros recursos informáticos de apoio á rehabilitación auditiva.
4.Xordocegueira: intervención logopédica en nenos e adultos.
5.Envellecemento e demencia: intervención logopédica na perda auditiva.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A8 A25 2 2 4
Sesión maxistral A17 A26 A27 B1 C6 16 0 16
Presentación oral B24 3 12 15
Análise de fontes documentais A8 A17 A26 2 4 6
Traballos tutelados A17 A27 B16 B24 9 45 54
Proba obxectiva A8 A17 A25 A26 A27 B1 B16 C6 1 10 11
Estudo de casos A8 A26 A27 B16 B24 10 20 30
Obradoiro B1 B16 B24 C6 3 3 6
Resumo A8 A17 A25 A26 A27 B1 1 3 4
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levará a cabo antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar
Sesión maxistral Exposición oral do profesor complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Presentación oral Exposición verbal do alumno sobre un tema. Require un traballo previo de elaboración do contido e da metodoloxía da presentación.
Análise de fontes documentais Actividad destinada a que os estudantes realicen a lectura crítica e a análise das distintas fontes documentais de calidade relevantes.
Traballos tutelados Elaboración de material de intervención a partir das pautas facilitadas polo profesor.
O obxeto deste punto e fomentar a autonomía do alumno na preparación de material de intervención, aspecto fundamental no futuro exercicio profesional.

Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas.
A Proba obxectiva poderá combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de resposta breve e de desarrollo sobre un tema, etc.
Estudo de casos Partindo da descripción da situación dun caso facilitada polo profesor, o alumno debe ser capaz de analizar os feitos para chegar a unha decisión razoada de análise do proceso.
Obradoiro Modalidad formativa orientada a la aplicación de aprendizajes en la que se pueden combinar diversas metodologías/pruebas (exposiciones, simulaciones, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través de la que el alumnado desarrolla tareas eminentemente prácticas sobre un tema específico, con el apoyo y supervisión del profesorado.
Resumo Elaboración de síntese dos principais contidos traballados. É unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.

Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Presentación oral
Análise de fontes documentais
Traballos tutelados
Estudo de casos
Proba obxectiva
Descrición
A atención personalizada nestas actividades ten o obxecto de orientar e guiar ao alumno no proceso de ensino/aprendizaxe.
Doutra banda, é unha fonte de información do profesor para coñecer o punto de aprendizaxe en que se atopan os alumnos e así poder incidir nos aspectos precisos para que os alumnos alcancen os coñecementos da materia.
Ademais o alumno dispón de atención personalizada no horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral B24 Valora o aprendizaxe de coñecementos adquiridos sobre o tema e a capacidade de defendelos e expoñelos.
2.5
Análise de fontes documentais A8 A17 A26 Valora a capacidade de relacionar os coñecementos do alumno co contido do texto. 1.5
Traballos tutelados A17 A27 B16 B24 Valora a capacidade de elaboración de material de intervención para o futuro exercicio profesional. 10
Estudo de casos A8 A26 A27 B16 B24 Valora o aprendizaxe adquirido na resolución de casos clínicos plantexados durante as clases interactivas e expositivas. 2.5
Proba obxectiva A8 A17 A25 A26 A27 B1 B16 C6 Valora os coñecementos e destrezas adquiridas sobre a asignatura. 80
Resumo A8 A17 A25 A26 A27 B1 Valora a capacidade de síntesis dos aspectos fundamentais do contido da asignatura a nivel teórico e práctico. 3.5
 
Observacións avaliación

Para
superar a materia é condición necesaria aprobar a Proba Obxectiva (exame), polo
que os traballos non puntuarán ata que o exame estea aprobado (polo menos un 5
sobre 10).

Ademais
destes 6 aspectos (presentación oral, análise de fontes documentais, traballo
tutelado, estudo de casos, proba obxectiva e resumo), tamén poderá influír na
puntuación o grao de implicación do alumno na materia (asistencia,
participación, interese, destrezas adquiridas, etc.) podendo variar ata 0.15
puntos na nota final para aqueles que, superando o Exame Oficial, están
próximos ao momento de corte de cada cualificación.

A
asistencia ás clases é primordial para comprender a materia, máis aínda, ás
clases interactivas cuxo contido tamén é materia de exame e fundamental para a realización dalgúns traballos.

Todos
os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”,
“permanencia” e “fraude académica” rexeranse #de acordo con a normativa
académica vixente da UDC, e neste sentido, detállanse especificacións a continuación.

ESPECIFICACIÓNS
ADICIONAIS:

1.     Aplicaranse os mesmos criterios
avaliadores á 2ª convocatoria que á 1ª convocatoria.

2.     Os traballos serán entregados na mesma
data por parte de todo o alumnado, caso de non entrega, non puntúan.

3.     O alumnado con recoñecemento de dedicación
a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, será avaliado
cos mesmos criterios que o resto do alumnado tendo que levar a cabo os mesmos
traballos e, aqueles que sexan en grupo, deberán integrarse co resto do
alumnado para a súa realización.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Cecilia Tejedor A (2004). Aprendiendo a oír manual práctico de educación auditiva para la adaptación de prótesis e implantes cocleares. Madrid
Ramirez Camacho R (2005). Conocer al niño sordo. Madrid. CEPE
Jiménez MJ, López M (2003). Deficiencia Auditiva. Evaluación, intervención y recursos psicopedagógicos. Madrid. CEPE
Ling D (2006). El maravilloso sonido de la palabra: programa auditivo-verbal para niños con pérdida auditiva. México. Trillas
Buceta Cancela MJ (2000). Estimulación temprana en el niño sordo. Santiago de Compostela. Nino
Monsalve González A (2011). Guía de intervención logopédica en las deficiencias auditivas. Madrid: Síntesis
Herrán Martín B (2005). Guía técnica de intervención logopédica en implantes cocleares. Madrid. Síntesis
Amat MT (2002). Implante coclear cuaderno de ejercicios de rehabilitación. Barcelona. Asociación de implantados cocleares de España
Manrique Rodríguez MJ (2002). Implantes cocleares. Barcelona. Masson
Furmanski HM (2003). Implantes cocleares en niños rehabilitación auditiva y terapia auditiva verbal. Barcelona. Nexos
Datta G (2007). Implantes cocleares para niños pequeños sordos: las primeras palabras. Pamplona. EUNSA
Bonet Agustí M (1993). Manual de rehabilitación del sordo adulto. Barcelona. Masson
Colegio La Purísima para niños sordos (2006). SEDEA: Programa Secuenciado de Desarrollo Auditivo. Onda Educa
Silvestre Benach N (1998). Sordera comunicación y aprendizaje. Barcelona. Masson

Bibliografía complementaria Peñaloza Y (2006). Función, descripción yadaptación de auxiliares auditivos. México. Trillas
Wayne O (2005). Guía de la Clínica Mayo sobre audición. México. Trillas
Acosta V (2006). La sordera desde la diversidad cultural y lingüística. Barcelona. Masson
Sánchez Casado I (2002). La sordoceguera. Badajoz. Diputación Provincial de Badajoz
Salesa E, Perelló E, Bonavida A. (2005). Tratado de audiología. Barcelona. Masson

Recursos en línea: "acuaudio"


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Patoloxía da audición. voz e deglución/652G04015
Audioloxía clínica/652G04018

Materias que continúan o temario
Anatomía dos órganos da audición e a linguaxe/652G04001
Fundamentos de intervención logopédica/652G04005

Observacións

GREEN CAMPUS: Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir co obxectivo estratéxico 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.     Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

2.     De realizarse en papel: 

  • Non se empregarán plásticos
  • Realizaranse impresións a dobre cara
  • Empregarase papel reciclado
  • Evitarase a realización de borradores


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías